Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Acacia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cómpre aumentar as referencias
Este artigoprecisa de máisfontes ou referencias que aparezan nunhapublicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axudemellorando este artigo.(Desde xullo de 2016.)
Acacia (xéneroAcacia)

Acacia heterophylla
Clasificación científica
Reino:Plantae
División:Magnoliophyta
Clase:Magnoliopsida
Orde:Fabales
Familia:Fabaceae
Xénero:Acacia

Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é unlegume, logo, da familiaFabaceae (mesma familia dofeixón, asoia, aervella, axesta etc.). Procedentes maiormente deAustralia, foron naturalizadas enGalicia, onde se lle coñecen comaacacias oualcacias. Amimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que afalsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas,Robinia.

Distribución

[editar |editar a fonte]

Coñécese co nome común de «acacia» a moitas árbores leguminosas deste xénero e tamén doutros xéneros (as chamadas «falsas acacias», tales comoRobinia pseudoacacia,Gleditsia triacanthos ou aSophora japonica). Das máis de 3.000 especies descritas no mundo tan só unhas 1.400 especies son aceptadas;[1] e, delas, 970 pertencen ao xéneroAcacia, stricto sensu, e unhas 950 proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes.

Están presentes en tódolos hábitats terrestres, incluíndo contornas alpinas,selvas tropicais,bosques, pasteiros, dunas costeiras edesertos.[2] Nos bosques máis secos son un compoñente importante dosotobosque. Noutros lugares poden ser dominantes como noBrigalow Belt de Australia.[2]

En Australia, o bosque deAcacia, é o segundo tipo de bosque máis común despois do bosque deeucalipto, cubrindo 980.000quilómetros cadrados, un 8% da superficie forestal total.Acacia é tamén o xénero máis grande do país de plantas con flores, con case 1.000 especies atopadas.[3]

En Galicia considéranseespecies invasoras.

Hábitat

[editar |editar a fonte]
Acacia drepanolobium
Acacia sp.

Necesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.

Ecoloxía

[editar |editar a fonte]

As acacias salientan por ser plantas fixadoras denitróxeno. Desta forma, contribúen ánitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).

Cultivo

[editar |editar a fonte]
Mimosa,Acacia dealbata

Hai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. Aacacia negra plantouse con fins madeireiros.

Algunhas especies de acacia -en particularA. baileyana,A. dealbata eA. pravissima - son cultivadas como plantas ornamentais de xardín. A publicación de 1889 "Useful native plants of Australia : Including Tasmania" describe varios usos para comer.[4]

Toxicidade

[editar |editar a fonte]

Algunhas especies de acacia conteñenalcaloides psicoactivos e outras conteñen fluoroacetato de potasio, unveleno pararoedores.[5]

Especies

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Especies de Acacia.

Asilvestradas en Galicia

[editar |editar a fonte]
  • Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
  • Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
  • Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal.Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nasillas Cíes,A Lanzada e outras zonas dasRías Baixas.
  • Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase daA. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha deA. dealbata. Está presente enCangas (Pontevedra).
  • Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - EnPadrón.
  • Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen =Albizia lophantha (Willd.) Benth. =Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dendeA Guarda atéFerrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.[6]

Outras

[editar |editar a fonte]

As especies máis cultivadas son:

Algunhas especies ameazadas de extinción:

  • Acacia parviceps (Speg.) Burk.
  • Acacia velutina var.monadena Hassler.

Outras especies:

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Acacia".theplantlist.org(eninglés). 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,02,1Orchard, Anthony E.; Wilson, Annette J.G. (2001).Flora of Australia. Volume 11A, Mimosaceae, Acacia part 1. Melbourne: CSIRO.ISBN 9780643067172. 
  3. "Acacia forest".agriculture.gov.au(eninglés). 17 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2021. 
  4. Maiden, J. H. (1889).Useful native plants of Australia : Including Tasmania(eninglés). Sydney: Turner and Henderson. 
  5. Leong, L., Khan, S., Davis, C. K., Denman, S. E., & McSweeney, C. S. (2017).Fluoroacetate in plants - a review of its distribution, toxicity to livestock and microbial detoxification.Journal of animal science and biotechnology,8, 55. https://doi.org/10.1186/s40104-017-0180-6
  6. "Acacia". Arquivado dendeo orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2017. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  AcaciaModificar a ligazón no Wikidata
Control de autoridades
Identificadores taxonómicos
Identificadores
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Acacia&oldid=6188553»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp