Uncantil ouacantilado é un accidente xeográfico que consiste nun lugar escarpado, de gran pendente vertical normalmente preto domar, sobre o que forma un beiril ou balconada. Tamén poden considerarse cantís os que existen nasmontañas,fallas e beiras dosríos (cárcavas oucavorcos).
Unhaescarpa é un caso particular de cantil, formada polo movemento dunhafallatectónica ou un derrubamento. A meirande parte dos cantís rematan a xeito de pendente no seu baseamento; en áreas áridas ou baixo grandes cantís, onoiro é polo xeral un amoreamento de rochas desprendidas, mentres que nas áreas de maior humidade, as rochas do noiro fican cubertas por unha camada de terra compactada pola humidade, formando unsolo.
Moitos cantís presentan taménfervenzas eespenucas ou furnas escavadas no baseamento. Ás veces os cantís morren ao final dunhacrista, creando estruturas pétreas senlleiras.
Entre os cantís interiores máis grandes do mundo atópanse a cara Rupal doNanga Parbat, noPaquistán, con 4600 metros sobre o baseamento, a parede oriental dasTorres do Trango (no cordal doKarakorum, Paquistán, con 1340m de altura de parede case vertical) e omonte Thor (Illa de Baffin, noCanadá, con 1250 metros de parede vertical con zonas extrachumbadas.