Dentro do termo municipal destacan a súa cabeceira (a vila de Agaete), oPuerto de las Nieves a beiras doocéano Atlántico, comunicado regularmente por transbordador coa illa deTenerife, eLos Berrazales (barranco arriba, cunha exuberante vexetación). Nesta última zona, ao pé do piñeiral de Tamadaba, levántase un antigo e abandonado hotel rural.
A economía de Agaete baseouse historicamente na agricultura e a pesca, pero nos últimos decenios o turismo converteuse no sector máis importante. Un dos símbolos do municipio é oDedo de Dios ou Roque Partido,formación rochosa con aspecto de dedo humano que se levanta fronte á costa. A parte superior do Dedo de Dios foi destruída por unha forte tormenta, atormenta tropical Delta, en 2005.
Casas del Camino, El Hornillo, El Risco, El Sao, El Turman, Guayedra, Las Cuevecillas, Los Berrazales, San Sebastián, Barriada Señorita María Manrique de Lara (coñecido comoBilbao), Troya, Piletas, Puerto de las Nieves, San Pedro, El Palmeral, La Suerte, San Pedro, Vecindad de Enfrente e Las Candelarias.
Sen ningunha dúbida, Agaete caracterízase tamén polas súas festas patronais. A Vila mariñeira de Agaete celebra durante o mes de decembro as festas patronais en honra áInmaculada Concepción e durante o mes de agosto, a Festa da Rama en honra áVirxe das Neves. O acto popular máis coñecido durante as festas de agosto danosa Señora das Neves, é sen ningunha dúbida, a Baixada da Rama, declarado acto festivo de Interese Turístico Nacional.