Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

A7L

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O astronautaEugene Cernan sobre a supercie lunar no seu traxe A7LB durante a misiónApolo 17.

A7L e, nunha segunda versión,A7LB, foi o nome dostraxes espaciais usados polosastronautas doproxecto Apollo e da estación espacialSkylab.[1]

Características

[editar |editar a fonte]

Os traxes A7L e A7LB foron deseñados e desenvolvidos porHamilton Standard e (mediante subcontrato) porInternational Latex Corporation. Tralo desenvolvemento, a fabricación correu a cargo desta última empresa. O modelo inicial foi denominadoA5L e tras incorporarlle unha protección térmica e contrameteoroides pasou a denominarseA6L. Este modelo nunca chegou a voar debido a que tralo accidente durante as probas en terra coApollo 1 no que morreron os seus tres tripulantes o traxe foi redeseñado para eliminar materiais inflamables, pasando a denominarse definitivamenteA7L.[1]

Cadaastronauta do programa Apolo tiña tres traxes personalizados: un para adestramento, outro para o voo e un de reserva deste último. O peso de cada traxe era duns 22 kg e o sistema de soporte vital (PLSS,Portable Life Support System) 26 kg. O modelo A7LB desenvolveuse para ser usado nas misións Apolo da serie J (Apollo 15,Apollo 16 eApollo 17). O A7LB foi usado na estación Skylab tras engadirlle protección térmica adicional. Durante a misiónApollo ASTP usouse o modelo A7L orixinal.

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. 1,01,1Mark Wade (2011)."A7L"(en inglés). Consultado o 25 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Bibliografía

[editar |editar a fonte]
  • Ertel , Ivan D; Morse , Mary Louise; et al. (1966-1974). "The Apollo Spacecraft Chronology"I–IV. 
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  A7L
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A7L&oldid=6127178»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp