Agaricales é unhaorde defungos daclaseAgaricomycetes que inclúe algúns doscogomelos máis coñecidos. Noutrora estaba incluída na clase Homobasidiomicetes,[2] hoxe en desuso.[3] Aorde ten 33familias, 413xéneros, e arredor de 13000especies descritas.[3] Inclúe multitude de cogomelos coñecidos, dende o ubicuochampiñón común ouAgaricus bisporus, á mortal cacaforraAmanita virosa, así comafungos alucinóxenos e velenosos coma orebentabois (Amanita muscaria) ou especiesbioluminiscentes coma oOmphalotus olearius.
Algúns fungos con corpos frutíferos en forma de cogomelo con chapeu, comaCantharellus, foron clasificados tradicionalmente en distinto grupo que o resto de Agaricales. Grazas aos estudos moleculares, estase a albiscar que hai máis grupos diverxentes do que se pensou nun principio, coma os xénerosRussula e maisLactarius, aos que se teñen situado nunha orde distinta,Russulales, e outros fungos de lamelas, que inclúen especies comaPaxillus involutus e maisHygrophoropsis aurantiaca, que amosan unha maior afinidade conBoletus, e aos que se teñen situado na ordeBoletales.
Por outra banda, a algúns fungos de morfoloxía bastante diferente, como osLycoperdon e algúnsfungos clavaroides, coma o xéneroTyphula e maila especieFistulina hepatica, foron recentemente clasificados dentro da orde Agaricales.
O termoagárico ten sido tradicionalmente referido á orde Agaricales, aos que se definiron exactamente coma osfungos conlamelas. Tralos descubrimentos descritos enriba, eses dous termos non poden considerarse sinónimos (malia haber moitos solapamentos entre eles).
A orde Agaricales é ubicua, sendo atopada en todos os continentes. Aínda que todos son terrestres, os seus hábitats inclúen todo tipo depantanos, lameiros e pasteiros, variando grandemente dunha especie a outra.
Osbasidiocarpos das especies desta orde son tipicamente carnosos, cunestipe ou pé, unpíleo (ou chapeu) elamelas, onde osbasidios se almacenan. Esta é a estrutura tipo do que se coñece comocogomelo.
O ciclo de vida das especies da orde Agaricales é moi representativo deBasidiomycota. É frecuente neste taxon atopar especies que presentanhifas septadas, confíbulas, ou conexións en abrazadeira (clamp connections), e célulasdicariotas.[4][5][6]
Asbasidiosporas sempre son expulsadas dosbasidios entre os bordos da lamela, para posteriormente caer no chan ou ser transportadas polo vento.
- ↑Underwood, L.M. (1899). Henry Holt, ed.Moulds, mildews and mushrooms: a guide to the systematic study of the Fungi and Mycetozoa and their literature. Nova York. p. 97.
- ↑Hibbett, D.S.; Thorn, R.G. (2001). McLaughlin, D.J.; et al., eds.The Mycota. VII Parte B. "Systematics and Evolution". Berlin: Springer-Verlag. pp. 121–168.
- ↑3,03,1Kirk, P.M.; Cannon, P.F.; Minter, D.W.; Stalpers J.A. (2008).Dictionary of the Fungi (10ª ed.). Wallingford: CABI. pp. 12-13.ISBN 0-85199-826-7.
- ↑"Copia arquivada"(PDF). Arquivado dendeo orixinal(PDF) o 11 de outubro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2013.
- ↑http://www.ual.es/GruposInv/myco-ual/basidis.htm
- ↑http://www.cienciaybiologia.com/botanica/criptogamas/basidiomycotiina.htm
|
---|
Terminoloxía | cogomelo, fungo; micorriza; anel, asco, basidio, cortina, esporóforo, esporocarpo, espora, estipe, gleba, hifa, himenio, lamela, lévedo, micelio, mofo, píleo, veo, veo universal, volva |
---|
Especies | Agaricales ( Agaricus: bóla de neve, champiñón común, fungo dos lameiros), Amanita ( amanita branca, amanita dos Césares, cacaforra da morte, cacaforra dourada, francesiña, rebentabois), Boletus, cantarela, carallán, cerrote, cogomelo dos lamigueiros, cornizó, feixó do demo, fungato, matacandil, mildio, netorra, níscaro, oídio, pé azul, peido de lobo, pleuroto, ratiño, tortullo, trufa |
---|
Taxonomía e recursos | |
---|