| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 22 de agosto de1970 (55 anos) Vigo, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| País de nacionalidade | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,84 m. | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||
Alberto Ramón Casal Arantes, máis coñecido comoCasal, nado enVigo o22 de agosto de1970, é un exfutbolista galego. Xogaba deporteiro. Actualmente é o adestrador de porteiros doDeportivo da Coruña.
Formouse nas categorías inferiores doCelta de Vigo e xogou noCelta Turista, ademais de noCultural Areas e oGran Peña. Aos 24 anos marchou cedido aoRacing de Ferrol, enSegunda División B para a tempada 1994/95.[1] Ao rematar o curso desvinculouse co Celta e asinou polo Racing por outra tempada.[2] Con todo, no club ferrolán non dispuxo apenas de minutos fronte ao porteiro titular,Luis César Sampedro.
Na tempada 1996/97 pasou a xogar noCCD Cerceda ata que en abril de 1998 fichou como novo porteiro doEndesa As Pontes, que tiña lesionados os porteiros do primeiro equipo.[3] En xuño de 1999 foi anunciado como novo porteiro doClub Deportivo Lugo.[4] No club lucense, adestrado porFabri, chegou a gañar a titularidade en detrimento do histórico porteiroXosé Domínguez.[5]
En 2001 incorporouse aoAtlético Arteixo, deTerceira División, club no que xogou dúas tempadas e que deixou para xogar noRacing Vilalbés deRexional Preferente. Na tempada 2004-05 asinou poloLaracha, un recentemente ascendido á 3ª División, conJosé Luís Vara como adestrador. No club larachés gañou o trofeo ao porteiro menos goleado no seu primeiro ano e foi o segundo menos goleado no segundo ano, desempeño excepcional que lle serviu aoLaracha para rematar en 5ª e 3ª posición respectivamente. Con todo, no terceiro ano na categoría o club acabou descendendo, sendo esta a última tempada de Casal como xogador.
Ao deixar de xogar ao fútbol, Casal pasou a exercer como adestrador de porteiros. Realizou dita función noMontañeros CF,Cidade de Santiago eBergantiños FC, ata que en 2012 se incorporou áPonferradina, en Segunda División.[6] Tras seis anos no clubberciano,[7] en xullo de2018 pasou aoDeportivo Fabril,[8] do que se ocupou dous anos até agosto de 2020, cando foi anunciado como novo adestrador de porteiros doDeportivo da Coruña na súa nova etapa enSegunda División B.[9]