A cidade érguese sobre un promontorio na entrada dunharía nun amplogolfo, oPortus Magnus Artabrorum dos xeógrafos clásicos. O centro da zona urbana espállase sobre unha península unida a terra firme por un estreitoistmo, no que presenta dúas fachadas marítimas distintas: a portuaria (cara áría da Coruña), de augas tranquilas, e outra de mar aberto, cara áenseada do Orzán, onde se atopan as praias urbanas deRiazor e oOrzán.
Unha das características máis notables que identifican A Coruña constitúena as múltiples e variadasgalerías ou miradoiros que presentan nas súas fachadas numerosas casas doséculo XIX. Estas déronlle á Coruña o sobrenome deCidade de Cristal.[4] Destacan tamén as súas numerosas praias e o medio rural, que ofrecen múltiples posibilidades de lecer.
O concello está formado por cinco parroquias: A Coruña,Elviña,Oza,San Cristovo das Viñas eVisma.[5] Estas catro últimas formaban o antigoconcello de Oza, que foi anexionado ao da Coruña en1912. Esta zona foi a principal zona de expansión da cidade dende metade do século XX, polo que numerosos núcleos de poboación pertencentes ás parroquías anexionadas foron absorbidos pola localidade da Coruña para os efectos denomenclátor.[6][7][8] As parroquias do concello aglutinan oficialmente un total de 54 entidades de poboación segundo o Nomenclátor daXunta de Galicia,[5] 45 segundo o doIGE.[9]
A Coruña esténdese a partir dunha península coa forma de T, de istmo chairo e suaves outeiros pouco escarpados.[10] Algúns destes outeiros fóronse integrando na cidade coa súa expansión a partir de1940, como os deMonte Alto, Santa Margarida, Eirís eA Zapateira. Outros foron convertidos en zonas verdes (Bens emonte de San Pedro). Gran parte da extensión portuaria e Os Cantóns son zonas gañadas ao mar. No territorio do concello existen algúns cursos fluviais, todos eles parcial ou totalmente canalizados e soterrados, dos que orío de Monelos é o máis sobranceiro.
A Coruña ten varios quilómetros de praias, sendo as máis coñecidas apraia de Riazor e apraia do Orzán, pola súa situación en pleno centro da cidade e bordeadas polo paseo marítimo. Esta localización convérteas nun grande atractivo para os turistas, sendo ademais punto de encontro de surfeiros boa parte do ano.
Cinco das praias da Coruña obtiveron o distintivo debandeira azul en 2019:[12]
A cidade ten un clima morno con verán seco e suave de tipo"Csb" na última actualización daClasificación climática de Köppen. Trátase dun clima de transición entre oclima oceánico de tipo"Cfb", que é o predominante en latitudes máis setentrionais do continente europeo, e o clima mediterráneo de tipo "Csa". A condición costeira da cidade impide que exista unha gran diferenza térmica entre as catro estacións do ano e entre as temperaturas máximas e mínimas do día. De feito, entre as temperaturas medias doinverno e as doverán hai unha diferenza de menos de 9 °C. Osinvernos son suaves e chuviosos con xeadas pouco frecuentes, e osveráns temperados, e hai precipitacións combinadas con tempadas de sol. Ten unhahumidade anual media arredor de 77%.
As temperaturas non adoitan superar os 30 °C nin baixar dos 0 °C, sendo as temperaturas históricas rexistradas na cidade: 39,6 °C de máxima o28 de agosto de1961, e -10,0 °C de temperatura mínima. As choivas son abundantes, cunhapluviometría media anual de 1014mm, sendonovembro o mes máis chuvioso cun rexistro medio de 138 mm.
Os días ventosos e de temporal son frecuentes nos meses de outono e inverno, rexistrándose fortes refachos de vento que poden superar os 100Km/h, e sendo de 160 Km/h o refacho máis forte rexistrado na cidade e que se produciu o16 de febreiro de1941.
Datos climáticos para A Coruña - 58m - (1981-2010)
A poboación da cidade era de 243 870 habitantes no2015 repartidos en 45 entidades de poboación, contando o núcleo urbano con 213 934 habitantes e constituíndo desta forma o maior núcleo de poboación de Galicia segundo oIGE. A poboación da súa comarca acadou nese ano os 396 728 habitantes, abarcando oito concellos lindeiros:Abegondo,Arteixo,Bergondo,Cambre,Carral,Culleredo,Oleiros eSada.[9]
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos doINE e doIGE poden non coincidir.)
Gráfica de evolución demográfica de A Coruña entre 1842 e 2023
Entre o censo de 1920 e o anterior, medra o termo do concello porque incorpora a 15502 (Oza - Partido da Coruña).[16]
O ritmo de crecemento de poboación observado dende comezos de século tende a descender no concello fundamentalmente por dous factores:
Descentralización residencial: estase a producir un continuo desprazamento das áreas de residencia cara aos concellos da área metropolitana, onde viven máis de 100.000 habitantes, motivado pola falta de solo e de vivenda que causa unha grande actividade especulativa. Unha situación como esta non favorece o establecemento de novas familias ou a emancipación dos mozos. Tamén a orientación da demanda cara ás vivendas unifamiliares baleira amplas zonas da cidade, especialmente o centro histórico —chamado Cidade Vella—, onde a poboación residente non chega ós 20 000 habitantes.
Crecemento vexetativo negativo: dende o ano 1991 na Coruña morren máis persoas das que nacen. O número de defuncións superaba en1991 nun 20% ao de nacementos. O ano 2008 foi o primeiro no que se rompeu esta tendencia, cun saldo vexetativo lixeiramente positivo (2.238 nacementos por 2.232 defuncións).
Censo total(2015)
243.870 habitantes
Menores de 15 anos
31.181 (12.79 %)
Entre 15 e 64 anos
155.464 (63.75 %)
Maiores de 65 anos
57.225 (23.46 %)
A pesar destes datos, a poboación semella volver a medrar. Isto é debido áinmigración, aínda que esta inmigración era nos anos oitenta e noventa doséculo XX de emigrantes retornados, profesionais e retirados, poboación madura polo tanto. A comezos do século XXI, a maior parte de inmigrantes é de xente nova deSuramérica sobre todo, sendo menor o valor dos procedentes dendeExtremo Oriente,África Subsahariana eEuropa oriental. Así, A Coruña conseguiu recuperar case toda a súa poboación, situándose no 2009 a só 897 habitantes (246 056) do seu récord de poboación (246 953 habitantes) acadado en1991.
A poboación da Coruña ten unha idade media de 45,9 anos e ten un índice de envellecemento (razón entre os maiores de 64 anos e os menores de 20) de 149,8, o segundo maior das sete cidades galegas despois deFerrol. Non obstante os dous datos están por debaixo da media de Galicia.[17]
A pesar de que case a metade da poboación da Coruña naceu no propio municipio (48,2% e 117 588 habitantes), hai unha porcentaxe importante de residentes nados noutras localidades daprovincia (22,2 % e 54 081 habitantes) e doutras provincias galegas (10,8 % e 26 363 habitantes). Unicamente o 8.2 % da poboación da Coruña naceu noutra comunidade autónoma, o que supón 19 992 habitantes, mentres que o 10,6 % restante da poboación naceu no estranxeiro. Son precisamente os cidadáns estranxeiros os que nos últimos anos fixeron aumentar o padrón da capital coruñesa. O efecto da inmigración afecta igualmente á súa área metropolitana, que viu como o censo de estranxeiros aumentaba nos últimos anos.[17] Porén, dende 2012 o número de habitantes nado no estranxeiro permanece estable: 25 609 en 2012, 26 059 en 2013 e 25 767 en 2014.[19]
En 2015 residían na cidade da Coruña un total de 25 846 estranxeiros, dos cales a meirande parte eran orixinarios deAmérica (cun total de 15 828 habitantes, principalmente deSuramérica e en especial deVenezuela e aArxentina) e por detrás outros cidadánseuropeos (7092 habitantes, principalmente cidadáns doutros países daUnión Europea, salientando os 1155 cidadánsbritánicos). Moi por detrás están os cidadánsafricanos (2044 habitantes, principalmente de nacionalidadesenegalesa, con 804 habitantes), osasiáticos (840 habitantes, case todoschineses —489 —) e finalmente os cidadáns deOceanía e os apátridas, que apenas xuntan entre os dous 42 habitantes.[17]
Tradicionalmente a cidade estaba formada por tres barrios, aCidade Vella (a cidade medieval), aPescaría[20] (a cidade do século XIX, tamén chamada Pescadería ou Peixaría[21][22]) e o núcleo agrícola de San Tomé ou Atochas. Había outros núcleos rurais e ademais a poboación comezara a asentarse na zona de Garás-Santa Lucía, por onde se creou oEnsanche (a cidade do século XX).[23]
Na década de 1950 a cidade ademais dos catro núcleos anteriores xa se vía dividida noutras áreas: o Orzán,Monte Alto, Riazor (coaCidade Xardín e a Cidade Escolar), as áreas urbanizadas arredor doparque de Santa Margarida (grupo de vivendas Juan Canalejo, Os Mallos) e Catro Camiños (Santa Lucía-A Falperra, A Coiramia-San Luís, A Palloza). A zona de Monelos, A Gaiteira, A Cubela eOs Castros (outeiros de Oza) comezaba a incorporarse ás áreas urbanas.[23] A partir deses anos estendeuse a zona urbana por barrios comoA Agra do Orzán,Labañou, a Sagrada Familia,[24]O Castrillón, Monte das Moas ou A Sardiñeira. Entre 1940 e 1990 tamén se crearon zonas planificadas como Durmideiras,[25] oBarrio das Flores, Matogrande, O Ventorrillo, o Polígono de Elviña, Zalaeta eAs Roseiras.[26][27]
A cidade estendeuse a partir da construción sobre a lingua de terra formada entre a illa onde hoxe se asenta aTorre de Hércules e o continente. A parte máis antiga, coñecida popularmente comoCidade Vella,Cidade Alta ouA Cidade, está edificada na parte meridional da península.O Centro eraA Pescaría, e nela asentábase ogremio dosmareantes oupescos.
A poboación recibe na alta Idade Media o nome de Faro, nome que non debe confundirse co de Burgo de Faro, que foi a poboación que noséculo XII chegou a ter certa importancia coa encomenda templaria e que comprende a extensión entreO Burgo eO Temple, cara ao concello deCulleredo.
En1208, orei galegoAfonso VIII refundaCrunia como porto de reguengo (de patrimonio real) (iuxta Turrim de Faro in loco qui dicitur Crunia) e a vila enceta un gran desenvolvemento mercante e pesqueiro. A cidade medra e esténdese polo tómbolo da península. Trala invasión castelá de 1483, osReis Católicos instalan nesta cidade aReal Audiencia do Reino de Galicia, abandonandoCompostela, para evitar así a intromisión arcebispal. A Coruña será tamén a sede do capitán xeneral. AXunta do Reino de Galicia consegue entre1522 e1529 queCarlos I lle conceda a Casa da Especiaría, o que lle permite distribuír en Europa as especias. O 24 de xullo de 1525 saíu do porto da Coruña aExpedición de García Jofre de Loaísa. Autorízase o comercio coasIndias Occidentais entre1529 e1575.
A partir de1764, coa instalación dos Reais Correos Marítimos a América, A Coruña adquire o pulo portuario e comercial definitivo. Créase o Consulado do Mar e restáurase a Torre de Hércules. En1804 creouse a Fábrica Nacional de Cigarros, berce do movemento obreiro e durante oséculo XIX fóronse instalando lentamente outras industrias (vidro, fundición, tecidos, gas, mistos etc.), aínda que foi o comercio marítimo e a emigración o que atraeu os investimentos cataláns, maragatos, belgas, franceses ou ingleses. OBanco de La Coruña fundouse en1857 e aCaja de Ahorros en1876. Tamén influíu no desenvolvemento económico a nova división provincial de1832, que reduciu o número de provincias de 7 a 4 e aumentou a actividade burocrática administrativa. Como consecuencia, A Coruña converteuse na capital rexional de facto.
O vicealmirante[29]Drake saqueou a cidade no1589.Mapa dabatalla de Elviña no1809.A Xunta Suprema do Reino de Galicia estableceuse na Capitanía Xeneral en 1808, sendo A Coruña a primeira cidade galega que se levantou contraNapoleón. Posteriormente, en 1820, os liberais coruñeses proclamaron nesta praza aConstitución de Cádiz, o que tivo repercusións enEuropa eAmérica. Desde a Capitanía Xeneral, ocupada por homes comoLacy eEspoz y Mina apoiáronse os distintos pronunciamentos progresistas que tiveron lugar durante o século XIX.
Desde1983 ata2006 foi alcaldeFrancisco Vázquez Vázquez, que acometeu unha renovación da súa fisionomía e a conversión nunha cidade de servizos, pero tamén contou con críticas pola súa falta de respecto á lingua galega e pola súa actuación urbanística. Nesta etapa construíronse opaseo marítimo, aCasa das Ciencias, aDomus ou oAquarium Finisterrae, entre outros. O20 de xaneiro de2006 o Consello de Ministros nomeou a Paco Vázquez embaixador noVaticano, co cal tivo que deixar o seu posto de alcalde. Despois da súa renuncia o novo alcalde foiJavier Losada.
No ano2008 celebrouse o 800 aniversario de refundación da Coruña porAfonso IX en1208 e o 200 aniversario dabatalla de Elviña, feito que marcou profundamente a vida dos coruñeses da época.
O termo municipal da Coruña é o pulmón dos sectores comercial e de servizos de toda a área metropolitana e a máis importante área nestes dous aspectos de todaGalicia e do noroestepeninsular.
Estes dous sectores representan máis das tres cuartas partes da totalidade da actividade económica do termo municipal. Os sectores daindustria e daconstrución incrementaron a súa participación económica na cidade nos últimos anos; non obstante a súa localización xeográfica radica principalmente nos municipios situados na área metropolitana.
Segundo o informe Ardán,[cando?] elaborado poloConsorcio da Zona Franca de Vigo,A Coruña é actualmente a comarca máis próspera deGalicia,[Cómpre referencia] e un dos seus motores económicos. O seuPIB empresarial é de 3.486 millóns de euros, representando máis do 33% do total deGalicia no ano2007. A cidade conta cun orzamento consolidado de máis de 370 millóns de euros anuais, a repartir entre os gastos do Concello e as súas dúas principais empresas, aCompañía de Aguas da Coruña (que dá servizo a gran parte da provincia) e aCompañía de Tranvías da Coruña, que ten a concesión dos autobuses urbanos e do tranvía da cidade.
A cidade converteuse en 2007 no meirande centro financeiro e de negocios deGalicia.[32] Sede das entidades financeirasBanco Pastor eCaixa Galicia, que trala fusión conCaixanova pasou a chamarseNovacaixagalicia. Na cidade atópanse sedes dalgunhas empresas importantes, como a cervexeiraEstrella Galicia, a empresa de telecomunicaciónsR, o diarioLa Voz de Galicia, a refinaría deRepsol YPF, a planta de aluminios deAlcoa ou a fábrica de armas deGeneral Dynamics (antigaSanta Bárbara). A cidade conta cunpazo de Congresos e outras institucións relacionadas como o Club Financeiro da Coruña. En 2008 inaugurouse o Recinto Feiral da Coruña, chamadoExpocoruña.
Nos seus límites locais, a cidade conta con douspolígonos industriais: o daGrela-Bens, o primeiro parque industrial en extensión de Galicia con máis de 600 empresas, e o dePocomaco-Vío, que dá servizo a unhas 400 empresas. Na área metropolitana están situados outros importantes polígonos, principalmente na zona suroeste (Arteixo eCulleredo), como o Polígono de Sabón, que alberga a sede central da multinacionalInditex e a central térmica de Sabón, entre outras industrias. Outros polígonos destacables da área metropolitana son os de Alvedro, Barcala, Meicende e Espírito Santo.
Os grandes motores industriais dentro dos límites municipais son a refinaría de petróleo deRepsol, inaugurada en1964, e ametalúrxica de aluminios.
A zona comercial tradicional está situada no barrio daPescadería (Zona Obelisco),[33] especialmente na rúa Real. Esta rúa peonil segue a ser un dos principais eixos comerciais e de lecer dos coruñeses.[34] Na mesma área existen outras arterias comerciais como as rúas deSanto André e do Orzán;[35] as rúas dos Olmos, Galera, Barreira e Franxa; a rúa Rego de Auga e a praza do Humor, centro do tradicionalbotellón coruñés e dedicada aos principais humoristas e escritores galegos. Destacan tamén as rúasJuan Flórez e Federico Tapia,[36] arredor dapraza de Lugo, agrupadas no Distrito Picasso.[37]
Outra zona comercial é a rúa Barcelona,[38] rúa peonil daAgra do Orzán, que é unha das rúas máis transitadas de Galicia.[39]
Por outra banda, a actividade comercial da cidade non se limita só á zona centro. A política de peonalización de diversas rúas da cidade deu un pulo definitivo a determinados barrios, xurdindo "subcentros" comerciais en zonas anteriormente máis abandonadas ou con menor vocación comercial. Por este motivo pódese dicir que A Coruña é unha cidade policéntrica, xa que a actividade comercial se acha espallada polos distintos barrios herculinos.
A zona dos arredores da praza deCatro Camiños ten tamén grande importancia comercial, xa que as primeiras grandes superficies comerciais da cidade se asentaron neste barrio a mediados dosanos 80.[41] O centro comercial, aberto en 1987,[42] foi o primeiro da cidade. En 1996 abriu o centro comercial Los Rosales.[43]
A principios do século XXI ampliouse o número de grandes centros comerciais coas inauguracións de Dolce Vita (2008)[44] eEspacio Coruña (2009)[45] En 2011 inaugurouseMarineda City, que foi o centro comercial maior deEspaña.[46] Porén, Dolce Vita pechou as súas portas en 2014.[47] No centro da cidade sitúase Los Cantones Village,[48] antes El Puerto Centro de Ocio,[49] que sufriu diferentes reformas.[50] Hai ademais outros centros máis pequenos como as galerías do barrio das Durmideiras, Torre Trébol, Torre dos Mestres, Catro Camiños, Ramón y Cajal ou as máis modernas do Bulevar do Papagayo.[51]
O turismo na Coruña foi en aumento nos últimos anos ata chegar a recibir 62 cruceiros ao ano. Un dos impulsores deste turismo é opaseo marítimo que bordea toda a cidade, de 13 quilómetros de lonxitude. Existe ademais un carril bicicleta que o percorre na maior parte do traxecto. Ademais, trátase dun paseo cultural, porque á súa beira situáronse varios museos da cidade como poden ser aDomus ou oAquarium Finisterrae. No paseo tamén podemos atopar oCastelo de Santo Antón, que contén o museo arqueolóxico, ou aTorre de Hércules.
Baía do Orzán vista desde o monte de San Pedro. Pódese observar a Torre de Hércules no extremo esquerdo da panorámica.
Hoteis
Categoría
#
Habitacións
Estrelas
1
92
10
3
5
9
Total
28
Fonte: turismocoruna.com
No ano2006 e por primeira vez na súa historia, a cifra de turistas duplicou a poboación da cidade, chegando ao medio millón de visitantes. En2010 o número de turistas superou o millón e medio.[53]
A cidade conta cunha ampla rede dehoteis, cadeas internacionais e negocios locais, que ofrecen entre ambos unha oferta hostaleira de máis de 3.500camas. A Coruña conta cun hotel de cinco estrelas, o Hotel Finisterre (cadea Hesperia), e con trece de catro estrelas: o Hotel AC A Coruña, Attica 21 Coruña, Sercotel Blue Coruña, Carrís Marineda, Eurostars Ciudad de A Coruña, Hesperia A Coruña, Husa Center, Meliá María Pita, NH Atlántico, Hotel Plaza, Hotel Riazor, Tryp Coruña e Zenit Coruña.
As autoridades da cidade teñen acudido a Feira Fitur para promocionar a cidade como destino turístico en recentes edicións. No ano 2024 reclamaron o papel dos propios coruñeses como valor da cidade.[54]
A zona de lecer nocturno por antonomasia na cidade é a doOrzán, preto dapraia homónima. A maioría de pubs e locais de lecer nocturno atópanse nas rúas do Socorro, Sol, Orzán e Corralón. Outro núcleo de lecer próximo está arredor da praza deJosé Sellier Loup e as rúas Picos e Vista.
A animaciónafterwork concéntrase nas rúas doensanche, entreJuan Flórez eJuana de Vega, así como en Matogrande. Paralelo árúa Real está o eixo formado polas rúas Estrela, Olmos, Galera, e Franxa, que xunto coa rúa da Barreira constitúe unha zona de restauración moi concorrida onde se sitúan as tascas e marisquerías máis típicas da cidade. A praza do Humor, dedicada aos principais humoristas e escritores galegos foi o primeiro centro dobotellón coruñés, práctica trasladada a partir do2008 aosXardíns de Méndez Núñez.
Tralo peche das principais discotecas, os locaisafter-hours sitúanse na zona de Juan Flórez.
Por vía terrestre, a rede deautoestradas eautovías norte-sur comunícana co resto deEspaña ePortugal, mentres que un conxunto de vías rápidas, que circunvala o perímetro da cidade e o seu primeiro anel industrial, culmina a comunicación por estrada.
A cidade está servida por tres arterias principais de acceso:
Aautoestrada AP-9, que conta con dous ramais, un que vai cara ao sur e conecta a cidade conSantiago,Pontevedra,Vigo ePortugal (mesmo itinerario que cobre aN-550), e outro ramal que se desvía en dirección norte e cruza as localidades deMiño ePontedeume para chegar aFerrol. A autoestrada entra na cidade a través daAvenida de Afonso Molina, que é o principal acceso da cidade e chegou a ter máis de 140 000 vehículos diarios.[55] Cos novos accesos, o tráfico reduciuse a 120 000 vehículos.[56]
Os aproximadamente 600 000 habitantes e as industrias que están dentro da zona de influencia das catro rías (A Coruña,Sada-Betanzos,Ares eFerrol) comunícanse por estrada nun tempo de 30 minutos.
Está en proxecto unhaestación intermodal a modo de intercambiador, que concentre ademais ós buses interurbanos e que contaría tamén cunha parada de metro lixeiro[57].
A vía marítima está fortemente consolidada nesta metrópole. O porto sufriu varias ampliacións e procesos de modernización e ademais construíuse un porto exterior no oeste da cidade, enpunta Langosteira, para aumentar a súa capacidade. O novo porto iniciou o seu funcionamento en 2012.[58] OPorto da Coruña, matrícula de provincia marítimaCO, é un dos motores económicos da cidade, con seis quilómetros de peiraos e preto dun millón de metros cadrados de superficie marítima e terrestre. Conta cun sector acondicionado para desembarcar graneis sólidos (carbón, coke) e contedores. É o segundo de España en canto a pesca fresca desembarcada, só despois do deVigo, con 43.108 toneladas no 2009. No ano2009 movéronse 1 460 316 toneladas de mercadorías no porto, o que supón un decrecemento total do -13,31% respecto o2008, o que o converte no segundo porto de mercadorías de Galicia, tras o de Vigo, con 3 073 507 toneladas, e seguido de preto por Ferrol-San Cibrao (562.555 toneladas).[59] Este tráfico está dividido en:
Graneis líquidos, con 6 820 497 toneladas no 2009. Destaca o crecemento en petróleo cru e o descenso en gasolinas, debido á forza da divisa europea que dificulta as exportacións no sector.
Graneis sólidos, con 3 215 589 toneladas no 2009 e centrado notrigo, omillo e ocarbón, con tendencia descendente.
Mercadorías xerais, con 1 460 316 toneladas no 2009.
Tráfico de contedores, no que oPorto da Coruña inaugurou recentemente unha nova liña co X-Pres Container, a sumar á existente tradicionalmente con OPDR. O notable incremento nas mercadorías xerais está a diversificar o traballo portuario, e proporciona máis opcións de crecemento.
Pesca fresca, con 43 108 000 kg.
Tráfico de cruceiros, con 53.574 pasaxeiros no 2009, nuns 60 cruceiros.
Recentemente comezou a construción doPorto Exterior da Coruña no concello limítrofe deArteixo, que ampliará enormemente as instalacións portuarias e as desprazará fóra da cidade.
A Coruña conta cun remodelado aeroporto, coñecido comoaeroporto de Alvedro código deIATALCG, situado a 10 km do centro da cidade, no concello deCulleredo. Conta cunha reducida pista de 1,9 quilómetros e un moderno sistema antinéboa, que entrou en servizo a comezos de2008. Durante os últimos anos foi o aeroporto galego que máis creceu, duplicándose o número de pasaxeiros en tres anos[60] e alcanzando durante2008 os 1 175 000 pasaxeiros, sendo o segundo aeroporto de Galicia que mellor soportou a crise aeroportuaria,[61] dando un balance positivo de crecemento no período2004-2008 dun 205 % por número de viaxeiros.[62]
A proximidade doaeroporto da Lavacolla (30 minutos por autoestrada) permite que poida ser tamén empregado como plataforma complementaria das comunicacións aéreas da Coruña, e viceversa. Actualmente está en obras para amplia-la pista que, con 1.900 metros, é a segunda máis curta dos aeroportos comerciais de España trala doaeroporto de Donostia.
Tranvía no paseo marítimo da Coruña.Tranvías.Bus urbano.
A estación de autobuses da Coruña dá servizo a preto de 25 000 pasaxeiros diarios. Unha media de 1.100 autocares operan cada día con destino a diferentes puntos deEuropa,España eGalicia.
A cidade tamén conta cunha gran rede de autobuses, a máis densa deEspaña, xa que ningún habitante se atopa a máis de 300 metros dunha parada. Conta con 24 liñas de autobús, explotadas polaCompañía de Tranvías da Coruña.[63] Os autobuses levanGPS, nas paradas máis importantes hai paneis onde se informa dos minutos que hai que agardar para o próximo bus, tamén consultable vía móbil.[64][65]
A recuperación dotranvía urbano circundando o extensopaseo marítimo da cidade, pretendeu crear unha infraestrutura ferroviaria básica para a consolidación dunha rede deMetro Lixeiro[66] a medio prazo, con 3 liñas proxectadas: Monte Alto-Universidade,Os Rosales-Praza de Pontevedra, e outra circular con dúas ramificacións —a actual do tranvía coa súa extensión e a liña Los Rosales/centro intermodal. O proxecto inicial foi trocado por un tranvía turístico que só operaba os meses do verán e que dende entón foi perdendo frecuencias e extensión para estar limitado ao percorrido dende as cocheiras de Monte Alto ata Riazor. O servizo foi suprimido en xullo de 2011.[67][68]
Cespa é a concesionaria da recollida do lixo e reciclaxe. O lixo recóllese en colectores separados: nun a parte orgánica (de cor verde) e noutro inorgánica (capa laranxa). A parte orgánica é tratada por Albada na planta de Nostián, onde se produce compost ebiogás para consumo da propia planta. Os refugallos do proceso de reciclaxe rematan no vertedoiro de Gestán enSobrado e na incineradora deSogama enCerceda. Hai tamén colectores para recollida selectiva de papel-cartón (cor azul) e vidro (cor verde). O concello ten puntos limpos en varios sitios da cidade (Eirís, A Grela, Pocomaco e Ronda Outeiro) onde os cidadáns poden achegar cascallos, mobles, plástico, pneumáticos, pilas e baterías, aceites usados, electrodomésticos ou restos de poda.[71]
Dende o ano 2009 a cidade ten un servizo público de alugamento de bicicletas. EMVSA e o concello poñen á disposición dos usuarios da tarxeta Millennium[72] o alugamento en diversos puntos da cidade.[73]
O concello está a colaborar na promoción e no uso do coche eléctrico, por diversos aparcadoiros da cidade hai tomas para a recarga de coches eléctricos.[74] No aeroporto de Alvedro é posible alugar coches eléctricos por un prezo de 15 euros diarios.[75]
O topónimo máis antigo, Brigantium, usado polos romanos a partir da denominación local, considérase xeralmente de orixecelta[76], onde se identifica un derivado da raízindoeuropea *bher- ‘levar’, ‘elevar’, ‘altura’[77] (véxase oirlandés antigobrí,galésbre,bretónbre,córnicobre, todos co significado de ‘outeiro’, e naslinguas xermánicasberg ‘monte’,burg ‘cidade’). Este topónimo relaciónase co substrato celta hispano -briga (Conimbriga,Mirobriga,Vollobriga,Nemetobriga)[78] e -bre, presente en topónimos galegos comoSillobre,Barallobre,O Grove etc.[79][80]
A Brigantium seguiuno Faro, topónimo procedente do senlleirofaro romano, que provén dolatínpharum e este do grego, con orixe no nome dailla de Pharos. Este novo topónimo debeu de comezar a rivalizar co prerromano de Brigantium pouco despois de erguer a torre e tras un tempo de convivencia rematou por substituílo.[80]
Gonzalo Navaza defende que otopónimoA Coruña naceu no século XIII. En1208 o rei deGalicia eLeónAfonso IX fixo concesión dunha carta foral á veciñanza deFaro, nome da vila, que substituíra anteriormente aBrigantium. Nesa época as motivacións dos reis para elixiren un novo topónimo debíanse a criterios augurais ou de prestixio. O topónimo aparece rexistrado na carta foral enlatín comoCrunia, aparentemente tomado daHistoria Turpini, o libroIV doCódice Calixtino.[80]
Porén,Fernando Cabeza Quiles defende que o topónimo podería vir dunha raíz indoeuropea *k-r 'pedra', 'rocha', en alusión ás características rochosas do contorno daTorre de Hércules, torre construída sobre unha pena ou unha rocha. Tampouco se pode desbotar a hipótese de que derive dun substantivo celta igual ou parecido ao de *clunia 'pradería', 'lugar húmido', 'fonte', topónimo similar ao francésCluny.[81]
O topónimo histórico e tradicional da cidade éA Cruña[82][83], sendo a forma aceptada e empregada polaReal Academia Galega no pasado.[84][85] A formaA Coruña, oficial e de uso habitual, é unha evoluciónepentética da forma A Cruña.[86]
En Galicia, no estado español e naUnión Europea a única denominación oficial é A Coruña, independentemente da lingua empregada.[87][88]
O21 de decembro de1989 oTribunal Constitucional ditaminou que a aprobación da alteración ou cambio de nome dos concellos é a típica competencia de execución en materia de réxime local que, conforme co marco constitucional de distribución de competencias, os Estatutos deGalicia e deCataluña atribúen ás súas respectivas Comunidades Autónomas. O2 de novembro de2004 o Concello da Coruña aprobou a cooficialidade da formaLa Coruña amparándose naLei de grandes cidades. No outono de2005 oTribunal Superior de Xustiza de Galicia declarou nulos estes acordos do concello sobre toponimia[89].
Finalmente, o Concello da Coruña decidiu adoptar o topónimo A Coruña para tódalas xestións e como nome oficial da cidade, abandonando así os seus intentos de conservar o topónimo encastelán[90].
AUniversidade da Coruña ten a súa sede e varios campus na Coruña (Elviña, A Zapateira, Riazor eOza), aínda que tamén enFerrol eOleiros (Bastiagueiro). Actualmente estudan na Universidade máis de 24.000 estudantes, cun aumento de matriculados do 6 % no curso2010/11.[93] Ademais, a Universidade oferta titulacións únicas enGalicia e mesmo na zona noroeste da Península, como son Podoloxía,Arquitectura, Arquitectura técnica,Socioloxía eCiencia Política e da Administración, Deseño Industrial, Enxeñaría Naval (Ferrol) ou Enxeñaría de Camiños, Canles e Portos.
Obelisco Millenium.Un dos atractivos turísticos da Coruña son as galerías.
O barrio da Mariña constitúe unha das zonas máis belas da Coruña, situado xunto aoporto. Nas fachadas das casas deste barrio sitúanse as famosasgalerías que lle deron renome mundial, ata tal punto que a cidade é coñecida como "A Cidade de Cristal".
Estas galerías, típicas dasRías Altas, empezáronse a construír a finais doséculo XVIII e principios doséculo XIX para protexer terrazas e balcóns dovento e da brisa mariña. Posúen detalles e adornos minuciosos, nos que predominan os contrastes de brancos, verdes e vermellos.
ATorre de Hércules é sen dúbida o monumento máis coñecido e visitado da cidade.[94] Situada nunha pequena península, ten unha altura de 55 metros e é o único faro de orixe romana en funcionamento no mundo.[95] Aínda que durante moito tempo considerouse que fora construída noséculo II durante a época deTraxano, escavacións máis recentes puxeron de manifesto que a súa construción puido realizarse moito antes, entre os mandatos deClaudio eDomiciano, ou mesmo no ano4 a.C. baixo o mandato deAugusto.[96][97] Nunha inscrición na pedra consta o nome de C. Servius Lupus, arquitecto da rexión deLusitania, e a dedicación da torre a Marte Augusto. A fachada actual,neoclásica é froito da súa restauración noséculo XVII. Pódese acceder ao alto da torre por unha escaleira interior de 239 chanzos. Desde alí hai unhas magníficas vistas daría e a cidade da Coruña.
A Coruña conta co paseo marítimo urbano máis longo deEuropa[99], con preto de 10 quilómetros continuos á beira do mar. Cando se termine medirá máis de 13 quilómetros. O paseo marítimo pasa por moitos lugares de interese na cidade, como aDomus, oAquarium Finisterrae, aTorre de Hércules ou oCastelo de Santo Antón, podéndose percorrer a pé, automóbil, bicicleta ou tranvía.
A apertura do último tramo do paseo marítimo revelou unha cara descoñecida da cidade, que permite admirar a forza e inmensidade doocéano Atlántico. Cómpre destacar oAscensor panorámico do Monte de San Pedro. Os seguintes tramos en construción e proxección traspasan xa os límites do concello da Coruña, transformando zonas en espazos de esparexemento e lecer.
Existe tamén un conxunto de casas museos[104] dedicadas a persoeiros que residiron na cidade. Pódese visitar a casa na que viviuPablo Ruiz Picasso entre 1891 a 1895 convertida encasa museo e onde se expoñen 27 reproducións das obras que fixo estando na Coruña, cidade na que fixo a súa primeira exposición. Son retratos e caricaturas que o novo artista (entón tiña 12 anos) fixo para a revista "La Coruña"[105][106]. As outras casas museos son as deMaría Pita,Emilia Pardo Bazán eCasares Quiroga.[104]
No que fai referencia ao ensino musical, na Coruña atópase un dos dous Conservatorios Superiores de Música que existen en Galicia, oCOSMAC (Conservatorio Superior de Música da Coruña), que conta coas diferentes especialidades de interpretación musical nos distintos instrumentos empregados na música académica, composición, pedagoxía musical ejazz (xénero de tradición nos últimos anos na cidade[119][120]). Amais do COSMAC, A Coruña conta cun Conservatorio Profesional de Música e unha Escola de Música Municipal fundada en 1998,[121] e tamén con diversas institucións e escolas de ensino musical privadas como oConservatorio do Colexio Liceo La Paz.[122]
O concello xestiona ademais oFórum Metropolitano e oCentro Ágora.[137] O primeiro é sede de programas estables de teatro que tamén busca apoiar novas propostas[138] como a Mostra de Teatro Independente e o Teatro Universitario.[139] O Centro Ágora conta cun auditorio preparado para acoller teatro, ópera, música sinfónica, ballet etc.[140]
Noite de san Xoán, coa queima dasfogueiras, festividade declarada de interese turístico internacional.[154] A festa, recuperada na década de 1970 foi trasladada ás praias o ano 1992[155] e en 2014 foi declarado por primeira vez festivo local o 24 de xuño.[156]
Festas de María Pita, que se celebran no mes de agosto dende 1887,[160] durante as cales teñen lugar eventos como a Feira de Artesanía Mostrart (dende 1985[161]), a Feira do Libro, o Festival de Habaneras e oSalón do Cómic.
A Romaría de Santa Margarida celébrase tradicionalmente[162] na contorna doparque homónimo a última fin de semana de agosto.[163]
Festa da Virxe do Rosario (patroa da cidade), o 7 de outubro.
Algúns barrios e lugares da cidade celebran tamén as súas propias festas, como Monte Alto,[164] Eirís[165] eOs Castros.[166][167]
O característicoescudo da cidade está moi presente no mobiliario público, representado en farois, papeleiras e ata no pavimento urbano. Está formado por un fondo azur, no que está representada aTorre de Hércules, asentada sobre unhas penas e acompañada de sete cunchas de ouro, postas tres a cada flanco e unha en punta. Hai que destacar a presenza dunha caveira con dúas mornas, simbolizando na mitoloxía o triunfo deHércules sobreXerión, cuxos restos enterraría nos cimentos do faro.
Segundo esta lenda,Hércules loitou contraXerión, un rei deTroia. Hércules, que o viña perseguindo desdeCádiz, ao atopalo na península coruñesa, mantén con el unha loita cruel da que sae vencedor Hércules, decapitando o vencido Xerión nunha pequena península chea de grandes pedras, xunto ao mar. Na honra ao inimigo vencido, edificou encima a famosa Torre, que figura no escudo da Coruña desde1521.[175]
Na cidade destacan equipos profesionais como oDeportivo ou oLiceo. Ambos destacan pola súa presenza nas máximas categorías, polos seus títulos e polas participacións en competicións europeas.
O seu equipo feminino, oDeportivo ABANCA, xoga na primeira división feminina. Durante a década de 1980 oKarbo Deportivo logrou cinco títulos[182] e foi considerado o mellor equipo de fútbol feminino de España.[183]
Ademais hai outros dous equipos de fútbol naterceira división, oSilva Sociedad Deportiva, que xurdiu en1940 como un equipo afeccionado dobarrio do mesmo nome e logrou na tempada2013-14 o seu primeiro ascenso aTerceira. O outro é o filial do Deportivo, oFabril. Existen ademais outros equipos con sede na cidade, que destacan polos seus equipos de fútbol base como o Victoria CF, o CD Calasanz, o Ural CF, o Oza Juvenil SD, o Orillamar SD, o Imperátor OAR, oAtlético Coruña Montañeros ou o Atlético Castros.
Outro equipo destacado é o históricoA.A. Dominicos (gañador daCopa do Rei en 1990 e que durante moitas tempadas competiu na máxima categoría) que participa nasegunda categoría do hóckey a patíns español.[187][188] OHC Borbolla de Monte Alto que compite na Primeira División Galega, xogou nadivisión de prata na tempada2010-11, finalizando na penúltima posición e descendeno ese meso ano.[189]
Ademais A Coruña ten diversas instalacións deportivas municipais como son ocampo de golf situado ao pé daTorre de Hércules, un centro hípico, campos de fútbol, portos deportivos e diversos polideportivos, entre outras instalacións.
Nos últimos anos tomaron protagonismo os deportes acuáticos coa organización de diversas regatas e as prácticas, cada vez máis estendidas, desubmarinismo esurf.
Durante vinte e tres anos o alcalde da Coruña foi osocialistaFrancisco Vázquez, que gobernou dende1983 a2006, cando deixou a alcaldía ao ser nomeado embaixador español noVaticano polo goberno español.[194] Sucedeuno no cargoJavier Losada, quen gañou nos comicios de2007 e gobernou ata2011 en coalición coBNG.
Tralos comicios demaio do2011, o alcalde da capital coruñesa foiCarlos Negreira doPPdeG, que se converteu na lista máis votada na cidade e conseguiu a maioría absoluta. As forzas políticas con representación municipal tralos comicios do ano 2011 foron:PPdeG (14 edís),PSdeG (8 edís),BNG (4 edís) eEU (1 edil). Esta última conseguiu representación na cámara municipal por primeira vez na súa historia.
Nas eleccións municipais de 2015 oPPdeG foi a lista máis votada, con tan só 27 votos máis cáMarea Atlántica.Xulio Ferreiro, da Marea, con 10 edís, acadou a alcaldía co apoio doPSdeG (6 edís) e oBNG (1 edil).
En2019 oPPdeG volveu ser a lista máis votada por unha estreita marxe, desta volta de 410 votos sobre oPSdeG. Porén, este último fíxose coa alcaldía para a súa candidata,Inés Rey, ao sumar aos seus 9 concelleiros os votos daMarea Atlántica (6 concelleiros) e doBNG (2).Inés Rey converteuse na primeira muller alcaldesa da cidade en democracia.
↑Fernández Caamaño, José M. (22 de febreiro de 2015)."La Real Audiencia y Capitanía General".El Ideal Gallego(en castelán). Consultado o 29 de decembro de 2015.
↑Blanco Parga, Manuel (debuxante);Sánchez Canals, Bartolomé (director do proxecto) (1999).Mapa eclesiástico da arquidiócese de Santiago. Ano 1999 - Xubilar compostelán (Mapa). 1:135.000.Arcebispado de Santiago de Compostela.ISBN84-923715-1-X.
↑Secretaría General Técnica, Ministerio de Administraciones Públicas (2008).Variaciones de los Municipios de España desde 1842(PDF) (1.ª ed.). Madrid: Gobierno de España. Consultado o 30 de xaneiro de 2024.
↑Real Academia Galega (1913-1928)."Alma".Diccionario gallego-castellano.A Cruña ten mais de 60.000 almas
↑Real Academia Galega (1970).Normas Ortográficas do Idioma Galego.
↑Xunta de Galicia. Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolemento Rural."A toponimia en Galicia: Nomenclátor de Galicia, Proxecto Toponimia de Galicia". p. 52. Arquivado dendeo orixinal o 21 de xuño de 2012. Consultado o 10 de marzo de 2014.*Coruña < Cruña (epéntese)
↑Juan Sobreira Salgado:Papeletas, s. v.nena. No orixinal:hay.
↑Xaquín Lorenzo Fernández, 247. Recollida en Aranga (A Coruña). O únicoPalavea que recolle o Nomenclátor é o lugar da parroquia de Elviña no concello da Coruña; Martiñán debe ser un antropónimo.
↑José Pérez Ballesteros, II, 291,18. No orixinal:anda n-o monte c'o gando, andall'o. O colector especifica que se refire aSan Vicenzo de Elviña.