Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Ahmet Davutoğlu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAhmet Davutoğlu

(2013)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de febreiro de 1959Editar o valor en Wikidata (66 anos)
Taşkent, TurquíaEditar o valor en Wikidata
Primeiro ministro de Turquía
24 de novembro de 2015 – 24 de maio de 2016
← Ahmet DavutoğluBinali Yıldırım →
Deputado da Grande Asemblea Nacional de Turquía
17 de novembro de 2015 –

Circunscrición electoral:Konya(en)Traducir
Primeiro ministro de Turquía
28 de agosto de 2015 – 24 de novembro de 2015
← Ahmet DavutoğluAhmet Davutoğlu →
26ºPrimeiro ministro de Turquía
29 de agosto de 2014 – 28 de agosto de 2015
← Recep Tayyip ErdoğanAhmet Davutoğlu →
42ºMinister of Foreign Affairs(en)Traducir
6 de xullo de 2011, 2 de maio de 2009 – 29 de agosto de 2014, 28 de agosto de 2014
← Ahmet DavutoğluMevlüt Çavuşoğlu →
Membro do gabinete:Cabinet Erdogan III(en)Traducir
Minister of Foreign Affairs(en)Traducir
2 de maio de 2009 – 6 de xullo de 2011
← Ali BabacanAhmet Davutoğlu →
Ambassador of Turkey(en)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónSunnismoEditar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Boğaziçi(pt)Traducir
Istanbul High School(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastañoEditar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo negroEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoRelacións internacionais epolítica exteriorEditar o valor en Wikidata
OcupaciónDiplomático, político, científico político, pedagogo,escritor e profesor.
EmpregadorIstanbul Beykent University(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Partido políticoFuture Party (Turkey)(en)Traducir(2019–)
Partido da Justiça e Desenvolvimento(pt)Traducir(2002–2019)Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2016Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2016
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014
23 de xaneiro de 2013Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2013Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeSare DavutoğluEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteLentapedia
Obálky knih,Editar o valor en Wikidata
Facebook: A.DavutogluTwitter: Ahmet_DavutogluInstagram: ahmet_davutogluEditar o valor en Wikidata

Ahmet Davutoğlu, nado enKonya o26 de febreiro de1959, é un académico, político e diplomáticoturco que éprimeiro ministro deTurquía desde o 28 de agosto de 2014 e líder do Partido da Xustiza e o Desenvolvemento (AKP) desde o 27 de agosto de 2014. Anteriormente fora ministro de relacións internacionais entre 2009 e 2014.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Graduouse no İstanbul Erkek Lisesi, recoñecido por Alemaña comoDeutsche Auslandsschule(escola Internacional alemá) e estudou logo na Facultade de Economía e Ciencia Política da Universidade Boğaziçi en Istambul. Realizou un grao de mestrado enadministración pública e un doutoramento enciencia política e relacións internacionais. Entre 1993 e 1999, Davutoğlu traballou na Universidade de Marmara, converténdose en profesor titular en 1999. Foi presidente do Departamento de Relacións Internacionais na Universidade de Beykent enIstambul. Entre 1995 e 1999, escribiu columnas semanais para xornalYeni Şafak.

Por decisión conxunta do presidenteAhmet Necdet Sezer e do primeiro ministroAbdullah Gül recibiu o título de embaixador en 2003.[1]

Escribiu en inglésAlternative Paradigms: The Impact of Islamic and Western Weltanschauungs on Political Theory,The Civilizational Transformation and The Muslim World e en turcoStratejik Derinlik eKüresel Bunalım.

Asesor do primeiro ministro

[editar |editar a fonte]

Davutoğlu foi asesor xefe de política internacional deRecep Tayyip Erdoğun ao se converter este en primeiro ministro, desenvolvendo a nova política internacional do seu partido, para lograr un papel máis destacado do seu país noOriente Medio. A súa posición como asesor coincidiu coa invasión norteamericana de Iraq de 2003. Mostrouse contrario en 2007 á entrada de tropas norteamericanas no norte de Iraq polo reforzamento que podería supor para os movementos separatistas kurdos presentes na zona.[2]

Posicións en política internacional

[editar |editar a fonte]

Nos seus artigos paraYeni Şafak e no libroStratejik Derinlik desenvolveu o que se coñece como doutrina Davutoğlu na que aposta por reconstruír e manter relacións estreitas cos antigos territorios doImperio Otomán por medio dunha política coñecida como neootomanismo.[3]. Outro punto forte da súa visión exterior é o panislamismo, no cal ve oislam como un factor unificador doOriente Medio.[4] En contraste con estas dúas visións, Davutoğlu tamén defendeu un política prooccidental, de apoio áOTAN e de defensa da integración de Turquía naUnión Europea.[5]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "T.C Resmî Gazete, 18 de xaneiro de 2008". Arquivado dendeo orixinal o 10/07/2010. Consultado o 07/10/2015. 
  2. "Davutoğlu, Kuzey Irak'a dokundurtmuyor", Haber 7
  3. Daloğlu, Tulin."Davutoğlu Invokes Ottomanism as new Mideast Order".Al Monitor. Arquivado dendeo orixinal o 17 de xullo de 2014. Consultado o 22 de agosto de 2014. 
  4. " Davutoglu, Neo-Osmanlici degil Pan-Islamist".Taraf. 23 de agosto de 2014. Arquivado dendeo orixinal o 25 de agosto de 2014. Consultado o 07 de outubro de 2015. 
  5. "Rusya'yı izole etme lüksümüz yok".SoL. Consultado o 10 de setembro de 2014. 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Ahmet DavutoğluModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ahmet_Davutoğlu&oldid=6003290»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp