Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

A Perfect Circle

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Logo da banda
OrixeOs Ánxeles,California,Estados Unidos de AméricaEstados Unidos
Período1999 -2004
2010 - presente
Xénero(s)rock alternativo
Selo(s) discográfico(s)Virgin Records
MembrosMaynard James Keenan
Billy Howerdel
Matt McJunkins
Jeff Friedl
James Iha
Antigos membrosTroy Van Leeuwen
Danny Lohner
Paz Lenchantin
Tim Alexander
James Iha
Jeordie White
Josh Freese
Na rede
http://www.aperfectcircle.com/
IMDB: nm3085965Facebook: aperfectcircleTwitter: aperfectcircleInstagram: aperfectcircleMySpace: the1hollowYoutube: UC0UUsQjUpLtlG6dF60DQeIQSouncloud: a-perfect-circle-officialSpotify: 4DFhHyjvGYa9wxdHUjtDkciTunes: 652503Last fm: A+Perfect+CircleMusicbrainz: 078a9376-3c04-4280-b7d7-b20e158f345dSongkick: 549892Discogs: 242802Allmusic: mn0000479149Deezer: 702Genius: A-perfect-circleEditar o valor en Wikidata

A Perfect Circle (a miúdo tamén escrito comoAPC) é unsupergrupo derock formado nosÁnxeles (California) durante o ano1999 polo guitarristaBilly Howerdel e o vocalista deToolMaynard James Keenan. A súa primeira formación tamén incluía aPaz Lenchantin no baixo, aTroy Van Leeuwen na guitarra e aTim Alexander ábatería. A banda entrou nun período de hiato no ano2004 cando contaba conJames Iha (guitarra),Jeordie White (baixo) eJosh Freese (batería) nas súas filas ademais dos dous fundadores do grupo.

A Perfect Circle ten publicados tres álbums:Mer de Noms,Thirteenth Step eeMOTIVe. Tamén editou o CD-DVDaMOTION, que contén 13 vídeos musicais e remesturas de temas creados porDanny Lohner,Robert Del Naja e outros artistas.

Dende o parón do grupo en2004 os seus membros veñen participando doutros proxectos. Os máis destacables foron o traballo de Keenan no álbum deTool10,000 Days, lanzado en2006, e o de Howerdel fundando o grupoAshes Divide.

Nunha entrevista a finais do2008 Keenan anunciou que Howerdel máis el estaban traballando en novo material[1]. Porén, a banda non volvería realmente á actividade ata setembro do ano2010, cando se anunciou unha xira e a edición de novas composicións, aínda que dende entón o grupo non lanzase ningunha gravación de estudio.

O19 de novembro de2013 a banda publicou un álbum de grandes éxitos tituladoThree Sixty, que conterá unha nova canción, "By and Down", e o 23 dese mes editarou unbox set chamadoA Perfect Circle Live: Featuring Stone and Echo.[2] Mentres o grupo continua traballando en material novo dende o seu regreso, hai poucos detalles sobre o seu calandario ou formas de edición.

Biografía

[editar |editar a fonte]

Orixes

[editar |editar a fonte]

A Perfect Circle tomou forma a finais da década dos 90 candoBilly Howerdel, músico de estudio e técnico de guitarras (que traballara conTool,The Smashing Pumpkins,Nine Inch Nails eFishbone), gravoudemos de cancións incompletas co fin de reunir a persoas interesadas no seu traballo para completalo.

El atopou á baixista/violinistaPaz Lenchantin, que facía música para películas e series de ciencia ficción (X-Files, por exemplo), e que xa tocara nalgunhas bandas, entre elasThe Martinis, banda do ex-PixiesJoey Santiago.

Máis tarde,Maynard James Keenan, vocalista deTool, amosouse moi interesado polo traballo de Howerdel, ao que coñecera durante as sesións de gravación doAenima deTool. Pero Howerdel abstívose nun principio, xa que Maynard estaba comprometido coa súa banda e Billy dicía que quería unha vocalista feminina para as súas composicións. El realmente non quería que a súa banda soase comoTool. Pero comoTool estaba parado debido a un problema contractual coa súa discográfica, Maynard xuntouse a Howerdel e Paz.

Danny Lohner, baixista deNine Inch Nails, uniríase ao grupo como guitarrista, e a partir dese intre comezarían a xuntar as pezas do traballo de Howerdel. Pero Lohner non tiña tempo para ser un membro activo no grupo, e cedeu o seu posto aTroy Van Leeuwen, guitarrista de Failure. Tim Alexander (ex-Primus) colaborou como batería nos ensaios, pero só cando Josh Freese (ex-Vandals, Devo e Guns 'n' Roses) non podía estar presente. O grupo asumiu o nome deA Perfect Circle, tocando sets de 7 ou 5 cancións nalgúns concertos benéficos.

Mer de Noms

[editar |editar a fonte]

Coa formación estabilizada, A Perfect Circle comezou o proceso de gravación deMer de Noms, lanzado en2000 pola Virgin Records. Durante a gravación e despois do lanzamento oficial do álbum, a banda tocou de abreconcertos en varios concertos deNine Inch Nails.

ConMer de Noms lanzado, a banda foi conseguindo notoriedade, mesmo coas acusacións de satanismo/ateísmo das súas letras, a súa populariedade medraba en cada presentación, tocando en programas de TV coma oTonight Show de Jay Leno, oLate Show deDavid Letterman e o programa de Craig Killborn. A banda non se pronunciaba directamente sobre se tiña unha ideoloxía satanista nas súas letras, e cando foi preguntado sobre o tema "Judith", Maynard só diría: "É unha canción sobre fe cega. Non é exactamente para o deus cristián, e si para calquera tipo de deus."

Rematadas as datas axendadas, A Perfect Circle atópase parado e os seus membros parten para outros proxectos: Maynard volta aTool para gravarLateralus;Billy Howerdel fai algunhas presentacións como convidado e produtor/técnico de son de Abandoned Pools, mentres grava algún material só;Troy Van Leeuwen monta The Enemy (onde é o compositor principal), e vai de xira conQueens of the Stone Age como músico de apoio;Josh Freese lanza o seu disco tituladoThe Notorious One Man Orgy, onde gravou a maioría dos instrumentos; ePaz Lenchantin lanza de maneira independenteYellow my Sky Captain, un recompilatorio de cancións que compuxera dende a adolescencia, e participa en proxectos como a banda do seu irmán (Big Milk), Camerata Tango, Firecrasher (conMelissa auf Der Maur), e ao final, na nova banda deBilly Corgan:Zwan.

Despois dun longo período ocioso, A Perfect Circle decide volver ao estudio en2003 para rematar as cancións que comezaraBilly Howerdel. Pero a banda deixaría de contar conPaz Lenchantin, que ingresara enZwan sen dar máis explicacións aos antigos compañeiros de banda. Billy e Maynard recrutan entón aJeordie White, máis coñecido como Twiggy Ramirez (baixista e compositor deMarilyn Manson). En medio desta confusión,Troy Van Leeuwen tampouco pode contribuír efectivamente con A Perfect Circle, sendo ocasionalmente substituído polo seu antecesor,Danny Lohner.

Thirteenth Step eeMOTIVe

[editar |editar a fonte]

O segundo e esperadísimo disco de A Perfect Circle, que recibiu o título deThirteenth Step, apareceu na metade de2003. Despois do lanzamento do álbum,James Iha, antigo membro deThe Smashing Pumpkins, converteuse no novo guitarrista da banda. Nese mesmo ano, o grupo participou no festivalLollapalooza ao lado de bandas comaAudioslave,Queens of the Stone Age eJane's Addiction.

En2004 A Perfect Circle decidiu participar na loita contra a reelección do presidenteGeorge W. Bush nosEstados Unidos. A banda lanzoueMOTIVe, que é basicamente unha protesta en forma de disco conceptual. O tracklist do álbum contén poucas cancións inéditas, como "Passive" (a versión final de "Vacant", que a banda tocaba na xira deMer de Noms) e "Counting Bodies Like Sheep to the Rhythm of Our Drums" (esta basicamente é unha versión sampleada de "Pet", do disco anterior). De entre as versións, destacan a de "Imagine", deJohn Lennon, e "What's So Funny About Peace, Love And Understanding" deElvis Costello. ConeMOTIVe, A Perfect Circle distánciase dos seus sons máis pesados, engadindo elementos electrónicos que contribúen no lado máis lúgubre da banda. Dúas semanas despois do lanzamento deeMOTIVe, a banda presentou o DVDaMOTION, que contén todos os videoclips do grupo, acompañado dun CD de son con mesturas.

Hiato

[editar |editar a fonte]
Howerdel ao vivo conAshes Divide

A banda permaneceu inactiva despois de tocar o seu último concero o13 de xuño do2004 enDenver, Colorado. Keenan centrou o seu traballo no seguinte álbum deTool,10,000 Days, mentres que Howerdel iniciou un proxecto paralelo conJosh Freese, chamadoAshes Divide. O resto dos membros uníronse a distintos proxectos de xira e de gravación.[3][4] Ademais Keenan editou o seu primeiro álbum co seu proxectoPuscifer o30 de outubro do2007,V is for Vagina. O resto da banda tamén tomou diferentes camiños. Freese encargouse novamente da batería deNine Inch Nails. White volveu a reunirse conMarilyn Manson na guitarra co seu seudónimo Twiggy Ramirez, e Iha comezou a traballar nun novo disco en solitario, despois de que houbese rumores sobre a posibilidade de que este se reunise novamente conThe Smashing Pumpkins no2007.

Regreso

[editar |editar a fonte]

O9 de decembro do2008 blabbermouth.net publicou que Keenan anunciara que el e Howerdel estiveran compoñendo novos temas para A Perfect Circle.[5] Porén, Keenan tamén dixo que a banda non tiña plans para facer unha xira ou gravar un novo álbum e a banda estivo oficialmente en hiato ata mediados de2010.[6] O punto de inflexión foi unha inesperada colaboración entre Keenan e Howerdel; Keenan tiña programado tocar unha versión de "Bohemian Rhapsody" conBrian May no mes de xuño naE3 2010, pero May tivo que cancelar a actuación a última hora.[7] Necesitando un guitarrista, e sabendo que Howerdel estaba na zona, Keenan falou con el e Howerdel tocou a guitarra na canción.[7] A pesar de ter pouco tempo para prepararse a actuación foi un éxito, e posteriormente ámbolos dous sentíronse máis obrigados a tocar xuntos novamente.[8]

O3 de agosto do2010 Howerdel puxo na súa conta de Twitter "The APC dust is shaking off!" (o po de APC estase sacudindo). Posteriormente,Josh Freese posteou vía Facebook "I'm happy to report that A Perfect Circle is waking up from it's 6 year slumber...and we're going to be 'doing stuff' soon" (estou contento de anunciar que A Perfect Circle está espertando do seu letargo de seis anos... e dirixímonos a facer cousas cedo). O Twitter oficial da banda posteou entón unha actualización dicindo "Go tell Aunt Rosie... The old grey goose is dead not" (vai dicirlle a tía Rosie... o vello ganso gris non está morto), con ligazóns as contas de Twitter deBilly Howerdel,Josh Freese, a banda deTroy Van Leeuwen Sweethead,Matt McJunkins,Danny Lohner,Paz Lenchantin eMaynard James Keenan. Untweet posterior tamén ligaba conJames Iha. Todos eles foran membros ou colaboradores da banda no pasado coa excepción de McJunkins, que fora membro de xira na outra banda de Howerdel,Ashes Divide, e do proxecto de KeenanPuscifer.

O13 de setembro a banda anunciou datas de xira nas cales tiñan a intención de tocar enteiros os seus tres álbums, tocando un disco cada noite. Tamén anunciaron que a banda estaría formada porMaynard James Keenan,Billy Howerdel,Josh Freese,Matt McJunkins eJames Iha.

O día27 de outubro a banda realizou a súa primeira aparición en televisión dende a súa reunión no programaJimmy Kimmel Live!, realizando un pequeno concerto. A interpretación de "Weak and Powerless" e "Imagine" serían emitidas[9]. O grupo tamén actuou enLast Call with Carson Daly o12 de novembro, con Keenan como un dos convidados do programa.

A Perfect Circle continuou xirando en2011. A finais de marzo anunciouse a través da súa páxina unha xira porNorteamérica con concertos en 24 cidades. A banda actuou no Rock on the Range Festival deColumbus, Ohio o 22 de maio[10], no Boonstock Music Festival deEdmonton,Alberta o 2 de xullo[11], no Edgefest deToronto o 9 de xullo, e no Bluesfest deOtava o 10 de xullo de 2011. Tamén tocaron no Kanrocksas Music Festival enKansas City o6 de agosto e noLollapalooza enChicago nese mesmo mes. Freese non estivo coa banda nesa xira debido a un conflito de datas conWeezer eJeff Friedl, batería deAshes Divide, ocupou o seu lugar.

Keenan e Howerdel continuaron facendo alusión á gravación de nocva música, pero seguiron dicindo que o proceso era lento, a loxística dos cartos e a dispoñibilidade facíano difícil, e que un álbum completo aínda era improbable, favorecendo o lanzamento de sinxelos no seu lugar. Só unha nova canción, "By and Down", foi interpretada nos concertos.[12] A finais de ano Keenan revelou que ningún material estaba lista para publicar, e que no2012 tanto el como Howerdel regresarían aos seus outros proxectos,Puscifer eAshes Divide.[13] A banda estivo inactiva no transcurso de 2012, realizando só un concerto en decembro.[14] Antes do concerto, no mes de outubro, Freese anunciou que deixaría a banda, sendo substituído por Friedl.[15][16]

Discografía

[editar |editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Mer de Noms2000Virgin Records
Thirteenth Step2003Virgin Records
eMOTIVe2003Virgin Records
Eat the Elephant2018BMG Rights Management

EPs

[editar |editar a fonte]
ÁlbumAnoSelo
Deep Cuts2009Virgin Records

DVDs e outros

[editar |editar a fonte]

Sinxelos

[editar |editar a fonte]

Membros

[editar |editar a fonte]

Membros actuais

[editar |editar a fonte]

Antigos membros

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. ["New Music From A Perfect Circle On The Way?".blabbermouth.net(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2013.  blabbermouth.net - New Music From A Perfect Circle On The Way?(eninglés)]
  2. "Rolling Stone - Maynard James Keenan Knows Where to Score a Good Wig". Arquivado dendeo orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 03 de outubro de 2013. 
  3. Blabbermouth (2005-01-25)."A PERFECT CIRCLE's JOSH FREESE Drumming For STING".BLABBERMOUTH.NET. Consultado o2019-12-30. 
  4. Archive-Jon-Wiederhorn."A Perfect Circle Prepare For Hibernation".MTV News(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 30 de novembro de 2020. Consultado o2019-12-30. 
  5. "New Music From A Perfect Circle On The Way?". Blabbermouth. Archived from the original on 11 de outubro de 2011. Consultado o 17 de setembro de 2018. 
  6. Blabbermouth (2010-06-18)."A PERFECT CIRCLE Is Coming Around Again".BLABBERMOUTH.NET. Consultado o2019-12-30. 
  7. 7,07,1"Maynard James Keenan: Going Postal".Revolver(eninglés). 2013-03-01. Consultado o2019-12-30. 
  8. "Maynard James Keenan, Billy Howerdel on A Perfect Circle's Return to a "Doomed" World".Revolver(eninglés). 2018-04-04. Consultado o2019-12-30. 
  9. ["A Perfect Circle Performs OnJimmy Kimmel Live!".blabbermouth.net(eninglés). Arquivado dendeo orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 15 de marzo de 2013.  blabbermouth.net - A Perfect Circle Performs OnJimmy Kimmel Live!(eninglés)]
  10. "Cartel do Rock on the Range Festival 2011". Arquivado dendeo orixinal o 15 de xullo de 2011. Consultado o 15 de xullo de 2011. 
  11. "Cartel do Boonstock Music Festival". Arquivado dendeo orixinal o 06 de xullo de 2011. Consultado o 06 de xullo de 2011. 
  12. "A Perfect Circle Unveils New Song, 'By & Down,' for Summer Tour".Billboard. Consultado o2019-12-30. 
  13. Wiederhorn, Jon."Maynard James Keenan Talks Puscifer, A Perfect Circle and the Latest on Tool".Loudwire(eninglés). Consultado o2019-12-30. 
  14. Blabbermouth (2012-09-10)."A PERFECT CIRCLE To Play One-Off Show In Las Vegas".BLABBERMOUTH.NET. Consultado o2019-12-30. 
  15. "Drummer Josh Freese Exits A Perfect Circle".Theprp.com(eninglés). 2012-10-02. Consultado o2019-12-30. 
  16. Blabbermouth (2012-10-02)."Drummer JOSH FREESE Quits A PERFECT CIRCLE".BLABBERMOUTH.NET. Consultado o2019-12-30. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Álbums de estudio
EPs
Box sets
Sinxelos
Artigos relacionados
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A_Perfect_Circle&oldid=6784006»
Categorías:
Categoría agochada:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp