Oacimut[1] é o arco dohorizonte entre o puntonorte e o círculo vertical que pasa por uncorpo celeste. Mídese desde o norte no sentido das agullas do reloxo, de xeito tal que o norte é 0º,leste 90º,sur 180º,oeste 270º e outra vez norte 360º.
A palabraacimut úsase hoxe en todas as linguas europeas. Ten a orixe no árabe medieval السموت (al-sumūt, pronunciadoas-sumūt), que significa "as direccións" (plural do árabe السمتal-samt = "a dirección").
Se en lugar de medir desde e ao longo do horizonte, os ángulos se miden dende e ao longo doecuador celeste, os ángulos chámanseascensión recta se se fai referencia ao equinoccio de primavera, ou ángulo horario se se fai referencia aomeridiano celeste.
En matemáticas, o ángulo acimutal dun punto encoordenadas cilíndricas oucoordenadas esféricas é oángulo en sentido antihorario entre o eixox positivo e a proxección dovector sobre oplano xy. Un caso especial dun ángulo acimutal é o ángulo encoordenadas polares da compoñente do vector no planoxy, aínda que este ángulo se mide normalmente enradiáns en lugar de graos e denótase como en lugar de.