| Aeroporto de Murcia-San Javier | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| San Javier | |||||||||
Instancia de | |||||||||
Epónimo | |||||||||
| Persoas e organizacións | |||||||||
| Datas e cronoloxía | |||||||||
Inauguración | |||||||||
Demolición | |||||||||
Substituído por | |||||||||
| Transporte | |||||||||
Ofrece servizo a | |||||||||
Código IATA | |||||||||
Código ICAO | |||||||||
| Localización | |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
OAeroporto de Murcia-San Javier (IATA:MJV,OACI:LELC) é unha base aérea militar doExército do Aire situada xunto aomar Menor, na pedanía deSantiago de la Ribera, no concello deSan Javier (Rexión de Murcia), a 50 quilómetros da cidade deMurcia.
Estivo aberta ao tráfico civil comoaeroporto público xestionado porAena ata o15 de xaneiro de2019, cando se inaugurou oAeroporto Internacional da Rexión de Murcia.[1]
Oaeroporto ten a capacidade para recibiravións de mediano tamaño como unBoeing 757 ou unAirbus A300. Conta con dúas pistas, a principal é a 05 R/23 L e outra secundaria 05 L/05L/23R de menor lonxitude, aberta en 2011 e destinada en exclusiva a material L-26 Baruto da escola elemental de San Javier, co que a principal é utilizada por material L-25 Mirlo (CASA C-101) combinado con voos civís durante todo o día.
Foi remodelado para ser usado como aeroporto civil en1995, ano no cal tivo un volume de 88.608 pasaxeiros. No ano2004 a terminal recibiu unha ampliación de 1.100metros, ademais de poñer en funcionamento novos equipos na zona de entrega de equipaxe. Cara a2006 rematáronse as obras de remodelación e ampliación onde se habilitaron 8 mostradores máis quedando un total de 18, aumentouse o tamaño da zona de seguridade, inauguráronse unha cafetaría e tendas deduty free ademais de novos baños.[2]
En marzo de 2011 inaugurouse a segunda pista do aeroporto para que puidese operar como aeroporto civil as 24 horas ao día, tras un investimento duns 67 millóns de euros por parte da empresa estatalAena.[3][4]
En xuño de 2011 o novo director do aeroporto de San Javier confirmou que Aena tiña previsto un plan de investimentos (como a ampliación da terminal de pasaxeiros) e que non se pecharía San Javier coa apertura deCorvera.[5]
Non obstante, ao quedarAena como adxudicataria do novoAeroporto Internacional, confirmouse que todas as operacións e o persoal serían trasladados de San Javier a Corvera, quedando San Javier para uso militar exclusivamente.[6][7]
O aeroporto pechou ao tráfico civil o 14 de xaneiro de2019, debido á apertura o día seguinte do novoaeroporto de Corvera. O último voo foi operado porRyanair entre San Javier eManchester.[8]