OAK-47, acrónimo deAvtomat Kalashnikova, modelo 1947 (doruso Автомат Калашникова образца 1947 года), é unfusil de asaltosoviético deseñado porMikhail Kalashnikov do que se realizou o primeiro prototipo en1946[1]. Kalashnikov fora combatenteruso durante asegunda guerra mundial e durante unha convalecencia nun hospital comezou a realizar deseños de armas. O AK-47 converteuse no rifle oficial daURSS entre1949 e1978, e na arma lixeira por excelencia[2].
Kalashnikov durante a súa estancia no hospital para se recuperar dunhas feridas de gravidade nun brazo que lle provocara unha bomba, comezou a realizar deseños para fabricar un novo rifle, xa que as anticuadascarabinas soviéticas eran de difícil uso e daban todo tipo de complicacións ós soldados doExército Vermello. Entón,Kalashnikov realizou o deseño dun fusil baseado noM1 Garand estadounidense pero o exército soviético adoptou o deseño deSergei Gavrilovich Simonov que deu lugar aoSKS,AK-47, pero o exército precisaba un verdadeiro rifle de asalto. Kalashnikov e o seu equipo enviaron varios deseños, chamados AK-1 e AK-2 que pasaron á seguinte rolda, pero no modelo de 1947 realizáronse modificacións gañando en eficacia[3]. En1949[4], o modelo usa cartuchos de 7.62 x 39 mm, e permite o disparo totalmente automático, o que o converteu no primeiro rifle de asalto despois doMP 44, oExército Vermello adoptouna como arma principal dainfantaría, substituíndo aosubfusilPPSh-41, aínda que non foi ata1954 cando entrou en servizo a grande escala. Posteriormente os países doPacto de Varsovia elixírona como arma regulamentaria para os seus exércitos durante aguerra fría. Debido ao seu excelente rendemento, o AK-47 converteuse na espiña dorsal doExército Vermello. O fusil foi mellorado; hai varias versións como oAKM,M1986 PA,RPK,Tipo 56 ouTipo 58 e varios construtores de armas inspiráronse no seu deseño para crearen novos fusís baseados nel como osRK-62,AK-74,RPK- 74,AK-103IMI Galileo, ou oINSAS, entre moitos outros.