AAssociation Sportive de Saint-Étienne Loire é un club defútbolfrancés, da cidade deSaint-Étienne enRódano-Alpes. Foi fundado en1933 e xoga naLigue 1 francesa. A pesar de provir dunha cidade de 180 000 habitantes, é o club con máis títulos deFrancia.
Enxullo de1909 a Asociación de empregados daSociété des magasins Casino crea un club polideportivo, oASC (polas iniciais da asociación). En1920 este club chamousel'Amical Sporting Club, para poder manter as iniciais.
En1933 o equipo vólvese profesional e cámbiase o nome polo actual,Association Sportive de Saint-Étienne Loire que debutaría na máxima categoría do fútbolfrancés na tempada 1938-39. Pero non seria ata1957 cando chegase o maior logro da entidade ata ese momento, a proclamación como campión de liga e a súa primeira participación naCopa de Europa ante oGlasgow Rangers.
Con todo a era dourada dos "verdes" chegaría conRoger Rocher como presidente, durante esta etapa obtería nove ligas, das cales tres foron consecutivas, e seiscopas de Francia, a primeira en1962. Ademais logra chegar á final daCopa de Europa da tempada 1975-76 onde caería derrotado por 0-1 ante oBayern de Múnic.
En1981 o club consegue o seu décimo título de liga que lle vale para ser o único equipo deFrancia que pode ter no seu escudo a estrela que simboliza as dez ligas. Un ano máis tarde, en1982,Roger Rocher deixa de ser presidente do club, marcado o seu final o seu ingreso en prisión por mor de falta de pagamentos aos xogadores.
No ano2006 o xornalL'Equipe Magazine distinguiu ao club como o mellor equipo de fútbolfrancés de todos os tempos. O Saint-Étienne é o clubfrancés que máisLigas gañou, dez en total.
- Uniforme titular: Camiseta verde, pantalón branco e medias verdes.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón verde e medias brancas.
- Ligue 1 (10): 1957, 1964, 1967, 1968, 1969, 1970, 1974, 1975, 1976, 1981
- Copa de Francia (6): 1962, 1968, 1970, 1974, 1975, 1977
- Copa Charles Drago (2): 1955, 1958
- Supercopa de Francia (5): 1957, 1962, 1967, 1968, 1969
- Ligue 2 (3): 1963, 1999, 2004
- Subcampión daLigue 1 (3): 1946, 1971, 1982
- Subcampión daCopa de Francia (3): 1960, 1981, 1982
- Subcampión daSupercopa de Francia (1): 1970
- Subcampión daLigue 2 (2): 1938, 1986