Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Alarico I

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Alarico.
Modelo:BiografíaAlarico I

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento365 ↔ 370Editar o valor en Wikidata
Peuce Island (sen valor)Editar o valor en Wikidata
Mortedecembro de 410Editar o valor en Wikidata
Cosenza (Imperio Romano de Occidente)Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaBusento(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Magister militum per Illyricum
valor descoñecido –
Magister militumPrisco Átalo
409 – 410
Rei dos visigodos
395 – decembro de 410
← AtanaricoAtaúlfo →
Dux
391 – 410Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArrianismo visigodo,relixión na Roma antiga eGothic paganism(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, líder militarEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos(395–410)Editar o valor en Wikidata
FamiliaBaltingosEditar o valor en Wikidata
CónxuxeAnonymaEditar o valor en Wikidata
FillosPelagiaEditar o valor en Wikidata
PaisAtanarico
Alavivo
Rocestes (disputado)Editar o valor en Wikidata  e valor descoñecidoEditar o valor en Wikidata
ParentesTeodorico I, rei visigodo,xenro
Ataúlfo,irmán da esposaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia BritannicaEditar o valor en Wikidata
BNE: XX1521190WikiTree: Visigoths-12

Alarico I (engótico, *𐌰𐌻𐌰𐍂𐌴𐌹𐌺𐍃,Alhareiks -rei de todos-;[1] enlatín:Alaricus), nado na illa dePeuce (no delta doDanubio) no ano370 e finado enCosenza no ano410, foi un caudillo tervingo da dinastíabaltinga, que se converteu enrei dos visigodos (395-410). Era fillo do caudillo visigodoRocestes ou Rocesthes[2] e irmán (ou sobriño) deAfarid.[3]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Foi o primeiro líder xermánico en tomar a cidade de Roma, no famososaqueo de Roma en410.[4] O saqueo foi resultado do fracaso das negociacións entre Alarico e o Imperio na tentativa de obter un posto de mando para si mesmo no exército romano.

Alarico I, reprodución fotográfica de 1894 dunha pintura deLudwig Thiersch.

Noséculo IV era común que oImperio Romano utilizase dosbárbaros como tropas auxiliares, nas súas campañas militares. Estas tropas oriúndas de pobosfoederati, sometidas ao mando dos xenerais romanos. Alarico era un líder dun grupo de soldados e serviu baixo o emperadorTeodosio I o Grande até a morte deste en 395.

O Imperio entón foi dividido entre os sucesores de Teodosio: o Imperio Romano do Oriente conArcadio, e o Imperio Romano do Occidente conHonorio. Non tendo atendido seu desexo dun posto no exército romano, Alarico rebelouse e promoveu tres cercos a Roma, o último dos cales culminou co saqueo os días 25, 26 e 27 de agosto de 410.[5] Nunha posición de forza, Alarico continuou a súa marcha cara ao sur co fin de pasar a África, pero faleceu en Cosenza de forma repentina.

Segundo unha lenda aparecida tres séculos máis tarde, enterraríase baixo a cama do río Busento, en Cosenza,Calabria: desvíase o río e cávase a súa tumba, entérrase o seu corpo cun importante tesouro, matan aos escravos que cavaran a tumba enterrándoos con el para gardar o segredo, o río logo recobre o seu curso.

Enterramento de Alarico I.

Aínda que se fala del como o primeiro dos reis visigodos, foi máis ben un caudillo militar e nunca chegou a pisar a Península Ibérica. A liña de reis godos empeza propiamente co seu sucesor, primo e cuñado,Ataúlfo, que, casado conGala Placidia en 414, atopou a morte na cidade deBarcino en 415. Con todo, o certo é que aínda que o Reino visigodo de Tolosa como estado federado de Roma (418-476) estaba asentado na Aquitania secunda, polo que a súa política e intervencións militares quedaban lonxe de Hispania, as intervencións deTeodorico I o Grande (418-453) en Hispania van ser numerosas, xa sexa como pobo federado de Roma ou por iniciativa propia. A pesar de todo, só tras a derrota visigoda na batalla de Vouillé e o período chamadointerregnum visigodo (507-549), terá lugar o nacemento do Reino visigodo de Toledo, onde seu pobo estabeleceuse após súa morte.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Harder 1986, pp. 10–11
  2. Settipan (1993), Táboa 1
  3. Biografías y vidas - Alarico I
  4. Maier (1986), p. 128
  5. http://www.livrariagalileu.com.br/home/detalhe.asp?id_livro=146363&buscapeArquivado 05 de xaneiro de 2012 enWayback Machine. Libro do autor KULIKOWSKI, Michael

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Alarico IModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Maier, Franz Georg (1986).Las transfomaciones del mundo mediterráneo. Siglos III-VIII(encastelán). México: Siglo XXI.ISBN 968-23-0887-9. 
  • Harder, Kelsie B. (1986).Names and their varieties: a collection of essays in onomastics(eninglés). Lanham, MA: University Press of America.ISBN 9780819152329. 
  • Settipani, Christian; Kerrebrouck, Patrick van (1993).La préhistoire des Capétiens: 481-987 (Vol. 1 : Mérovingiens, Carolingiens et Robertiens)(enfrancés). Villeneuve d'Ascq: P. Van Kerrebrouck.ISBN 9782950150936. 

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Predecesor:
Fritixerno
Caudillo dos Tervingos
387-395
Sucesor:
non tivo
Predecesor:
Atanarico
Rei dos visigodos
395410
Sucesor:
Ataúlfo
Migracións
Reino visigodo de Tolosa
Reino visigodo de Toledo
Reis arianos
Reis católicos
Fin do reino
Usurpadores
Control de autoridades

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrehistoria é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Alarico_I&oldid=6726484»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp