Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Abraham Lincoln

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:Lincoln.
Modelo:BiografíaAbraham Lincoln

(1863)Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de febreiro de 1809Editar o valor en Wikidata
granxa de Sinking Spring, Estados Unidos de AméricaEditar o valor en Wikidata
Morte15 de abril de 1865Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Washington, D.C. ()Editar o valor en Wikidata
Causa da mortehomicidio,disparo na cabezaEditar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaLincoln Tomb(en)Traducir,Cemitério Oak Ridge(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
16ºPresidente dos Estados Unidos de América
4 de marzo de 1861 – 15 de abril de 1865 (finado no cargo)
← James BuchananAndrew Johnson →
14ºPresidente electo dos Estados Unidos
6 de novembro de 1860 – 4 de marzo de 1861
← James BuchananUlysses S. Grant →
Membro da Cámara de Representantes dos Estados Unidos
4 de marzo de 1847 – 4 de marzo de 1849
← John HenryThomas L. Harris →
Circunscrición electoral:Illinois's 7th congressional district(en)Traducir
Member of the Illinois House of Representatives(en)Traducir
1834 – 1842Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSpringfield
Hodgenville(pt)Traducir
condado de Perry(pt)Traducir
Washington, D.C.
Lincoln's New Salem(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
RelixiónBaptismo eietsism(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Altura204 cmEditar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballoSpringfield
Washington, D.C.Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, labrego, oficial, estadista, chefe dos correios(pt)Traducir, avogado, escritorEditar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido União Nacional(pt)Traducir(1864–1865)
Partido Republicano(1854–1865)
Partido Whig dos Estados Unidos(1834–1854)Editar o valor en Wikidata
Influencias
Carreira militar
Rama militarIllinois National Guard(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Rango militarcaptain(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
Participou no conflitoGuerra de Black Hawk(pt)Traducir
guerra civil estadounidenseEditar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
FamiliaLincoln family(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
CónxuxeMary Todd Lincoln(1842–1865),morte da persoaEditar o valor en Wikidata
FillosRobert Todd Lincoln, Edward Baker Lincoln, William Wallace Lincoln, Thomas LincolnEditar o valor en Wikidata
PaisThomas LincolnEditar o valor en Wikidata  e Nancy LincolnEditar o valor en Wikidata
IrmánsSarah Lincoln Grigsby
Thomas Lincoln, Jr.Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
15 de abril de 1865assassinato de Abraham Lincoln(pt)Traducir
4 de marzo de 1865Posse de Abraham Lincoln em 1865(pt)Traducir
4 de marzo de 1861first inauguration of Abraham Lincoln(en)Traducir
funeral and burial of Abraham Lincoln(en)TraducirEditar o valor en Wikidata
SinaturaEditar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Линкольн Авраам)
Enciclopedia Soviética Armenia
Enciclopedia de OttoEditar o valor en Wikidata
IMDB: nm1118823Rottentomatoes: celebrity/abraham_lincolnAllmovie: p366809
Enciclopedia Galega Universal: 144454BNE: XX1000362Spotify: 1rTjtixCZYw8LQThWE8qMWMusicbrainz: 4c025dfa-726f-489c-bbbc-20c2f9af3860Discogs: 385165WikiTree: Lincoln-103Find a Grave: 627Editar o valor en Wikidata

Abraham Lincoln, nado preto deHodgenville,Kentucky, o12 de febreiro de1809 e finado enWashington o15 de abril de1865, foi un avogado e estadista estadounidense que exerceu como16º presidente dos Estados Unidos desde1861 ata o seuasasinato en 1865. Lincoln liderou a nación durante aguerra civil americana, o conflito máis sanguento e quizais tamén a maior crise moral, constitucional e política que sufriu a nación estadounidense. O mesmo tempo logrou preservar aUnión, abolir aescravitude, reforzar ogoberno federal e modernizar aeconomía estadounidense.[1][2]

Lincoln naceu na pobreza nunha cabana de troncos noestado deKentucky e criouse na fronteira, principalmente enIndiana, no que entón era oAfastado Oeste. Foi un home en gran parteautodidacta que chegou a ser avogado, líder doPartido Whig, lexislador do estado de Illinois e deputado no Congreso dos Estados Unidos deIllinois, na cal permaneceu oito anos. Elixido para aCámara de Representantes dos Estados Unidos en1846, Lincoln promoveu unha rápida modernización da economía a través de sectores como o bancario, os impostos e os ferrocarrís. Debido a que nun principio acordara non optar a un segundo período no congreso e a que a súa oposición áintervención estadounidense en México era impopular entre os votantes de Illinois, Lincoln volveu aSpringfield para retomar a súa carreira na avogacía.

En 1854 enfadouse polaLey de Kansas-Nebraska que abría os territorios á escravitude, e volveu entrar na política. Pronto chegou a ser líder do novoPartido Republicano. Osdebates da campaña do Senado de 1858 contraStephen A. Douglas alcanzaron audiencia nacional. En 1860 Lincoln asegurouse a súa candidatura á presidencia dos Estados Unidos de América polo Partido Republicano. Aínda que apenas tivo apoio dos estados sureños, defensores da escravitude, arrasou no norte e foi nomeadopresidente en 1860.

Antes mesmo de chegar áCasa Branca, a súa vitoria e a falta de acordo no tema esencial da escravitude provocaron que sete estados do surescindísense para crear osEstados Confederados de América. Durante este tempo, os recentemente formados Estados Confederados de América comezaron a apoderarse das bases militares federais no sur. Pouco máis dun mes despois de que Lincoln asumise a presidencia, os Estados Confederados atacaronFort Sumter, un forte estadounidense en Carolina do Sur, que inspirou aos estados norteños a unirse para formar aUnión. Despois do bombardeo, Lincoln mobilizou forzas para reprimir a rebelión e restaurar a Unión.

Como líder da facción moderada dos republicanos, Lincoln enfrontouse á á máis radical do seu partido, a cal esixía maior dureza contra os estados do sur, aos demócratas (chamados " Copperheads ") contrarios á guerra, que o desprezaban, e a secesionistas irreconciliables, que conspiraron para asasinalo. Politicamente, Lincoln defendeuse enfrontando aos seus adversarios entre si mediante unmecenado político coidadosamente planificado e apelando ao pobo estadounidense coa súa habilidade oratoria. O seudiscurso de Gettysburg chegou a ser considerado como unha das declaracións máis grandes e influentes do propósito nacional estadounidense.

Nun principio, Lincoln concentrouse nas dimensións militar e política do conflito. O seu obxectivo principal era conservar a unidade do seu país, para o que supervisou de preto o esforzo de guerra, en especial a selección dos xenerais que dirixirían o exército, entre eles o seu mellor home no campo de batalla,Ulysses S. Grant. Ademais, o presidente tomou importantes decisións na estratexia de guerra da Unión, entre elas unbloqueo naval que impediu o comercio dos estados sureños, movementos para tomar o control de Kentucky eTennessee e o uso de buquescanoneiros para dominar as vías fluviais do sur. Lincoln tratou repetidamente de conquistar a capital confederada enRichmond, misión que encargou a sucesivos xenerais ata que Grant conseguiuno. Mentres se libraba a guerra, os seus complexos movementos para acabar coa escravitude incluíron aProclamación de Emancipación en 1863. O presidente usou ao exército da Unión para protexer a escravos fuxidos, forzou aosestados fronteirizos a prohibir o sistema escravista e sacou adiante no Congreso a hoxe soadaDécimo terceira Emenda á Constitución dos Estados Unidos, que prohibiu de forma definitiva a escravitude.[3]

Lincoln foi un político excepcionalmente astuto, que se involucrou profundamente nas cuestións de poder de cada estado, o que lle valeu ser reelixido no poder en 1864. En previsión do final da guerra, impulsou unha moderadareconstrución que buscaba reunificar o país de maneira rápida a través dunha xenerosa política de reconciliación no medio dunha persistente e amarga división. O 14 de abril de 1865, cinco días despois da decisiva rendición do xeneral en xefe do bando confederado,Robert E. Lee, Lincoln foi asasinado porJohn Wilkes Booth, un simpatizante da causa do sur. Desde entón, Abraham Lincoln foi considerado por historiadores e pola opinión pública como un dos mellores presidentes dos Estados Unidos de América.[4][5]

Traxectoria

[editar |editar a fonte]

Primeiros anos

[editar |editar a fonte]
Imaxe de Lincoln na súa mocidade

Naceu o 12 de febreiro de 1809 nunhacabana feita de troncos situada preto da cidade deHodgenville, no actualcondado de LaRue do Estado deKentucky,[6] lugar que na actualidade éparque histórico nacional. Os seus pais, Thomas Lincoln e Nancy Hanks, naceran enVirxinia e como tantos pioneiros agricultores trasladáronse ao oeste. A familia Lincoln procedía deInglaterra. En 1637, Samuel Lincoln, aprendiz detecedor, abandonouGran Bretaña e trasladouse aAmérica do Norte, instalándose enHingham,Massachusetts. Lincoln tamén era un descendente da familia Harrison de Virxinia; o seu avó paterno e homónimo, o capitán Abraham Lincoln e a súa esposa Bathsheba (de solteira Herring) trasladaron a familia de Virxinia ao condado de Jefferson, Kentucky.[a] O capitán morreu nunha incursión dos indios en 1786.[8] Os seus fillos, incluído Thomas, o pai de Abraham, de oito anos, foron testemuñas do ataque.[9][b] Thomas traballou entón en traballos ocasionais en Kentucky e Tennessee antes de que a familia se instalase no condado de Hardin, Kentucky , a principios do século XIX.[9] A herdanza da nai de Lincoln, Nancy, segue sen estar clara, pero asúmese amplamente que era filla de Lucy Hanks.[11] Máis adiante, os Lincoln fóronse establecendo enNova Jersey,Pensilvania, Virxinia,[12] ata chegar finalmente a Kentucky, onde Thomas Lincoln, aos seus vinte e oito anos, casou con Nancy Hanks, o 12 de xuño de 1806 no condado de Washington, cando Nancy contaba con vinte e dous anos de idade e mudáronse aElizabethtown, Kentucky.[13] Tiveron tres fillos:Sarah , Abraham e Thomas, que morreu de pequeno.[14].

Thomas Lincoln comprou ou alugougranxas en Kentucky antes de perder todas as súas terras; menos 200 ha en disputas xudiciais sobre ostítulos de propiedade.[15] En 1816, a familia trasladouse aIndiana, onde os estudos e os títulos de propiedade eran máis fiables.[16] Indiana era un territorio"libre" (non esclavistas), e establecéronse nun "bosque virxe"[17] en Hurricane Township noCondado de Perry, Indiana.[18][c] En 1860, Lincoln sinalou que o traslado da familia a Indiana foi "en parte por mor da escravitude", pero principalmente debido ás dificultades cos título de terra..[20]

A granxa onde creceu LincolnSpencer County, Indiana

En Kentucky e Indiana, Thomas traballou como agricultor, ebanista e carpinteiro.[21] En varias ocasións, foi propietario de granxas, gando e terreos da cidade, pagou impostos, formou parte de xurados, taxou leiras e serviu nas patrullas do condado. Thomas e Nancy eran membros dunha igrexabautista separada, que prohibía o alcol, o baile e a escravitude.[22]

Superados os desafíos financeiros, Thomas en 1827 obtivo o título de propiedade de 32 hectáreas (79 acres) en Indiana, unha área que se converteu naComunidade de Little Pigeon Creek.[23]

Morte da nai

[editar |editar a fonte]

O 5 de outubro de 1818, Nancy Lincoln morreu por mor daenfermidade do leite, deixando a Sarah, de 11 anos, a cargo dunha familia que incluía o seu pai, Abraham, de 9 anos, e o curmán orfo de Nancy, de 19 anos Dennis Hanks.[24] Dez anos máis tarde, o 20 de xaneiro de 1828, Sarah morreu mentres daba a luz a un fillonado morto, feito desgarrador para Lincoln.[25]

O 2 de decembro de 1819, Thomas casóu conSarah Bush Johnston, unha viúva da cidade deElizabethtown, Kentucky, con tres fillos.[26] Abraham achegouse á súa madrasta e chamouna "Nai".[27] A Lincoln non lle gustaba o duro traballo asociado á vida na granxa. A súa familia mesmo dicía que era preguiceiro, por todo o que "lía, garabateaba, escribía, cifraba, escribía poesía, etc...".[28] A súa madrasta recoñeceu que non lle gustaba o "traballo físico", pero que lle encantaba ler.[29]

Educación e traslado a Illinois

[editar |editar a fonte]

Lincoln foi en gran parte autodidacta.[30] A súa educación formal foi impartida pormestres itinerantes. Incluíu dúas breves estancias en Kentucky, onde aprendeu a ler, á idade de sete anos, pero probablemente non a escribir[31] e en Indiana, onde foi á escola esporadicamente debido ás tarefas da granxa, durante un total de menos de 12 meses ata á idade de 15 anos.[32] Persistiu como un ávido lector e mantivo un interese permanente pola aprendizaxe.[33] Familiares, veciños e compañeiros de escola lembraron que a súa lectura incluía aBiblia do rei Xacobe (King James Bible), asfábulas de Esopo (Aesop's Fables), as novelas deJohn BunyanThe Pilgrim's Progress (O progreso do peregrino), a deDaniel DefoeRobinson Crusoe, eThe Autobiography of Benjamin Franklin (Autobiografía de Benjamin Franklin).[34]

New Salem, Illinois

Cando era adolescente, Lincoln asumiu a responsabilidade das tarefas e adoitaba darlle ao seu pai todas as ganancias do traballo fóra da casa ata que tivo 21 anos.[35] Lincoln era alto, forte e atlético, e fíxose experto no uso do machado.[36] Foi un loitador activo durante a súa mocidade e adestrouse no estilo catch-as-catch-can (coñecido comocatch wrestling). Con 21 anos converteuse en campión comarcal de loita libre.[37] Gañou reputación de forza e audacia despois de gañar un combate de loita co recoñecido líder de rufiáns coñecido como "The Clary's Grove Boys".[38]

En 1816, a súa familia mudouse para o estado deIndiana, onde Lincoln viviu dos sete aos 21 anos. Os seus estudos, segundo as súas propias palabras, resumíanse, nesa época, a saber ler, escribir e facer as catro operacións. No estado había escaseza de libros e papel, e a Biblia era probabelmente o único libro existente en casa dos seus pais. Lincoln estudouna a fondo, vindo máis tarde a enriquecer os seus discursos e traballos escritos con citas bíblicas. En marzo de 1830, receando doutro brote da enfermidade do leite, varios membros da extensa familia Lincoln, incluído Abraham, trasladáronse ao oeste de Illinois, un estado libre desta enfermidade, e establecéronse enMacon County.[39][d] Abraham distanciouse cada vez máis de Thomas, en parte debido á falta de educación do seu pai.[41] En 1831, mentres Thomas e outra familia preparábanse para mudarse a unhanova granxa noColes County, Illinois, Abraham emprendeu o seu propio camiño.[42] Viviu, durante seis anos, enNew Salem, Illinois.[43] Lincoln e algúns amigos levaron mercadorías enflatboat (lancha plana) aNova Orleáns,Luisiana, onde estivo exposto por primeira vez á escravitude.[44]

En 1865, preguntáronlle a Lincoln como chegou a adquirir as súas habilidades retóricas. Respondeu que no exercicio da avogacía atopaba con frecuencia a palabra "demostrar" pero non entendía o termo suficientemente. Así que deixou Springfield para ir a casa do seu pai para estudar ata que "puidese darse unha resposta trala lectura dos seis libros deEuclides [aquí, facendo referencia aosElementos]"[45]

Matrimonio e fillos

[editar |editar a fonte]
Un Lincoln sentado sostendo un libro mentres o seu fillo o mira
Un Lincoln sentado sostendo un libro mentres o seu fillo o mira
Mary Todd Lincoln, esposa de Abraham Lincoln, en 1861
Mary Todd Lincoln, esposa de Abraham Lincoln, en1861

O primeiro interese romántico de Lincoln parece ser que foiAnn Rutledge, a quen coñeceu cando se mudou a New Salem. En 1835, estaban nunha relación pero non se comprometerón formalmente.[46] Ela morreu o 25 de agosto de 1835, moi probablemente defebre tifoide.[47] A principios da década de 1830, coñeceu a Mary Owens de Kentucky.[48]A finais de 1836, Lincoln aceptou emparellarse con Owens se ela regresaba a New Salem. Owens chegou ese novembro e cortexouna durante un tempo; con todo, ambos llo pensaron mellor. O 16 de agosto de 1837, el escribiulle a Owens unha carta na que lle dicía que non a culparía se terminaba a relación, e ela nunca lle respondeu.[49]

En 1839, Lincoln coñeceu aMary Todd enSpringfield, Illinois, e ao ano seguinte prometéronse.[50] Mary era filla deRobert Smith Todd, un adiñeirado avogado e empresario deLexington, Kentucky.[51] A voda fixada para o 1 de xaneiro de 1841 foi cancelada a pedimento de Lincoln, pero a parella reconciliose e casaron o 4 de novembro de 1842 na mansión de Springfield da irmá de Mary.[52] Mentres se preparaba ansiosamente para a voda, preguntáronlle a onde ía e respondeu: "Ao inferno, supoño".[53] En 1844, a parella comprou unha casa en Springfield preto do seu despacho de avogados. María mantiña a casa coa axuda dunha criada e un parente.[54] Dous anos despois, montou un novo despacho en sociedade conWilliam Herndon. Esa sociedade xamais se desfixo.

Lincoln era un marido cariñoso e pai de catro fillos, aínda que o seu traballo mantíñao regularmente lonxe da casa. O máis vello,Robert Todd Lincoln, naceu en 1843 e foi o único fillo que viviu ata a madurez. O segundo foiEdward Baker Lincoln (Eddie), nado en 1846 e finado o 1 de febreiro de 1850, probablemente por tuberculose. O terceiro fillo de Lincoln,"Willie" Lincoln naceu o 21 de decembro de 1850 e morreu dunha febre naCasa Branca o 20 de febreiro de 1862. O máis novo,Thomas "Tad" Lincoln, naceu o 4 de abril de 1853 e sobreviviu ao seu pai pero morreu de insuficiencia cardíaca aos 18 anos o 16 de xullo de 1871.[55][e] Lincoln "era moi afeccionado aos nenos"[57] e os Lincoln non eran considerados estritos cos seus fillos.[58] De feito, o socio de LincolnWilliam H. Herndon irritábase cando Lincoln levaba aos seus fillos ao despacho de avogados. Ao parecer, a miúdo estaba demasiado absorto no seu traballo como para notar o comportamento dos seus fillos. Herndon contou: "Sentín moitas e moitas veces que quería retorcerlles o pescozo, e aínda así, por respecto a Lincoln, calei a boca. Lincoln non se daba conta o que estaban facendo ou fixeran os seus fillos."[59]

A morte dos seus fillos, Eddie e Willie, tivo profundos efectos en ambos os pais. Lincoln sufría de "melancolía", unha condición que agora se pensa que édepresión clínica.[60] Máis adiante, Mary tivo que loitar contra o estrés da perda do seu marido e os seus fillos, e Robert internouna durante un tempo nun asilo en 1875..[61]

Primeiros anos de carreira e servizo na milicia

[editar |editar a fonte]

Durante 1831 e 1832, Lincoln traballou nun almacén xeral enNew Salem, Illinois. En 1832 declarou a súa candidatura áCámara de Representantes de Illinois, pero interrompeu a súa campaña para servir como capitán damilicia de Illinois durante aguerra de Black Hawk].[62] Cando Lincoln regresou a casa da guerra de Black Hawk, planeou converterse en ferreiro, pero no seu lugar formou unha sociedade con William Berry, de 21 anos, con quen comprou, a crédito, unha tenda de ultramarinos en New Salem. Debido a que se requiría unha licenza para vender aos clientes bebidas individuais, Berry obtivo dúas licenzas de camareiro por 7 dólares cada unha, unha para Lincoln e outra para el, e en 1833 a tenda converteuse tamén nunha taberna. Como camareiros con licenza, Lincoln e Berry puideron vender bebidas espirituosas, incluído licor, por 12 centavos a pinta. Ofreceron unha gran variedade de bebidas alcohólicas, así como comida, incluídas ceas para levar. Pero Berry converteuse nun alcohólico, moitas veces estaba demasiado bébedo para traballar e Lincoln acabou dirixindo a tenda por si mesmo..[63] Aínda que a economía estaba en auxe, o negocio tivo problemas e endebedouse, o que fixo que Lincoln vendese a súa parte.

No seu primeiro discurso de campaña tras regresar do seu servizo militar, Lincoln observou que un simpatizante da multitude estaba a ser atacado, agarrou ao agresor por "o pescozo e a cinturilla dos pantalóns" e derribouno.[39] Na campaña, Lincoln avogou por melloras na navegación norío Sangamon. Podía atraer multitudes como narrador, pero carecía da educación formal necesaria, amigos poderosos e diñeiro, e perdeu as eleccións.[64] Lincoln quedou oitavo de 13 candidatos (os catro primeiros foron elixidos), aínda que recibiu 277 dos 300 votos emitidos no recinto de New Salem.[65]

Lincoln serviu como xefe de correos de New Salem e máis tarde como topógrafo do condado, pero continuou coa súa voraz lectura e decidiu converterse en avogado.[66] No canto de estudar no despacho dun avogado estabelecido, como era costume, Lincoln tomou prestados textos xurídicos dos avogadosJohn Todd Stuart eThomas Drummond, comprou libros como osCommentaries on the Laws of England (Comentarios sobre as leis de Inglaterra) deBlackstone e asPrecedents of Pleading (Precedentes de súplica) deChitty, eestudou dereito pola súa conta.[66] Máis tarde dixo da súa formación xurídica que "non estudei con ninguén."[67]

Lexislatura no Estado de Illinois (1834–1842)

[editar |editar a fonte]
Casa de Lincoln enSpringfield, Illinois

A segunda campaña de Lincoln para a cámara estatal en 1834, esta vez como representante dopartido Whig, foi un éxito fronte a un poderoso opoñente do mesmo partido.[68] A este seguíronlle os seus catro mandatos naCámara de Representantes de Illinois polocondado de Sangamon.[69] Defendeu a construción dacanle de Illinois e Míchigan, e máis tarde foi comisionado da canle.[70] Votou a favor de ampliar o sufraxio máis aló dos terratenentes brancos a todos os homes brancos, pero adoptou unha postura de "terreo libre" que se opoñía á escravitude e oabolicionismo.[71] En 1837, declarou: "[A] Institución da escravitude baséase tanto na inxustiza como na mala política, pero a promulgación de doutrinas de abolición tende máis a aumentar que a diminuír os seus males".[72] Fíxose eco do apoio deHenry Clay áAmerican Colonization Society (Sociedade Americana de Colonización), que avogaba por un programa de abolición xunto co asentamento de escravos liberados enLiberia.[73]

Foiadmitido no colexio de Illinois en 1836,[74] e mudouse a Springfield e comezou a exercer a avogacía baixoJohn T. Stuart, curmán de Mary Todd.[75] Lincoln revelouse como un formidable combatente nos xuízos durante os contrainterrogatorios e as alegacións finais. Asociouse varios anos conStephen T. Logan, e en 1844 comezoua súa práctica conWilliam Herndon, "un mozo estudoso".[76]

Cámara de Representantes dos Estados Unidos (1847–1849)

[editar |editar a fonte]
Lincoln de mediana idade afeitado desde as cadeiras para arriba.
Lincoln a finais dos 30 como membro daU.S. House of Representatives. Foto tomada por un dos estudantes de Dereito de Lincoln ao redor de 1846.

Fiel ao seu historial, Lincoln declarou aos seus amigos en 1861 que era "un Whig de vella liña, un discípulo de Henry Clay".[77] O seu partido favorecía a modernización económica da banca, as tarifas para financiarmelloras internas, incluíndo ferrocarrís, e a urbanización.[78]

En 1843, Lincoln buscou o nomeamento polo partido Whig para oescano do 7º distrito de Illinois naCámara de Representantes dos Estados Unidos e foi derrotado porJohn J. Hardin aínda que se impuxo no partido ao limitar a Hardin a un so mandato. Lincoln non só logrou a súa estratexia de conseguir o nomeamento en 1846, senón que tamén gañou as eleccións. Era o único whig na delegación de Illinois, pero tan obediente como calquera participou en case todas as votacións e pronunciou discursos que se axustaban á liña do partido.[79] Foi asignado áComisión de Correos e Vías Postais e áComisión de Gastos no Departamento de Guerra.[80] Lincoln uniuse conJoshua R. Giddings nun proxecto de lei para abolir a escravitude noDistrito de Columbia cunha compensación para os propietarios, a obriga de capturar escravos fuxitivos e unha votación popular sobre o materia. Abandonou o proxecto ao non contar co apoio dos whigs.[81][82]

Opinións políticas

[editar |editar a fonte]

A práctica da avogacía en Illinois non era especializada no tempo de Lincoln. Durante seis meses cada ano, Lincoln integraba os tribunais itinerantes do estado percorrendo varios concellos e aceptando os casos que lle presentaban. A súa actuación como avogado fíxoo coñecido en todo Illinois. En1846, foi elixido para a Cámara de Representantes federal. En política exterior e militar, Lincoln pronunciouse en contra daguerra mexicano-estadounidense, que atribuíu ao desexo do presidenteJames K. Polk de "gloria militar, ese atractivo arco da vella que se eleva en choivas de sangue".[83] Apoiou aemenda Wilmot, unha proposta errada para prohibir a escravitude en calquera territorio estadounidense gañado a México.[84]

Lincoln acentuou a súa oposición a Polk redactando e presentando as súasresolucións puntuais. A guerra comezara cunha matanza de soldados estadounidenses a mans dunha patrulla de cabalaría mexicana en territorio en disputa, e Polk insistiu en que os soldados mexicanos "invadiron o noso territorio e derramaron o sangue dos nosos concidadáns no noso propio chan."[85] Lincoln esixiu a Polk que mostrase ao Congreso o lugar exacto no que se derramou sangue e demostrase que ese lugar estaba en chan estadounidense.[86] A resolución foi ignorada tanto no Congreso como nos xornais nacionais, e custoulle a Lincoln o apoio político no seu distrito. Un xornal de Illinois alcumouno burlonamente "Lincoln manchado".[87] Lincoln arrepentiuse máis tarde dalgunhas das súas declaracións, especialmente do seu ataque aos poderes bélicos presidenciais.[88]

Lincoln comprometeuse en 1846 a servir só un mandato na Cámara. Ao darse conta de que era improbable que Clay gañase a presidencia, apoiou ao xeneralZachary Taylor para a candidatura Whig naseleccións presidenciais de 1848.[89] Taylor gañou e Lincoln esperou en balde ser nomeado comisionado daOficina Xeral de Terras.[90] A administración ofreceulle nomearlle secretario ou gobernador doTerritorio de Oregón como consolo.[91] Este afastado territorio era un bastión demócrata, e a aceptación do posto perturbaría a súa carreira xurídica e política en Illinois, polo que o rexeitou e renovou o seu exercicio da avogacía.[92]

Avogado de campo

[editar |editar a fonte]
Lincoln en 1857

No seu bufete de Springfield, Lincoln ocupábase de "todo tipo de asuntos que puidesen presentarse ante un avogado de campo".[93] Dúas veces ao ano compareceu durante 10 semanas consecutivas nas sedes dos tribunais do condado de Midstate; así continuou durante 16 anos.[94] Lincoln levou casos de transporte en plena expansión occidental da nación, en particular conflitos de barcazas fluviais baixo as numerosas novas pontes ferroviarias. Como home de barcazas fluviais, Lincoln favoreceu inicialmente eses intereses, pero en última instancia representou a quenquera que o contratase.[95] Máis tarde representou a unha compañía de pontes contra outra de barcos fluviais enHurd v. Rock Island Bridge Co., un caso emblemático relacionado cun barco da canle que se afundiu tras chocar contra unha ponte.[96] En 1849, recibiu apatente dun dispositivo de flotación para o desprazamento de embarcacións en augas pouco profundas. A idea nunca chegou a comercializarse, pero converteu a Lincoln no único presidente en posuír unha patente.[97]

Lincoln compareceu ante o Tribunal Supremo de Illinois en 175 casos; foi avogado único en 51 casos, dos cales 31 resolvéronse ao seu favor.[98] De 1853 a 1860, un dos seus maiores clientes foi aIllinois Central Railroad.[99] A súa reputación legal deu lugar ao alcume de "Honest Abe".[100]

Lincoln argumentou nun xuízo penal de 1858, defendendo a William "Duff" Armstrong, que estaba a ser xulgado polo asasinato de James Preston Metzker.[101] O caso é famoso polo uso que fixo Lincoln dun feito establecido pornotificación xudicial para cuestionar a credibilidade dunha testemuña ocular. Despois de que unha testemuña contraria declarase ver o crime á luz da lúa, Lincoln presentou unFarmers' Almanac (Almanaque do granxeiro) que mostraba que a Lúa estaba nun ángulo baixo, reducindo drasticamente a visibilidade. Armstrong foi absolto.[102]

En vésperas da súa campaña presidencial, Lincoln elevou o seu perfil nun caso de asasinato de 1859, coa súa defensa de Simeon Quinn "Peachy" Harrison, que era primo terceiro;[n. 1] Harrison era tamén neto do opoñente político de Lincoln, reverendoPeter Cartwright.[104] Harrison fora acusado do asasinato de Grego Crafton que, mentres estaba morrendo debido as súas feridas, confesou a Cartwright que provocara a Harrison[105] Lincoln protestou iradamente pola decisión inicial do xuíz de excluír o testemuño de Cartwright sobre a confesión comotestemuño de ouvidas inadmisible. Lincoln argumentou que o testemuño implicaba unhadeclaración do moribundo e non estaba suxeito á regra dos testemuños de ouvidas. En lugar de declarar a Lincoln culpable de desacato ao tribunal, como se esperaba, o xuíz, demócrata, revogou a súa decisión e admitiu o testemuño como proba, o que deu lugar á absolución de Harrison.[102]

Política republicana (1854-1860)

[editar |editar a fonte]

Xurdimento como líder republicano

[editar |editar a fonte]
Lincoln en 1858, o ano dosseus debates conStephen Douglas sobre a escravitude.

Unha súbita mudanza na política nacional en relación á escravitude trouxo Lincoln de volta á política. OAcordo do Missouri prohibira, en1820, a escravitude nos novos territorios situados ao norte da fronteira sur do Missouri. O debate sobre o status da escravitude nos territorios non conseguiu aliviar as tensións entre o Sur esclavista e o Norte libre, fracasando oCompromiso de 1850, un paquete lexislativo deseñado para abordar a cuestión.[106] No seu panexírico de 1852 a Clay, Lincoln destacou o apoio deste á emancipación gradual e a súa oposición a «ambos os extremos» na cuestión da escravitude.[107] Cando o debate sobre a escravitude nos territorios deNebrasca eKansas fíxose especialmente enconado, o senador de Illinois Stephen A. Douglas propuxosoberanía popular como solución de compromiso; a medida permitiría ao electorado de cada territorio decidir a situación da escravitude, Lincoln era contrario a esa lei. A lexislación alarmou a moitos norteños, que trataron de impedir a propagación da escravitude que podería producirse, pero aLei de Kansas-Nebrasca de Douglas foi aprobada por escaso marxe no Congreso en maio de 1854.[108]

Lincoln non comentou o acto ata meses máis tarde no seu «Discurso de Peoria» de outubro de 1854. Lincoln entón declarou a súa oposición á escravitude, que repetiu no camiño cara á presidencia.[109] Dixo que a Lei de Kansas tiña unha " declarada indiferenza, pero cdebo pensar, nun verdadeiro celo encuberto pola propagación da escravitude. Non podo menos que odiala. Odio por mor da monstruosa inxustiza da propia escravitude. Ódioa porque priva ao noso exemplo republicano da súa xusta influencia no mundo...."[110] Os ataques de Lincoln á Lei Kansas-Nebraska marcaron o seu regreso á vida política.[111]

A nivel nacional, os whigs estaban irremediablemente divididos pola Lei Kansas-Nebraska e outros esforzos por chegar a un compromiso sobre a cuestión da escravitude. Reflexionando sobre a desaparición do seu partido, Lincoln escribiu en 1855: «Creo que son un Whig, pero outros din que non hai Whigs, e que son un abolicionista. Non fago máis que oporme áextensión da escravitude."[112] O novoPartido Republicano formouse como un partido do norte dedicado á antiescravitude , a partir da á antiesclavista do Partido Whig e combinando membros doFree Soil Party, doLiberty e doPartido Demócrata antiescravista,[113]. Lincoln resistiuse aos primeiros rogos dos republicanos, temendo que o novo partido se convertese nunha plataforma para abolicionistas extremistas.[114] Lincoln mantiña a esperanza de rexuvenecer aos Whigs, aínda que lamentaba a crecente proximidade do seu partido co movemento nativistaKnow Nothing.[115]

En 1854, Lincoln foi elixido membro da asemblea lexislativa deIllinois, pero antes de que comezase a lexislatura, no xaneiro seguinte, renunciou a ocupar o seu escano para poder ser candidato nas próximas eleccións ao Senado dos Estados Unidos.[116][117] As eleccións dese ano mostraron a forte oposición á Lei Kansas-Nebraska, e por mor diso Lincoln buscou ser elixido senador de EE.UU.[111]. Naquela época, os senadores eran elixidos polas lexislaturas estatais. Tras ir na cabeza nas seis primeiras roldas de votación, non puido obter a maioría. Lincoln ordenou aos seus partidarios que votasen porLyman Trumbull. Trumbull era un demócrata antiescravista e recibira poucos votos nas votacións anteriores; os seus partidarios, tamén demócratas antiescravistas, xuraran non apoiar a ningún whig. A decisión de Lincoln de retirarse permitiu que os seus partidarios whigs e os demócratas antiescravistas de Trumbull combinar e derrotar ao candidato demócrata dominante,Joel Aldrich Matteson.[118]

Campaña de 1856

[editar |editar a fonte]

Osviolentos enfrontamentos políticos en Kansas continuaron, e a oposición á Lei de Kansas-Nebraska mantívose forte en todo o norte. A medida que se achegaban as eleccións de 1856, Lincoln uniuse aos republicanos e asistiu á Convención de Bloomington, onde se estableceu o Partido Republicano de Illinois. A plataforma da convención apoiou o dereito do Congreso a regular a escravitude nos territorios e apoiou a admisión de Kansas como estado libre. Lincoln pronunciou odiscurso final da convención apoiando a plataforma do partido e pedindo a preservación da Unión.[119] Na Convención Nacional Republicana de xuño de1856, aínda que Lincoln recibiu apoio para presentarse como vicepresidente,John C. Frémont eWilliam Dayton estaban na lista, á que Lincoln apoiou en todo Illinois. Os demócratas nomearon ao exsecretario de EstadoJames Buchanan e os Know-Nothings nomearon ao ex presidente whigMillard Fillmore.[120] Buchanan impúxose, mentres que o republicanoWilliam Henry Bissell gañou as eleccións a gobernador de Illinois, e Lincoln converteuse nun destacado republicano en Illinois.[121][f]

Dred Scott contra Sandford

[editar |editar a fonte]

Dred Scott era un escravo cuxo amo o levou dun estado esclavista a un territorio que era libre como resultado doCompromiso de Missouri. Despois de que Scott fose devolto ao estado esclavista, solicitou a súa liberdade ante un tribunal federal. A súa petición foi denegada no caso ”Dred Scott contra Sandford” (1857).[123] O presidente do Tribunal Supremo,Roger B. Taney, escribiu na súa opinión que os negros non eran cidadáns e non derivaban ningún dereito da Constitución, e que o Compromiso de Missouri era inconstitucional por infrinxir os dereitos de propiedade dos propietarios de escravos. Aínda que moitos demócratas esperaban que o caso "Dred Scott" puxese fin á disputa sobre a escravitude nos territorios, a decisión provocou unha maior indignación no norte.[124] Lincoln denunciouno como o resultado dunha conspiración dos demócratas para apoiar opoder esclavista.[125] Argumentou que a decisión era contraria áDeclaración de Independencia, que afirmaba que "todos os homes son creados iguais... con certos dereitos inalienables", entre eles "a vida, a liberdade e a procura da felicidade".[126]

Debates Lincoln-Douglas e discurso en Cooper Union

[editar |editar a fonte]
Fotografía de Lincoln a tres cuartos.
Abraham Lincoln, un retrato deMathew Brady tomado o 27 de febreiro de 1860, o día dodiscurso de Lincoln en Cooper Union na cidade de Nova York.

En 1858, Douglas presentouse á reelección no Senado dos Estados Unidos e Lincoln esperaba derrotalo. Moitos no partido consideraban que en 1858 debía nomearse a un antigo membro do Partido Whig, e a campaña de Lincoln en 1856 e o seu apoio a Trumbull granxeáranlle un favor.[127] Por primeira vez, os republicanos de Illinois celebraron unha convención para acordar un candidato ao Senado, e Lincoln gañou o nomeamento sen apenas oposición.[128] Lincoln aceptou o nomeamento con gran entusiasmo e fervor. Tras o seu nomeamento, pronunciou o seudiscurso sobre a casa dividida:

«Unha casa dividida contra si mesma non pode permanecer en pé». Creo que este goberno non pode perdurar, permanentemente metade «escravo» e metade «libre». Non espero que a Unión se «disolva», non espero que a casa «caia», pero si espero que deixe de estar dividida. Converterase nunha cousa ou noutra.[129]

O discurso creou unha imaxe crúa do perigo da desunión.[130] Cando se lle informou do nomeamento de Lincoln, Douglas declarou: "[Lincoln] é o home forte do partido... e se lle gaño, a miña vitoria será moi rifada."[131]

A campaña ao Senado contou consete debates entre Lincoln e Douglas; tiñan un ambiente similar ao dunha pelexa de boxeo e atraían a miles de persoas.[132] Lincoln advertiu que o poder esclavista ameazaba os valores do republicanismo e acusou a Douglas de distorsionar a premisa de Jefferson de quetodos os homes son creados iguais. Na súadoutrina Freeport, Douglas argumentou que, a pesar dadecisiónDred Scott, que el afirmaba apoiar, os colonos locais, baixo asoberanía popular, debían ser libres de elixir se permitían a escravitude no seu territorio e acusou a Lincoln de unirse aos abolicionistas.[133]

Aínda que os candidatos republicanos á lexislatura obtiveron máis votos populares, os demócratas gañaron máis escanos e a lexislatura reelixiu a Douglas. Con todo, a articulación dos temas por parte de Lincoln déralle unha presenza política a nivel nacional.[134] Tras as eleccións de 1858, os xornais mencionaban con frecuencia a Lincoln como posible candidato presidencial republicano. Aínda que Lincoln era popular no Medio Oeste, carecía de apoio no Nordés e non estaba seguro de presentarse ás eleccións.[135] En xaneiro de 1860, Lincoln dixo a un grupo de aliados políticos que aceptaría a candidatura presidencial se se lle a ofrecian e, nos meses seguintes, oCentral Illinois Gazette deWilliam O. Stoddard, oChicago Press & Tribune e outros xornais locais apoiaron a súa candidatura.[136]

O 27 de febreiro de 1860, os poderosos republicanos de Nova York convidaron a Lincoln a dar undiscurso na Cooper Union. Neste discurso, Lincoln argumentou que osPais fundadores non daban moita importancia á soberanía popular e tentaran en repetidas ocasións restrinxir a escravitude; insistiu en que a moralidade esixía oporse á escravitude e rexeitou calquera "procura dun termo medio entre o correcto e o incorrecto".[137] Moitos dos asistentes pensaron que parecía torpe e mesmo feo.[138] Pero Lincoln demostrou o seu liderado intelectual, o que o levou a competir pola presidencia. O xornalistaNoah Brooks informou: "Ningún home causara nunca antes tal impresión na súa primeira aparición ante o público neoiorquino".[139] O historiador David Herbert Donald describiu o discurso como "unha magnífica xogada política para un aspirante á presidencia aínda non anunciado".[140] En resposta a unha pregunta sobre as súas ambicións, Lincoln dixo: "O sabor "está" un pouco na miña boca".[141]

Eleccións presidenciais de 1860

[editar |editar a fonte]
Lincoln sendo transportado por dous homes (un branco e outro negro) sobre unha táboa longa.
O candidato ferroviario, unha ilustración crítica deCurrier & Ives que representaba a plataforma electoral de Lincoln nacampaña presidencial de 1860 sostida por un escravo e Horace Greeley.

O 9 e 10 de maio de 1860, celebrouse, enDecatur, a Convención Estatal Republicana de Illinois.[142] Aproveitando a súa embelecida lenda fronteiriza de rozar terras e partir valos, os partidarios de Lincoln adoptaron a etiqueta de "o candidato dos valos".[143] O 18 de maio, naConvención Nacional Republicana celebrada en Chicago, Lincoln gañou o nomeamento na terceira votación.[144] Un antigo demócrata,Hannibal Hamlin de Maine, foi nomeado para vicepresidente co fin deequilibrar a candidatura.[145]

Ao longo da década de 1850, Lincoln dubidara das perspectivas dunha guerra civil, e os seus partidarios rexeitaron as afirmacións de que a súa elección incitaría á secesión.[146] Cando Douglas foi elixido candidato dos demócratas do norte, os delegados dos estados escravistas do sur elixiron ao vicepresidente en funcións,John C. Breckinridge, como o seu candidato.[147] Un grupo de antigos "whigs" e "know-nothings" formaron oPartido da Unión Constitucional e nomearon aJohn C. Bell de Tennessee. Lincoln e Douglas competiron polos votos no norte, mentres que Bell e Breckinridge atoparon apoio principalmente no sur.[127]Unha organización xuvenil republicana militarista de ámbito nacional, osWide Awakes, "converteuna nunha das eleccións máis emocionantes da historia dos Estados Unidos" e "desatou un entusiasmo popular masivo", segundo o historiador político Jon Grinspan.[148] Os habitantes dos estados do norte sabían que os estados do sur votarían en contra de Lincoln e reuniron aos seus partidarios para apoialo.[149]

Lincoln noanverso dundólar presidencial de2010.

O Goberno de Lincoln

[editar |editar a fonte]
Lincoln Memorial, enWashington

A marcha dos acontecementos acelerouse no Sur durante os meses que antecederon a toma de posesión de Lincoln na Presidencia. Varios líderes do Sur ameazaran retirar os seus estados da Federación, no caso de que Lincoln gañase as eleccións. Cando el tomou posesión, en marzo de 1861, sete estados do Sur retiraranse e máis catro fixeron o mesmo despois. Eses estados formaron, entón, a Confederación dos Estados de América. A pesar de ter intentado un esforzo extraordinario de conciliación, a súa escolla electoral para aquel cargo provocou a eclosión daGuerra Civil Americana. O 12 de abril, os confederados bombardeaban oforte Sumter. Lincoln enfrontou a crise con enerxía: decretou o bloqueo dos portos suristas e aumentou o Exército alén dos límites impostos pola lei. Despois de perderen as primeiras batallas, os nordistas acabaron por vencer a guerra, a cal durou catro anos e deixou un saldo de 600 mil mortos. A pesar dos fracasos iniciais e da consecuente impopularidade, Lincoln xamais se deixou abater. Para el, os E.U.A. representaban unha experiencia da capacidade dun pobo para se gobernar a si mesmo. No caso de que fallase, os reis, os ditadores e os seus defensores poderían dicir que o pobo non era quen de ter autonomía e que alguén debería gobernalo. Lincoln xulgaba que na Guerra de Secesión estaba en xogo o destino da democracia mundial. O22 de setembro de1862 publicou a proclamación que concedía a liberdade aos escravos dos Estados confederados. Aos ollos das outras nacións, a liberación deu un novo sentido á Guerra e abriu camiño para a abolición da escravitude en todo o país, en 1865. En 1864, as vitorias dos nordistas posibilitaron a reelección de Lincoln, cuxo novo mandato tivo inicio no ano seguinte.

O asasinato

[editar |editar a fonte]
Litografía do asasinato de Lincoln

O1 de abril de1865 remataba aguerra civil. Na noite de14 de abril de 1865, algúns días despois do termo da guerra, Lincoln foi asasinado no Teatro Ford, enWashington, Distrito de Columbia, mentres asistía a unha peza. O sudistaX. W. Booth, o asasino, un dos actores máis coñecidos da época, desfechou un tiro na cabeza do presidente, que morrería na mañá do día seguinte. O actor era un defensor da causa sudista na Guerra de Secesión. En canto ocupou a Presidencia, Lincoln foi duramente criticado, mais, despois da súa morte, ata mesmo os seus inimigos eloxiaranlle a grandeza de espírito e abnegación. É ata hoxe unha das figuras históricas máis admiradas nos E.U.A. Lincoln foi substituído no cargo polo vice-presidenteAndrew Johnson.

Moitos dos seus discursos e traballos escritos constitúen un clásico sobre os ideais e obxectivos democráticos.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Lincoln era descendente dos Harrison a través da súa avoa, Bathsheba Herring.[103]
  1. A identidade da avoa de Lincoln, Bathsheba Herring, aínda que sen certeza, é o consenso de varios biógrafos de Lincoln. Era filla de Alexander e Abigail Herring (de solta Harrison).[7]
  2. Thomas, nacido en xaneiro de 1778, tería oito anos no ataque, en maio de 1786. As fontes máis antigas usan seis.[10]
  3. A súa terra finalmente pasou a formar parte do espazo do condado cando foi establecido en 1818.[19]
  4. Os historiadores non están de acordo sobre quen iniciou o movemento; Thomas Lincoln non tiña ningunha razón obvia para facelo. Unha posibilidade é que outros membros da familia, incluído Dennis Hanks, non podían igualar a estabilidade e os ingresos estables de Thomas.[40]
  5. O último descendente dos Lincoln foi o bisnetoRobert Todd Lincoln Beckwith que morreu en 1985.[56]
  6. Eric Foner contrasta aos abolicionistas e os republicanos radicais antiesclavistas do nordés, que vían a escravitude como un pecado, cos republicanos conservadores, que pensaban que era mala porque prexudicaba aosbrancos e bloqueaba o progreso. Foner sostén que Lincoln situábase no medio, opóndose á escravitude principalmente porque violaba os principios republicanos dos Pais Fundadores, especialmente a igualdade de todos os homes e o autogoberno democrático tal e como se expresa na Declaración de Independencia.[122]
Referencias
  1. Goodwin 2005, p. 91
  2. Holzer 2004, p. 232
  3. Cardona Castro, Francisco L. ed (2003).Grandes biografías; Abraham Lincoln. P. 145.ISBN84-8403-858-0
  4. "Ranking Our Presidents"Arquivado 11 de agosto de 2017 enWayback Machine.. James Lindgren. 16 de novembro de 2000. International World History Project.
  5. "Americans Say Reagan Is the Greatest President". Gallup Inc. 28 de febreiro de 2011.
  6. Donald 1996, pp. 20–22.
  7. Harrison 1935, p. 276.
  8. Warren 2017, p. 4.
  9. 9,09,1Donald 1996, p. 21.
  10. Wilson et al. 1998, pp. 35–36.
  11. Bartelt 2008, p. 79.
  12. Warren 2017, p. 3–4.
  13. Warren 2017, p. 9.
  14. Warren 2017, p. 9–10.
  15. Sandburg 1926, p. 20.
  16. Warren 2017, p. 13.
  17. Warren 2017, p. 26.
  18. Warren 2017, p. 16, 43.
  19. Bartelt 2008, pp. 3, 5, 16.
  20. Sandburg 1926, p. 20;Donald 1996, pp. 23–24.
  21. Bartelt 2008, pp. 34, 156.
  22. Donald 1996, p. 22–24.
  23. Bartelt 2008, pp. 24, 104.
  24. Bartelt 2008, pp. 22–23, 77.
  25. Donald 1996, pp. 34, 116.
  26. Bartelt 2008, pp. 23, 83.
  27. Donald 1996, p. 26–27.
  28. White 2009, pp. 25, 31, 47.
  29. Bartelt 2008, p. 66.
  30. Bartelt 2008, pp. 10, 33.
  31. Donald 1996, p. 23.
  32. Donald 1996, p. 29.
  33. Madison 2014, p. 110.
  34. Donald 1996, pp. 29–31, 38–43.
  35. Donald 1996, pp. 30–33.
  36. Warren 2017, p. 134–135.
  37. Dellinger, Bob."Wrestling in the USA".National Wrestling Hall of Fame. Consultado o 16 de novembro do 2022. 
  38. Donald 1996, p. 41.
  39. 39,039,1Donald 1996, p. 36.
  40. Bartelt 2008, pp. 38–40.
  41. Bartelt 2008, p. 71.
  42. Oates 1974, pp. 15–17.
  43. Thomas 2008, pp. 23-53.
  44. Sandburg 1926, pp. 22–23;Donald 1996, p. 38.
  45. Ellenberg 2021.
  46. Gannett, Lewis (inverno de 2005).""Overwhelming Evidence" of a Lincoln-Ann Rutledge Romance?: Reexamining Rutledge Family Reminiscences".Journal of the Abraham Lincoln Association (Springfield, IL: The Abraham Lincoln Association). pp. 28–41. Arquivado dendeo orixinal o 3 de abril de 2017. 
  47. Donald 1996, pp. 55–58.
  48. Thomas 2008, pp. 56–57, 69–70.
  49. Donald 1996, p. 67.
  50. Donald 1996, pp. 80–86.
  51. Lamb & Swain 2008, p. 3.
  52. Sandburg 1926, pp. 46–51.
  53. Donald 1996, p. 93.
  54. Baker 1989, p. 142.
  55. White 2009, pp. 179–181, 476.
  56. Emerson, Jason (2012).Giant in the Shadows: The Life of Robert T. Lincoln. SIU Press. p. 420.ISBN 978-0-8093-3055-3. Consultado o 17 de novembro do 2022. 
  57. White 2009, p. 126.
  58. Baker 1989, p. 120.
  59. Hertz, Emanuel (1938).The Hidden Lincoln. The Viking Press. p. 105. 
  60. Shenk, Joshua Wolf (outubro de 2005). The Atlantic, ed."Lincoln's Great Depression". The Atlantic Monthly Group url-arquivo=https://web.archive.org/web/20111009044732/http://www.theatlantic.com/magazine/archive/2005/10/lincoln-apos-s-great-depression/4247/. Consultado o =20 de novembro do 2022. 
  61. Steers 2010, p. 341.
  62. Winkle 2001, pp. 86–95.
  63. Blazeski, Goran (15 de outubro de 2016)."Abraham Lincoln was the only President who was also a licensed bartender".The Vintage News. Consultado o 21 de novembro do 2022. 
  64. Lincoln, Abraham (1832). "The Improvement of Sangamon River". En Miller, Marion Mills.Life and Works of Abraham Lincoln Volume 3. Wildside Press.ISBN 978-1-4344-2497-6. WP article
  65. Winkle 2001, pp. 114–116.
  66. 66,066,1Stone, Zofia (2016).Abraham Lincoln: A Biography. Alpha Editions. p. 16.ISBN 978-9-3863-6727-3 – víaGoogle Books. 
  67. Donald 1996, pp. 53–55.
  68. White 2009, p. 59.
  69. Simon 1990, p. 283.
  70. Weik, Jesse William."Abraham Lincoln and Internal Improvements".Abraham Lincoln's Classroom.Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de febreiro de 2015. 
  71. Simon 1990, p. 130.
  72. Donald 1996, p. 134.
  73. Foner 2010, p. 17–19, 67.
  74. Donald 1996, p. 64.
  75. White 2009, pp. 71, 79, 108.
  76. Donald 1996, p. 17.
  77. Donald 1996, p. 222.
  78. Boritt & Pinsker 2002, pp. 137–153.
  79. Oates 1974, p. 79.
  80. "US Congressman Lincoln – Abraham Lincoln Historical Society". Abraham-lincoln-history.org. Arquivado dendeo orixinal o 15 de decembro de 2018. Consultado o 26 de marzo do 2023. 
  81. Harris 2007, p. 54;Foner 2010, p. 57.
  82. "LINCOLN, Abraham | US House of Representatives: History, Art & Archives".history.house.gov(eninglés). Consultado o2022-07-01. 
  83. Heidler & Heidler 2006, pp. 181–183.
  84. Holzer 2004, p. 63.
  85. Oates 1974, pp. 79–80.
  86. Graebner 1959, pp. 199–202.
  87. "Lincoln's Spot Resolutions". National Archives. Arquivado dendeo orixinal o 20 de setembro de 2011. Consultado o 22 de setembro do 2023. 
  88. Donald 1996, p. 128.
  89. Donald 1996, pp. 124–126.
  90. Donald 1996, p. 140.
  91. Arnold, Isaac Newton (1885). [Abraham Lincoln enGoogle Books.The Life of Abraham Lincoln]|url= incorrecto (Axuda)2. Chicago, IL: Janses, McClurg, & Company. p. 81. 
  92. Harris 2007, pp. 55–57.
  93. Donald 1996, p. 96.
  94. Donald 1996, pp. 105–106, 158.
  95. Donald 1996, pp. 142-143.
  96. McGinty, Brian (9 de febreiro 2015).Lincoln's Greatest Case: The River, the Bridge, and the Making of America. W. W. Norton & Company.ISBN 978-0-87140-785-6. 
  97. "Abraham Lincoln's Patent Model: Improvement for Buoying Vessels Over Shoals". Smithsonian Institution. Arquivado dendeo orixinal o 25 de agoste de 2017. Consultado o 12 de marzo do 2024. 
  98. Richards 2015, p. 440.
  99. Donald 1996, pp. 155-156, 196-197.
  100. Library, Philosophical (9 de novembro de 2010).The Wisdom of Abraham Lincoln. Open Road Media.ISBN 978-1-4532-0281-4. 
  101. Donald 1996, pp. 150-151.
  102. 102,0102,1Donald 1996, pp. 150–151.
  103. Harrison 1935, pp. 280–286, 350–351.
  104. Harrison 1935.
  105. Mitgang, Herbert (10 de febreiro de 1989)."THE LAW; Lincoln as Lawyer: Transcript Tells Murder Story".The New York Times(eninglés).ISSN 0362-4331. Consultado o 17 de outubro do 2024. 
  106. White 2009, pp. 175-176.
  107. White 2009, pp. 182-185.
  108. White 2009, pp. 188–190.
  109. Thomas 2008, pp. 148-152.
  110. Graebner 1959, p. 255.
  111. 111,0111,1White 2009, pp. 203-205.
  112. White 2009, pp. 215-216.
  113. McGovern 2009, pp. 38-39.
  114. White 2009, pp. 203-204.
  115. White 2009, pp. 191-194.
  116. "Notice that Abraham Lincoln declines to serve in the General Assembly (1854)".Office of the Illinois Secretary of State. 
  117. Oates, Stephen (1977).With Malice Toward None: A Biography of Abraham Lincoln. pp. 118–120. 
  118. White 2009, pp. 205-208.
  119. White 2009, pp. 216–221.
  120. White 2009, pp. 224–228.
  121. White 2009, pp. 229–230.
  122. Foner 2010, pp. 84–88.
  123. Vishneski, John (1988). "What the court decided in Dred Scott v. Sandford".The American Journal of Legal History32 (4). pp. 373–390.JSTOR 845743.doi:10.2307/845743. 
  124. White 2009, pp. 236–238.
  125. Zarefsky 1993, pp. 69–110.
  126. Jaffa 2000, pp. 299–300.
  127. 127,0127,1White 2009, pp. 247–248.
  128. White 2009, pp. 247–250.
  129. White 2009, p. 251.
  130. Harris 2007, p. 98.
  131. White 2009, p. 258.
  132. Donald 1996, pp. 214–218;Burlingame 2008, vol. 1 pp. 487–488.
  133. Donald 1996;Burlingame 2008, vol. 1 pp. 501–504, 527–531.
  134. Carwardine 2003, pp. 89–90.
  135. White 2009, pp. 291–293.
  136. White 2009, pp. 307–308.
  137. Jaffa 2000, p. 473.
  138. Holzer 2004, pp. 108–111.
  139. Carwardine 2003, p. 97;Holzer 2004, p. 157.
  140. Donald 1996, p. 240.
  141. Donald 1996, p. 241.
  142. Donald 1996, p. 244.
  143. Donald 1996, pp. 244–245.
  144. McPherson, James (26 de setembro de 2024). "Lincoln, Abraham".American National Biography.doi:10.1093/anb/9780198606697.article.0400631. 
  145. Burlingame 2008, vol. 1 p. 625.
  146. Boritt & Pinsker 2002, pp. 10, 13, 18.
  147. Donald 1996, p. 253.
  148. Grinspan, Jon. "'Young men for war': the Wide Awakes and Lincoln's 1860 presidential campaign".Journal of American History96 (2). p. 377.JSTOR 25622297. 
  149. Murrin 2006, p. 464.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Abraham LincolnModificar a ligazón no Wikidata
AGalicitas posúe citas sobre:  Abraham Lincoln

Bibliografía

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Selo presidencial
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abraham_Lincoln&oldid=7263981»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2026 Movatter.jp