Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Akrotiri e Dhekelia

Coord.:34°35′N32°59′L / 34.58,32.98
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAkrotiri e Dhekelia
Imaxe

HimnoGod Save the KingEditar o valor en Wikidata

Localización
Editar o valor en WikidataMapa
 34°35′N32°59′L / 34.58,32.98
CapitalEpiskopi CantonmentEditar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación15.700Editar o valor en Wikidata (61,81hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa
lingua turca
lingua gregaEditar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie254 km²Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Creación16 de agosto de 1960Editar o valor en Wikidata
MoedaeuroEditar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Prefixo telefónico357Editar o valor en Wikidata

Sitio websba.mod.ukEditar o valor en Wikidata

Acrotiri e Dhekelia (Akrotiri and Dhekelia, eninglés; Ακρωτήρι και Δεκέλεια, engrego) son dúasbases soberanas doReino Unido enChipre, antigacolonia da Coroa Británica[1][2]. As dúas áreas conteñenbases militares habitadas por británicos,zonas residenciais onde viven na súa maioría cidadáns chipriotas, e terreos cultivables.[3]

Acrotiri atópase ao sur dailla, preto da cidade deLimasol. Chámase tamén"Base Soberana Occidental" (Western Sovereign Base Area en inglés). Máis de 3.500 efectivos daReal Forza Aérea e aMariña Real están destinados na base; as súas tarefas inclúen a colaboración cosCascos Azuis daOrganización das Nacións Unidas no mantemento do proceso de paz.[4]

Dhekelia ouBase Soberana Oriental (Eastern Sovereign Base Area en inglés) atópase no sueste, preto deLarnaca, do límite coa autoproclamadaRepública Turca do Norte de Chipre e da cidade deFamagusta, xunto á zona libre administrada por Nacións Unidas.[4]

Historia

[editar |editar a fonte]
Situación de Acrotiri (no sur) e Dhekelia (no leste)

As Bases Soberanas foron establecidas en1960 poloTratado de Garantía (Treaty of Guarantee), cando Chipre, colonia por aquel entón doImperio Británico, concedéuselle aindependencia.[5] O Reino Unido quixo conservar asoberanía sobre estes territorios, posto que así se lles garantía o uso das bases militares británicas na illa, incluíndo aRAF Akrotiri, e unhaguarnición doExército Británico. A importancia para os británicos de conservar as bases consiste naposición estratéxica de Chipre, noMediterráneo oriental, preto decanle de Suez e da zona deOriente Medio; aRAF utiliza estas bases para a reposición da súaaviación militar, e tamén para adestramentos sobre obxectivos[6].[7]

En1974Turquíainvadiu o norte de Chipre, acto que conduciu á formación daRepública Turca do Norte de Chipre. Con todo, este feito non afectou á situación das bases, e os británicos non se implicaron nesteconflito. Con todo, o Reino Unido permitiu aos grecochipriotas que fuxisen dos invasores turcos pola base de Dhekelia, e ofreceron axuda humanitaria.[5]

O avance turco foi detido cando alcanzaron os límites da base soberana dhekeliana, principalmente para evitar a entrada de Gran Bretaña naguerra. A zona deAyia Napa mantívose así en mans gregas.[7]

A República de Chipre ocasionalmente esixiu a anexión de Acrotiri e Dhekelia, apelando que as bases constitúen un extenso territorio que podería ser utilizado para o desenvolvemento comunitario. Durante 4 anos logo da independencia chipriota, oGoberno Británico pagou á República de Chipre unha contía de diñeiro poralugar as bases. Despois do conflito intercomunal de1963-1964 o Reino Unido deixou de subvencionar a Chipre, denunciando que non había garantía de que ambas as comunidades beneficiaríanse igualmente daquel diñeiro. O Goberno Chipriota aínda reclama as contribucións británicas desde 1964 ata a actualidade, consideradas unhadébeda de máis de mil millóns deeuros.[7]

Helicóptero doCorpo de Marines dos Estados Unidos na base militar deRAF Akrotiri

En xullo de2001 producíronse violentasprotestas en por parte de chipriotas locais, indignados tras coñecer os plans británicos de construír variasantenas deradio nas bases, como parte dunha mellora sobre ascomunicacións militares británicas en todo o mundo. Os veciños manifestaran que as antenas porían en perigo as súas vidas e causarcancro, así como o impacto negativo que produciría sobre afauna da área. O Goberno donº10 de Downing Street negou estas acusacións.[8]

O Reino Unido non mostrou ningunha intención de ceder as bases, aínda que ofrecese 117 km² de terras cultivables como parte doProxecto Annan para Chipre, que foi rexeitado.[9] Actualmente, preto de 3.000soldados dasBritish Forces Cyprus teñen a súa base en Acrotiri e Dhekelia.Ayios Nikolaos[7], a Base Soberana Oriental, é considerada unhaestación de espionaxe daECHELON.[10]

Goberno e política

[editar |editar a fonte]

A diferenza da maioría dosTerritorios Británicos de Ultramar, Acrotiri e Dhekelia non están administradas por ungobernador, senón por unadministrador, elixido polaRaíña, que depende doMinisterio de Defensa.[7]

Mapa de Acrotiri
Mapa de Dhekelia

O administrador ten todo opoder executivo elexislativo dun gobernador nun Territorio de Ultramar. É designado un oficial principal, responsable do administrador do día a día do goberno civil. Ningunhaseleccións son celebradas nas bases, aínda que normalmente déaselles odereito aos cidadáns británicos para votar eneleccións do Reino Unido (como Forzas Británicas ou electores de ultramar).

Xeografía

[editar |editar a fonte]

Acrotiri e Dhekelia representan o 3% do total do territorio chipriota, preto de 98millas cadradas (47.5 en Acrotiri e 50.5 en Dhekelia). O 60% do terreo é depropiedade privada, pertencente a cidadáns británicos ou chipriotas. O outro 40% está suxeito ao Ministerio de Defensa, ou se organiza como territorio da Coroa. Ademais de Acrotiri e Dhekelia, o Tratado de Establecemento tamén prevé o emprego continuado polo Goberno Británico de certas instalacións dentro de Chipre, coñecidas como "Sitios Conservados" (Retained Sites).[4]

Acrotiri está localizada no sur da illa, preto da cidade de Limasol. Dhekelia está no sueste, preto de Larnaca. Ambas as áreas inclúen bases militares, así como terreos cultivables e algunhas zonas residenciais. Acrotiri está rodeada polo territorio controlado pola República de Chipre, pero Dhekelia tamén limita coa zona de amortecemento administrada polaONU, e a parte ocupada polos turcos da illa.[7]

Ayia Napa está ao nordés de Dhekelia. As localidades deXylotymvou eOrmidhia, tamén na República de Chipre, sonenclaves rodeados por Dhekelia. ACentral Eléctrica de Dhekelia, dividida por unha estrada británica en dous partes, tamén pertence a Chipre. A parte do norte é un enclave, como as dúas localidades, mentres que a parte do sur está localizada na costa, e polo tanto non é un enclave, aínda que non teña ningunhasaugas territoriais propias.

Economía

[editar |editar a fonte]

Non hai ningunhaestatística económica unificada para Acrotiri e Dhekelia. As actividades principais económicas son a provisión de servizos aos militares, así como aagricultura limitada.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Palacián de Inza, Blanca."ACROTIRI Y DHEKELIA: BASES SOBERANAS BRITÁNICAS EN CHIPRE"(PDF).Instituto Español de Estudios Estratégicos(en Castelán). p. 1. Consultado o 14/02/2021. 
  2. "Fichas de Páises: Chipre"(PDF).Ministerio de Relaciones Exteriores de España(en Castelán). Consultado o 14/02/2021. 
  3. "Civil Administration (Area Offices)".SBAA(en inglés). Arquivado dendeo orixinal o 19/03/2020. Consultado o 14/02/2021. 
  4. 4,04,14,2Palacián de Inza, Blanca."ACROTIRI Y DHEKELIA: BASES SOBERANAS BRITÁNICAS EN CHIPRE"(PDF).Instituto Español de Estudios Estratégicos(en Castelán). p. 4. Consultado o 14/02/2021. 
  5. 5,05,1Guía del Mundo. El Mundo visto desde el sur.(en Castelán). Instituto del Tercer Mundo. 2005. pp. 185–186.ISBN 9974-574-43-9. 
  6. Soto, Álvaro (2013)."Gibraltar y ... 13 más".Hoy(en Castelán). Consultado o 14/02/2021. 
  7. 7,07,17,27,37,47,5Palacián de Inza, Blanca."ACROTIRI Y DHEKELIA: BASES SOBERANAS BRITÁNICAS EN CHIPRE"(PDF).Instituto Español de Estudios Estratégicos(en Castelán). pp. 2–6. Consultado o 14/02/2021. 
  8. "Cyprus protesters clash at UK base".BBC News(en inglés). Consultado o 14/02/2021. 
  9. "El Reino Unido considera sus bases en Chipre "mas importantes que nunca"".La Vanguardia(en Castelán). Consultado o 14/02/2021. 
  10. "Informe sobre la existencia de un sistema mundial de interceptación de comunicaciones privadas y económicas (sistema de interceptación ECHELON) (2001/2098(INI))".Parlamento Europeo(en Castelán). Consultado o 14/02/2021. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Akrotiri e DhekeliaModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Países e territorios doMediterráneo
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Akrotiri_e_Dhekelia&oldid=6733957»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp