Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Afonso III de Portugal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde decembro de 2018.)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Afonso III.
Modelo:BiografíaAfonso III de Portugal

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de maio de 1210(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata
Coímbra, PortugalEditar o valor en Wikidata
Morte16 de febreiro de 1279(Gregoriano)Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Lisboa, PortugalEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaMosteiro de AlcobaçaEditar o valor en Wikidata
Monarca de Portugal
4 de xaneiro de 1248 – 16 de febreiro de 1279
← Sancho II de PortugalDinis de Portugal →
Conde de Boulogne
1235 – 1253
Xunto con:Matilde II(pt)Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesO BolhonêsEditar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismoEditar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónmonarcaEditar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei de Portugal(1248(Gregoriano)–1279(Gregoriano))
Conde de Boulogne(1235(Gregoriano)–1253(Gregoriano))Editar o valor en Wikidata
FamiliaCasa de BorgoñaEditar o valor en Wikidata
CónxuxeBeatriz de Castela(1253(Gregoriano)–1279(Gregoriano)),morte
Matilde II(1235(Gregoriano)–1253(Gregoriano)),divorcioEditar o valor en Wikidata
ParellaMadragana Ben AloandroEditar o valor en Wikidata
FillosRoberto de Portugal
 ()Matilde II
Leonor Afonso de Portugal
 ()
Martim Afonso Chichorro
 ()Madragana Ben Aloandro
Branca de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Afonso Dinis de Portugal
 ()Maria Pirez de Enxara
Urraca Afonso de Portugal
 ()Madragana Ben Aloandro
Fernando de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Dinis de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Afonso de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Sancha de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Maria de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Constança de Portugal
 ()Beatriz de Castela
Vicente de Portugal
 ()Beatriz de CastelaEditar o valor en Wikidata
PaisAfonso II de PortugalEditar o valor en Wikidata  e Orraca de CastelaEditar o valor en Wikidata
IrmánsLeonor de Portugal
Fernando de Portugal, Senhor de Serpa
Sancho II de PortugalEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia de Otto
Enciclopedia LeksikonEditar o valor en Wikidata
Enciclopedia Galega Universal: 69216WikiTree: Portugal-76Find a Grave: 7640759Editar o valor en Wikidata

Afonso III de Portugal, nado enCoímbra o5 de maio de1210 e finado enLisboa o16 de febreiro de1279, alcumadoO Boloñés por casar coa condesaMatilde II de Boloña e vivir naquela rexión, foi o quintorei de Portugal. Afonso III era o segundo fillo do reiAfonso II e da súa mullerUrraca de Castela, e sucedeu o seu irmánSancho II en1248.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Como segundo fillo, Afonso non debería herdar o trono destinado a Sancho e por iso viviu enFrancia, onde casou con Matilde II de Boloña en1235, tornándose así condeiure uxoris de Boloña. Porén, en1246, os conflitos entre Sancho II e aIgrexa tornáronse insostibles e oPapa Inocencio IV ordenou a substitución do rei polo conde de Boloña. Afonso non ignorou a orde papal e dirixiu-se aPortugal, onde se fixo coroar rei en1248 tras o exilio e morte de Sancho II, enToledo.

Ata a morte de D. Sancho e a súa consecuente coroación, D. Afonso só usou os títulos deVisitador,Curador eDefensor do Reino.

Reinado

[editar |editar a fonte]

Para acceder ao trono, Afonso abdicou de Boloña e repudiou Matilde para casar coaBeatriz de Castela. Decidido a non cometer os mesmos erros do irmán, o novo rei prestou especial atención á clase media de comerciantes e pequenos propietarios, escoitando as súas queixas.

En1254, na cidade de Leiria convocou a primeira reunión das Cortes, a asemblea xeral do reino, con representantes de todos os espectros da sociedade. Afonso preparou unha lexislación que restrinxia a posibilidade de que ás clases altas cometan abusos sobre a poboación menos favorecida e concedeu numerosos privilexios á Igrexa. Recordado como excelente administrador, Afonso III organizou a administración pública, fundou varias vilas e concedeu o privilexio de cidade a través do edicto de varias cartas de foral.

Foron pola súa orde feitas asInquirições Xerais, iniciadas en1258, como forma do rei controlar, non só o gran poder da Nobreza, pero tamén para saber se lle estaban a ser usurpador bens que, por dereito, pertencían á Coroa.

Guerras con Al-Ándalus

[editar |editar a fonte]

Co trono seguro e a situación interna pacificada, Afonso volveu a súa atención ás guerras cos reinos deAl-Ándalus, das comunidadesmusulmás no sur daPenínsula Ibérica. Durante o seu reinado,Faro foi tomada con éxito en1249 e oAlgarve incorporado no reino de Portugal.

Tras esta campaña de éxito, Afonso tivo que afrontar un conflito diplomático con Castela, que consideraba que o Algarve lle pertencía. Seguiu un período de guerra entre os dous países, ata que, en1267, foi asinado un tratado en Badaxoz que determina a fronteira norío Guadiana desde a confluencia do Caia ata a desembocadura a fronteira luso-castelá.

Casamentos

[editar |editar a fonte]

En 1253, o rei desposou D. Beatriz, coñecida por D. Brites por distorsión do pobo, filla de D.Afonso X de Castela, O Sabio. Dende logo isto constituíu polémica pois D. Afonso era xa casado con Matilde II de Boloña.

Opapa Alexandre IV respondeu a unha queixa de D. Matilde, ordenou ao rei Afonso que abandone D. Beatriz con respecto ao seu matrimonio con D. Matilde. O rei non obedeceu, pero buscou gañar tempo neste tema delicado, e o problema quedou resolto coa morte de D. Matilde en1258. O infante, D.Dinís, nacido durante a situación irregular dos pais, foi entón lexitimado en1263.

O matrimonio funciona como unha alianza que puxo termo á loita entre Portugal eCastela oReino do Algarve. Tamén resultou en máis riqueza a Portugal cando D. Beatriz, despois da morte do rei, recibe do seu pai, Afonso X, unha fermosa rexión a leste do río Guadiana, onde se incluían as vilas deMoura,Serpa,Noudar,Mourão eNiebla. Tamaña dádiva debeuse ao apoio que D. Brites prestoulle durante o seu exilio na cidade deSevilla.

Excomuñón

[editar |editar a fonte]

No final da súa vida, viuse envolto en conflito coa Igrexa e foi excomungado en1268 poloarcebispo de Braga, os bispos deCoímbra ePorto e o propiopapa Clemente IV, a semellanza dos reis que o precederon. O clero aprobara un libelo que contiña corenta e tres queixas contra o monarca, entre as que se achaban o impedimento aos bispos de cobraren os décimos, utilización dos fondos destinados á construción de templos, obriga dos cregos a traballaren nas obras das murallas das vilas, prisión e execución de cregos sen autorización dos bispos, ameazas de morte ao arcebispo e aos bispos e, aínda, o nomeamento dexudeus para cargos de grande importancia.

O rei, que era moi querido polos portugueses por decisións como a da abolición daanúduva (imposto do traballo manual gratuíto, que obrigaba ás xentes a traballar na construción e reparación de castelos e pazos, muros, foxos e outras obras militares), recibiu apoio dos tribunais de Santarém en xaneiro de1274, onde foi nomeada unha comisión para facer unha enquisa ás acusacións que os bispos facían ao rei. A comisión, composta maioritariamente por adeptos do rei, absólveo. Opapa Gregorio X, porén, non aceptou a resolución tomada nas cortes de Santarém e mandou que se excomungase o rei e fose lanzado uninterdito sobre o reino en1277.

Á súa morte, en1279, don Afonso III xurou obediencia á Igrexa e a restitución de todo o que lle tiña tirado. Fronte a esta actitude do rei, o abade de Alcobaça levantoulle aexcomuñón e o rei foi enterrado noMosteiro de Alcobaça.


Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Afonso III de Portugal
Rei de Portugal

Segue a:
Sancho II de Portugal
Afonso III de Portugal
Precede a:
Dinis de Portugal
Dinastía de Borgoña
Casa de Borgoña (1139–1383)
Casa de Avis (1385–1580)
Casa de Habsburgo (1581–1640)
Casa de Braganza (1640–1910)
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Afonso_III_de_Portugal&oldid=6720443»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp