Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

AEWA

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Corredores da migración segundo Thompson D. e Byrkjedal, Shorebirds. Colin Baxter, 2001

OAEWA,acrónimo (African-EurasianWaterbirdAgreement) doAcordo para a conservación dasaves acuáticas migratorias africano-eurasiáticas(African-Eurasian Waterbird Agreement) e un tratado internacional independente desenvolvido baixo os auspicios da UNEP/Asemblea sobre asespecies migratorias. Foi asinado o16 de xuño de1995 naHaia, nosPaíses Baixos e entrou en vigor en novembro de1999, despois de que o número mínimo necesario de 14 países, sete deÁfrica e sete deEurasia, o ratificasen.

O AEWA aplícase a 235especies de aves ecoloxicamente dependentes das zonas húmidas durante polo menos parte do seu ciclo vital anual, entre elas corvos mariños,ibis,flamengos,parrulos,cisnes,garzas,gansos,gaivotas, limícolas e mesmo opingüín africano.

O acordo cobre 119 países deEuropa, parte deAsia, oCanadá eÁfrica, e intenta coordinar as accións levadas a cabo polos estados implicados durante amigración das aves ás que se aplica. Dos 119 estados implicados, 58 formaban parte como asinantes do tratado o1 de novembro do2006.

Os estados que asinaron o convenio acordan levar a cabo unha ampla gama de accións destinadas á conservación das especies afectadas, que se recollen nun Plan de Acción, que especifica puntos clave coma a conservación dehábitats e especies, xestión das actividades humanas, investigación e control, educación e información e posta en marcha.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AEWA&oldid=6908867»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp