Asalbuminas[1] (palabra derivada dolatínalbumen, “clara de ovo”) son un tipo deproteínas globulares que se caracterizan por ser solubles en auga, moderadamente solubles en solucións salinas concentradas, e insolubles en alcohol, que sedesnaturalizan con calor, e precipitan por saturación con (NH2)SO4, pero non con NaCl e sulfato magnésico.[2] Son proteínas simples, de carácter ácido, xeralmente ricas enácido glutámico easpártico,lisina eleucina e pobres entriptófano.[3][4] As albuminas encóntranse no plasma sanguíneo, leite, clara do ovo, músculo (mioalbuminas), e outros tecidos e fluídos, e mais en tecidos vexetais como os dassementes.[5][6] Non todas están relacionadas entre si, pero algunhas formanfamilias proteicas como a das seroalbuminas.
Ovoalbumina. Aovoalbumina é unha proteína de almacenamento que se encontra na clara doovo.
Albuminas vexetais. Son proteínas de almacenamento que se encontran en sementes vexetais, como por exemplo, a legumelina[7][8] do chícharo e a leucosina do trigo.[2]