Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Aethelred I de Wessex

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAethelred I de Wessex

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento837Editar o valor en Wikidata
WessexEditar o valor en Wikidata
Morte871 (>15 de abril de 871)Editar o valor en Wikidata (33/34 anos)
Lugar de sepulturaDorsetEditar o valor en Wikidata
Rei de Wessex
865 – 871
← Aethelberht de WessexAlfredo o Grande →Editar o valor en Wikidata
Actividade
OcupaciónmonarcaEditar o valor en Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla de Marton
Batalha de Basing(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaCasa de WessexEditar o valor en Wikidata
CónxuxeWulfthryth de Wessex(868(Gregoriano)–)Editar o valor en Wikidata
FillosOswald (?), Aethelwold aetheling, AethelhelmEditar o valor en Wikidata
PaisAethelwulf de WessexEditar o valor en Wikidata  e OsburgaEditar o valor en Wikidata
IrmánsEtelsvita
Aethelbald de Wessex
Aethelberht de Wessex
Alfredo o GrandeEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteDictionary of National Biography
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
The Nuttall Encyclopædia >>>:Ethelred I.Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Wessex-9Find a Grave: 18689Editar o valor en Wikidata

Aethelred I de Wessex (en inglés antigo:Æþelræd), nado en840 e finado en871, foi o cuarto dos fillos homes -6 en total- deAethelwulf, rei deWessex, e da súa primeira esposa, Osburga. Durante todo o seu reinado tivo que loitar contra osdaneses, apoiado polo seu irmán máis novo,Alfredo, véndose envolvido en batallas unha tras outra.

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Ascensión ao trono

[editar |editar a fonte]

Ao morrer o seu irmán, o reiAethelberht (outono de865), sucédeo no trono de Wessex e deKent[1].

Matrimonio e descendencia

[editar |editar a fonte]

A esposa de Aethelred chamouse probabelmente Wulfrida. Unha carta refírese a ela comoWulfthryth regina ("raíña Wulfrida")[2]. En Wessex do século IX era raro que á esposa do rei se lle dese o título de raíña, e só se ten certeza do uso de dito tratamento conJudit de Francia, segunda esposa de Aethelwulf. As historiadorasBarbara Yorke ePauline Stafford, ademais de Prosopography of Anglo-Saxon England din que dado o tratamento que recibe, era a raíña consorte de Aethelred[3][4][5]. Podería ser a filla ou a irmá do «ealdorman» Wulfhere de Wiltshire, quen perde as súas terras acusado de deserción polo reiAlfredo «o Grande». Con todo, Sean Miller no seu artigo sobre Aethelred para o Oxford Dictionary of National Biography non a menciona[6][7]. Simon Keynes e Michael Lapidge nas notas da edición de 1983 deAlfred the Great: Asser's Life of King Alfred & Other Contemporary Sources refírese a ela como a «misteriosa "Wulfthryth regina"» aínda que posteriormente Keynes di que posibelmente foi a esposa do rei Aethelred[8].

Aethelred tivo dous fillos coñecidos, Aethelhelm e Aethelwold. Aethelwold disputa o trono con Eduardo «o Vello» despois da morte de Alfredo en 899. Entre os descendentes de Aethelred inclúense aAethelweard, historiador do século X, e Aethelnoth,arcebispo de Canterbury durante o século XI.

Reinado

[editar |editar a fonte]

Aethelred I non foi quen de controlar o aumento das incursiónsdanesas que devastaron Inglaterra. O4 de xaneiro de871 nabatalla de Reading, Aethelred sufriu unha derrota esmagadora, a pesar de que fixo os daneses tivesen unhavitoria pírrica. Con todo, pouco despois deste tropezón, Aethelred reformou o seu exército a tempo para gañar unha vitoria contundente nabatalla de Ashdown. Non obstante, sufrira outra derrota o 22 de xaneiro nabatalla de Basing. Finalmente morreu tras abatalla de Marton o23 de abril de871 aos 31 anos de idade. Está enterrado a igrexa deWimborne,Dorset. Despois da súa morte a súa popularidade disparouse sendo considerado unsanto, pero nunca foi canonizado. Sucedeuno o seu irmán o reiAlfredo o Grande.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. [1][2]
  2. "Reconstructing a royal family: reflections on Alfred".People and Places in Northern Europe, 500-1600: Essays in Honour of Peter Hayes Sawyer(en inglés). Boydell & Brewer. 
  3. "Edward as Ætheling".Edward the Elder 899-924(en inglés). Routledge. 2001. 
  4. Queen Emma and Queen Edith(en inglés). Blackwell. 
  5. "Wulfthryth 2". Arquivado dendeo orixinal o 07 de agosto de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2016. 
  6. "A king across the sea: Alfred in continental perspective". 
  7. "Æthelred I [Ethelred I] (d. 871), king of the West Saxons". Oxford University Press.doi:10.1093/ref:odnb/8913. Arquivado dendeo orixinal o 30 de maio de 2016. Consultado o 25 de setembro de 2016. 
  8. "The West Saxon Charters of King Æthelwulf and his sons" (4).ISSN 0013-8266. 
Reis deWessex
século VI
século VII
século VIII
século IX
Os individuos en cursiva se cadra non foron reis.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Aethelred_I_de_Wessex&oldid=6275187»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp