Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Actor, actriz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Actriz»)
Actores durante unha representación.

Unactor ou unhaactriz,[1] é unha persoa que representa un papel nunha obrateatral,cinematográfica,radiofónica outelevisiva. O primeiro actor do que se ten noticias foi o gregoTespo que actuou no Teatro Dionisio no 534 a.C. e que narrou a historia en primeira persoa, ata entón as historias que se narraban contábanse en terceira persoa.

Noséculo XX, os actores eran professionais da súa materia e formados enarte dramática. Coa aparición docinema, o número de actores de sona multiplicouse.

Historia

[editar |editar a fonte]
Actores interpretando persoas do pasado.

Semella que o primeiro actor que rexistra a historia, no 534 a.C. (probablemente o 23 de novembro, os cambios de calendario ao longo da historia fan que sexa difícil determinalo con exactitude), cando ogregoTespo actuou noTeatro deDioniso, onde foi o primeiro que reproducía as palabras dos personaxes en primeira persoa. Antes da actuación de Tespo, as historias cantábanse ebailábanse nun estilo narrativo en terceira persoa. O mito teatral mantén que Tespo trouxo un espírito malicioso, e que ten a culpa dos desastres no teatro. NaGrecia clásica, só os homes podían ser actores e tapaban a cara con carautas grotescas. Continuaron deste xeito tamén durante oImperio Romano.

NaIdade Media, o teatro esmoreceu. Osxograres son considerados actores por algúns expertos, xa que interpretaban as cancións dostrobadores.

O teatro moderno comezou cosautos sacramentais; como mostra deles pódese citar oMisterio de Elx, que aínda hoxe se representa cada ano na devandita cidade.

Durante oRenacemento e oBarroco, oteatro, xunto cos actores, volve medrar. Os actores comezaron a converterse en profesionais. Ademais, cando apareceu aópera, precisábanse cantantes e actores ao mesmo tempo.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definicións noDicionario da Real Academia Galega e noPortal das Palabras paraactriz.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Actor, actrizModificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Csapo, Eric, e William J. Slater. 1994.The Context of Ancient Drama. Ann Arbor: The U of Michigan P.ISBN0-472-08275-2.
  • Elam, Keir. 1980.TheSemiotics of Theatre and Drama. New Accents Ser. Londres e Nova York: Methuen.ISBN0-416-72060-9.
  • Weimann, Robert. 1978.Shakespeare and the Popular Tradition in the Theater: Studies in the Social Dimension of Dramatic Form and Function. Ed. Robert Schwartz. Baltimore e Londres: The Johns Hopkins University Press.ISBN0-8018-3506-2.
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Actor,_actriz&oldid=6691000»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp