Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Afonso X o Sabio

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaAfonso X o Sabio

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de novembro de 1221Editar o valor en Wikidata
Toledo, EspañaEditar o valor en Wikidata
Morte4 de abril de 1284Editar o valor en Wikidata (62 anos)
Sevilla, EspañaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaIglesia Catedral de Santa MaríaEditar o valor en Wikidata
Monarca de Castela e León
1252 – 1284
← Fernando III de CastelaSancho IV de Castela →Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCatolicismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoAstronomía ehistoriaEditar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, poeta, historiador, compositor, astrónomo, xuristaEditar o valor en Wikidata
Xénero artísticoPoesíaEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Castela
Rei de León
Rei de GaliciaEditar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de BorgoñaEditar o valor en Wikidata
CónxuxeViolante de Aragón(1246(Gregoriano)–)Editar o valor en Wikidata
ParellaMaria Afonso de Leão
Mayor Guillen de GuzmánEditar o valor en Wikidata
FillosIsabel de Castilla
 ()Violante de Aragón
Orraca Afonso de Castela
 ()Mayor Guillen de Guzmán
Martin Alfonso de Castilla
 ()
Beatriz de Castela
 ()Mayor Guillen de Guzmán
Alfonso Fernández el Niño
 ()
Berenguela de Castela
 ()Violante de Aragón
Beatrix Castellae
 ()Violante de Aragón
Fernando de La Cerda
 ()Violante de Aragón
Leonor de Castela
 ()Violante de Aragón
Sancho IV de Castela
 ()Violante de Aragón
Costanza de Castela
 ()Violante de Aragón
Pedro de Castela
 ()Violante de Aragón
Xoán I de Galiza e León
 ()Violante de Aragón
Violante de Castela
 ()Violante de Aragón
Jaime de Castela
 ()Violante de AragónEditar o valor en Wikidata
PaisFernando III de CastelaEditar o valor en Wikidata  e Beatriz de SuabiaEditar o valor en Wikidata
IrmánsHenrique de Castela
Filipe
Fernando de Castela
Manuel de Castela
Frederico de Castela
Sancho de Castela
Lionor de Castela
Fernando de Castela
Lois de Castela
Berenguela de Castela
María de CastelaEditar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteSvensk uppslagsbok
Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Allgemeine Deutsche BiographieEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 74617BNE: XX880126Bitraga: 5538Musicbrainz: 6c7be16e-8fb3-44c7-841e-4cf2f08c13e4Discogs: 1000587IMSLP: Category:Alfonso_X_of_CastileWikiTree: Castilla-113Find a Grave: 8087629Deezer: 3012031Editar o valor en Wikidata

Afonso X, tamén coñecido comoAfonso IX,[1][2][3] nado enToledo o23 de novembro de1221[4] e finado enSevilla o4 de abril de1284, foi rei deCastela eLeón.[5]

Á morte do pai,Fernando III o Santo, retomou a ofensiva contra osmusulmáns, e ocupouXerez (1253), arrasouSalé, o porto deRabat (1260) e conquistouCádiz (contra 1262). En 1264 tivo que facer fronte a unha importante revolta dosmudéxares deMurcia e do val doGuadalquivir.

Como fillo deBeatriz de Suabia, dacasa de Hohenstaufen, aspirou á coroa doSacro Imperio Romano Xermánico, proxecto ao que dedicou máis da metade do seu reinado sen obter éxito.

Os últimos anos do seu reinado foron especialmente sombríos, debido ao conflito sucesorio provocado pola morte prematura do seu primoxénito,Fernando de la Cerda, e a minoría de idade dos outros fillos, o que desembocou na rebelión aberta doinfanteSancho e de gran parte da nobreza e das cidades do reino. Afonso morreu en Sevilla durante o transcurso desta revolta, non sen antes desherdar o seu fillo Sancho.

Levou a cabo unha activa e beneficiosa política económica, reformando amoeda e a facenda, concedendo numerosas feiras e recoñecendo en 1273 oHonrado Consejo de la Mesta.

Tamén é recoñecido pola súa obra literaria, científica, histórica e xurídica realizada polo seu escritorio real. Afonso X patrocinou, supervisou e, moitas veces, participou coa súa propia escritura e en colaboración cun conxunto de intelectuaislatinos,hebreos eislámicos coñecido comoEscola de Tradutores de Toledo, na composición dunha inxente obra literaria que iniciou en boa medida aprosa encastelán. Destacan asSete Partidas (Las Siete Partidas), unha recompilación xurídica e de principios do dereito, e algúns tratados dexadrez e deastronomía. Ademais escribiu poesía engalego-portugués, como asCantigas de Santa María, realizando unha grande achega á lingua culta do momento na corte do reino, alingua galego-portuguesa. Tamén escribiu poemastrobadorescos. Por todo isto foi alcumadoo Sabio. Dedicóuselle oDía das Letras Galegas en1980.[6]

En 1935 recoñeceuse comoastrónomo nomeándose no seu honor ocráterlunar "Alphonsus".[7]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Infancia e educación

[editar |editar a fonte]

Afonso era o fillo primoxénito deFernando III de Castela e León, o Santo e de Elisabeth vonHohenstaufen, máis coñecida comoBeatriz de Suabia, que era filla deFilipe de Suabia, rei deAlemaña, e neta do emperadorFederico I Barbarroxa). Para encargarse da súa crianza foi designada como ama Orraca Pérez e como aioGarcía Fernández de Villamayor, que fora mordomo da raíñaBerenguela e cuxa segunda esposa era Maior Arias de Limia. Con ambos os esposos criouse enVillaldemiro e enCelada del Camino.[8][9] Parte da súa infancia pasouna nas propiedades que tiñan os seus coidadores na comarca deAllariz, concretamente nocastelo de Maceda onde, segundo a tradición, aprendeu ogalego.[4][10][11] que utilizou nasCantigas de Santa María compostas no seuscriptorium e, polo menos dez delas, seguramente debidas ao mesmo rei.[12] Xa na Corte de Toledo recibiu unha esmerada educación en múltiples campos, á vez que empezou a relacionarse cos herdeiros das principais familias nobres dos reinos de Castela e de León.

Aíndainfante, participou na toma de varias prazas andaluzas, entre elasCádiz; porén, tivo que renunciar á posesión doReino do Algarve (polotratado de Badaxoz de1267), e ás súas aspiracións sobre oReino de Navarra. Tamén fracasou na disputa pola coroa doSacro Imperio Romano Xermánico, aínda que conseguiu que o elixisenrei de romanos, o paso previo para acadar a coroa imperial.

Campaña en Andalucía e batalla de Xerez (1231)

[editar |editar a fonte]

En1231, mentres Fernando III percorría as principais cidades doReino de León despois de tomar posesión del, o soberano enviou o seu fillo o infante Afonso, que contaba daquela con nove anos de idade e estaba enSalamanca, a devastar os reinosmusulmáns deCórdoba eSevilla, acompañado polos magnatesÁlvaro Pérez de Castro el Castellano e Gil Manrique. Porén, varios historiadores sinalaron que o infante Afonso ao que se refiren as crónicas da época non foi o fillo de Fernando III o Santo, senón o seu irmán, o infanteAfonso de Molina, fillo do defuntoAfonso VIII de León e Galiza.[13] Porén, segundo a versión que sostén aCrónica, o infante Afonso presente na batalla era en realidade o fillo do rei Fernando III:

Vista do Alcázar de Xerez da Fronteira. Abatalla de Xerez, librada en1231, supuxo a derrota das tropas do rei musulmán de Sevilla.
Mandó a don Alvar de Castro, el Castellano, que fuese con él, para guardar el infante y por cabdillo de la hueste, ca el infante era muy moço e avn non era tan esfforçado, e don Alvar Pérez era omne deferido e muy esforçado.[14]

Desde Salamanca, e pasando porToledo, onde se lles uniron corenta cabaleiros toledanos, dirixíronse cara aAndújar e, desde alí, encamiñáronse a devastar a terra de Córdoba, e posteriormente, a vila cordobesa dePalma del Río, onde exterminaron a todos os habitantes e tomaron a localidade, dirixíndose a continuación cara ao Reino de Sevilla e cara aXerez da Fronteira, onde instalaron o campamento cristián nas proximidades dorío Guadalete.[15] O emirIbn Hud, que reunira un numeroso exército dividido en sete corpos, interpúxose con el entre o exército cristián e a cidade de Xerez da Fronteira, obrigando ás tropas de Afonso a combater. Durante a batalla que se librou a continuación, coñecida como abatalla de Jerez, o exército de Afonso derrotou as tropas musulmás a pesar da superioridade numérica destas. Despois da súa vitoria na batalla de Xerez, Álvaro Pérez de Castro dirixiuse aoReino de Castela e entregou ao infante Afonso a seu pai o rei, que se encontraba na cidade dePalencia.

Afonso X o Sabio referiuse posteriormente a esta batalla, librada no ano de1231, e na que Álvaro Pérez de Castro el Castellano acaudillou as hostes cristiás, do seguinte modo:

Conviene que sepades los que esta estoria oyredes que la cosa del mundo que más quebrantó a los moros, por que el Andaluzía ovieron a perder e la ganaron los christianos dellos, fue esta cabalgada de Xerez, ca de guisa fincaron quebrantados los moros, que non pudieron después auer el atreuimiento nin el esfuerço que ante avíen contra los christianos, tamaño fue el espanto e el miedo que tomaron desa vez.[15]

Conquista dos Reinos de Murcia e de Sevilla

[editar |editar a fonte]
Retrato de Afonso X. Concello deSevilla (séc. XIX).

Cumprida a maioría de idade aos dezanove anos, Afonso utiliza oficialmente o título de herdeiro e comeza a exercer actividades de goberno noReino de León. Pouco despois, enfrontou diversas operacións militares. En1243, debido á enfermidade que sufría seu pai, o infante fíxose cargo da campaña de conquista doTaifa de Murcia (1243-1245), coa axuda de certos caudillos musulmáns do territorio. No transcurso destas operacións asinou otratado de Almizra (26 de marzo de 1244) conXaime I de Aragón, seu futuro sogro, establecendo as fronteiras entre ambos os reinos.

En1246-1247 participou naguerra civilportuguesa, apoiando aSancho II de Portugal fronte ao seu rivalAfonso de Boloña. En1247-1248 participou en primeira liña na conquista deSevilla. A causa da quebrantada saúde do seu pai, Afonso ocupouse da repartición entre os membros da hoste dos novos territorios adquiridos, así como de distintos labores de goberno.

En1248 comezou a conquista do Reino Taifa de Murcia que lle correspondía en virtude do tratado de Almizra, polo que as cidades deVillena,Alacant,Elx,Orihuela,Murcia,Lorca eCartaxena foron incorporadas áCoroa de Castela. Ao pouco, serían entregadas as vilas e fortalezas doVinalopó, a modo deapanage, ao seu irmán, o infanteManuel de Castela, sendo creado oSeñorío de Villena.

Matrimonio

[editar |editar a fonte]

Sendo Afonso un adolescente tratouse do seu matrimonio en dúas ocasións. A primeira foi en 1234 coainfantaBranca de Champaña, filla do reiTeobaldo I de Navarra.[16] Posteriormente, conFilipa de Ponthieu, irmá da súa madrasta a raíñaXoana, para cuxo enlace o papa emitiu dispensa o 31 de agosto de 1237. Ambos os compromisos quedaron sen efecto e, en1240, dous anos antes da toma da cidade de Sevilla, foi acordado o seu casamento coainfantaViolante de Aragón, segundo consta no testamento de 1 de xaneiro de 1241 deXaime I o Conquistador,rei de Aragón, onde cita á súa filla como.

Ioles, coniugi Alfonsi, primogeniti illustris regis Castellae.

A voda do rei Afonso con Violante celebrouse o29 de xaneiro de1249 na Colexiata de Santa María a Maior deValladolid. A futura raíña estivo a punto de ser repudiada por estéril, pero quedou embarazada tras repousar na cidade deAlacant tras a súa conquista en1248.

O30 de maio de1252 faleceu Fernando III o Santo, e o1 de xuño foi proclamado rei o infante Afonso, que reinaría como Afonso X de Castela e de León.

Política interior

[editar |editar a fonte]

Foi o doRei Sabio un reinado reformador, que iniciaría o proceso que desembocaría no Estado Moderno da época dosReis Católicos. Fundamentou, así mesmo, a supremacía de Castela entre os reinos peninsulares.

OHonrado Concejo de la Mesta de pastores foi creado en1273 por Afonso X o Sabio, reunindo nel a todos os pastores de León e de Castela nunha asociación nacional e outorgándolles importantes prerrogativas e privilexios tales como eximilos do servizo militar, de testificar nos xuízos, dereitos de paso e pastoreo, etc.

Portada dasSete Partidas.

Reformas lexislativas

[editar |editar a fonte]

Afonso X pretendía renovar e unificar os diversos foros que rexían nos seus dominios. Para lograr este obxectivo, o primeiro paso foi a redacción doForo Real para as cidades do país.O espéculo das leis, promulgado en1255, foi a primeira redacción dun código legal unificado, na liña doForo Real.

En1256 chegou unha embaixada da cidade italiana dePisa ofrecendo a Afonso o seu apoio para optar ao trono doSacro Imperio Romano Xermánico. O rei castelán decidiu entón que o seu equipo de xuristas elaborase un novo código legal ampliado, baseado noEspéculo e noDereito romano-canónico. Trátase dasSete Partidas, redactadas entre 1256 e 1265, e das que se chegou a dicir que son, pola súa calidade e transcendencia interna e exterior, equiparábeis no mundo dodereito ao que foi a obra deTomé de Aquino para ateoloxía.[17]

As reformas lexislativas do rei produciron o rexeitamento de elementos cidadáns e nobiliarios, cuxos privilexios se vían ameazados pola crecente intervención do Estado nas lexislacións privativas. Este rexeitamento foi unha das causas da granrebelión nobiliaria de 1272.

Actividade de repoboación

[editar |editar a fonte]
Noven, moeda debillón,cuñada naceca da Coruña durante o reinado de Afonso X. A lenda di enlatín "Moeda de Castela e de León".
Selo de Afonso X.
Estatua de Afonso X diante daBiblioteca Nacional (Madrid).
Estatua de Afonso X xunto ao Castelo de San Marcos.Puerto de Santa María.

O labor máis importante neste ámbito emprendida polo monarca foi a repoboación do antigoReino de Sevilla, que permitiu consolidar as conquistas de Fernando III. Nada máis renderse a cidade hispalense, procedeu á repartición das casas do seu centro urbano e das terras dos arredores entre os soldados das hostes reais e nobiliarias, así como entre xentes procedentes de todos os recunchos daCoroa de Castela. Este modelo de repoboación, que baleirou de musulmáns aquelas localidades que foran tomadas pola forza ou que capitularon tras un sitio (caso das principais cidades do Guadalquivir), que conviviu co mantemento da poboación autóctona en diferentes zonas. Moitas localidades das serras de Xaén e Córdoba, e outras dos campos e chairas, rendéronse aos casteláns mediante capitulación, pola cal estes se facían cargo das súas fortalezas e do cobro de impostos, mentres que osmudéxares conservaban certa autonomía política e relixiosa.

Este sistema non foi viábel despois darevolta mudéxar de1264. A expulsión que se produciu de musulmáns nas terras andaluzas e o esgotamento demográfico dos reinos de Castela e de León, tivo como consecuencia unha baixísima densidade de poboación no sur da península, que non puido ser paliada polo labor de repoboación de Afonso X na comarca doGuadalete e nabaía de Cádiz, nin polas iniciativas señoriais na fronteira coReino nazarí de Granada. Finalmente, os repoboadores concentráronse nas grandes cidades do val do Guadalquivir.

Tamén impulsou Afonso X a chamada repoboación interior, coa fundación de vilas epolas (pobras) novas en rexións do norte e o interior peninsular. Con iso pretendía reforzar a xurisdición reguenga en zonas nas que tradicionalmente predominaran osseñoríos de distinto tipo. Así, pódense enumerar as seguintes:

A revolta mudéxar

[editar |editar a fonte]

Aos poucos anos de aceptar a submisión a Castela, que xa ofreceran a Fernando III, os pequenos territorios tributarios deNiebla eXerez da Fronteira viron como Afonso X lles arrebataba pola forza das armas a pouca autonomía que lles quedaba. Esta circunstancia, así como outros incumprimentos das capitulacións acordadas no seu día cos musulmáns andaluces e murcianos que se renderan sen resistencia durante as campañas de Fernando III, provocou unha sublevación concertada entre a poboación mudéxar do sur peninsular, apoiada polorei de Granada (1264). A rebelión foi facilmente sufocada en Andalucía en poucos meses, mentres que en Murcia, abandonada á súa sorte, foi necesaria a intervención combinada de tropas castelás e aragonesas, ao mando do propioXaime I de Aragón. Esta revolta tivo como consecuencia a expulsión ou a fuxida de moitos mudéxares andaluces, e o despoboamento de vastas zonas no val do Guadalquivir.

Política exterior

[editar |editar a fonte]

A cuestión do Algarve

[editar |editar a fonte]

Durante todo o seu reinado Afonso X titulouse "Rei doAlgarve". A orixe desta atribución é escura. Segundo algúns autores, como o Marqués de Mondéjar, o Algarve sería doado a Afonso porSancho II de Portugal en pagamento polo apoio que o castelán lle dera en 1246 contra aquel que terminaría por apartalo do goberno, o seu irmánAfonso III de Portugal (coñecido tamén como Afonso de Boloña). Para outros, como José Mattoso,[18] a reivindicación do rei castelán sobre as terras ao sur deLisboa reflectían o desexo de ver recoñecida a súa superioridade feudal sobre o monarca portugués; outros, tamén se ven os dereitos de Afonso X no Algarve aos obtidos polo rei da Taifa de Niebla. Sexa como for, tras a subida ao trono de Afonso X de Castela, iniciouse unha guerra entre ambos os reis polo control do Algarve. O conflito finalizou en1253 ao acordaren o matrimonio do rei portugués cunha filla, ilexítima, do rei Afonso X,Beatriz, e a entrega dun usufruto sobre o Algarve en beneficio do rei castelán até que o fillo dese matrimonio alcanzara os sete anos de idade.[19][20]

En 1260 Afonso X engadiu aos seus títulos o de rei de Algarve. Pero en 1263, ratificado en 1264,[21] cedeu o usufruto do Algarve ao seu netoDinís, herdeiro do rei portugués, a cambio dunha vasalaxe militar.[22][23] Otratado de Badaxoz, de1267, liquidou este tributo militar e fixáronse as fronteiras norío Guadiana.

O rei castelán seguiu porén empregando o título de rei de Algarve, pero só pola referencia ao territorio da antiga taifa de Niebla.[20] Pola súa parte, o reiAfonso III empezou a empregar o título de rei de Portugal e do Algarve desde marzo de 1268.[24]

Ofecho del Imperio

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Güelfos e xibelinos#O Interregno.

Á morte dorei de romanosGuillerme de Holanda en xaneiro de1256 produciuse un problema sucesorio pola elección do seguinte rei de romanos. En marzo, a cidade dePisa enviou unhaembaixada aorei de Castela Afonso X o Sabio, que os recibiu enSoria, ofrecéndolle a súa submisión e o seu apoio como cabeza dacasa de Suabia (ouHohenstaufen) e como xefe do partidoxibelino, oposto ao papa; deste xeito Pisa compensaba os beneficios da súa rivalXénova. O rei castelán deu a súa aprobación para ser elixido rei de romanos, paso previo á coroación polo papa como emperador doSacro Imperio Romano Xermánico. Pero orei de InglaterraHenrique III propuxo o seu irmánRicardo de Cornualla como candidato. Por outra parte estaba o complexo sistema de elección do emperador, que correspondía a setepríncipes electores alemáns.

Afonso X o Sabio,rei electo de romanos. Miniatura doLibro de retratos de los Reyes, 1594.
Selo deRicardo de Cornualla,rei rival de Afonso. A lenda diRICARDUS DEI GRATIA ROMANORUM REX SEMPER AUGUSTUS ('Ricardo pola graza de Deus rei de romanos sempre augusto').
Batalla de Benevento.

Tras gastar ambos os candidatos grandes cantidades de diñeiro para subornar os electores, o1 de abril os partidarios de Afonso, o arcebispo deTréveris, oduque de Saxonia, xunto cos poderes outorgados polomargrave deBrandeburgo e polorei de BohemiaOtakar I, elixiron rei de romanos a Afonso enFrankfurt. Pero Otakar I, interesado en manter o reino vacante deu o seu voto a ambos os candidatos. O rei castelán distribuíu grandes cantidades de diñeiro aos seus partidarios para manter viva a súa causa enAlemaña; pero enItalia, o papaAlexandre IV (o valenciano Roderic de Borja) deuse de conta de que a presenza dos casteláns favorecía a causa dos xibelinos, pois seu inimigoEzzelino da Romano era partidario de Afonso.[25] A pesar de todo, Afonso X enviou unha embaixada ao papa para lograr a súa lexitimación, aquietando as suspicacias do papa acerca do seu xibelinismo, nada extremista.

Tres electores votaron porRicardo (ademais do voto duplo de Otokar). O inglés viaxou aAquisgrán, onde foi coroado comorei de romanos xunto á tumba do primeiro emperador medieval de Europa Occidental,Carlomagno. O castelán, en cambio, permaneceu nos seus reinos, co que perdeu a súa oportunidade de facer valer a súa elección como rei de romanos. Nunca pisaría terra alemá.

Á morte de Ezzelino da Romano (1259), os xibelinos tenderon agora a unirse en torno aManfredo de Sicilia, recentemente coroado comorei de Sicilia, sen que o papa estivese disposto a recoñecelo, posto que o excomungara. Nese momento, os xibelinos podían aspirar á hexemonía sobre toda Italia, e calquera alivio á terrible presión que estes exercían sobre o papa era ben recibido: de aí que Alexandre IV acollese ben aos embaixadores casteláns prometéndolles que na querela imperial se atería á máis estrita xustiza. Tras unha sede vacante de tres meses, opatriarca de Xerusalén, Xacobe Pantaleón, de orixe francesa, foi elixido en setembro de 1261 como novo papa, comoUrbano IV (1261–1264), que nunca pisaría Roma e, aínda que mantivo unha teórica actitude de neutralidade entre os dous candidatos, o castelán e o inglés, non estaba disposto a que ningún dos dous puidese sumar as súas forzas ás dos seus inimigos os xibelinos. Ante isto, ideou unha arbitraxe que lle permitise demorar a súa sentenza o tempo que fora necesario.[26]

Porén, ante o avance irresistíbel dos xibelinos, e a pesar de que Afonso X intentaba que os güelfos se adherisen a súa causa mantendo hostilidade cara a Manfredo, o papa Urbano IV ignorou o acordo que establecera Alexandre IV, e púxose nas mans de Francia, onde finalmente contou coa aprobación do reiLois IX para que o seu irmánCarlos de Anjou asinase un acordo o15 de agosto de1264 co papa, no que aceptaba a investidura doReino de Sicilia e, mentres, Urbano IV seguiu dilatando a súa arbitraxe sobre a disputa da coroa imperial. Carlos de Anjou iniciou unha empresa implicando á banca güelfa, especialmente aOrlando Bonsignori, que se beneficiaría dos territorios do reino siciliano, o que ía en contra dos intereses dePedro III de Aragón, casado coa filla de ManfredoCostanza II de Sicilia, e que tamén aspiraba a este Reino.

Mentres que o exércitoanxevino avanzaba por Italia con apoio güelfo, faleceu o papa Urbano IV e foi elixido o tamén francés,Clemente IV (1265-1268), que tampouco entrou en Roma, quedando ben establecido en Viterbo. Este papa mantivo unha actitude abertamente favorábel a Carlos de Anjou e, cando este alcanzou Roma por mar, foi elixido senador e coroado comorei de Sicilia o6 de xaneiro de1266 por cardeais designados polo papa. Cando o exército anxevino chegou a Roma, Carlos emprendeu a campaña contra Manfredo, que saíu do seu letargo para encontrarse cos anxevinos nabatalla de Benevento, o26 de febreiro de1266, onde o exército siciliano foi derrotado e o propio Manfredo encontrou a morte. Desta maneira, Carlos de Anjou logrou facer efectivo o seu control sobre todo o reino. E deste xeito impulsou o güelfismo en Italia, como o establecemento de Filipe della Torre en Milán, o marqués de Este en Ferrara e, en Florencia, os xibelinos foron de novo expulsados.

Pola súa parte, a pesar de que Afonso X insistía en non favorecer o xibelinismo, co que se privou do único apoio do que puidera dispoñer, os embaixadores casteláns, aproveitando que oinfanteHenrique de Castela apoiara o financiamento da empresa de Carlos de Anjou e posto que estaba na Corte pontificia, exerceron presión sobre Clemente IV para que pronunciase a sentenza a favor do rei castelán. Porén, ao desaparecer a resistencia xibelina en Benevento, o papa non considerou necesario manter unha postura contemporizadora co rei castelán.

En todos estes anos Afonso desembolsou enormes cantidades de diñeiro para sufragar as súas xestións para ser coroado emperador polo papa, así como para apoiar militar e financeiramente aos seus partidarios en Italia e Alemaña. Desgraciadamente para o monarca castelán, aIgrexa romana foi alongando o preito até que Afonso se viu obrigado a renunciar en1275, tras unha entrevista enBeaucaire co papaGregorio X.

Detrás deste contencioso puido estar a intención doRei Sabio de verse recoñecido como superior polos outros reis peninsulares, recuperando a vella supremacía teórica que tivera o seu antepasadoAfonso VII o Emperador.

Ofecho de Allende

[editar |editar a fonte]
Lápida nasAtarazanas Reales de Sevilla.

Nos comezos do seu goberno, Afonso X retomou un vello proxecto do seu pai, o de continuar aReconquista alén doestreito de Xibraltar. Para iso finalizou os grandes arsenais reais deSevilla, que foron os maiores estaleiros deEuropa na época, para construír a frota necesaria para a invasión deÁfrica, nomeou un almirante maior do mar, e conseguiu deRoma a autorización para predicar aCruzada en Castela, o que significaba poder recadar diñeiro a cambio de beneficios espirituais. Nomeáronse incluso cargos episcopais para as futuras diocesesmagrebís, e iniciáronse contactos diplomáticos con distintos reis doNorte de África.

Pero a pesar de todos estes preparativos, non se emprendeu a invasión a grande escala doMagreb. Todo se reduciu a unhas poucas expedicións de rapina e á toma dalgunha praza costeira illada. A incursión máis coñecida foi a deSalé, importante porto marroquí (o porto deRabat) saqueado no verán de1260 pola frota do almiranteJuan García de Villamayor (fillo de García Fernández de Villamayor, o aio de Afonso X). Pero o obxectivo principal desta Cruzada,Ceuta, permaneceu en mans islámicas.

Os difíciles últimos anos

[editar |editar a fonte]

Na última etapa da súa vida, Afonso X tivo que enfrontar diversos fracasos e desgrazas, incluíndo a morte do seu herdeiroFernando de la Cerda (1275), rebelións de nobres e no seo da súa propia familia, o fracaso do intento da conquista deAlxeciras (1278), e as invasiónsbenimeríns.

A rebelión nobiliaria de 1272

[editar |editar a fonte]
Afonso X e a súa corte, doLibro dos xogos.

En1272 a gran maioría dos nobres, encabezados poloinfante Filipe (irmán de Afonso X) eNuño González de Lara, expuxeron unha serie de reivindicacións ao monarca. Estas poderían resumirse na petición de máis ingresos percibidos da Coroa polosricoshomes, a renuncia á política autoritaria e centralizadora do soberano e a derrogación das leis que este impuxera para levala a cabo. Ao facer Afonso oídos xordos a estas protestas, os aristócratas "desnaturáronse" (renunciaron ao seu señor feudal) e exiliáronse aoReino nazarí de Granada, levando canda eles aos seus exércitos feudais, e provocando graves danos ao seu paso cara a Granada. Entre 1272 e 1273 o infante herdeiro,Fernando de la Cerda, negociou a reconciliación cos rebeldes nun difícil contexto de guerra contranazarís ebenimeríns. Finalmente, o príncipe logrou a paz con eles e co Reino de Granada.

A problemática sucesión

[editar |editar a fonte]

O primoxénito e herdeiro ao trono, Fernando de la Cerda, faleceu en1275 en Villa Real (actualCidade Real), cando se dirixía a facer fronte a unha nova invasión norteafricana enAndalucía. De acordo co dereito consuetudinario castelán, en caso de morte do primoxénito na sucesión á Coroa, os dereitos debían recaer no segundoxénito,Sancho; porén, odereito romano privado introducido nasSete Partidas establecía que a sucesión correspondía aos fillos de Fernando de la Cerda.

Capela Real daCatedral de Sevilla.

O rei inclinouse en principio por satisfacer as aspiracións de Sancho, que se distinguira na guerra contra os invasores islámicos en substitución do seu defunto irmán. Mais o rei, influenciado pola súa esposaViolante e porFilipe III de Francia, tío dos chamados "infantes de la Cerda" (fillos deFernando), viuse obrigado a compensar a estes. Sancho, coñecido pola historiografía comoo Bravo polo seu forte carácter, enfrontouse ao seu pai cando este pretendeu crear un Reino enXaén para o maior dos fillos do antigo herdeiro,Afonso de la Cerda.

Finalmente, o infante Sancho e boa parte da nobreza do Reino rebeláronse, chegando a desposuír a Afonso X dos seus poderes, aínda que non do título de rei (1282). Só Sevilla, Murcia e Badaxoz permaneceron fieis ao vello monarca. Afonso maldiciu o seu fillo, ao que desherdou no seu testamento e, axudado polos seus antigos inimigos os benimeríns empezou a recuperar a súa posición. Cando cada vez máis nobres e cidades rebeldes ían abandonando a facción de Sancho, morreu oRei Sabio enSevilla, o4 de abril de1284. Sancho, a pesar de ser desherdado, foi coroado enToledo o30 de abril de1284, comoSancho IV de Castela.

Descendencia

[editar |editar a fonte]

Antes de contraer matrimonio, Afonso tivo varios fillos naturais, sendo estes a as súas respectivas nais, os seguintes:[27]

ConMaría Afonso de León, a súa tía, filla ilexítima do reiAfonso IX de León eTeresa Gil de Soverosa, tivo a:

  • Berenguela Afonso (c. 1241-?). Contraeu matrimonio, despois de 1264, con Pedro Núñez de Guzmán, que morreu na súa xuventude e sen descendencia.

Con Elvira Rodríguez de Villada, filla de Rodrigo Fernández de Villada, tivo a:

ConMayor Guillén de Guzmán, I señora deAlcocer,Cifuentes,Viana de Mondéjar,Palazuelos,Salmerón eVadesliras, filla deGuillén Pérez de Guzmán e de María González Girón, foi pai de:

Do seu matrimonio con Violante naceron varios fillos:

Estando xa casado Afonso tivo os seguintes fillos de nai descoñecida, ambos os dous menores de idade cando seu pai outorgou testamento en xaneiro de 1284:

  • Martín Afonso, abade en Valladolid, mencionado como irmán de Orraca Afonso no codicilo do testamento do rei.
  • Orraca Afonso, citada tamén no codicilo do testamento de Afonso X, quen lle encomendou á súa filla natural Beatriz a misión de casala honradamente. Contraeu matrimonio conPedro Núñez de Guzmán,adiantado maior de Castela, señor deDerruña e deSan Román, con descendencia.

O primeiro fillo lexítimo de Afonso,Fernando de la Cerda morreu antes que o pai. Foi o segundo, Sancho, quen o sucedeu no trono.

Afonso X o Sabio faleceu o4 de abril de1284, con 63 anos. O seu corazón foi enterrado noMonte Calvario deXerusalén.

Afonso X e a cultura

[editar |editar a fonte]
Véxase tamén:Escola de Tradutores de Toledo.

A educación de Afonso foi esmerada; o monarca tiña unha gran sede de saber e un gran respecto á cultura porque a súa nai,Beatriz de Suabia, era de feito unha erudita que, cando quedou orfa de ambos os pais instruíuse na culta cortesiciliana (unha amálgama dos saberesnormandos,gregos eárabes) deFrederico II Hohenstaufen, futuro emperador doSacro Imperio Romano Xermánico, que protexeu e fomentou aciencia e acultura e en1224 fundou a Universidade deNápoles. Un retrato de Afonso o Sabio que subliña a paixón real polos coñecementos herdada da súa nai ofréceo oLibro de los judizios (3a, 1-22):

En este nuestro tiempo Dios nos denó dar señor en tierra conocedor de derechuría e de todo bien, amador de verdat, escodriñador de sciencias, requiridor de doctrinas e de enseñamientos, qui ama e allega a sí los sabios e los que s’ entremeten de saberes e les faze algo e mercet, porque cada uno d’ellos se trabaja espaladinar los saberes en que es introducto, e tornarlos en lengua castellana a laudor e a gloria del nombre de Dios e a ondra e en prez del antedicho señor, él qui es el noble Rey do Alfonso […] qui sempre desque fue en este mundo amó e allegó a sí las sciencias e los sabidores en ellas e alumbró e cumplió la grant mengua que era en los ladinos por defallimiento de los libros de los buenos filosofos e provados.
Páxina daGrande e general estoria. Manuscrito da Biblioteca doEscorial.
Afonso X no Prólogo doCódice Rico dasCantigas de Santa María.

Desde a súa xuventude, antes de 1252, data en que foi coroado rei, o príncipe Afonso, ademais de escribircantigas de escarnio engalego-portugués e, moi probabelmente, algúns himnos de loor aVirxe María, auspiciou a tradución dunlibro decontos exemplares (oexempla) en castelán: oCalila y Dimna.

Xa maior, mandou chamar á súa Corte atrobadores como oxenovés que escribía enoccitano e galego-portuguésBonifaci Calvo, oscatalánsArnaut Catalán eCerverí de Girona, os francesesGuiraut Riquer ePeire Cardenal e osgalegosAiras Nunes,Pero da Ponte eAfonso Eanes do Coton; tamén houbo poetas hispanohebreos famosos que lle dedicaron eloxios en verso, como o toledanoTodros Abulafia, autor dun vastocancioneiro composto durante o seu reinado, aínda non traducido ao español. AtéGiovanni Boccaccio úsao como personaxe central no primeiro conto da última xornada do seuDecamerón, onde louva a súa xenerosidade.[29]

Da extensa obra afonsí destacan:

  • OForo Real de Castela, oEspéculo dos leigos e asSete Partidas, entre asxurídicas.
  • AsTablas alfonsíes, entre asastronómicas,
  • Entre as de carácterhistórico, aEstoria de España e aGrande e general estoria ouGeneral estoria, obra de historia universal.
  • AsCantigas de Santa María son un conxunto de cancións líricas, escritas en galego-portugués e acompañadas de notación musical e unhas notables ilustracións que están entre o mellor da pintura de seu tempo.
  • OLapidario versa sobre as propiedadesminerais, e
  • OLibro dos xogos sobre temas lúdicos (xadrez,dados e tabas,deportes da nobreza daquel tempo.

A intervención do rei foi ás veces directa e ás veces indirecta, pero foi sen dúbida o arquitecto destas obras:

El rey faze un libro non por quel él escriva con sus manos mas porque compone las razones d'él e las emienda et yegua e endereça e muestra la manera de cómo se deven fazer, e desí escrívelas qui él manda. Peró dezimos por esta razón que el rey faze el libro.
Afonso X o Sabio,General estoria I, f. 216r.

É dicir, concibía o plan da obra, poñía os medios para realizala e daba as instrucións precisas sobre a súa estrutura e contido, e incluso descendía a detalles como precisar os debuxos e ilustracións que debían ornar o texto. Esta preocupación pola obra ben feita maniféstase tamén no prólogo do tratado inaugural dosLibros do saber de astroloxía, que é oLibro das figuras das estrelas fixas que están no oitavo ceo, versión revisada acometida en 1276 dunha primeira tradución realizada en 1256. Alí se di que o rei ordenou a tradución do texto aYehudá ben Mošé e aGuillén Arremón de Aspa en 1256.

E después lo endereçó e lo mandó componer este rey sobredicho, e tolló las razones que entendió que eran sobejanas e dobladas e que non eran en castellano derecho, e puso las otras que entendió que cumplían, e quanto al lenguaje endereçolo él por sí. E en los otros saberes ovo por ayuntadores a maestre Joan de Mesina e a maestre Joan de Cremona e a Yhudá el sobredicho e a Samuel. E esto fue en el año XXV de su reinado.

Afonso convocou para este labor un conxunto de sabios en linguashebrea,árabe elatina, cos que formou o seuscriptorium real, coñecido de forma imprecisa comoEscola de Tradutores de Toledo. Contou coa colaboración decristiáns,xudeus emusulmáns, que desenvolveron un importante labor científico ao rescataren textos da antigüidade e ao traducir textos árabes e hebreos ao latín e ao castelán. Estes traballos habilitarían definitivamente ao castelán como lingua culta, tanto no ámbito científico como no literario. Desde o seu reinado, ademais, utilizarase como lingua da chancelería real fronte aolatín, que era a lingua de uso regular na diplomacia rexia de Castela e de León.

Tamén creou en Sevilla unsStudii ou Escolas xerais de latín e de arábigo. Igualmente fundou en 1269 a Escola de Murcia, dirixida polo matemáticoAl-Ricotí.

Elevou ao rango de Universidade os Estudos Xerais deSalamanca (1254) ePalencia (1263), sendo Salamanca a primeira en ostentar ese título enEuropa.

AReal Academia Galega dedicoulle oDía das Letras Galegas de1980.[30]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Fuero Real de España: Diligentemente hecho por el noble Rey don Alonso .ix.(encastelán). 1543. 
  2. Las Siete Partidas del Sabio Rey Don Alfonso El IX(encastelán)I. 1843. 
  3. Picallo, Héitor (2021).O escudo do Reino da Galiza: unha (re)visión (inter)nacional. De Nós. Monografías con perspectiva galega.Sermos Galiza. p. 33.ISBN 978-84-09-32444-6. 
  4. 4,04,1"Afonso X o Sabio".Real Academia Galega. Consultado o 30 de abril do 2016. 
  5. A titulación completa era: Rei de Castela, de Toledo, de León, de Galicia, de Sevilla, de Córdoba, de Murcia, de Xaén e do Algarve (desde 1260).
  6. "Letras Galegas 1980".Real Academia Galega. 
  7. Ficha do cráter lunar "Alphonsus", enGazeteer of Planetary NomenclatureArquivado 11 de decembro de 2016 enWayback Machine.. Consultada o 24 de outubro de 2016.
  8. Afonso X afirmaba que estesme criaron e me fezieron muchos servicios e sennaladamiente... me criaron en Villaldemiro e en Celada.
  9. Valdeón Baruque 2003, p. 15.
  10. Castelo de MacedaArquivado 27 de outubro de 2016 enWayback Machine., en Galicia. O bo camiño. Xunta de Galicia.
  11. Alfoso X:Cantigas de Santa María, códice rico de El Escorial. Ms., escurialense T. I. 1, ed. de José Filgueira Valverde. Madrid: Castalia, 1985, p. XI.ISBN 978-84-7039-446-1.
  12. Alfoso X:Cantigas de Santa María. Vol. 1 (1-100), ed. de Walter Mettmann. Madrid: Castalia (Clásicos Castalia), 1986, pp. 17-20.ISBN 978-84-7039-441-6.
  13. Así e todo, Gonzalo Martínez Díaz pensa que o infante Afonso citado naCrónica debeu de ser o fillo de Fernando III e non o seu irmán Afonso de Molina, xa que fora este o que estivo presente na batalla de Xerez, o mando da hoste debería corresponderlle a el en razón da súa dignidade e non a Alvar Pérez de Castro.Cf. González Jiménez (2004)
  14. Martínez Díez 2000, p. 306.
  15. 15,015,1Martínez Díez 2000, pp. 634-635.
  16. González 1986, pp. 46-48, 54-57.
  17. José Manuel Pérez-Prendes Muñoz-Arraco (2004):Historia del Derecho español, tomo II, p. 839, Madrid: Facultad complutense de Derecho.
  18. "As relações de Portugal com Castela no reinado de Afonso X, o Sábio",Fragmentos de uma composição medieval. Lisboa: 1987, 73-94.
  19. Livermore, H. V. (1947).A History of Portugal. Cambridge University Press. p. 136. 
  20. 20,020,1O’Callahan 1983, p. 369.
  21. Martin e Fernández- Ordóñez 2003, p. 57.
  22. O’Callahan 1983, p. 368.
  23. Martin e Fernández-Ordóñez 2003, p. 57.
  24. Chancelaria de Dom Afonso II, Leontina Ventura.
  25. Valdeón Baruque, Julio (2011).Alfonso X el Sabio: La forja de la España moderna. Grupo Planeta. p. 68.ISBN 9788499980461. 
  26. Suárez Fernández, Luis (1976).Historia de España Antigua y Media2.Rialp. p. 156.ISBN 9788432118821. 
  27. Salazar y Acha, Jaime de, e David E. Masnata (col.), "Precisiones y nuevos datos sobre el entorno familiar de Alfonso X el Sabio fundador de Ciudad Real".Cuadernos de estudios manchegos, Instituto de Estudios Manchegos,[1]Arquivado 13 de novembro de 2013 enWayback Machine., pp. 211-231. ISSN 0526-2623.
  28. Domínguez Sánchez, Santiago (1998). "Un diploma del infante don Juan, hijo de Alfonso X, como rey de León, Galicia y Sevilla".Estudios humanísticos. Geografía, historia y arte (León: Universidad de León) (20).ISSN 0213-1390. |data-acceso= require|url= (Axuda)
  29. Cf. Carlos Alvar,La poesía trovadoresca en España y Portugal. Madrid: Editorial Planeta, Real Academia de Buenas Letras, 1977 e Joseph F. O'Callaghan,The Learned King: The Reign of Alfonso X of Castile. Philadelphia: University of Pennsylvania Press, 1993.
  30. El Día das Letras Galegas dedicado al rey-poeta Alfonso X el Sabio(encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Afonso X o SabioModificar a ligazón no Wikidata
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  Afonso X o Sabio

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Os reis e as raíñas da Galiza.
Fernando III e Afonso IX. Os primeiros reis casteláns na Galiza.
(Nós Diario, 19.10.2022)
Vídeos externos
Cronoloxía arredor de Afonso X CCG
Predecesor:
Fernando III

Rei de Castela e León

1252-1284
Sucesor:
Sancho IV
Predecesor:
Guillerme de Holanda
Rei electo de romanos
1257-1275
(rival deRicardo de Cornualla,
1257-1272)
Sucesor:
Rodolfo I


Devanceiros de Afonso IX
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
16.Afonso VII de León
 
 
 
 
 
 
 
8.Fernando II de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
17.Berenguela de Barcelona
 
 
 
 
 
 
 
4.Afonso IX de León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
18.Afonso Henriques
 
 
 
 
 
 
 
9.Orraca de Portugal
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
19.Mafalda de Savoia
 
 
 
 
 
 
 
2.Fernando III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
20.Sancho III de Castela
 
 
 
 
 
 
 
10.Afonso VIII de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
21.Branca Garcés de Pamplona
 
 
 
 
 
 
 
5.Berenguela de Castela
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
22.Henrique II de Inglaterra
 
 
 
 
 
 
 
11.Lionor Plantagenet
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
23.Aliénor de Aquitania
 
 
 
 
 
 
 
1.Afonso X de Castela e León
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
24.Frederico II de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
12.Frederico I Barbarroxa
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
25. Xudite de Baviera
 
 
 
 
 
 
 
6.Filipe de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
26.Reinaldo III de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
13.Beatriz de Borgoña
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
27. Ágata de Lorena
 
 
 
 
 
 
 
3.Beatriz de Suabia
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
28. Andrónico Ducas Ánxelo
 
 
 
 
 
 
 
14.Isaac II Ánxelo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
29. Eufrosine Castamonitissa
 
 
 
 
 
 
 
7.Irene Ánxelo
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
30.
 
 
 
 
 
 
 
15. Irene Paleóloga?
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
31.
 
 
 
 
 
 
Reis suevos
Hermerico (409-438)  · Requila (438-448)  · Requiario (448-456)  · Frantán (456-457)  · Aguiúlfo (456-457)  · Maldras (457-460)  · Frumario (460-464)  · Requimundo (459-463)  · Remismundo (459-469)  · Hermenerico  · Veremundo  · Teodemundo  · Carriarico (550-559)  · Teodomiro (559-570)  · Miro (570-583)  · Eborico (583-584)  · Andeca (584-585)  · Malarico (585)
Reis visigodos
Señores territoriais
Reis desde Oviedo
Reis desde León
Reis de Galicia e León
Xeración histórica
Xeración intermedia
Afonso X o Sabio • Afonso Eanes do Coton • Afonso Lopez de Baian • Afonso Mendez de Besteiros • Airas Peres Vuitoron • Bernal de Bonaval • Diego Pezelho • Estevan Faian • Fernan Fernandez de Cogominho • Fernan Garcia Esgaravunha • Fernan Soares de Quinhones • Fernán Vello • Garcia Martinz • Garcia Perez • Garcia Soares • Gil Perez Conde • Gómez García • Gonçalo Eanes do Vinhal • Gonçalo Garcia • Johan Airas • Johan Baveca • Johan Garcia de Guilhade • Johan Lobeira • Johan Perez de Aboim • Johan Romeu • Johan Servando • Johan Soarez Coelho • Johan Vasquiz de Talaveira • Juião Bolseiro • Lopo • Lopo Liãns • Lourenço • Martín Codax • Martin Moxa • Martin Soarez • Men Rodrigues de Briteiros • Men Rodriguiz Tenoiro • Paio Gómez Chariño • Pedro Amigo • Pero de Armea • Pero García de Ambroa • Pero Garcia Burgalês • Pero Gomez Barroso • Pero Larouco • Pero Mafaldo • Pero da Ponte • Picandon • Rodrigo Eanes Redondo • Roi Paez de Ribela • Roi Queimado • Vasco Gil • Vasco Perez Pardal
Corte de D. Dinís
Epígonos
Outros
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afonso_X_o_Sabio&oldid=7176714»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp