| A Moureira | |
|---|---|
Rúa Xan Guillermo na Moureira de Arriba | |
| Concello | Pontevedra |
| Provincia | Pontevedra |
| Coordenadas | 42°25′47″N8°39′13″O / 42.429666666667,-8.6535833333333 |
| [ editar datos en Wikidata ] | |
A Moureira é o antigo barrio mariñeiro da cidade dePontevedra onde residía o Gremio de Mareantes á beira dorío Lérez, daría de Pontevedra e dorío Gafos. Hoxe está integrado no núcleo urbano.
O antigo arrabalde mariñeiro da Moureira estaba situado extra muros, entre avila amurallada e o litoral e estendíase en arco seguindo a liña de costa desde aponte do Burgo ata a desembocadura dorío Gafos.[1]
Na actualidade corresponde a amplas zonas urbanas ribeiregas do oeste da cidade como a Leira do Teucro[2][3] e os arredores das rúas Xan Guillermo, Fonte da Moureira, Campo do Boi,Benito Soto[4] e a prazaCornielles de Holanda, e a rúa da Barca máis ao norte; e as rúas Monteleón, Almirantes Matos, Juan Villaverde Barcala,Irmáns Nodales, San Roque de Abaixo, Ribeira dos Peiraos e as prazas do Campo da Torre e do Gremio de Mareantes máis ao sur.[5]
A Moureira formouse como arrabalde mariñeiro onde residía o Gremio de Mareantes da cidade. O nome procede demoira, do latínmuria, a salmoira,sale muria empregada na salgadura da sardiña, xa que o sal era un produto esencial para a conservación do peixe.[6] Durante a Idade Media e gran parte da Moderna, o porto de Pontevedra foi o máis importante dasRías Baixas. Nesa época a cidade tivo varios privilexios reais. En1229,Afonso VIII de León e Galicia outorgoulle un privilexio exclusivo para a elaboración e distribución de peixe en todo o reino, e en1238,Fernando III de Castela concedeulle a fabricación de graxa de saín.[7] En1452,Xoán II de Castela concedeu a Pontevedra o título deporto de carga e descarga de Galicia, situado nos tres grandes peiraos da Moureira de Arriba, onde se cargaban e descargaban as mercadorías deGalicia.[8][9][10] No século XV construíuse nos estaleiros de Pontevedra a carabelaSanta María, chamada a Galega, que levou en 1492 aCristovo Colón a descubrirAmérica.[11][12][13]
O barrio da Moureira tivo a súa maior importancia noséculo XVI, asociado á arte da salgadura e á exportación do peixe. O barrio acubillaba os equipamentos necesarios para o desenvolvemento das actividades marítimas e portuarias, así como as vivendas dos mariñeiros. Nese século o gran volume de pesca de sardiña que se obtiña daría de Pontevedra e a facilidade para o seu secado e salgadura no barrio fixeron que Pontevedra fose un dos portos máis activos e ricos daPenínsula Ibérica, no que recalaban barcos procedentes de toda Europa.[14][15][16][17][18] En1517 como símbolo deste esplendor da cidade empezouse a construír baixo o auspicio do Gremio de Mareantes abasílica de Santa María a Maior, sendo a súa portada unha das primeiras cousas que vían de Pontevedra os mariñeiros cando chegaban de faenar no mar.[19][20]
Dos peiraos da Moureira saían barcos para os enclaves comerciais máis importantes comoInglaterra ouFlandres e nas rúas da vila no século XVI, o ambiente urbano era marcadamente cosmopolita con cidadáns tan dispares como bretóns, flamengos ou portugueses.[21][22] En1557 unhas ordenanzas da Vila prohibían a residencia no barrio da Moureira a aqueles moradores que non realizasen unha función directamente relacionada co mar.[23]

En1835 aínda había 17 destes peiraos de pedra na Moureira.[6] A gran modificación da fachada litoral de Pontevedra, onde estaban os antigos peiraos da Moureira empezou en1900 facéndoos desaparecer[17][6] coa construción dun dique en1905[24] e recheos a partir de1910 desde aponte do Burgo áda Barca e logo ata a desembocadura dorío Gafos, xunto ao que se creou a nova dársena portuaria de Corvaceiras a inicios da década de1910 e a praza Gremio de Mareantes en terreos gañados á ría que ata entón non eran terra firme. Os recheos conduciron á urbanización da actual avenida das Corvaceiras na década de 1960 que terminaría por funcionar como unha vía de circunvalación da cidade á beira da ría e do río. A partir da explosión inmobiliaria dos anos 60 a maioría das casas tradicionais das Moureiras foron substituídas por edificios modernos.[24][25] En 1989 empezaron as obras para converter a ribeira nunha avenida de catro carrís[26] e na década de 1990 grandes edificios substituíron as poucas casiñas tradicionais que quedaban.
O antigo barrio da Moureira estaba divido en tres tramos correspondentes a tres Moureiras: a de Arriba, a da Barca e a de Abaixo.[22][21]
Narúa Xan Guillermo, a principal vía de comunicación da Moureira de Arriba coa cidade amurallada, quedan actualmente casas do século XVI con columnas de orde toscana.[4]
Napraza do Peirao na beira norte docentro histórico de Pontevedra no límite da Moureira de Arriba, estaba situado un dos peiraos máis importantes da cidade. Na actualidade a praza está rodeada de laranxeiras e ten unha fonte de pedra neoclásica no seu centro, realizada porAlejandro Sesmero en 1876, coroada pola deusa romana Fama.[28]

Na Moureira de Abaixo a rúa máis típica é arúa Juan Villaverde Barcala. Mantense case como hai dous séculos con casiñas típicas e conservando as escaleiras da rúa talladas na roca.[31]
No Campo da Torre, onde os mariñeiros traballaban e arranxaban e secaban os aparellos de pesca atópase dende 1900 apraza de touros de San Roque, e un pouco máis abaixo aCapela de San Roque que foi construída nunha zona moi próxima aos peiraos en honra a San Roque, protector contra a peste, para protexer aos veciños da cidade dos efectos mortais dos barcos que chegaban infectados. É de estilo neoclásico e no seu exterior incorporáronsecanzorros románicos.[32] Na rúa Irmáns Nodales estaban algúns dos almacéns de sal para conservar as sardiñas.Tamén na Moureira de Abaixo, na rúa Ribeira dos Peiraos atopábanse os peiraos situados na desembocadura dorío Gafos. Destaca na rúa o antigoHospital de San Lázaro do século XV con patín pechado e altas pilastras cuadrangulares. O edificio foi testemuña das distintas epidemias que sufriu Pontevedra ata o século XIX.[33][34]
Ospeiraos das Moureiras compoñíanse dunha escaleira central de pedra e dúas plataformas laterais que avanzaban cara á auga facilitando a carga e descarga dos barcos e cada un tiña nome propio. O barrio estaba formado por centenares de pequenas casas mariñeiras de varias modalidades, antigas residencias de pescadores, moitas compostas dos seus correspondentes peiraos e patíns, outras consobrado e outras rematadas en forma demitra, que no século XV recibían o nome de casas de outón. Apenas existían rúas na estrutura tradicional do barrio. O conxunto de camiños que comunicaban os peiraos, as vivendas e os campos estaba sen pavimentar. A ocupación do terreo era de modo non aliñado e disperso, excepto as rúas que enlazaban co camiño que rodeaba amuralla.[6]
Algúns nomes de rúas e ruelas actuais das Moureiras gardan relación coa arquitectura mariñeira do barrio, como a praza do Peirao, as rúas Xan Guillermo (propietario dun dos peiraos do Lérez), Sardiña, Irmáns Nodales, Almirantes Matos, Milano dos Mares ou Juan Villaverde Barcala (antigo presidente do Gremio de Mareantes).[4]
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A Moureira, Pontevedra |