O pobo, situado na confluencia dorío Guilla, está a 5 quilómetros daJonquera e a 24 quilómetros deFigueres. O termo municipal de Agullana limita coas comarcas deVallespir, aJonquera,Capmany,Darnius e oVajol. O territorio de Agullana esténdese pola zona occidental da serra do Albera. Na parte norte hai sobreirais e aciñeirais, con presenza de castiñeiros nas zonas de máis altura.
O concello de Agullana foi ocupado dende os tempos daPrehistoria. Nel existen catro monumentos megalíticos: dousdolmens e dousmenhires.
A primeira referencia documental de Agullana atópase no ano1019, co nome de Aguliana, nun documento no que o bispo Pere Rotger cede aEcclesiam Sanctae Mariae de Aguliana na Canónica de Xirona.
Agullana formou parte dos dominios do vizcondado de Rocabertí. A mediados doséculo XVIII comezou a desenvolverse a industria da cortiza. No momento de máximo esplendor, a principios doséculo XX, a vila tiña 40 fábricas que se dedicaban a esta industria das que hoxe só queda unha.