AAcademia de Ciencias de Francia (enfrancés,Académie des sciences) é a instituciónfrancesa que: «Anima e protexe o espírito da investigación, e contribúe ao progreso das ciencias e as súas aplicacións».
A Academia de Ciencias debe a súa orixe ao proxecto de Colbert de crear unha academia xeral. Inscríbese igualmente na liña de diversos círculos de sabios que se reúnen no el século XVII, ao redor dun mecenas ou dunha personalidade erudita. Colbert elixe un pequeno grupo de sabios que se congregan o 22 de decembro de 1666 na biblioteca do rei, e alí teñen sesións de traballo. Os trinta primeiros anos de existencia da Academia foron relativamente informais, a nova institución non recibira estatus.[1]
Páxina oficial da Academia
O20 de abril de1699, Lois XIV dá áAcademia Real de Ciencias o seu primeiro regulamento: composta nun principio por 70 membros, a Academia recibe o título de real e instálase noLouvre.
Durante oséculo XVIII contribúe ao movemento científico do seu tempo por medio das súas publicacións, e xoga un rol de asesor para o poder. O8 de agosto de1793, aConvención Nacional suprime todas as academias. Dous anos máis tarde, o22 de agosto de1795, foi creado no seu lugar un "Instituto Nacional de Ciencias e Artes" reagrupando as antigas academias científicas, literarias e artísticas. A primeira clase do "Instituto de Ciencias Físicas e Matemáticas" foi a máis numerosa, con 66 membros de 144.
En1816, a Academia de Ciencias recupera a súa autonomía participando no Instituto de Francia. O xefe do Estado é o seu protector.
En1835, baixo a influencia deFrançois Arago, foron creadas as «Actas da Academia de Ciencias», que volve a ser un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranexiros.
↑« L'Académie des sciences doit son origine au projet de Colbert de créer une académie générale. Elle s'inscrit également dans la lignée des divers cercles de savants qui se réunissaient au XVIIe siècle, autour d'un mécène ou d'une personnalité érudite. Colbert choisit un petit groupe de savants qui s'assemblèrent le 22 décembre 1666 dans la bibliothèque du Roi, nouvellement installée rue Vivienne, et y tinrent désormais des séances de travail bihebdomadaires. Les trente premières années d'existence de l'Académie furent relativement informelles, la nouvelle institution n'ayant pas reçu de statuts. »
Discurso pronunciado por Nicolas de Condorcet en nome da Academia de Ciencias, na Asemblea Nacional francesa, en favor do sistema métrico internacional («Discours à l'Assemblée nationale, au nom de l'Académie des Sciences (12 de junio de 1790)». Unha ligazón para ser conscientes da grande importancia da Academia na época (e na actualidade), na que se ve a intervención da Academia na vida política e como intenta resolver os problemas que se plantexan na sociedade, e a súa posta en práctica.
Gallica.bnf.fr (buscar: Comptes Rendus). AsComptes Rendus («Actas da Academia de Ciencias»), un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranxeiros. Están dispoñíbeis na Biblioteca Nacional de Francia.