Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aguia pescadora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Aguia peixeira»)
Aguia pescadora
Pandion haliaetus
Carl von Linné1758Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Subclase de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
 Nome curto
P. haliaetusEditar o valor en Wikidata
 Combinación orixinal
Características
 Ciclo diurno
Conservación
 IdentificadorUICN
Distribución
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes ouFalconiformes
FamiliaPandionidae
XéneroPandion
EspecieP. haliaetus
Identificadores
ITIS175590Editar o valor en Wikidata
OTT509837Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata G:Commons C:Commons

Aaguia pescadora[1] ouaguia peixeira[2] (Pandion haliaetus) é unhaave rapaz bastante grande e especializada en capturarpeixes.

Anatomía

[editar |editar a fonte]

A aguia pescadora ten a plumaxe do peito branca, ás longas e estreitas que presentan nas extremidades pulseiras negras, o que lle dá unha aparencia distintiva. Está moi ben adaptada para o seu réxime alimentario: pode pechar o nariz para evitar a entrada da auga e as dedas están provistas dunha especie de escamas puntiagudas que lle facilitan ao agarre das presas. O seu voo é lento, alternando o planeo e o bater de ás. Aniña nos lagos e lagoas de auga doce, ás veces nas costas.

Habitualmente as femias son menos filopátricas cós machos, é dicir teñen menos apego cós machos ó territorio de nacemento[3], polo que adoitan ser estas as que se incorporan ó territorio controlado por un macho[3]. Emparéllanse de por vida; en marzo comezan un período de cinco meses de colaboración para construír o niño e coidaren aos aguiachos. As femias poñen 3 ou 4 ovos a fins de abril, chócanos durante cinco semanas, e os aguiachos comezan a voar oito semanas despois da eclosión. As aguias pescadoras que aniñan enEuropa pasan o inverno enÁfrica. As doCanadá e osEstados Unidos invernan enAmérica do Sur; os deAustralia non migran.

Unha aguia pescadora (Pandionidae) preparándose para mergullar. Foto feita polo Centro Espacial John F. Kennedy.
Pandion haliaetus

Dende o século XIX sufriron unha forte persecución, que se prolongou ata os anos 70 do século XX[3]. Por aquel entón as aguias pescadoras estiveron a piques de se extinguir, pero dende a prohibición doDDT e políticas proteccionistas en moitos países dende1970 a súa poboación está a se recuperar.

En Europa hai arredor de 8.000 parellas, sobre todo enEscandinavia,Escocia eRusia. NaPenínsula Ibérica só se reproduce nasBaleares,Canarias eChafarinas, con arredor de 30 parellas. EnGalicia é unha especie moi rara, tan só se pode ver nas épocas de migracións, sobre todo no esteiro doMiño.

EnAmérica hai de 20.000 a 30.000 parellas.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Denominación das aves".Real Academia Galega. Consultado o2024-12-05. 
  2. Penas Patiño, Xosé M.;Pedreira López, Carlos (2004).Guía das aves de Galicia. Ilustrado porCalros Silvar.Baía Edicións.ISBN 84-96128-69-5. 
  3. 3,03,13,2Casado E. e outros (Marzo 2016). "El águila pescadora: conecta!".Quercus361. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aguia_pescadora&oldid=7148166»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp