A. R. Rahman
 |
| Biografía |
|---|
| Nacemento | (en)A. S. Dileep Kumar 6 de xaneiro de 1966 (60 anos) Chennai, India |
|---|
| Residencia | Chennai |
|---|
| Relixión | Islam |
|---|
| Educación | Trinity Laban Conservatoire of Music and Dance(en) Madras Christian College Higher Secondary School(en)  |
|---|
| Actividade |
|---|
| Campo de traballo | Música cinematográfica |
|---|
| Ocupación | compositor, director musical, compositor de bandas sonoras, actor de cinema, produtor de cinema, cantautor, multiinstrumentista, produtor musical, cantante, emprendedor, director de cinema |
|---|
| Período de actividade | 1985 - |
|---|
| Xénero artístico | Música clássica indiana(pt) ,música experimental,world music,Soft rock,música pop,pop rock,música electrónica,música clásica,música para bailar,música dance electrónica,folk-pop eCarnatic music(en)  |
|---|
| Instrumento | Keytar(pt) ,teclado electrónico,frauta,saxofón,óboe,batería,instrumento de percusión,contrabaixo,teclado,guitarra,viola,sitar,piano,trompeta,arpa,clarinete,Trombón evoz |
|---|
| Selo discográfico | Columbia Records Sony BMG KM Music Conservatory(en)  |
|---|
| Obra |
|---|
Obras destacables |
| Familia |
|---|
| Fillos | Khatija Rahman |
|---|
| Pai | R. K. Shekhar |
|---|
| Irmáns | Rahman A. R. Reihana |
|---|
| Parentes | G. V. Prakash Kumar,sobriño Bhavani Sre,sobriña Rahman,concuñado |
|---|
| Premios |
|---|
|
|
| Descrito pola fonte | Obálky knih,  |
|---|
| Sitio web | arrahman.com |
|---|
    
                 |
Allahrakka Rahman, nado comoA. S. Dileep Kumar enMadrás,Tamil Nadu o6 de xaneiro de1967, é un compositor, cantautor e produtor musicalindio máis coñecido profesionalmente comoA. R. Rahman. A obra de A. R. Rahman caracterízase por mesturarmúsica clásica india conmúsica electrónica,world music e arranxos orquestrais tradicionais. Entre os seus premios están seisNational Film Awards, dousPremios Oscar, dousPremios Grammy, unBAFTA, unGlobo de Ouro, quincePremios Filmfare e dezaseteFilmfare Awards South. No 2010 recibiu oPadma Bhushan, o terceiro recoñecemento civil máis importante do Goberno da India.[1]En 2009, Rahman foi incluído na listaTime das 100 persoas máis influentes do mundo.[2] A revista musical británicaSonglines considerouno unha "Icona da música do mundo do mañá" en agosto de 2011.[3] Os seareiros do sur da India refírense a Rahman co alcume do "Mozart de Madrás" e "Isai Puyal" (inglés:a tormenta musical).[4]
No seu propio estudio de gravación (Panchathan Record Inn enChennai), a carreira de composición debandas sonoras de Rahman empezou a comezos da década de 1990 co filme támilRoja. Traballou para a industria do cinema indio, cinema internacional e teatro, e está considerado como un dos artistas con máis vendas,[5][6][7] cunha estimación de 200 millóns de copias vendidas.[8] Ó longo da súa carreira de máis de dúas décadas, foi aclamado por refedinir a música india contemporánea e por contribuír no éxito de numerosos filmes. Rahman tamén é filántropo e activista de causas humanitarias, doando e recadando fondos para numerosas causas. En 2017, Rahman fixo o seu debut como director e guionista de cinema co filmeLe Musk.[9]
- ↑Daily News and Analysis (ed.)."AR Rahman Feels 'Happy and Honoured' with Padma Bhushan Win". Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑Time, ed. (30 de abril de 2009)."The 2009 TIME 100 – A.R. Rahman". Arquivado dendeo orixinal o 17 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de xaneiro de 2011.
- ↑ARC Music (ed.)."A. R. Rahman named inSonglines Tomorrow's World Music Icons'". Consultado o 24 de agosto de 2011.
- ↑Corliss, Richard (25 de abril de 2004). Time, ed."The Mozart of Madras". Arquivado dendeo orixinal o 27 de outubro de 2011. Consultado o 5 de abril de 2011.
- ↑Hindustan Times, ed. (8 de decembro de 2009)."Hollywood calling Rahman". India. Consultado o 29 de novembro de 2016.
- ↑Deccan Herald, ed. (6 de decembro de 2009)."A. R. Rahman opens online store". India. Consultado o 3 de febreiro de 2011.
- ↑Richard Corliss (3 de maio de 2004). Time, ed."Culture: The Mozart of Madras". Arquivado dendeo orixinal o 15 de xullo de 2010. Consultado o 3 de febreiro de 2010.
- ↑Das Gupta, Surajeet; Sen, Soumik.Rediff, ed."Composing a winning score". Arquivado dendeo orixinal o 15 de outubro de 2008. Consultado o 15 de novembro de 2008.
- ↑DUTTAGUPTA, ISHANI (14 de maio de 2017)."How virtual reality pushed AR Rahman towards 'multi-sensory' filmmaking".The Economic Times. Consultado o 13 de xullo de 2017.