Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

Abadía de Montecassino

Coord.:41°29′24″N13°48′50″L / 41.49,13.814
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para información sobre a batalla daSegunda Guerra Mundial, véxaseBatalla de Montecassino
Abadía de Montecassino
Cassino(pt)TraducirEditar o valor en Wikidata
 Estilo
 Instalacións
 Composto por
Persoas e organizacións
 Diocese
 Visitantes anuais
203500(2022)
115300(2021)
55510(2020)
278600(2019)
282200(2018)Editar o valor en Wikidata
 Cadro de persoal
0(2021)
4(2019)
25(2018)
7(2015)Editar o valor en Wikidata
Acceso
 Prezo de acceso
0Editar o valor en Wikidata
 Accesibilidade en cadeira de rodas
Datas e cronoloxía
 Fundación
530Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Superficie5 km², 5.000 m² e 1.000 m²Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Código postal
03043Editar o valor en Wikidata
 Enderezo
via Montecassino - Cassino
Via Montecassino 4, 03043 Cassino
Via Montecassino, CassinoEditar o valor en Wikidata
 Altitude
519 mEditar o valor en Wikidata
Patrimonio cultural
Ben cultural de Italia
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+39-0776-311529Editar o valor en Wikidata
 Correo
Redes
BNE: XX141510
Wikidata G:Commons C:Commons

AAbadía de Montecassino é unmosteiro no outeiro rochoso homónimo. É célebre por ser o lugar ondeBieito de Nursia estabeleceu o seu primeiromosteiro, a fonte daorde beneditina, sobre o ano529, e por ser o lugar de varias batallas cara ao final dasegunda guerra mundial.

Localización

[editar |editar a fonte]

Está localizado a uns 130 km ao sur deRoma, un quilómetro e medio ao oeste da cidade deCassino (aCasinum romana estivera no outeiro) e a 520 metros de altitude. Está encadrado no sur doLacio, rexión da calRoma é capital.

Orixe e historia

[editar |editar a fonte]

Como ocorría a miúdo cos primeiras instituciónscristiás, o mosteiro foi situado nunha antiga construción pagá, un templo de Apolo que coroaba o outeiro, rodeada por un muro fortificado por riba da pequena cidade de Cassino, aínda en gran parte pagá por aquel entón, e que fora asolada había pouco polosgodos. O primeiro que fixo Bieito foi esnaquizar a escultura de Apolo e destruír o altar. Volveu a dedicar o lugar aXoán o Bautista. Unha vez que se estableceu alí, Bieito xamais o abandonou. En Montecassino escribiu aRegra de San Bieito, a cal se converteu no principio fundador para a práctica monástica en occidente. En Montecassino recibiu a visita deTotila, rei dos ostrogodos, no ano580 (a única data histórica segura para Bieito), e alí morreu.

Montecassino converteuse nun modelo para futuros desenvolvementos. Desafortunadamente pola súa situación protexida foi sempre un importante lugar estratéxico. Foi saqueada ou destruída varias veces. No ano584 oslongobardos saquearon a abadía, e os monxes superviventes fuxiron a Roma, onde permaneceron durante máis dun século. Durante este tempo o corpo de San Bieito foi trasladado a Fleury, o actualSaint-Benoit-sur-Loire próxima aOrleáns, Francia. Un período florecente de Montecassino seguiu ao seu restablecemento no ano718, cando entre os monxes estivoCarlomán, fillo deCarlos Martel;Ratchis, antecesor do gran duque longobardo e reiAistolfo; ePaulo Diácono, o historiador dos longobardos. No ano744, unha doazón deXisulfo II de Benevento creou aTerra Sancti Benedicti (a terra do santo Bieito), as terras seculares de xurisdición da abadía, as cales estaban suxeitas ao abade e a ninguén máis agás o papa. Deste modo, o mosteiro converteuse na capital dun estado que comprendía unha rexión compacta e estratéxica entre o longobardoprincipado de Benevento e as cidades-estado gregas da costa, os ducados deNápoles,Gaeta eAmalfi, todos eles aparecidos como provincias (temas) de orixe bizantina. No ano883 ossarracenos saquearon e incendiaron a abadía. Entre os grandes historiadores que traballaron no mosteiro, neste período, estánErchemperto, autor daHistoria Langobardorum Beneventanorum a cal é unha crónica fundamental doMezzogiorno do século noveno.

Século XI

[editar |editar a fonte]

Foi reconstruída e acadou o cume da súa fama noséculo XI baixo o abade Desiderio (abade desde1058 ata1087), quen despois se convertería no PapaVítor III. O número de monxes ascendeu ata ao redor de 200, e a biblioteca, os manuscritos producidos noscriptorium e a escola de ilustradores de manuscritos, fixéronse famosos en todo Occidente. A escritura única do Benevento floreceu aquí durante o mandato do abade Desiderio. Os edificios do mosteiro foron reconstruídos nunha escala de gran magnificencia, traendo artistas desde Amalfi, Lombardía, e mesmo desde Constantinopla, para supervisar as variadas obras. A igrexa da abadía, reconstruída e decorada con sumo esplendor, foi consagrada no ano1071 polo PapaAlexandre II. Existe un relato da abadía nestas datas naChronica monasterii Cassinensis porLeón de Ostia eAmato de Montecassino que nos dá a mellor fonte dos primeirosnormandos no sur.

Catástrofe e pillaxe

[editar |editar a fonte]

Un terremoto danou a abadía no ano1349, e aínda que o lugar foi reconstruído, este feito marcou o comezo dun longo período de deterioración. En1321, o PapaXoán XXII fixo da igrexa de Montecassino unha catedral, e a independencia do mosteiro das intervencións episcopais, coidadosamente mantida, chegou ao seu final. No ano1505 o mosteiro foi unido ao de Santa Xustina de Padua.

O lugar foi saqueado polas tropas deNapoleón en1799 e desde a disolución dos mosteiros italianos no ano1866, Montecassino converteuse nunMonumento Nacional. Produciuse unha destrución final o15 de febreiro de1944 cando, durante ascatro batallas de Montcassino (desde xaneiro ata maio de1944), o edificio enteiro foi pulverizado nunha serie de asaltos aéreos. A abadía foi reconstruída despois da guerra, financiada polo Estado italiano. O PapaPaulo VI volveu a consagrala en 1964.

Arquivos

[editar |editar a fonte]

Os arquivos, ademais dun vasto número de documentos relacionados coa historia da abadía, conteñen uns 1400 insubstituíbeiscódices manuscritos, sobre todo históricos. Pola gran previsión do tenente Julius Schlegel (que era católico, un oficial nado en Viena) e a capitán Maximilian Becker (que era protestante e ambos, pertencentes áDivisión Panzer de Hermann Göring), estas obras, así como outras obras de arte que se atopaban alí, por exemplo obras deLeonardo da Vinci,Tiziano ouRafael, foron todas transferidas ao Vaticano ao comezo da batalla. En agradecemento, os monxes celebraron unhamisa especial.

Vista do Mosteiro reconstruído

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  Mosteiro do Monte Cassino

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Obtido de «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Abadía_de_Montecassino&oldid=6994125»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp