Abadexo / Badexo Pollachius pollachius | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Pollachius pollachius | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Pollachius pollachius (Linnaeus, 1758) | |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Oabadexo,[2][3][4]badexo[2][5]badeixo,[6]Pollachius pollachius, é unpeixe osteíctio daorde dosgadiformes efamilia dosgádidos.[7][8]
A primeira descrición da especie foi feita porCarl von Linné en1758 na 10ª edición do seuSystema Naturae[9], data e obra que marcan o inicio dataxonomía enomenclatura zoolóxica modernas, baixo o nome deGadus pollachius.
Os exemplares novos (é dicir, os de tamaño pequeno ou mediano) denomínansecerretas[3]corbelos,[3]corobinas[10],curubelos,[3]paleotas[11],sarretas[3],serretas,[3]sarretos[12] ouzarretas.[3]
Ten un corpo alongado e esvelto que mide, habitualmente, entre 40 e 80 cm de lonxitude, se ben pode chegar aos 130 cm (dato rexistrado porSvetovidov).[6] Ten unha cor parda olivácea no dorso, que se vai facendo máis pálida nos flancos ata chegar á branca de prata brillante no ventre.[6] Está cuberto de pequenasescamas revestidas demucosidade.
Os ollos son grandes, de diámetro maior que a a unha vez e media da lonxitude do fociño. A mandíbula inferior é prominente (sobre todo nos adultos) e carece de barbelas no mento.[6] Os dentes son pequenos, agudos e subiguais, existindo en ambas as dúas mandíbulas e novómer; na mandíbula superior forman como unha carda e na inferior dispóñense en dúas filas dianteiras e unha a cada lado das ramas mandibulares. O bordo posterior do maxilar acaba na vertical que pasa polo bordo anterior do ollo.[Cómpre referencia]
A altitude máxima do seu corpo equivale á cuarta ou quinta parte da súa lonxitude e posúe o contorno transversal redondeado. As aberturas nasais están no terzo superior da lonxitude do rostro e a primeira, redonda e pequena, posúe no seu bordo posterior unha membrana que, rebatida, lle serve de opérculo; a posterior, oval e de maior tamaño, carece de membrana dérmica marxinal.
A primeira aleta dorsal orixínase un pouco antes da vertical que pasa pola abertura anal; é triangular e nos adultos está precedida por un suco. A segunda dorsal ten a base o dobre de longa que a primeira e a primeira aleta anal é a máis longa de todas. As aletas adoitan ser da cor do dorso corporal ou máis claras, semellantes ás manchas dos flancos ou manchadas de cor amarela. A liña lateral do corpo do abadexo destaca pola súa cor escura; nalgúns exemplares pode ser parda, violácea ou agrisada, separada sen transición da cor metálica dos flancos.
A primeiraaleta anal é longa, e ten a súa orixe debaixo da metade posterior da base da primeira das tresaletas dorsais. Aaleta caudal ten forma de media lúa.[6] Aliña lateral é negra e, por riba das aletas pectorais, cuérvase cara ao dorso.[6][13]
Os adultos adoitan posuír unha coloración máis uniforme que a dos novos, aínda que menos intensa e dunha tonalidade máis ocre; no seu dorso poden existir bandas de cor amarela, transversais á dirección dos raios.
Segundo Moreau, nos exemplares novos as dúas primeiras aletas dorsais son dun fondo azulado atravesado por dúas bandas alaranxadas, agás a terceira aleta, que só posúe unha; as anais son vermellas, co bordo pardento, e na axila das pectorais adoita existir unha mancha negra diminuta.
O abadexo pode ser facilmente confundido con outros membros moi próximos da familia dosbacallaus: ofogueiro ou burro (Melanogrammus aeglefinus), ou ofogoneiro ou carboeiro (Pollachius virens), pero existe unha serie de características que os diferencian. O fogueiro ten unha liña lateral recta de cor clara mentres que o abadexo posúe unha liña lateral escura, que se encontra curvada por riba da aleta pectoral. A mandíbula do carboeiro é bastante uniforme, mentres que o abadexo se caracteriza por presentar a mandíbula inferior saínte e sen barbelas no mento, características propias dos gádidos, e por presentar tres aletas dorsais e dúas anais; as aletas pectorais son pequenas, e as abdominais, que son diminutas, están preto da gorxa.
A súa área de distribución esténdese polo océanoAtlántico nororiental, desde as costas deIslandia eNoruega setentrional, polo norte, ata as costasnorteafricanas, polo sur.[14] Abunda fronte as costas deEscocia, e é das especies máis costeiras desta familia.
Aínda que o abadexo é un peixe que procede do Atlántico norte, estendeuse por toda a costa galega, sobre todo polas zonas daCoruña,Vigo ePontevedra. Atópase en abundancia sobre fondos de rocha aínda que non deixa de existir nos de area e noutros fondos chans de análoga natureza. Adoita verse preto da superficie cando hai bancos de peixes ós que persegue con insistencia.
A súa presenza en augas galegas foi citada por primeira vez porCornide en1788, comoGadus pollachius.[15]De Buen (1935) tamén o rexistra comoG. pollachius, así como Steindachner en Lozano y Rey (en 1960), que o observou na Coruña e Vigo, e o propio Lozano y Rey, tamén en 1960, na Coruña, Pontevedra e Vigo. Xa co nome actual,Pollachius pollachius, cítanos Lens (1978) en Ribeira; Fernándezel al. en Galicia (1978), e sobre fondos daplataforma continental desde o alfoz doMiño ata Fisterra (1979); Iglesias (1981), en polígonos debateas mexilloeiras naría de Arousa e Iglesias e González Gurriarán (1984) en polígonos de mexilloeiras naría de Pontevedra.[16]
Demersal ou de zonas intermedias, vive en augas costeiras, os máis novos (curubelos) máis preto da beiramar, ata os 200 m de profundidade.[6][13] Os individuos de gran tamaño viven en fondos altos, rochosos e abruptos en torno a illotes; os animais pequenos prefiren os fondos areosos, cerca do litoral. Conforme van crecendo, desprázanse a augas máis profundas, onde adoitan vivir cerca das rochas.
Os adultos so nadan encardumes na época da reprodución.[6]. Esta ocorre na primavera no sur deNoruega e no norte domar do Norte, ao oeste e sur dasillas Británicas e naPenínsula Ibérica, a profundidades de entre 100 e 200 m. Os ovos e as larvas son peláxicos; os ovos eclosionan á semana da desova, e as crías peláxicas permanecen preto da costa durante 2 ou 3 anos, a miúdo en cardumes semellantes aos dos fogueiros.[13]
A desova transcorre entrefebreiro emaio, cando a auga está a unha temperatura de 8 a 10 °C. Cada femia pon até catro millóns de ovos. Os ovos flotan cerca da superficie á deriva nas capas superiores do mar; as larvas e crías aliméntanse deplancto na proximidade das costas, crecen ata unha lonxitude duns cantos centímetros e adoptan unha dieta decamaróns,cangrexos e outroscrustáceos. Os abadexos novos fan migracións para estenderse por toda a costa.
Os abadexos adultos aliméntanse de peixes pequenos, comoespadíns,lanzóns,xardas,arenques esardiñas, que viven en augas de pouca profundidade, e de crustáceos peláxicos (camaróns ect).[13] Os exemplares máis pequenos acostuman alimentarse de crías debacallau, ás que acometen por sorpresa dende atrás. O seu método favorito de alimentarse é roldar, mirando cara a arriba entre as algas ou no medio de escollos, agardando nesta posición a que a marea lles traia o alimento, e raras veces descende ata o fondo para alimentarse de vermes, crustáceos emoluscos.
A súa carne é boa e fortemente coloreada, pero consérvase mal. As embarcacións comerciais pescan o abadexo convolantas (os grandes) etrasmallos (os corbelos), sendo tamén frecuente a pesca conliñas ecorricán.
Considérase unha excelente peza depesca deportiva, pois pode pescarse doadamente dende a beira con cana e liñas, e cando prende noanzol deféndese e nada buscando refuxio entre as rochas. Pola noite é facilmente atraído polas luces, feito aproveitado polos pescadores dexarda que o pescan por acometividade, con corricán.
Son unha parte importante daspesqueíras deInglaterra e oAtlántico norte onde se extrae como pesca adicional nas dobacallau e ofogueiro. As capturas anuais europeas son dunhas 15 000 t.[13]
A súa pesca está en perigo pola sobrepesca, tanto de adultos como de xuvenís. En Galicia, a venda total naslonxas ascendeu a 302 113 kg en2009.[17]
É un dos reis dacaldeirada, no seu punto xusto de cocción. Pódese preparar tamén á romana e grellado, formando parte adoito daszarzuelas de peixe. Clasifícase dentro dos peixes brancos, polo seu baixo contido engraxa.
Abadexo é voz de orixecastelá, de onde pasou ás demais linguas peninsulares e deu no portuguésbadejo, en galegoabadexo oubadexo, en asturianoabadexu e traducido ao catalán comocapellà (de todas formas haiu que facer notar que ocapellà catalán non é o mesmo peixe que o castelánabadejo, que é exclusivamente atlántico, senón o nome doutras especies de gádidos de menor tamaño, comoGadus luscus,G. minutus eG. capelanus Risso.[18] É un diminutivo deabad (abade, crego), e a súa relación semántica pódese explicar de dúas formas. A primeira, como variación docuradiño,[18] que significaba "bacallau seco" e era o nome que recibía o bacallau en tempos deCervantes, segundo consta noQuixote (I, 2): «A dita, acertou a ser venres aquel día, e non había en toda a venda senon unhas racións dun peixe que en Castela chaman abadexo, e na Andalucía bacallao, e noutras partes curadiño, e noutras troitela». A segunda posibilidade é que abadexo sexa unha evolución semiculta galego-luso-leonesa do baixo latínabbadagium, que era como se chamaba a contribución en especie que se pagaba aos abades e aos relixiosos. A primeira das dúas posibilidades é a que parece ter máis aceptación.
A primeira documentación da vozabadexo está noVocabulario do Humanista de Palmireno, de1569, onde figura como sinónimo demolva e está considerada palabra castelá (s.v.aselli). Ata a publicación do estudo sobre esta obra considerábase como primeira data de documentación a de1582, nunha obra desanta Tareixa. Pola definición de abadexo que fixo o naturalista malagueño García de la Leña vese que a súa información é libresca:Abadexo ou bacallao: peixe común, coñecido baixo de moitos nomes; algúns distínguennos e téñennos por peixes distintos, por ser menos grosos e máis parduscos que o bacallau, en ter a cabeza máis delgada e longa, e outras pequenas diferenzas. Linneo pono co nome latino de "Gadus pollachius". Viera e Clavijo identifican o abadexo coGadus pollachius de Linneo, e sinalan que "vulgarmente chamase tamén abade". A documentación da voz dende oséculo XVI é moi extensa, como consta noDiccionario Histórico.
A difusión actual da palabra é moi grande, ó ter correspondentes en todas as linguas peninsulares. Porén, na gran parte do litoral non é coñecida a especie ou o nome se aplica a outras especies. É voz común e xeral en todo oCantábrico e enGalicia, mentres que enAndalucía só se coñece na costagaditana.
NasCanarias recólleseabae como nome deste gádido, aínda que tamén designa en varios puntos aoSerranus alexandrinus, oSerranus cabrilla (cabriña) ou oSerranus guaza (cherna común). O–e final da palabra revela a súa orixe portuguesa, malia iso nesta lingua perdeuse e a denominación deste e outros gádidos ébadejo, que é un castelanismo.
En Galicia, xunto conbadexo e as súas diversas variantes de tipo fónico, tamén ten certa difusión o nomecerreta ouserreta para designar os abadexos novos, ó igual que en todo o Cantábrico. Trátase dunha voz derivada do galegocerro (pronunciadoserro nasRías Baixas, que significa "espiñazo" e que procede do latíncĭrrus, do mesmo significado.[19] Tamén en Galicia os abadexos novos reciben outro nome:curubelo, que se presenta en numerosas variantes comocorobelo,corubelo oucorbelo. A pesar de que algunhas destas formas podería facer cavilar que se trata dun derivado decorvo, non parece que sexa esta a orixe, senón que máis ben crese que é unha corrupción dunha forma antiga "curadelo", que é o equivalente galego do nome castelán sinalado por Cervantescuradiño, que designaba primeiro o peixe curado e máis tarde o peixe vivo.[20]
![]() | Commons ten máis contidos multimedia sobre: Abadexo |
![]() | Vexa a entrada doGalizionario acerca de Abadexo |
![]() | Wikispecies posúe unha páxina sobre: Abadexo |