A súa configuración xeolóxica responde principalmente aos movementos tectónicos que modelaron unha sucesión de bloques elevados e afundidos. No interior levántanse, entre outras, as montañas da Curotiña (368 metros) e A Curota (498 metros), e o resto das formacións do Barbanza (656 metros), miradoiros naturais dende os que se obteñen unhas amplas vistas dasRías Baixas.
O clima local caracterízase polos persistentes ventos mariños do leste e sueste e a suavidade das temperaturas ao longo do ano (12,1 °C de media). As zonas de máis atractivo son oRío Pedras (onde están situadas as piscinas naturais) e a praia de Cabío-Lombiña. Tamén hai outras praias non tan coñecidas, como A Barca, Lombiña, Laxe e a Corna.
Algúns autores e historiadores afirman que os primeiros poboadores deste municipio foron osPraestamarcos, que vivían noscastros, moitos deles hoxe desaparecidos e outros aos que é imposible o acceso ben por estar en propiedades privadas, ou ben por estar aínda sen escavar. O nomePosmarcos, hoxe presente nunha das parroquias da Pobra, deriva do río Tambre, ou, mellor dito, da súa forma latinizadaTamǎra, cun prefixopraes- 'diante', e un sufixo-ko con valor xentilicio; significaba, logo, 'os de diante do Tambre'[2]. Durante aromanización de Galicia acondicionáronse os camiños tradicionais de paso. A calzada romanaPer Loca Marítima que unía esta zona coas localidades de Boiro e Porto do Son puido pasar pola ponte romana da Miserela.
Os séculos posteriores non tiveron un gran movemento de poboación. A poboación empezou a se asentar no interior, para evita-las incursiónsviquingas que se deron adoito durante Idade Media (s. V - s. XV).
Dende sempre a vida da vila estivo ligada ao mar. AProva do Dayán oudo Deán, así chamada na Idade Media, pertencía ao señorío eclesiástico, como indica o seu nome: o deán do arcebispado de Santiago exercía a xurisdición civil e criminal. O primeiro deán da Pobra foi Guillén Beltrán. Este personaxe gobernaba dende un castelo, incendiado e destruído polarevolta dos Irmandiños en 1467, do que hoxe non queda nada, agás o nome da parroquia (O Castelo ou O Santiago do Deán), tamén coñecida comoA Pobra do Deán.
Non lonxe existía outro núcleo de poboación sobre o que exercía dominio a familia Xunqueiras, familia así mesmo procedente doutra nobiliaria galega destacada: os Soutomaior. O primeiro intento de fusión de ámbolos dous núcleos (O Castelo e a vila do Caramiñal) foi en1822, pero non foi definitiva ata 1841[3]. O nome resultante foi a combinación dos dous nomes, actual Pobra do Caramiñal.
A diferenza entre O Castelo, onde residía a nobreza, e a vila do Caramiñal, onde residían os pescadores e agricultores, quedou reflectida no actual escudo da Pobra, dividido pola metade: a parte esquerda mostra unha embarcación navegando baixo dúas conchas devieira (mostra da dependencia deCompostela), que representa a parte da Pobra do Deán; na parte dereita móstrase un camiño que leva cara a dúas casas, das que xorde unha planta, a camariña, referencia da Pobra.
Durante oséculo XIX os industriais cataláns fomentaron a industriaconserveira na zona, ademais da creación de navíos e de emprego na zona.
O nomePobra vén dun derivado regresivo do verbopobrar(lat. POPULARE), modernopoboar. NaIdade Media existían as variantesPobla (a máis antiga),Pobra,PovraeProva, e posteriormente sufriu un proceso de castelanización, ata que a finais do século XX, a Comisión de Toponimia da Xunta de Galicia regularizou os nomes dos tres concellos galegos que portan este elemento comoPobra.[4]
En canto á segunda parte do nome, crese que o nomeCaramiñal provén da planta dacamariña[5] (Corema album), moi abundante antigamente en toda a zona e hoxe moi difícil de localizar; tamén dá nome a outra localidade galega,Camariñas.
Sen saír da vila hai que destaca-la igrexa de Santiago do Deán, a de maior interese arqueolóxico e arquitectónico. Nela fúndense os estilosrománico,gótico,barroco eneoclásico. Enriba da porta principal aparece unSantiago Peregrino e no tellado da súa fachada sitúanse unhas curiosas figuras de dous músicos (un home e unha muller). En liñas xerais podemos adscribir a totalidade do templo ao chamado Gótico Mariñeiro a ton coaIgrexa de San Martiño de Noia, aIgrexa de Santa Mariña Dozo enCambados e mesmo aBasílica de Santa María a Maior dePontevedra. Ao longo da historia de dita igrexa fóronse abrindo diferentes capelas nos seus muros, destacando a Capela da Transfiguración, a Capela do Carme, a capela da Soidade (que contén unha interesante talla en madeira da Virxe da Soidade), a capela de Xesús Nazareno (de grande arraigo na vila e máis aló das súas fronteiras), a capela da Concepción e a capela da Alba, de grande interese arquitectónico, artístico, estilístico e estético.
A igrexa de Santa María a Antiga do Caramiñal foi fundada no século XVI por Gómez Pérez das Mariñas e reformada nos séculos seguintes. Ten como partes máis antigas a bóveda e maila nave. No século XX engadíuselle unha nave lateral. Sobre o rosetón da súa fachada, un vello escudo de armas representa as máis nobres familias da comarca. Posúe un interesanteretablo barroco coroado pola imaxe de San Miguel Arcanxo matando ao demo.
A igrexa de Santa María do Xobre, situada a carón do IES Francisco Barreras Puente, é un monumento do século XVIII, agás a alta espadana, do XIX. Este último lugar de oración pertenceu anteriormente ao mosteiro de Misarela, do cal, do templo medieval nada perdura.
A igrexa de San Isidro de Posmarcos foi levantada no século XVII partindo dun primitivo templo románico do que pouco se conserva. Nela é curiosa a situación da espadana e da escaleira de acceso á mesma.
Suponse que os cruceiros teñen a súa orixe nunha orde relixiosa ditada poloPapa Sisto V en1587 para defende-las costas dos piratas e corsarios. Na Pobra do Caramiñal hai 27, e poden ser de dous tipos: cruceiros de vara ou de fuste que posúen chanzos, estrado, pedestal, fuste e capitel, e os cruceiros "de capela" ou "de Loreto" que son típicos da zona do Barbanza, entre os que resaltan:
Cruceiro de Moldes, no monte da Curota, mesmo á beira da estrada que une A Pobra e Ribeira. É un dos máis importantes da vila e dos que mellor se conservan. De tipo cruceiro-capela conserva unha imaxe da Virxe que aínda hoxe goza de gran fervor popular. Arredor deste cruceiro aínda hoxe se celebra a romaría da Virxe de Moldes, antigamente os quintos que ían ser chamados para a mariña, reuníanse nesta romaría que era unha especie de despedida.
Cruceiro de Xunqueiras, (1679) tamén de capela, consérvase a poucos metros da Torre do mesmo nome.
Cruceiro de Santa Cruz de Lesón (1595), en Lesón.
Cruceiro do Cristo do Pichón (1750), na praza do mesmo nome.
Cruceiro de San Lázaro (fins do século XVI), de grande antigüidade e gran valor artístico, visible no xardín da familia Castro Dios, á entrada da Pobra dendeBoiro.
Cruceiro da Mercé (fins do século XVI), foi propiedade do pazo-priorato da Mercé e atópase nun fermoso miradoiro natural.
Cruceiro do adro do Deán (1750).
Cruceiro da Ponte do Maño (1620) construído polosFranciscanos eremitas do Convento deSanto Antonio, aínda hoxe conserva un peto de ánimas do purgatorio, feito para recadar esmolas e contribuír a que as ánimas do purgatorio acaden a felicidade no ceo.
Dentro do núcleo urbano da Pobra do Caramiñal atópase a Casa Grande de Aguiar, hoxe residencia privada pechada ao público. A súa orixe está nunha edificación doséculo XVI que levantou a familia Romay, próxima átorre de Xunqueiras, pero a construción actual é doséculo XVIII e o nome de Aguiar vénlle por enlaces matrimoniais con esta liñaxe. Tamén se relacionaron os posuidores do conxunto co ilustre sociólogo doséculo XIXJoaquín Díaz de Rábago. Na fachada destaca un frontón no que se inclúe un dobre escudo nobiliario no que se repiten as aguias do apelido Aguiar.
A carón desta Casa de Aguiar áchase o pazo de Couto, construído en1717, segundo figura no portalón de entrada ao xardín que o rodea. Pertenceu dende a súa fundación ata a actualidade á familia Valderrama. Posúe unha fermosa fachada barroca cun alargado soportal e galería con balaustrada. Nun dos muros laterais resalta unha orixinal pedra de armas sostida por unha serea asociada á familia dos Mariño.
Tamén dentro do núcleo urbano, próxima á praia do Areal, consérvase o Pazo ouTorre de Bermúdez, unha orixinal casa nobre renacentista e plateresca doséculo XVI, deseñada por Rodrigo Gil de Ontañón e declarada Monumento Histórico-Artístico en 1976. En maio de 1987 rematou a súa restauración e inaugurouse comoCasa Museo Valle-Inclán, a cuxos antepasados pertenceu. Contén tamén a Casa de Cultura, con sala de exposicións, auditorio e biblioteca.
Sen se afastar moito da poboación, sobre un outeiro, álzanse as soberbias Torres de Xunqueiras, noXobre, que conservan o nome dos seus primeiros señores. Fernán Martín de Xunqueiras fora noséculo XIII o fundador desta liñaxe, que exerceu durante séculos o señorío sobre a vila do Caramiñal. Un descendente dos Xunqueiras casou coa filla do famoso políticoPaio Gómez de Soutomaior, embaixador deHenrique III ante o GranTamerlán de Hungría. O pazo pasou, para rematar, aos condes de Camarasa, quen o posuíron ata o seu alleamento a finais do século XIX. Accédese a el por unha longa avenida deplátanos orientais. O edificio foi levantado no século XV sobre a primitiva torre medieval e sufriu algunhas reformas en séculos posteriores. Na actualidade conserva un robusto corpo cunha sólida torre cara ao sur e, no lado oposto, un balcón esquinal, así como varias pedras de armas. En1981 a Torre de Xunqueiras foi declarada Monumento Histórico-Artístico.
Estatua de Valle-Inclán, obra de Gonzalo Sánchez Mendizábal.
Na enseada da Mercede (Posmarcos) quedan as ruínas do pazo do mesmo nome, no que o escritorValle-Inclán pasou algunhas tempadas. Nos seus arredores desenvólvese a imaxinaria acción dalgunhas das súas narracións deComedías bárbaras eRomance de lobos. Na capela, de estiloplateresco do século XVI, había unha imaxe da Virxe golpeando aodemo. A mediados dos anos oitenta sufriu un incendio e a imaxe desapareceu. No escudo do edificio aparecen, acuartelados pola cruz de Ribadeneira, varios emblemas das familias nobres da zona.
Finalmente, tamén está a Casa da Cadea, na rúa da Ponte, que antigamente foi un cárcere xurisdicional do vizconde de Xunqueiras; e a Casa gótica do Patín, na rúa da Feira, cunha arquitectura tradicional con corredor cuberto compartido por dúas vivendas veciñas.
A zona montañosa da Pobra do Caramiñal destaca polo seu desnivel, xa que, en menos de cinco quilómetros aproximadamente baixa dende zonas altas, de 656 metros, como o Barbanza e zonas máis baixas coma os Forcados (618 m), deica case o nivel do mar. Na Curota hai dous miradoiros dende os que se pode ver unha ampla paisaxe.
Ademais hai uns parques de enerxía eólica que se poden ver ben dende O Maño.
Dende a parte superior descenden varios ríos ou regatos, entre os que destacan o San Antonio, que vén dende a Curotiña; o Pedras, que nace nesta parte da serra e remata na Barbanza; e o Lérez, que nace preto deste pobo, en Boiro.
A vexetación foi afectada por diversos incendios nos últimos anos, estando constituída principalmente poreucaliptos epiñeiros.
A praia de Cabío, mellor denominada praia daLombiña, está situada ao sur da Pobra do Caramiñal. Ten unha lonxitude duns 400 metros e unha largura entre 10 e 40 metros de area branca, fina e branda. Está delimitada pola banda sur polas pedras da Furniña, que a separan da praia da Illa; e pola outra polos Aguillóns que a unen á praia da Barca, onde se atopa o cámping. Posúe a bandeira azul dende hai moito tempo.
As piscinas naturais son unha das paisaxes características da Pobra. Sitúanse enSanta Cruz, na parroquia deLesón. Conta a lenda que as piscinas naceron porque san Mauro chegou ao nacemento das piscinas nunha barca de pedra (identificada cunha pedra que hai no bordo das piscinas) perseguido polos mouros. O santo ía remontando o río, asemade que o ía enchendo de cantos rodados para obstaculiza-lo paso dos seus inimigos.
Hai moitas piscinas, cada unha diferente. Nunha delas atópaseO Demo, unha pedra a máis de 8 metros de altura que vai dar a unha conca profunda, onde hai unha parede de pedra.
Tamén se poden atopar antigos muíños de auga abandonados. A carón da ponte medieval atópase o antigo convento da Miserela, do que só se conservan a parte baixa dos muros e o sistema de canalización de auga do cal se abastecían os frades. Por acordos cos señores de Xunqueiras e Goiáns, construíuse omosteiro de Santo Antón do Xobre (hoxe só se conserva a pequena igrexa do Xobre) o cal obrigou aos monxes da Misarela a abandonar o conxunto á beira do río Pedras para estar preto do mar, desta forma favoreceríanse os privilexios dos señores de Xunqueiras, benfeitores da construción de dito convento.
A este convento da Misarela, xa abandonado daquela, referíase Frei Martín Sarmiento na súaViaje a Galicia en 1745 deste xeito:
Vi las ruinas y se ve aún la iglesia y la corta habitación, pero todo yermo. Y apenas se puede tener uno en pie en aquel paraje, tanta es la cortedad del terreno que admira como allí podían vivir racionales... A la orilla del río [Barbanza] se ve una piedra que llaman 'el Barco' y dicen que en él vino San Juan y otras patrañas semejantes.
É unha festa que se celebra na terceira semana de agosto na parroquia da Pobra do Caramiñal en honor da patroa dos mariñeiros, aVirxe do Carmedos Pincheiros. Na procesión da Virxe chama a atención un desfile de xigantes e cabezudos. Esta procesión non é marítima senón terrestre dado que os Pincheiros son os mariñeiros de baixura. A ofrenda floral realízase ao pé da Lonxa, no pantalán da praia do Areal.
Os xigantes e cabezudos son unha serie de marionetas xigantes e disfraces deDisney que levan un grupo de rapaces pola vila. Cada certo tempo, os cabezudos e xigantes paran nun espazo amplo e dedican un baile ós cidadáns do pobo.
O sábado das festas do Carme celébrase unha festa da auga denominadaSanxuerguíns. Mentres avanzan os participantes, os habitantes das casas van botándolles auga e a festa remata con aqueles lanzándose ao mar, a unha fonte etc.
As festas do Nazareno, declaradas festas de interese turístico nacional, celébranse o terceiro domingo de setembro. Dentro destas festas celébrase aprocesión das mortallas[1], documentada xa no século XV. As orixes remóntanse a unha ofrenda do que daquela era o rexedor da vila, que sandou dunha grave enfermidade na véspera da procesión. Dende entón a ofrenda é realizada por persoas que estiveron en perigo de morte, como agradecemento á intercesión de Xesús o Nazareno. Os oferentes, que levan cirios e van vestidos de nazarenos, son acompañados por amigos e por familiares que conducen un ataúde. Considérase a festa de máis importancia dentro do núcleo da Pobra do Caramiñal. A imaxe venérase na Igrexa Parroquial de Santiago do Deán.
Celébrase no mes de xullo na parroquia do Deán, cunha procesión marítima na que se pasean pola ría a imaxe daVirxe do Carme e oApóstolo en barcos especialmente engalanados para a ocasión.
Agastronomía da Pobra é ampla, cunha gran variedade de cárnicos condenominación de orixe galega así como tamén demarisco epeixe daría. Existen diversos restaurantes e cafés espallados pola vila, amais dunha praza de abastos que fornece de produtos frescos.
Ademais das posibilidades de practicar diversosdeportes náuticos (remo, vela etc.), existen outras opcións relacionadas coa montaña: sendeirismo polas rutas da Curota e Curotiña, ciclismo de montaña ou, simplemente, a acampada ao aire libre na praia de Cabío.
As praias do municipio son un atractivo na época estival. As praias de Lombiña, Cabío e Illa de Laxe mereceron aBandeira Azul no ano2005.
O club de remo Puebla foi fundado no ano1979 por un grupo de persoas da localidade coa colaboración deCarmela Arias Díaz de Rábago, que patrocinou a compra da primeiratraiñeira, á que se lle deu o nome deCarmela.
Foi fundado en1973. Durante os anos 1973-1982 o Club disputaba os seus partidos no Campo do Xobre, e a partir do ano1982 pasou aoEstadio da Alta, en Cabío.
Ai, la villa de la Puebla,/ que bonita vas a ser/ pola carreteira nova/ e o muelle que che han facer[6].
Campiniño, Campiniño,/ ben te podes alabar,/ tes tres tabernas ó lado/ e bailes na sociedá[7].
Marroguentos de Palmeira,/ pelados son os da Vila,/ para cantar e beilar/ as mozas de Santa Uxía[8].
Na Arousa non hai mozas,/ en Boiro todas son vellas;/ vivan as de Santo Isidro/ que n’hai mozas como elas[9].
Na capital de Lesón/ provincia de San Amaro/ atoparon unha mina/ de arandelas con furados./ Falar baixiño/ falar baixiño/ que nos poden escoitar/ e se nos oen/ e se nos oen/ son capaz de nos berrar[10].
No Castelo hai boas mozas,/ no Caramiñal pardelas,/ non Maño son pequeniñas,/ no Campiño a frol delas[11].
Os do Maño son sapiños,/ os de Palmeira forzudos,/ os de Santa Uxía tolos/ e os de Carreira son mulos[12].
Os do Palmeira son tolos/ que o dixeron os da Puebla,/ repinican as campanas/ para matar a colebra[13].
↑A finais do século XX, cando o topónimo estaba castelanizado, propuxéronse como alternativas, segundo o modelo das formas portuguesas, as formasPóboa ouPóvoa que aínda seguen a ter un certo uso aínda que non teñen carácter oficial.
↑Bascuas, Edelmiro (2006).Hidronimia y léxico de origen paleuropeo en Galicia. Ediciós do Castro, Sada.
↑Rodríguez Santamaría, Xoán Pastor (2013).A Pobra do Caramiñal. Cronoloxía histórica. Concello da Pobra do Caramiñal.
↑Boullón Agrelo, Ana Isabel (1991): “Ó redor do topónimoPobra: estado da cuestión e novos datos”,Cadernos de Lingua 3, pp. 15-24.
↑Recollida enPalmeira (Ribeira), aínda que este lugar do Campiño pertenza á parroquia estremeira doXobre, do concello da Pobra. Fermín Bouza-Brey 1929, 202. No orixinal:ven,tés,ô lado.
↑Fermín Bouza-Brey: "Archivo filolóxico e etnográfico de Galiza", enNós nº 45, 15.09.1927.Marroguentos ten sentido despectivo describindo a aquel desprezable como as tripas de polbo. "Os da Vila" dise en Ribeira dos veciños da Pobra do Caramiñal.
↑Fermín Bouza Brey 1929, 170. No orixinal:n-hai.Santo Isidro de Posmarcos é unha parroquia de Pobra de Caramiñal.