Akhaltsikhe (enxeorxiano:ახალციხე; enarmenio:Ախալցխա; enruso:Ахалцихе; enturco:Ahıska) é unha pequena cidade do suroeste deXeorxia, capital da rexión deSamtskhe-Javakheti e dodistrito homónimo. O nome da cidade significa "nova fortaleza". A poboación era de 17.903 habitantes en 2014, a maioría delesxeorxianos (72%) cunha minoría importante dearmenios (27%).
A cidade foi mencionada por vez primeira nas crónicas do século XII. Nos séculos XII e XIII foi a sede dosAkhaltsikheli, duques deMeskheti. Dende o século XIII até o século XVII, a cidade e Meskheti foron gobernados pola familia feudal deJaq'eli.
En 1576 osotománs conquistaron a cidade, e en 1628 pasou a ser o centro doeyalet de Çıldır, co nome de "Ahıska".