Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Abjad

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Abxad»)

Unabjad é un tipo desistema de escritura onde hai un símbolo para cadafonemaconsonántico, chamado ás vecesconsonantario. Por unha banda unabjad é distinto doalfabeto e por outra dosabugidas polo feito de que asvogais son marcadas condiacríticos opcionais. A orixe deste termo está nunha palabra sen sentido utilizada como secuencia mnemotécnica para aprender a orde das letras doalfabeto árabe, pero aquí se trata da orde antiga que se empregaba antes de que as letras fosen reorganizadas e agrupadas segundo o seu aspecto gráfico. O paralelo máis común con esta secuencia é oalfabeto hebreo e era así:

  • abjad hawwaz HuTTi kalaman sa'faS qarashat thakhadh DaZagh.

Outras dúas secuencias van deste xeito:

  • abujadin hawazin HuTiya kalman sa'faS qurishat thakhudh DaZugh
  • abujadin hawazin HuTiya kalman Sa'faD qurisat thakhudh Zaghush

(A estes efectos, as maiúsculas representan as consoantesguturais, e osdígrafossh,th,kh,dh egh representan senllas letras. O final "in" representatanwīn, un aspecto da gramática árabe). En todas as versións, as primeiras catro letras son as mesmas: Alif, Bā', Jīm, Dāl. Estas tres "ordes alfabéticas" poden ser usadas como numerais ou a rama danumeroloxía chamadaisopsefia.

Tense suxerido que a palabra "Abjad" pode ter raíces máis antigas enfenicio ouugarítico. Abjades "impuros" (como o arábico) poden ter caracteres tamén para algunhas vogais, ou diacríticos vocálicos opcionais, ou os dous; non obstante, o creador do termo,Peter T. Daniels, insiste en que só se debería aplicar aescritas carentes de todo signo vocálico, excluíndo deste xeito aoárabe,hebreo esiríaco. Todos os abjads coñecidos pertencen á familia semítica de escrituras, e derivan do Abjad lineal setentrional orixinario. A razón disto é que aslinguas semíticas teñen unha estrutura morfémica que fai redundante ou en todo caso innecesaria a notación de vogais.

Moitas escrituras derivadas dos abjades fóronse ampliando con símbolos vocálicos para chegar a seralfabetos plenos. Isto pasou sobre todo cando a escritura se adaptou a unha lingua non semítica, sendo o caso máis famoso a derivación doalfabeto grego a partir doabjad fenicio. outras veces, os signos vocálicos aparecen en forma de pequenos puntos ou anzois en relación coas letras consonánticas, producindo unabugida como no caso do sistema de escrituraamhárico.

Unabjad, oualfabeto consonántico, é unalfabeto que non nota máis cásconsoantes (ou que principalmente non nota máis cás consoantes), como noárabe ou nohebreo. O termo provén das primeiras letras do alfabeto árabe histórico (e non da súa versión actual), ou sexaʾalif,bāʾ,ǧīm edāl (أﺑﺠﺪ).

Asvogais das palabras so aparecen ao ler ou ben se notan por signos auxiliares de emprego raro, principalmentediacríticos. Neste caso, estes auxiliares de lectura só se empregan en textos pedagóxicos ou relixiosos (dominio no que hai que engadir os signos decantilación). Para semellantes sistemas de escritura fálase daquela dunhascriptio defectiva, «escritura defectiva»: a grafía está en efecto as máis das veces incompleta e necesita que o lector coñeza xa unha palabra dada para que a poida ler correctamente.

A maioría das escrituras que notanlinguas semíticas son abjades, por razóns vinculadas á estruturamorfofonolóxicas destas linguas, nas que é posible, se se coñecen as regras degramática pertinentes, adiviñar a posición e o timbre das vogais. As vogais longas dos abjades son porén a miúdo notadas por medio dematres lectionis (consoantes en función vocálica), o que fai que so haxa uns poucos abjads « puros ». O alfabeto árabe, en certos aspectos, ás veces se aproxima máis ao alfabeto que ao abjad.

Nos abjades, é frecuente que as letras cambien máis ou menos de forma segundo a súa posición na palabra.

Lista dos principais abjads

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Wright, W. (1971). Cambridge University Press, ed.A Grammar of the Arabic Language (3ª ed.).ISBN 0-521-09455-0. , v. 1, p. 28.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobrelingüística é, polo de agora, só un bosquexo.Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipediamellore e medre.
 Existen igualmente outrosartigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abjad&oldid=6616106»
Categoría:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp