Unadenoma (dogrego antigo αδένας,adeno, 'glándula' + -ώμα,oma, 'tumor') é un tumor benigno de tecido epitelial de orixeglandular, características glandulares ou ambas. Os adenomas poden crecer a partir de moitos órganos glandulares, como asglándulas adrenais,glándula pituitaria,tiroide,próstata e outras. Algúns adenomas crecen a partir de tecido epitelial en áreas non glandulares pero expresan estruturas de tecido glandular (como ocorre napolipose de colon familiar). Aínda que os adenoma son en principio benignos, co tempo poden transformarse en malignos, e nese caso denomínanseadenocarcinomas. A maioría dos adenomas non se transforman, pero incluso cando son benignos poden ser a causa de complicacións da saúde graves ao comprimiren outras estruturas e ao producir grandes cantidades dehormonas de foma non regulada, de maneira non dependente deretroalimentación (causandosíndromes paraneoplásticos). Algúns adenomas son demasiado pequenos para poder verse macroscopicamente pero aínda así poden causar síntomas clínicos.
Un adenoma é un tumor benigno dun tecido glandular, como amucosa do estómago, intestino delgado e colon, no cal as células tumorais forman glándulas ou estruturas de tipo glandular.En órganos ocos (como o tracto dixestivo), o adenoma crece nolume, formandopólipos adenomatosos ou adenomas polipoides. Dependendo do tipo de base de inserción, o adenoma pode ser pedunculado (con cabeza lobular e un talo longo delgado) ou sésil (de base larga).
A proliferación adenomatosa está caracterizada por diversos graos dedisplasia celular (atipia ou perda da diferenciación normal do epitelio), células irregulares con núcleos hipercromáticos, núcleos (pseudo)estratificados, nucléolos anormais, diminución da mucosecreción emitose. A arquitectura pode ser tubular, vilosa ou tubulo-vilosa. Amembrana basal e amucularis mucosae están intactas.
Os adenomas de colon, tamén chamadospólipos adenomatosos, son bastante comúns. Encóntranse normalmente por medio decolonoscopias. Son extirpados debido á súa tendencia a converterse en malignos e orixinarcancro de colon.
Escaneo MRI T1 con saturación de graxa de adenoma arenal
Os adenomas adrenais son comúns, e encóntranse a miúdo no abdome, xeralmente non son o foco de investigacións; xeralmente se descobren accidentalmente. Aproximadamente só 1 de cada 10 000 son malignos. Así, xeralmente non se realiza unhabiopsia, especialmente se a lesión é homoxénea e menor de 3 centímetros. A toma de sucesivas imaxes durante de tres a seis meses pode confirmar a estabilidade do crecemento.
Aproximadamente en 1 de cada 10 persoas encóntranse nódulos solitarios detiroide. Deben de ser examinados porque unha pequena porcentaxe deles son malignos. Xeralmente a biopsia confirma que ese crecemento é un adenoma, pero por veces é necesaria a extirpación cirúrxica, especialmente cando a biopsia indica que son de tipo folicular.
Osadenomas de glándula pituitaria obsérvanse no 10% dos pacientes neurolóxicos, pero unha gran parte deles quedan sen diagnosticar. O tratamento é xeralmente cirúrxico, ao cal normalmente os pacientes responden ben. O subtipo máis común é oprolactinoma, máis frecuente en mulleres, e é diagnosticado frecuentemente durante o embarazo a medida que a hormonaproxesterona incrementa o seu crecemento. A terapia médica concabergolina oubromocriptina xeralmente suprime os prolactinomas; a terapia con antagonistas da proxesterona non demostrou que fose eficaz.
Os adenomas de mama denomínansefibroadenomas. Xeralmente son moi pequenos e difíciles de detectar. A miúdo non presentan síntomas. Os tratamentos poden incluír biopsia con agullas e/ou extirpación.
Os adenomas poden aparecer tamén no apendice, pero son extremadamente raros. A versión máis común é o cistadenoma. Xeralmente descóbrense no curso dun exame dos tecidos extirpados nunhaapendicectomía. Se o apéndice rompeu e estaba presente un tumor, isto pode presentar moitos problemas, especialmente se células malignas se espallaron polo abdome.
Unadenoma sebáceo é unha condición cutánea caracterizada por un lento crecemento do tumor que xeralmente presenta un nódulo ou pápula de cor carne, rosa ou amarelo.
A maioría dos tumores nas glándulas salivares son benignos e case nunca supoñen unha ameaza para a vida. Hai moitos tipos destes tumores benignos, denominados adenomas, oncocitomas, tumores de Warthin, e tumores mixtos benignos (tamén chamados adenomas pleomórficos). Os tumores benignos son case sempre curados por cirurxía. Moi raramente chegan a converterse en cancerosos se se deixan sen tratar durante un longo tempo ou se non son completamente extirpados e volven crecer. Non está claro como os tumores benignos se converten en cancerosos. Hai moitos tipos de cancros salivares. As glándulas salivares normais están feitas de varios tipos de células e os tumores poden empezar en cada un deses tipos. Os cancros de glándulas salivares denomínanse segundo cal é o tipo de célula ao que máis se parecen visto ao microscopio.[2]
Un exemplo común de tratamento é o recomendado polas organizacións médicas despois da extirpación de pólipos adenomatosos. No caso común de extirpación dun ou dous destes pólipos do colon dun paciente que non ten especiais factores de risco para o cancro, a mellor práctica é volver facer un exame colonoscópico de 5 a 10 anos despois en vez de repetilo máis frecuentemente que as recomendacións estándar.[3][4][5]