Era coñecido como oemigrante, tivo que fuxir de Damasco cando osabásidas derrotaron aos omeias e procurou refuxio enPalestina eSiria. A través deExipto chegou ao norte deÁfrica e despois de catro anos refuxiouse entre a tribo bérber dos Nazca (Mauritania) da cal proviña a súa nai. De aí pasa áPenínsula Ibérica, onde contaba cun certo número de partidarios e se sentía máis a salvo da persecución dos axentes ao servizo dos abásidas, que pretendían acabar con todos os membros da dinastía omeia.
Durante o seu reinado dedicouse a establecer un estado centralizado. Tivo que facer fronte a sublevacións e revoltas incluída a dalgúns membros da súa familia. Protexeu os artistas e poetas, e foi ele mesmo autor de poesías. Recibiu o alcume deO Xusto.
Tamén, baixo o seu reinado, iníciase a construción no ano785 daMesquita de Córdoba sobre a localización da Basílica visigoda de San Vicenzo Mártir, que foi construída noséculo VI. No mesmo terreo iníciase a edificación do oratorio ouharam no ano786.
Morreu após trinta e dous anos de reinado, deixando o trono ao seu fillo Hicham, en detrimento de Solimán e de Abd-Alláh, seus irmáns mais vellos.