Albert Schweitzer naceu enKaysersberg,Alsacia, entón parte doImperio Alemán, e viviu os primeiros anos da súa vida enGunsbach, localidade onde o seu pai erapastorprotestante. Dende moi novo mostrou gran capacidade para a música e en 1893 superou obacharelato. Despois dos estudos básicos, trasladouse aParís para estudarfilosofía e música. Deseguido formouse como teólogo na súa vila natal.
Como músico viaxou por Europa como reputado intérprete aoórgano, sobre todo das obras deJohann Sebastian Bach. Como teólogo, publicou o influente libroGeschichte der Leben-Jesu-Forschung (Historia da investigación sobre a vida de Xesús, máis coñecido pola súa tradución ao inglés,En busca do Xesús histórico,Tubinga, 1905) e o ensaio sobresan PauloDie Mystik des Apostels Paulus (O misticismo do apóstolo Paulo, Tubinga, 1930), onde afonda nas crenzasescatolóxicas dos primeiros cristiáns, fundando a escola da "escatoloxía realizada".
No cume do seu éxito, abandonou a súa prometedora carreira para estudarmedicina ecirurxía durante nove anos, coa idea de dedicarse aos máis desfavorecidos. Cando rematou os seus estudos médicos, en 1913, trasladouse coa súa familia aLambaréné, naprovincia de Moyen-Ogooué, enGabón, entón baixo dominio francés.
Alí estableceu un hospital cerca dunha misión cristiá xa existente e tratou a millares de pacientes, especialmenteleprosos e vítimas daenfermidade do sono. Durante aprimeira guerra mundial foi feito cativo polas tropas franceses, pola súa nacionalidade, e trasladado á Francia continental. Daquela aproveitou para recadar fondos para o hospital en África e para expoñer a súa doutrina filosófica, centrada no valor de "reverencia pola vida". Volveu a Gabón en 1924, onde viviu ininterrompidamente ata o seu pasamento en 1965, saíndo de África só para recibir premios como oGoethe en 1928, oNobel da Paz en 1952 e para explicar o seu pensamento en ciclos de conferencias.[1]