Afganistán[1][2][3][4] (enpaxto edariافغانستان,Afġānistān), oficialmente coñecido comoEmirato Islámico de Afganistán, é un país localizado enAsia Central.[5][6] Ten unha poboación de arredor de 31 millóns de habitantes, sendo o país42 máis poboado do mundo. Limita conIrán ó oeste, conPaquistán ó sur e ó leste, conTurkmenistán,Uzbekistán eTadjiikistán no norte e coaRepública Popular da China no extremo máis oriental do país. O seu territorio abrangue 652.000 km², converténdose no país número41 meirande do mundo.
A palabraAfganistán (enpersa:افغانستان) tradúcese literalmente como a terra dos afgáns. A orixe do nome cóbrese de certo misterio, pero o seu uso moderno deriva da palabra afgán. Os pastus parece que comezaron a usar a palabra para referirse ó seu pobo despois da súa islamización. Segundo W.K. Frazier Tyler, M.C. Gillet e varios outros especialistas, a palabra afgán apareceu primeiro no libro do ano982,Hudud-al-Alam. A última parte da palabra ten a súa orixe na palabra persa -stán (país ou terra). A palabra inglesa,Afghanland, que apareceu en varios tratados entre oReino Unido e adinastía Qajar dePersia foi adoptada polos afgán e converteuse en Afganistán.
Ao longo dos séculos IX e X a zona occidental do país, integrante da rexión histórica de Ghorasán, formou parte dunha Persia cada vez máis independente dos califas de Bagdad, baixo as dinastías Tahirí, Saffarí e Samaní. É a época do esplendor Islámico na economía e na cultura, que en toda a Persia Histórica, dende Bagdad ata Samarcanda, dará lugar a numerosas capitais prósperas e moi poboadas polas que transcorría aRuta da Seda, así coma a numerosas figuras comaAvicena eAlgazel en filosofía,Al-Razi eAl-Nafís en medicina,Al-Khwarizmi eAl-Biruní en matemáticas,Omar Khayyam eFirdusi en literatura, Al-Jazari en enxeñería etc., aínda que case todos eles dedicábanse a múltiples disciplinas, cunha erudición extraordinaria. No ano977Sebük Tegin, un vasalo dos Samanís, estableceuse como gobernador na rexión, dando orixe á dinastía Gaznauí, e o seu sucesor Mamud independizouse e estableceu un grande imperio con base enGazna, estendéndose por Ghorasán, Afganistán e o noroeste da India, realizando máis de 50 expedicións de conquista e saqueo sobre esta última, e dando orixe a un período de grande esplendor económico e cultural na capital Gazna. Posteriormente, coa chegada dos turcosselxúcidas, prodúcese a perda do Ghorasán. No século XII a dinastía dos Gaznauís é substituída pola dos Gurís e a principios do século XIII pola dos Xás de Coresmia.
A partir do ano 1220 comeza a etapa das invasións mongois, que arrasan numerosas cidades esnaquizando poboación e a economía da rexión, tralo que se produce unha crecente nomadización da Persia histórica, incluíndo Afganistán. Coma consecuencia de ditas invasións, establécese nestas terras o dominio dosmongois deChagatai. A finais do século XIVTamerlán conquista o país, exercendo un dominio que se vai prolongar precariamente ata mediados do século seguinte, con continuas loitas entre os seus sucesores.
O establecemento do actual estado do Afganistán prodúcese en1747.
Nin os esforzos da OTAN, nin as tímidas accións do goberno de Karzai, conseguiron estabilizar o país, que se atopa inmerso dende o comezo da invasión por parte dacoalición liderada polos Estados Unidos nunha situación de guerra constante cos talibáns. Con todo, Estados Unidos e os talibáns conseguiron un acordo de paz en 2020,[17] logo do cal Estados Unidos e a OTAN fixaron en 14 meses o prazo para retirada de Afganistán.[18] A retirada definitiva dos soldados dos Estados Unidos foi adiada polo presidenteJoe Biden ata o11 de setembro de2021, facéndoa coincidir co vixésimo aniversario do11S. Con todo, no verán de 2021, os talibáns protagonizaron un rápido avance tomando en poucas semanas a maioría das provincias de Afganistán. Finalmente o 15 de agosto, cando os insurrectos estaban ás portas deCabul, Ghani abandonou o país e os talibáns ocuparon a capital proclamando a fin da guerra.[19] A toma do poder causou unha fonda preocupación na comunidade internacional polo respecto do novo goberno cara aos dereitos humanos, especialmente das mulleres.[20] Nos seus primeiros anuncios, os talibáns afirmaron que se respectarían os dereitos das mulleres "dentro da lei islámica", unha amnistía para os que traballaron para os países estranxeiros e para administración afgá, e o compromiso de non protexer aAl Qaida ou outros grupos terroristas.[21][22] Mais estas declaracións foron acollidas con escepticismo pola comunidade internacional.[23][24]
Afganistán é un país montañoso con chairas no norte e no suroeste.Noshaq, con 7485 metros, é o punto máis alto do país. A meirande parte do país é seca e a auga é un recurso escaso. Afganistán ten un clima continental, con veráns quentes e invernos fríos.
No 2012, a poboación de Afganistán era de 31 108 077,[25] incluíndo os 2,7 millóns de refuxiados que aínda viven enPaquistán eIrán. En 1979, a poboación era de 15,5 millóns.[26] A única cidade con máis dun millón de habitantes é a capital, Cabul. Outras cidades importantes do país son, en orde de poboación,Kandahar,Herat,Mazar-i-Sharif,Jalalabad,Lashkar Gah,Taloqan,Khost,Sheberghan eGhazni. As áreas urbanas tiveron unha rápida evolución despois do retorno de 5 millóns de expatriados. Segundo oPopulation Reference Bureau, estímase que a poboación de Afganistán chegará ós 82 millóns no 2050.[27]
Afganistán ten unha sociedade multiétnica, e a súa situación estratéxica contribuíu de modo significativo á diversidade.[28] A poboación afgá divídese en varias etnias, a falta dun censo que recolla dos datos de cada unha das etnias a composición aproximada da poboación é a seguinte (segundo CIA World FactBook):Paxtos 42%, taxicos 27%,hazaras 9%,uzbekos 9%, aimaks 4%,turcománs 3%, baluchis 2%
Outros:Hai árabes nas provincias de Kunduz, Takhar e Baghlan; un pequeno grupo de kirguiz noPamir; wakhis que viven en remotas aldeas da montaña taxica; farsiwans que viven nas provincias fronteirizas con Irán; nuristanís na fronteira con Paquistán; brahuis no suroeste desértico; qizilbash esparexidos nos centros urbanos.
As linguas oficiais en todo o país son de facto opaxto e odari, e a antiga constitución de 2004 recoñecía como linguas cooficiais nos territorios onde sexan maioritarias ó uzbeko, turcomán, baluchí, paxaí, as linguas nuristanís, as linguas do Pamir e as outras linguas habituais, coma por exemplo: o wanechí, o parachí, o ormurí etc.
Odari é a norma escrita que deriva dende hai séculos do parsi e que se fala no Afganistán aproximadamente polo 50% ou 60% da poboación. Oaimaq e ohazaraguí ás veces cóntanse como linguas independentes, outras como variedades do dari, na realidade son derivacións do dari, algunhas veces máis próximo ao propio dari e outras aotaxico que incorporan elementos túrquicos e mongoloides.
O paxto é a lingua habitual dun 35% da poboación e ten o rango de lingua oficial desde 1936. A maioría dos falantes están no sur e no leste do país.
A relixión oficial e maioritaria é oislam: 80% dos afgáns son sunnitas e o 19% son xiítas e no país hai aproximadamente 48.000 mesquitas. O hinduísmo foi a relixión maioritaria da maior parte do que hoxe é Afganistán ata polo menos o século X, coa chegada dos talibán boa parte dos aproximadamente 70.000 hindús marcharon ó exilio, actualmente hai 43 templos hindús que comparten coa minoría sikh, arredor de 4.500. Hai poucos cristiáns do país: unha misiónsui iuris daIgrexa católica para atender as necesidades dos estranxeiros católicos en Cabul, actualmente non hai ningún templo protestante aberto ó público, pero si existiu un entre 1970 e 1973 e algunhas fontes falan de 3.000 cristiáns no país, pero é difícil sabelo pola prohibición legal de deixar o islam. Antigamente había unha numerosa minoría xudía, 5.000 en 1948, pero hoxe tan só queda 1 xudeu que atende o único templo que queda no país.[Cómpre referencia]
Afganistán é un país extremadamente pobre e un dos menos desenvolvidos do mundo. Dous terzos da poboación vive en menos que 2 US$ ó día. A economía sufriu grandemente a causa do malestar político e militar recente desde a invasión soviética de 1979-80 e os conflitos que viñeron, mentres que a seca severa de 1998-2001 agravou as dificultades debido á alta dependencia da agricultura, pois a maior parte da poboación (61%) traballa no sector agrícola cultivando cereais, árbores froiteiras, froitos secos e algodón. A maioría da agricultura realízase nas chairas do norte, preto das fronteiras con Turcomenistán, Uzbekistán e Tadjiikistán. Tamén hai importantes rabaños de ovellas, así como artesanía de alfombras. Posúe importantes reservas de gas natural pouco explotadas e unha industria (téxtil, alimentos) recente e pouco desenvolvida.
O 64% da poboación é analfabeta, e entre as mulleres o índice chega ata o 79%. No país hai unhas 3.000 escolas, pero boa parte delas están nunha situación lamentable despois de décadas de guerras e conflitos. Os profesores son 27.000 que dan clases a 3 900 000 de alumnos en primaria e 300.000 en secundaria.
Na Universidade de Cabul están matriculados 7.000 estudantes e existen outras catro universidades en Cabul, entre elas a Universidade Americana de Afganistán que dá as clases en inglés. No resto das provincias hai outras 10 universidades.
Moitos edificios históricos do país danáronse nas guerras recentes. Os talibáns destruíron as famosas estatuas deBuda da provincia de Bamiyán por velas como símbolos doutra relixión. Logo da guerra, moitos obxectos de arte e vestixios arqueolóxicos revendéronse en Occidente. Obuzkashi é o deporte nacional. Antes da suba ó poder dos talibáns, a cidade de Cabul era o fogar de moitos músicos que tocaban nos dous estilos da música afgá, a tradicional e a moderna, especialmente durante a celebración de Nauroz.
Outros deportes populares son obaloncesto, ovoleibol, otaekwondo e oculturismo.[30] Obuzkashi é o deporte tradicional, practicado polos afgáns do norte. É semellante ópolo, xogado por homes acabalos en dous equipos. Olebrel afgán (unha raza de can) orixinouse en Afganistán e foi orixinalmente usado na caza.
O21 de febreiro de2007 a militarfriolesa Idoia Rodríguez Buján falecía nun atentado contra as forzas internacionais que ocupan parte do territorio afgán. A soldado conducía unhaambulanciablindada nunconvoi de apoio ás tropas italianas. No vehículo viaxaban tres militares máis, dos que dous, entre eles onoiés Xurxo Laíño del Río, resultaron feridos.
O8 de novembro de2008 o militarvigués Rubén Alonso Ríos falecía nunatentado suicida a uns 80 km ao sur deHerat. No ataque, realizado cunha furgoneta bomba, tamén quedaron feridos entre outros os galegos Enrique Dopico Rodríguez (deBetanzos), José Antonio Cures García, e mais Gonzalo Miguélez Diéguez (deAgolada)[31].
↑Benigno Fernández Salgado, ed. (2004).Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1303.ISBN9788482887524.Afganistán
↑Gran dicionario século21 da lingua galega. Editorial Galaxia. 2006. p. 1440.ISBN9788482893419.
↑7,07,1Griffin, Luke (14 de xaneiro de 2002)."The Pre-Islamic Period".Afghanistan Country Study. Illinois Institute of Technology. Arquivado dendeo orixinal o 03 de novembro de 2001. Consultado o 14 de outubro de 2010.