Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

AB Aurigae

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
AB Aurigae
ConstelaciónAuriga
Ascensión recta α04h 55min 45.84s
Declinación δ+30º 33’ 04.3’’
Distancia470anos-luz
Magnitude visual+7,06 (media)
Magnitude absoluta+1,19 (media)
Luminosidade31 soles
Masa2,4 soles
Tipo espectralA0Ve
Velocidade radial+8km/s
AB Aurigae co seu anel de po

AB Aurigae (HD 31293 / HIP 22910) é unhaestrelavariable[1] naconstelación deAuriga, o cocheiro. Encóntrase a 470anos luz de distancia doSistema Solar.

AB Aurigae é unha estrela branca detipo espectral A0Ve cunhaluminosidade 31 veces maior que aluminosidade solar. É unha estrela moi estudada xa que é considerada prototipo dasestrelas Herbig Ae, estrelas xoves de masa intermedia que aínda non entraron nasecuencia principal. Situada na rexión deformación estelar de Taurus-Auriga, a súa idade está comprendida entre 1 e 3 millóns de anos. Rodeada por unha complexa combinación de estruturas de gas e po, AB Aurigae amosa unha serie de fenómenos fascinantes, entre eles unha nebulosa de reflexión que estendese miles deUA máis alá da estrela, así como unha rexión máis compacta con forma de anel (entre 100 e 750 UA da estrela) composta fundamentalmente de gas. Parece que o disco interior de po ten un radio exterior de aproximadamente 130 UA,dentro do cal existe moi pouca cantidade de gas.

O anel de po presenta un espazo baleiro a 102 UA de AB Aurigae; iso, unido á existencia de claros dentro do anel a menor distancia da estrela, suxire a formación de polo menos un obxecto pequeno a unha distancia orbital de aproximadamente 100 UA. Tamén detectouse un “punto forte” na parte externa do anel, que pode ser causado por unha zona de maior densidade motivada poloacrecentamento sobre un compañeiro invisible.

Amagnitude aparente de AB Aurigae oscila de forma irregular entre +6,9 e + 8,4, estando catalogada como unhavariable Orión.[2]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Datos astronómicos de AB Aurigae (SIMBAD)
  2. AB Aurigae (VizieR,SIMBAD)
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=AB_Aurigae&oldid=6111999»
Categorías:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp