Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Afrocolombiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Afrocolombiano
Proporción de afrocolombianos en cada concello segundo o censo colombiano de 2005.

     72,7% - 100%     45,0% - 72,6%     20,4% - 44,9%     5,8% - 20,3%     0,0% - 5,7%

     Sen datos
Poboación
Poboación total:
4 944 400 (censo de 2018)[1][2]
9,34% da poboación de Colombia

   7 800 000 (estimación)
~15% da poboación de Colombia
[3]
15%–26%[3][4][5] dos colombianos (fontes externas)
Rexións principais:
Valle del Cauca647 526
Chocó337 696
Bolívar, Colombia319 396
Antioquia312 112
Cauca245 362
Aspectos culturais
LinguaCastelán colombiano,crioulo palenquero ecrioulo sanandresano
RelixiónCatolicismo (maioritario)
Grupos
relacionados
Afroamericano

Osafrocolombianos son un grupo étnico decolombianos que teñen ascendenciasubsahariana de maneira predominante ou total.[6] Nos censos nacionais de Colombia, os afrocolombianos son recoñecidos dentro de tres grupos oficiais: os raizais, ospalenqueros e outros afrocolombianos.

A achega das súas expresións na vida nacional é salientable. Acumbia, un dos ritmos nacionais, e osancocho,[7] o prato típico máis estendido, non existirían sen a súa participación. O nome deMacondo, central na creación deGabriel García Márquez, ten orixe africana. Entre as achegas que a UNESCO recoñece como Patrimonio Inmaterial da Humanidade[8] está afesta de San Pacho enQuibdó,[9] a música de marimba do sur do Pacífico e os cantos tradicionais ao longo do Pacífico,[10] o espazo cultural de Palenque de San Basilio[11] e oentroido de Barranquilla.[12]

A súa historia comeza coaescravitude de africanos traídos a Colombia polos españois e os británicos na primeira década doséculo XVI. Contra 1520, os africanos eran traídos de lugares como oCongo,Angola, oCamerún,Ghana,Liberia,Gambia,Costa do Marfil,Guinea-Bissau,Serra Leoa, oSenegal eMalí[13] para substituír a poboación indíxena que diminuía rapidamente. A súa poboación medrou exponencialmente coa trata transatlántica oucomercio triangular. O longo proceso demanumisión comezado en 1851 só beneficiou os seus escravizadores,[14] mais foi o comezo dun poboamento e repoboamento libre que hoxe chega a representar o 90% da poboación na costa do Pacífico colombiano.[15] Outras rexións do país teñen porcentaxes importantes, como os máis de 110 mil afrodescendentes en Bogotá (datos de 2013).[16]

Contra mediados do século XX a poboación negra atopábase na súa maioría nas dúas costas do país; nos departamentos doPacífico (Cauca,Chocó,Nariño eValle del Cauca) e nos dacosta Caribe (Antioquia,Atlántico,Bolívar,Cesar,Córdoba,La Guajira,Magdalena,San Andrés eSucre). Durante o último medio século, un importante sector da poboación negra instalouse nas principais cidades do país. Colombia é actualmente o país de fala hispana con maior poboación afrodescendente, e o cuarto de América despois do Brasil, os Estados Unidos e Haití.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Estadística de los grupos étnicos 2018".Censo General 2018. Departamento Administrativo Nacional de Estadística (DANE). Consultado o 10 de febreiro de 2020. 
  2. Central Intelligence Agency (2016)."Colombia".The World Factbook. Langley, Virginia: Central Intelligence Agency. Consultado o 1 de xaneiro de 2017. 
  3. 3,03,1"Informe 2018". Barometro. Consultado o 3 de outubro de 2022. 
  4. [Detector: la cifra de afros en Colombia de Francia Márquez es debatiblehttps://www.lasillavacia.com/detector-de-mentiras/detector-la-cifra-de-afros-en-colombia-de-francia-marquez-es-debatible/]
  5. "Cátedra de Estudios Afrocolombianos". Ministry of National Education. 2001.Los afrodescendientes representan aproximadamente 26% de la población total del país, alrededor de 10 y medio millones de personas, es decir, la cuarta parte de los colombianos. 
  6. "Afro-Colombians".Minority Rights Group(eninglés). 19 de xuño de 2015. Consultado o2021-09-08. 
  7. Cardona Tobón, Alfredo.Su majestad el sancocho. En: Historia y región, febreiro de 2011.
  8. Sector de Cultura da UNESCO.Elementos sobre as listas de patrimonio cultural inmaterial, (Colombia). París, 2012.
  9. [1]
  10. [2]
  11. [3]
  12. [4]
  13. Orixe dos AfroColombianos."Copia archivada". Arquivado dendeo orixinal o 8 de abril de 2016. Consultado o 22 de maio de 2016. 
  14. Tovar, Jorge A.La Manumisión en Colombia: 1821 -1851. Un análisis cuantitativo. Bogotá: Universidad de los Andes, 2007.
  15. Biblioteca Virtual Luis Ángel Arango.Pacífico colombianoArquivado 29 de outubro de 2013 enWayback Machine.. Bogotá, 2012.
  16. Diario El Tiempo.Bogotá negra (especial multimedia). Bogotá, 2 de outubro de 2013.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
A Galipedia ten unportal sobre:Colombia
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AfrocolombianoModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afrocolombiano&oldid=6965268»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp