Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Acólito

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Celebración dunha misa católica coa axuda de acólitos instituídos en Australia

Nalgunhas igrexas cristiáns unacólito é o que axuda a unsacerdote ou a undiácono nas funcións litúrxicas.

Catolicismo

[editar |editar a fonte]

Ata oConcilio Vaticano II o acólito, no seo da igrexa latina, era un crego promovido á máis alta das ordes menores. Tiña como tarefas principais prender as candeas do altar, levalas en procesión, prepararlle a auga e viño ó sacerdote para a celebración damisa. Actualmente e logo das cartas apostólicasMinisteria quaedam eAd Pascendum[1] dePaulo VI de 1972 un acólito é un ministerio instituído para axudar nas funcións litúrxicas, en especial na misa, ó sacerdote e ó diácono, principalmente a preparación do altar e dos vaso sagrados e extraordinariamente distribuír aeucaristía[2] tradicionalmente exercen as funcións dos acólitos rapaces homes menores de idade que non están formalmente instituídos no ministerio pero que exercen esas funcións, agás as extraordinarias relacionadas coa eucaristía e os vasos sagrados, neste caso dos acólitos non instituídos permítese tamén a participación das mulleres se o aproba o bispo da diocese oído o parecer daConferencia Episcopal nacional.[3]

Celebración dunha misa católica nos Estados Unidos con acólitos, instituídos e non instituídos

Algúns grupos tradicionalistas, como aFraternidade Sacerdotal de San Pedro, dentro do seo da Igrexa Católica teñen autorización para ordenar seminaristas con ordes menores, incluíndo acólitos . Outros grupos tradicionalistas fóra da autoridade da Igrexa Católica, como aSociedade de San Pío X ou lefebvristas seguen coa tradición anterior ó Concilio Vaticano II.

Anglicanismo

[editar |editar a fonte]

Na tradición anglicana un acólito pode ser de calquera xénero e idade e as súas funcións son semellantes ás dos acólitos católicos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lawrence MickPara entender os sacramentos. Edições Loyola, 2008, páxina 134
  2. Paulo VIMinisteria quaedam
  3. José Aldazábal et al.Ministerios al servicio de la comunidad celebrante. Centro de Pastoral Litúrgica, 2006, páxina 116
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Acólito&oldid=6669745»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp