Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aguia de Haast

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aguia de Haast
Harpagornis moorei
Julius von Haast1872Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Taxon superior
Distribución
 Endémico en
Dimensións
 Masa
15 kgEditar o valor en Wikidata
 Lonxitude
2.6 mEditar o valor en Wikidata
Clasificación taxonómica
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeAccipitriformes
FamiliaAccipitridae
XéneroHarpagornis
EspecieH. moorei
Historia
 Lugar de descubrimento
Datas
 Data de comezo
hai 2.200.000 anosEditar o valor en Wikidata
 Data de remate
1400Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0ly_nEditar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

Aaguia de Haast (Harpagornis moorei) é unxénero e especie extintos deaguia que habitou naIlla Sur deNova Zelandia. Esta foi a meirande aguia que se coñece. A súa presa principal eran asmoas, xigantescas aves non voadoras que eran incapaces de se defender da forza de choque e a velocidade destas aguias, as cales podían acadar unha velocidade de 80 km/h. O gran tamaño da aguia pode deberse a unha resposta evolutiva ó tamaño das súas presas, xa que debeu ser substancialmente menor cando chegou á illa, para logo medrar ó longo do tempo debido á carencia de competencia, un fenómeno que se coñece comoxigantismo insular. A aguia de Haastextinguiuse polo ano 1400, cando a súa principal fonte alimenticia, asmoas, foron cazadas até a extinción polosmaorís e a maior parte do seu hábitat de bosques densos foi devastado.

Clasificación

[editar |editar a fonte]
Comparación da gadoupas daHarpagornis moorei coas deHieraaetus morphnoides.

As análises deADN descubriron que esta rapaz estaba relacionada coa moito menorHieraaetus morphnoides así como aHieraaetus pennata (ambas especies clasificadas como pertencentes ó xéneroAquila[1]) e non, como se pensou nun principio, á relativamente grandeAquila audax.[2] Polo tanto,Harpagornis moorei podería ser eventualmente reclasificada comoAquila moorei.H. moorei puido diverxer destas aguias nun período relativamente recente, comprendido entre 700.000 a 1.8 millóns de anos. O seu incremento de tamaño de dez a quince veces neste período é o maior e máis rápido incrementoevolutivo de masa de calqueravertebrado coñecido. Isto foi posible en parte grazas á presenza de grandes presas e á ausencia de competencia doutros grandesdepredadores.

Etimoloxía

[editar |editar a fonte]

A aguia de Haast foi descrita orixinalmente porJulius von Haast na década de 1870, quen a denominouHarpagornis moorei na honra deGeorge Henry Moore, o propietario deGlenmark Estate onde se atoparon os ósos da ave. O nome do xénero deriva do gregoharpax, que significa 'arpexo', eornis, que significa 'ave'.

Descrición

[editar |editar a fonte]

As aguias de Haast foron as maiores rapaces coñecidas, levemente maiores incluso que os máis grandesvoitres. As aguias femias son significativamente maiores que os machos. Moitas estimacións sitúan ás aguias de Haast femias no rango de 10 a 15 quilogramos e ós machos entre os 9 e 12 quilogramos.[3] Unha comparación coas aguias actuais da rexión deAustralasia resultou nunha masa estimada para os machos de aguia de Haast de 11,5 quilogramos e de 14 quilogramos para as femias.[4] Unha fonte estimou que as maiores femias puideron chegar a pesar máis de 16,5 quilogramos de masa.[5] Tiñan unha envergadura relativamente curta para o seu tamaño, medindo aproximadamente 2,6 ata máis de 3 metros nalgúns casos.[6][7] Esta envergadura é semellante á dalgunhas aguias actuais (a envergadura reportada para os maiores exemplares deAquila audax, aaguia real, aaguia marcial e oHaliaeetus pelagicus)[8][9], e aínda que os voitres máis grandes non acadaron a súa masa, si igualaron ou superaron a envergadura da aguia. Porén, mesmo as maiores aguias vivas son case un corenta por cento menores en tamaño corporal comparadas coa aguia de Haast.[8][10]

Asás curtas pódenlle axudar ás aguias de Haast a cazar en medio das densas matogueiras e fragas de Nova Zelandia. A aguia de Haast foi retratada de xeito incorrecto como se evolucionase cara a unha condiciónnon voadora, mais isto non é así; máis ben representa unha diverxencia do tipo devoo por planeo dos seus devanceiros, desenvolvendo unhas ás máis anchas.[11] Dúas das maiores aguias actuais, aaguia harpía e oPithecophaga jefferyi tamén reduciron a lonxitude das súas ás para adaptarse a vivir nos bosques.[8]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lerner, H. R. L.; D. P. Mindell (2005)."Phylogeny of eagles, Old World vultures, and other Accipitridae based on nuclear and mitochondrial DNA"(PDF).Molecular Phylogenetics and Evolution37 (2): 327–346.PMID 15925523.doi:10.1016/j.ympev.2005.04.010. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de abril de 2008. Consultado o 23 de maio de 2013. 
  2. Bunce, M.; et al. (2005)."Ancient DNA Provides New Insights into the Evolutionary History of New Zealand's Extinct Giant Eagle".PLoS Biology3 (1): e9.PMC 539324.PMID 15660162.doi:10.1371/journal.pbio.0030009. 
  3. Brathwaite, D. H. (1992)."Notes on the weight, flying ability, habitat, and prey of Haast's Eagle (Harpagornis moorei)"(PDF).Notornis39 (4): 239–247. Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 23 de maio de 2013.Ornithology of the Southern Pacific 
  4. Braithwaite, D.H."Notes on the weight, flying ability, habitat, and prey of Haast's eagle (Harpagornis moorei)"(PDF). Notornis, journal of the Ornithological Society of New Zealand (Inc.). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 19 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2013. 
  5. Worthy, T. & Holdaway, R.,The Lost World of the Moa: Prehistoric Life of New Zealand. Indiana University Press (2003),ISBN 978-0-253-34034-4
  6. Maas, P."Recently Extinct Animals - Species Info - Haast's Eagle". The Sixth Extinction. Arquivado dendeo orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o2013-04-19. 
  7. "Haast's Eagle". Paleobiology and Biodiversity Research Group. Arquivado dendeo orixinal o 05 de maio de 2014. Consultado o2013-04-19. 
  8. 8,08,18,2Wood, Gerald (1983).The Guinness Book of Animal Facts and Feats.ISBN 978-0-85112-235-9. 
  9. Eagles, Hawks and Falcons of the World by Leslie Brown & Dean Amadon. The Wellfleet Press (1986),ISBN 978-1-55521-472-2.
  10. Ferguson-Lees, J.; Christie, D. (2001).Raptors of the World. Londres:Christopher Helm.ISBN 0-7136-8026-1. 
  11. Haast’s eagle, New Zealand giant eagle, BBC. Consultado o 27 de outubro de 2010.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aguia_de_Haast&oldid=7149948»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp