Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Relación sexual humana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Acto sexual»)
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde maio de 2016.)
Relación sexual ilustrada noKamasutra

No ser humano chámanseactos sexuais ourelacións sexuais a calquera acto íntimo de carácter sexual celebrados por persoas, en número e xénero variables co obxectivo de dar ou recibirpracer sexual.[1][2] Neles interveñen aspectos fisiolóxicos, psíquicos, sociais e morais do individuo, entre outros.

Dimensión biolóxica

[editar |editar a fonte]

Todo acto sexual ten unha dimensión somática. A resposta do organismo fronte ós estímulos sexuais ven determinada pola súa estrutura neurolóxica, alén doutros factores.

Como a resposta erótica é integral, osistema nervioso central, osistema nervioso autónomo e toda a corporalidade (tecidos orgánicos) entran en acción, con especial énfase nasfibras periféricas, amedula espiñal e os doushemisferios cerebrais, dereito e esquerdo, á parte dohipotálamo, que ten unha función indispensable. Canto máis grande sexa a área de control da cortiza, máis sensitiva será esa parte do corpo.

Dimensión social

[editar |editar a fonte]

Hai factores sociais e culturais que inflúen no modo de expresarmos a sexualidade. Esta depende de como cada sociedade regula as normas de comportamento a través das leis, da moral ou da relixión.

Idade que habilita ás persoas a manter relacións sexuais por mutuo consentimento.

As relacións sexuais sempre foi un tema controvertido ao longo da historia de todas ascivilizacións, especialmente na cultura xudeocristiá. As relixións influíron dunha forma importante no concepto da sexualidade. Dentro da cultura occidental son ilegais e están penados determinados actos como apederastia, oincesto ou aviolación.

Actividades sexuais como oadulterio, ahomosexualidade, o sexo grupal e asrelacións prematrimoniais poden ser rexeitados ou aceptados por determinados grupos sociais, aínda que son prácticas non sancionadas en gran parte deOccidente e noutros lugares, mentres que existe unha tendencia punitiva en sociedadesteocráticas ou fundamentalistas.

Dimensión psicoemocional

[editar |editar a fonte]

Existen factores relacionados coa nosa vivencia da sexualidade, coas emocións, cos sentimentos, cos afectos e co modo de vivilos.

Un equipo de científicos da universidade dePenn State, enPensilvania (Estados Unidos) e da Sociedade de Investigación e Terapia Sexual dos Estados Unidos e oCanadá fixo unha enquisa sobre as preferencias dun numeroso grupo de pacientes no relativo á duración e á frecuencia das relacións sexuais. Segundo esta investigación, publicada noJournal of Sexual Medicine, os suxeitos atopaban que unha duración "axeitada" se situaba entre os 3 e os 7 minutos, un "desexable" entre 7 e 13 minutos, un "demasiado curto" entre 1 e 2 minutos e un "demasiado longo" entre 10 e 30 minutos, a contar dende o comezo da penetración. Segundo os investigadores, o modo que teñen de ver un home e unha muller o seu funcionamento sexual e o da súa parella está fundado en crenzas persoais baseadas en parte nas mensaxes da sociedade[3].

Resposta sexual humana

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Resposta sexual humana.

Aresposta sexual humana é o conxunto de cambios psicofisiolóxicos que se producen no noso corpo ante un estímulo sexual. No ámbito fisiolóxico, os cambios máis significativos que experimenta o corpo son:

  • Afluencia de sangue ós vasos sanguíneos: as veas dilátanse e énchense de sangue (vasoconxestión), o cal provoca que o pene e o clítoris se poñan erectos.
  • Aumento da tensión muscular (miotonía), o cal posibilita a súa posterior relaxación durante o orgasmo).

As seguintes son as etapas que suceden nas relación sexuais:

  • Desexo: é a atracción por outras persoas, que leva a buscar contactos sexuais. Está influído polo noso modo de pensar, polo noso estado de ánimo, por factores orgánicos, hormonais ou químicos, e varía de intensidade ó longo da vida.
  • Excitación: é a cantidade de impulso sexual que podemos acadar durante as relacións sexuais. Durante esta fase experiméntanse unha serie de cambios fisiolóxicos que se deben ó aumento da tensión muscular e á vasoconxestión.
  • Meseta. A excitación acada o máximo nivel, intensifícanse os cambios producidos durante a fase de excitación.
  • Orgasmo. O nivel de excitación chega ó máximo, libérase a tensión acumulada e experiméntanse sensacións moi pracenteiras.
  • Resolución. Os cambios corporais experimentados van revertendo pouco a pouco, volvendo á posición de repouso.

Tipos

[editar |editar a fonte]
Relación sexual entre dous homes e dúas mulleres.

As posibles formas de relacionarse sexualmente dúas ou máis persoas son infinitas. Entre elas atopamos:

  • Relaciónheterosexual: é a relación sexual que leva a cabo entre dous individuos de distintosexo.
  • Relaciónhomosexual: é a relación sexual que se realiza entre dous individuos do mesmo sexo.
  • Ménage à trois outrío: é a relación entre tres persoas do mesmo ou distinto sexo.
  • Intercambio de parellas: dúas parellas establecidas intercámbianse e teñen relacións sexuais ao mesmo tempo pero en lugares diferentes. Non é o mesmo que osexo en grupo.
  • Relaciónzoofílica: é a relación sexual entre unha persoa e un animal.
  • Sexo en grupo: o sexo en grupo tamén é coñecido comoorxía. Varios individuos do mesmo ou distinto sexo teñen relacións sexuais ao mesmo tempo e no mesmo lugar.
  • Relación sexual sen coito: son os chamadosxogos preliminares, pero sen levar nunca a cabo ocoito.
  • Necrofilia: práctica sexual entre un individuo e un cadáver.
  • Pedofilia: relacións sexuais entre unha persoa adulta e un cativo. Está penada legalmente na maioría dos países.

Prácticas

[editar |editar a fonte]

Nosseres humanos o coito é unha parte darelación sexual, e implica a participación dosórganos xenitais externos.

Coito vaxinal

[editar |editar a fonte]
Debuxo de parella hemiseccionada durante o coito; Leonardo da Vinci

O coito vaxinal consiste na penetración dopene navaxina.

A forma primixenia (xa que esta existe noutros mamíferos de modo case excluínte) do coito vaxinal é o chamadoa tergo, isto é: a penetración do pene na vaxina realízase estando a femia de lombos ao macho, adoita estimular oclítoris e incluso a área anterior da vaxina, o comunmente chamadopunto G (deGraffenberg).

Esta posición sexual adoita ser chamada «pose dos cans» oulevrette se a muller está apoiada sobre as súas pernas e brazos («en catro patas»), aínda que os modosa tergo tamén se realizan cando a muller penetrada vaxinalmente éo de lombos (por exemplo «en culleriña»: deitada apoiando as súas costas no home).

Á parte da formaa tergo, é moi común a forma frontal, vulgarmente chamada «pose do misioneiro» xa que se adxudica, improbablemente, a introdución desta forma de practicar o coito en Oceanía aos misioneiros cristiáns.

Tradicionalmente impúñase que a muller «debía» estar deitada embaixo do home, aínda que desde a segunda metade do século XX fixéronse comúns diversas posturas de coito vaxinal. Por exemplo, a «pose deAndrómaca» coa muller como «dacabalo» do home deitado. Esta pose dá máis posibilidade de movementos tanto á muller como ao home, xa que ambos poden usar as súas mans para acariciar outras partes do corpo.

Coitus interruptus (marcha atrás)

[editar |editar a fonte]

Chámasecoitus interruptus ou coito interrompido cando ao final do coito a exaculación ocorre fóra da vaxina.

Esta práctica de sacar o pene da vaxina xusto antes da exaculación considerouse como un métodoanticonceptivo natural durante moito tempo, pero non é unha maneira segura de evitar oembarazo xa que o líquido preseminal —a segregación previa á exaculación— tamén conténseme. Non protexe aos integrantes da parella dasETS (como asida ousífilis)

Coito anal

[editar |editar a fonte]
Posición coital do «can»
Artigo principal:Sexo anal.

Nosexo anal a penetración realízase noano da parella (xa sexa este home ou muller). O termo «coito anal» non se utiliza na linguaxe usual. En linguaxe académico chámase ás veces «pedicación» (do latínpœdicatio ou pœdicationis).

A persoa que é penetrada pode exercer forza cos músculos doesfínter anal, apertando o pene e aumentando a sensación pracenteira. O seme exaculado queda depositado norecto ata que os excrementos sigan o seu curso natural ao exterior.

Amucosa anal carece de lubricación e é aínda máis fácil de irritar que a vaxina, polo cal, desde a detección doVIH, o virus que causa asida, promoveuse o uso dopreservativo entre as persoas que practican sexo anal, para evitar un posible contaxio.

Coito oral

[editar |editar a fonte]
Sexo oral de cunnilingus
Artigo principal:Sexo oral.

Osexo oral posúe catro variantes:

  • afelación (estimulación do pene cos beizos e a lingua);
  • airrumación (onde é o pene o que promove todos os movementos coitales na boca);
  • ocunilinguo (estimulación da vulva e o clítoris cos beizos e a lingua);
  • oanilingus ou bico negro (estimulación do ano cos beizos e a lingua).

Unha variante de sexo oral é a posición popularmente coñecida como69, na cal os integrantes da parella estimulan, cada cal e ao mesmo tempo, coa súa lingua, beizos etc, os xenitais da parella.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Definición de relación sexual en Blog SEXUALIDAD-SEGURIDAD
  2. La riqueza de las relaciones sexualesArquivado 01 de abril de 2016 enWayback Machine. en Enciclopedia temativa/Vida/Sexualidad Secretaria de Educación Pública de México – Consejo Nacional de Educación para la Vida y el Trabajo (CONEVyT)
  3. www.news.bbc.co.uk, ed. (02/04/2008)."El buen acto sexual es rápido". Consultado o 17/02/2011. (encastelán)

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Relación sexual humanaModificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Orientación e identidade
Prácticas sexuais
Aspectos fisiolóxicos
Relacións e sociedade
Industria do sexo
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Relación_sexual_humana&oldid=6865322»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp