![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en)Asa Yoelson![]() 26 de maio de 1886 ![]() Seredžius (Imperio Ruso) ![]() |
Morte | 23 de outubro de 1950![]() San Francisco (Estados Unidos de América) ![]() |
Causa da morte | infarto agudo de miocardio![]() |
Lugar de sepultura | Hillside Memorial Park Cemetery(pt)![]() ![]() |
Outros nomes | Al Jolson![]() |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de teatro, humorista, músico de jazz, actor de cinema, cantante, cantautor![]() |
Período de tempo | Século XX![]() |
Período de actividade | 1898![]() ![]() |
Empregador | Warner Bros.![]() |
Partido político | Partido Republicano![]() |
Membro de | |
Xénero artístico | Vodevil,música pop tradicional eBlues![]() |
Instrumento | Voz![]() |
Selo discográfico | Decca Records Victor ![]() |
Obra | |
Arquivos en | |
Familia | |
Cónxuxe | Ruby Keeler(1928–1940)![]() |
Irmáns | Harry Jolson![]() |
Premios | |
Sitio web | jolson.org![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Asa Yoelson, nado enSeredzius (Lituania) o26 de maio de1886 e finado enSan Francisco (California) o23 de outubro de1950, foi un cantante,actor, guionista e director demúsica estadounidense de orixelituana, coñecido comoAl Jolson. Jolson foi alcumado "o rei dablackface",[1][2] convención teatral dende mediados do século XIX. Tamén foi chamado "o artista máis grande do mundo" no cumio da súa carreira. O seu estilo interpretativo era atrevido e extravertido, e popularizou moitas cancións.[3] Na década de 1920, Jolson era o artista máis famoso e mellor pagado dos Estados Unidos.[4]
Jolson era fillo dunrabino que en 1893 se trasladou con toda a súa familia aosEstados Unidos.[5] Alí desenvolveu unha gran variedade artística, primeiro como animador envodevís, cafés, prazas ecircos, e logo no teatro, onde realizaba repertorios burlescos en obras comoLa Belle Parée (1911),Robinson Crusoe, Jr. (1916) eSinbad (1918-1920).
Asa e o seu irmán Hirsch, rebautizados como Al e Harry, iniciaron a súa carreira teatral moi novos. Al tomou entón o costume detinguir o rostro de negro, o que lle valeu o seu primeiro éxito.[6]
En 1920, interpretou "Swanee", un tema deGeorge Gershwin eIrving Caesar que lle deu sona en todos os Estados Unidos. Despois, presentouBombo, un espectáculo co que continuou o éxito. Con 35 anos, Jolson foi o home máis novo dos Estados Unidos cun teatro co seu nome.[7] En 1925 coñeceu un novo éxito conBig Boy e a canción "California, Here I Come".
No ano 1927 actuou no filmeThe Jazz Singer, que tiña un argumento moi semellante á súa vida real, como fillo dun rabino. Foi o primeiro filme sonoro, e catapultouno definitivamente á fama. Posteriormente interpretou a versión enteatro con éxito rotundo en todo o país e enEuropa. A súa famosa frase "Un momento, un momento, aínda non escoitaches nada!" pasou áhistoria do cinema. No filme dirixido porAlan Crosland, Jolson cantou varios temas ("Mammy", "Toot, Toot, Tootsie, Goodbye", "Dirty Hands, Dirty Face", "Blue Skies", "Mother, I Still Have You" etc), converténdose nunha estrela da sétima arte, ao que regresa pouco despois interpretandoThe Singing Fool (1928), fita dirixida porLloyd Bacon coa que acadou unha popularidade maior aínda que conThe Jazz Singer. Nela interpretou "Sonny Boy", un dos máis grandes éxitos da súa historia artística.
A carreira de Al Jolson no cinema continuou nos anos seguintes conSay It With Songs (1929),Mammy (1930) eHallelujah, I'm a Bum (1933, baixo a dirección deLewis Milestone), aínda que estes traballos non conseguiron nin moito menos o éxito de público dos precedentes.
AWarner tentou entón relanzar a súa carreiraWonder Bar (1934); os compañeiros de elenco de Jolson foronDolores del Río,Kay Francis eDick Powell, mais o filme foi un fracaso.
O músico contraeu matrimonio conRuby Keeler, unha estrela das revistas musicais, coa que interpretouGo into Your Dance en 1935. Ao ano seguinte protagonizouThe Singing Kid antes de volver aos escenarios demusic-hall.
Retornou á gran pantalla en 1939 conRose of Washington Square. EnRhapsody in Blue (1945), un filme que repasa a vida deGeorge Gershwin, Jolson interpretouse a el mesmo, cantando obras do compositor que lle proporcionou o seu primeiro grande éxito en moito tempo.
En 1946, prodúcese o filmeThe Jolson Story, dirixido porAlfred Green e en que o cantante prestou a súa voz ao actorLarry Parks, encargado de interpretar a súa vida na pantalla. O filme foi un grande éxito que lle permitiu relanzar a súa carreira como cantante.
Aínda en vida de Jolson estreouse un segunda filme-homenaxe á súa carreira (Jolson Sings Again, 1949, dirixido porHenry Levin), o que prolongou esta segunda época de éxito do artista.
Poucos meses antes da súa morte, acontecida o 23 de outubro de 1950 enSan Francisco debido a un ataque ao corazón, montou un espectáculo musical dirixido ás tropas estadounidenses destinadas naguerra de Corea.[6]
Ano | Título | Personaxe | Notas |
---|---|---|---|
1926 | A Plantation Act | El mesmo | |
1927 | The Jazz Singer | Jakie Rabinowitz | |
1928 | The Singing Fool | Al Stone | |
1929 | Sonny Boy | El mesmo | Cameo |
Say It with Songs | Joe Lane | ||
New York Nights | El mesmo | Cameo | |
1930 | Mammy | Al Fuller | |
Showgirl in Hollywood | El mesmo | Cameo | |
Big Boy | Gus | ||
1933 | Hallelujah, I'm a Bum | Bumper | |
1934 | Wonder Bar | Al Wonder | |
1935 | Go into Your Dance | Al Howard | |
1936 | The Singing Kid | Al Jackson | |
1939 | Rose of Washington Square | Ted Cotter | |
Hollywood Cavalcade | El mesmo | ||
Swanee River | Edwin P. Christy | ||
1945 | Rhapsody in Blue | El mesmo | |
1946 | The Jolson Story | El mesmo | Sen acreditar |
1949 | Jolson Sings Again | El mesmo | Sen acreditar |
Oh, You Beautiful Doll | El mesmo | Sen acreditar |
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Al Jolson![]() |