Pandeiro | |
---|---|
Adufe, Pandeiro cadrado | |
![]() | |
Información | |
Clasificación | Percusión |
Instrumentos relacionados | Pandeira Pandeireta |
Unpandeiro,adufe oupandeiro cadrado, é uninstrumento musicalmembranófono depercusión directa. Está formado por unmarco cadrado de madeira e un parche de pel animal cosido sobre el.
Estes antigos instrumentos de procedenciamediterránea eran xa coñecidos polas culturasmesopotámicas e noantigo Exipto. NaPenínsula Ibérica o seu uso conservouse até a actualidade en diferentes rexións comoAsturias,León,Cataluña[1] ouPortugal. EnGaliza aparece reproducido entre a iconografíarománica dalgunhasigrexas desde oséculo XIII, como as doMonte (Chantada),Agudelo (Barro) ouUcelle (Coles).[2]
O adufe, que foi o nome orixinal en galego para o instrumento até a súa substitución polo termo pandeiro,[3] consiste basicamente nunha pel, normalmente decabra ouovella, que envolve un bastidor de madeira fabricado con tal propósito. As medidas do bastidor varían, existindo algúns modelos máis pequenos, que se sosteñen coa man esquerda, e outros máis grandes que apoian nos dous antebrazos. Mesmo foi achado nosAncares un tipo especial de pandeiro, de grandes dimensións, que tocaban dúas persoas cos puños co fin de escorrentar astreboadas.[4][5] Para mellorar a súa sonoridade, os pandeiros cadrados adoitaban levar no interior varios bordóns tensados contra o parche. Tamén se lle introducían garavanzos, axóuxeres ou mesmo pequenas pedras que soaban ao percutir sobre o instrumento. Existían tradicionalmente diferentes xeitos de tanxelo,[6][7] e acostumaba acompañarse o seu son grave co son agudo dasferreñas, como testemuñan moitas das cantigas recollidas noscancioneiros. O adufe foi empregado copiosamente por toda a xeografía galega para o acompañamento docanto e dobaile enseráns e foliadas.[8] Porén, coa aparición dapandeireta a finais do século XIX, foi relegado nas preferencias populares até desapareceren por completo en moitos lugares.[9] De feito, nas recollas etnográficas iniciadas na década de 1980, só se atoparon en Galiza tocadoras en activo nascomarcas ourensás deVerín eViana, e nas pontevedresas doCondado, daParadanta e deVigo.[10][2] A esta última pertencía unha das máis recoñecidas tocadoras galegas de pandeiro cadrado: María Grande Sobral (Maruxa das Cortellas).[11][12] NasFrieiras destacou como intérprete e informante a señoraConcha do Canizo.[13][14]
![]() | Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pandeiro |