Odepartamento de Ain foi un dos 83 creados durante aRevolución Francesa, o4 de marzo de1790, en aplicación da lei do22 de decembro de1789, a partir de catro provincias: Bresse, Bugey, Dombes, Pays de Gex e unha parte de Franc-Lyonnais.
Pays de Gex foi separado de1798 a1814 cando se creou o departamento deLéman. Seis municipios do suroeste do departamento, nas periferias deLión, foron unidos ódepartamento de Ródano en 1967 trala creación da Comunidade Urbana de Lión.
Non existe unxentilicio oficial para designar ós habitantes de Ain. É un departamento formado por catro rexións principais, e os habitantes adoptan o xentilicio da correspondente.
Ain non posúe ningunhacidade especialmente importante, pero si unha densa rede de vilas. Tras ter diminuído a súa poboación na segunda metade doséculo XIX e tralaprimeira guerra mundial, volveu a aumentar tralasegunda guerra mundial. Dinamizada pola proximidade deLión e deXenebra,Ain veu un grande aumento demográfico durante os últimos trinta anos, pasando de 340 000 habitantes en1968 a 515 000 en1999.