Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

A.C. Milan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A.C. Milan
Escudo
NomeAssociazione Calcio Milan S.p.A.
Alcume(s)I Rossoneri
Il Diavolo
Casciavit
Fundación16 de decembro de 1899 (135 anos)
EstadioSan Siro,
Milán,Italia
Inauguración19 de setembro de 1926
Capacidade80 018
PropietarioItaliaPaolo Scaroni
AdestradorItaliaStefano Pioli
LigaSerie A
2023/24
VestimentaPuma
PatrocinadorFly Emirates
Na rede
https://www.acmilan.com
Facebook: ACMilanTwitter: acmilanInstagram: acmilanLinkedIn: ac-milanYoutube: UCKcx1uK38H4AOkmfv4ywlrgTikTok: acmilanTwitch: acmilanEditar o valor en Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

OAssociazione Calcio Milan, habitualmente chamadoA.C. Milan, ou simplementeMilan, é un club defútbolitaliano da cidade deMilán, que participa naSerie A.

Xoga con listras vermellas e negras e calzón negro, gañando por iso o sobrenome de rossoneri ("vermello-negros"). É o segundo equipo con máis logros na historia do fútbol italiano, con 18 títulos daSerie A, 5Copas de Italia e 7Supercopas de Italia.[1] Internacionalmente, é o terceiro equipo con máis títulos (18), só por detrás doReal Madrid e doAl-Ahly, e empatado coBoca Juniors.[2] Nas súas vitrinas figuran 7Ligas de Campións, 2Recopas de Europa, 5Supercopas de Europa, 3Copas Intercontinentais e 1Copa Mundial de Clubs da FIFA.[1]

Figura no cuarto posto da clasificación de mellores clubs do século XX, realizada polaIFFHS.[3]

O club foi fundado en1899 como oMilan Football & Cricket Club por Alfred Edwards, un británico expatriado. En homenaxe ás súas orixes, o club mantén a forma inglesa de escrita do nome da cidade.

Estadio

[editar |editar a fonte]
Artigo principal:Stadio Giuseppe Meazza.

O actual estadio do equipo é oGiuseppe Meazza, con capacidade para 80 018 espectadores, tamén coñecido comoSan Siro. O estadio compárteo coInternazionale (tamén coñecido coma "Inter" ou "Inter de Milán"), o outro grande club de Milan. Os seguidores do AC Milan usan "San Siro" para referirse ao estadio.

Historia

[editar |editar a fonte]

"Seremos un equipo de diaños. As nosas cores serán o vermello do lume e o negro do medo que lle meteremos aos nosos adversarios". (Herbert Kilpin)

Algún socios fundadores do Milan (decembro de 1899)

Dos inicios á segunda posguerra

[editar |editar a fonte]

OMilan Football & Cricket Club naceu grazas á iniciativadun grupo de ingleses e italianos reunidos no hotel Du Nord e des Anglais, entre os que se atopabanAlfred Edwards, o primeiro presidente,Edward Nathan Berra, o vicepresidente e capitán do equipo de crícket, o secretarioSamuel Richard Davies; e entre os socios fundadoresDavid Allison (capitán do equipo),Daniele Angeloni,Giannino Camperio,Guido Valerio eHerbert Kilpin[4]. Da nova fíxose ecoLa gazzetta dello Sport nun pequeno artigo do 15 ou 18 de decembro, pero non habendo unha documentación exacta sobre o acto constitutivo da sociedade, que o propio club fixa tradicionalmente no 16 de decembro de 1899[5], queda incerta.[6]

O 15 de xaneiro de 1899 o club afiliouse naFederación Italiana de Fútbol e o 15 de abril, nas semifinais do campionato nacional de 1900, debuta con derrota de 3-0 contra oFC Torinese. O 27 de maio do mesmo ano, gaña a "medalla do Rei" (medaglia del Re), grazas a un 2-0 fronte áJuventus F.C.[7]

Ao ano seguinte, o Milan coróase campión de Italia, interrompendo a serie de vitorias consecutivas doGenoa, derrotado na final por 3-0. Para o segundo título do campionato habería que esperar ata o 1906, cando o rival a bater foi aJuventus, que se negou a disputar o partido de desempate, pois non aceptaron a escolla do campo de xogo por parte da FIF, o campo doUS Milanese.[5]

A terceira vitoria chegaría no 1907, grazas ao primeiro posto na rolda final, na que participaron taménTorino eAndrea Doria.

A pesar dos éxitos, un grupo de socios desconformes coa afiliación de xogadores estranxeiros deixou o Milan para fundar un novo equipo, oFootball Club Internazionale Milano.[8] Despois da separación o Milan conseguiu dous scudettos, os de 1910-1911 e 1911-1912, ambos contra oPro Vercelli, mentres que en 1916 os rossoneri fixéronse coa Copa Federale (Coppa Federale). Nas temporadas seguintes, o equipo gañou dúas veces os campionatos rexionais pero non tivo éxito nas fases nacionais.

En marzo de 1919 o nome do equipo cambiouse aMilan Football Club[9] e no 1926 inaugúrase o estadioSan Siro, mandado construír polo presidentePiero Pirelli, e que ata 1947 hospedaba só ao Milan, xa que o Inter xogaba noArena Civica.[10] Noperíodo de entreguerras, osdiavoli, obtiveron só postos de media táboa, non pasando do terceiro posto conseguido nas tempadas 1937-1938 e 1940-1941. As estrelas da época foronAldo Boffi eGiuseppe Meazza.

En 1936 o equipo toma o nome deMilan Associazione Sportiva, cambiada de novo en 1939, cando as autoridadesfascistas impuxeron aitalianización do nome pasando a serAssociazione Calcio Milano.[9] A comezos da posguerra e outra vez co nome deMilan Associazione Sportiva, conseguen o cuarto posto na 1946-1947 e o título simbólico de campións de inverno na tempada seguinte.[11]

Herbert Kilpin, cofundador e primeiro adestrador do Milan.

Os anos cincuenta e sesenta

Gren, Nordahl e Liedholm: osGre-No-Li

O cuarto scudetto chegou na tempada 1950-1951, tras 44 anos de espera,[nota 1] xunto coa prestixiosaCopa Latina de 1951, grazas aos goles do célebre trío suecoGre-No-Li (formado porGunnar Gren,Gunnar Nordahl eNils Liedholm) e ás paradas deLorenzo Buffon, baixo a dirección do técnico húngaroLajos Czeizler. Nos seguintes anos uníronse ao equipo outros campións comoSchiaffino,Bagnoli,Luigi Radice eCesare Maldini, que capitaneados porNils Liedholm estiveron entre os protagonistas das vitorias daCopa Latina de 1956 e doutros tres campionatos (1954-1955, 1956-1957 e 1958-1959). En 1958 o Milan alcanza a súa primeira final deCopa de Europa, perdendo 3-2 no tempo engadido, contra o granReal Madrid, vencedor das primeiras cinco edicións do torneo.[12]

Na tempada 1961-1962, o Milan faise co seu oitavo título conNereo Rocco no banquiño, o goleadorJosé Altafini na dianteira e un noviñoGianni Rivera no campo.

Nereo Rocco coa Copa de Europa e a Copa Intercontinental de 1969

Cambiada, ao inicio da seguinte tempada, a denominación aMilan Associazione Calcio, o club obtén o primeiro éxito continental ao vencer 2-1 aoBenfica enWembleycon dobrete de Altafini.[12] Cesare Maldini foi o primeiro capitán dun equipo italiano en levantar a Copa de Europa. O 16 de novembro de 1963, osrossoneri, conGiuseppe Viani de adestrador (tras a marcha de Rocco ao Torino), perderon por 1-0 o partido de desempate daCopa Intercontinental, xogado no estadio deMaracanã, contra oSantos dePelé.[5] Esta foi a última tempada baixo a presidencia deAndrea Rizzoli, que dimitiu tras 9 anos nos que gañou 4 scudettos, unha Copa Latina, unha Copa de Europa e edificou o centro deportivo deMilanello.[13]


Tras algunhas tempadas frouxas, nas que o único éxito foi a Copa Italia de 1966-67, o retorno ao banquiño de Rocco levou ao equipo a conquistar o noveno título de liga e aRecopa de Europa 1967-1968, conquistada noDe Kuip deRotterdam, fronte aoHamburgo con dous goles deKurt Hamrin.[14] Na liga do ano seguinte,o Milan queda en segundo posto por detrás daFiorentina, pero gaña a súa segundaCopa de Europa, vencendo na final deMadrid aoAjax deRinus Michels.[12] Ese mesmo ano o Milan adxudícase a Copa Intercontinental ao vencer os dous partidos da final contra os arxentinos doEstudiantes (3-0; 1-2).[15] A este éxito de equipo súmase a vitoria deRivera noBalón de Ouro 1969, primeiro italiano en conseguilo.[7]

Formación do Milan na 1974-1975

Os anos setenta e oitenta

Osanos 70 iniciáronse con 3 segundos postos consecutivos na liga, dous dos cales se obtiveron despois de grandes remontadas de Inter (1970-1971) e Juventus (1972-1973). En particular na 1972-1973 osrossoneri perderon un campionato que parecía xa gañado, a causa dunha amarga derrota na "Fatal Verona".[16] Os segundos postos non obstante, foron compensados polas consecucións de dúas Copas de Italia (1971-1972 e 1972-1973) e da segundaRecopa de Europa (1972-1973).Despois de varias temporadas non moi boas, a chegada deNils Liedholm ao banquiño e o 4º posto na tempada 1977-1978, tempada na que debutouFranco Baresi, precederon á conquista do décimo título de liga na 1978-1979. O equipo, dirixido no campo porGianni Rivera, na súa última tempada como futbolista, puido coa competencia do duro Perugia deIlario Castagner que acabou a temporada imbatido e conseguiu o codiciado "scudetto da estrela" (por ser o décimo título).[17]

Osanos 80 comezaron co primeiro descenso áSerie B e coa expulsión do presidenteFelice Colombo tras oescándalo do Totonero, unha trama de apostas e amaño de partidos que afectou a varios equipos e que mandou á segunda categoría a Milan eLazio.[18] O rápido retorno á máxima categoría gañando o campionato de Serie B 1980-1981 foi seguido dunha temporada pésima na que o equipo volveu descender, esta vez sobre o campo, tras acabar en antepenúltima posición con 24 puntos en 30 partidos.[19] O retorno áSerie A foi outra vez inmediato, pero o Milan, despois dalgunhas temporadas de transición, nas que debutou enUdine unPaolo Maldini[20] de 16 anos, tivo que afrontar unha gran crise societaria. Á sociedade, fortemente endebedada e en risco de quebra, chegou o empresario milanésSilvio Berlusconi, quen rematou co déficit económico.Na tempada seguinte chegaronRoberto Donadoni,Dario Bonetti,Giuseppe Galderisi,Daniele Massaro eGiovanni Galli, e tras unha tempada de adaptación, a marcha de Liedholm e o quinto posto final, o Milan apostou polo novo técnicoArrigo Sacchi e contratou as dúas estrelas holandesasMarco van Basten eRuud Gullit,Balón de Ouro 1987. Sacchi, despois dun inicio difícil, guiou o equipo á remontada sobre oNapoli e á vitoria final. Tal suceso foi o preludio a un trienio de ouro no que osrossoneri se adxudicaron dúasCopas de Europa (1989, 1990), dúasSupercopas de Europa (1989, 1990), dúasCopas Intercontinentais (1989, 1990) e aSupercopa italiana 1989. O Milan de Sacchi, inspirado nofútbol total, revolucionou e a práctica e a mentalidade futbolística.

Dos anos noventa a hoxe

[editar |editar a fonte]
Mauro Tassotti, Fabio Capello e Adriano Galliani coa Champions League do 1994

A serie de éxitos internacionais do Milan de Sacchi interrómpese o 20 de marzo de 1991 na "noite de Marsella", candoAdriano Galliani, durante o partido de volta dos cuartos de final daCopa de Europa contra oOlympique de Marseille, fai retirar o equipo do terreo de xogo cando perdía 1-0, polo apagado dun foco do estadio.[21] A decisión de non volver ao campo, aínda despois da restauración da iluminación, implicou que se dera o partido por perdido 3-0 e a descualificación do equipo durante un ano de todas as competicións europeas.[5][22] Pechouse así a etapa de Sacchi, que ao final da tempada deixou o seu posto aFabio Capello, para converterse no novo seleccionador nacional italiano.

Excluído das competicións europeas, o Milan centrouse no campionato nacional 1991-1992, que conseguiu gañar sen sufrir ningunha derrota.[23] O ano seguinte gañou o segundo scudetto consecutivo e a Supercopa italiana e volveu como protagonista á escena europea, chegando a disputar a final daChampions League,[12] onde foi novamente derrotado poloOlympique de Marseille.

Substituíndo aoOlympique de Marseille, descualificado tras oCaso Valenciennes-Olympique Marsiglia,[24] osrossoneri perderon os dous partidos que valían os títulos daSupercopa de Europa 1993 (2-1 contra oParma) e daCopa Intercontinental (3-2 contra oSão Paulo). A 1993-1994 foi non obstante, memorable, logrando un dobretescudetto-Champions League, esta última gañada contra oBarcelona deJohan Cruyff por 4-0. O Milan conquistou tamén a Supercopa italiana 1994 e aSupercopa de Europa 1994, pero perdeu por 2-0 aCopa Intercontinental contra os arxentinos deVélez Sársfield[25] e por 1-0 a final deLiga de Campións 1994-1995, gañada poloAjax deLouis van Gaal.[12] Ao remate da tempada 1995-1996,Fabio Capello deixou o seu posto no banquiño ao uruguaioÓscar Tabárez.

Nos dous anos seguintes, o equipo, do que marchou Tabárez en decembro de 1996 para volver Arrigo Sacchi, e do que este último marchou no verán de 1997 para que volveraFabio Capello, viviu unha fin de ciclo, marcada por unha crise de resultados e posicións decepcionantes no campionato. En 1998 logra alcanzar a final de copa tras 8 anos e cae derrotado. A fichaxe do técnicoAlberto Zaccheroni, que guiou o equipo ao seu 16º scudetto parecía dar inicio a un novo ciclo de triunfos pero o club non conseguiu dar continuidade aos bos resultados. Tras pasar polas mans de Cesare Maldini, o equipo incorporou na 2001-2002 ao exfutbolistarossoneroCarlo Ancelotti, que inaugurou outra etapa de éxitos. Baixo a súa dirección, despois da semifinal daCopa da UEFA 2001-2002, en 2003 volveu ás vitrinas milanistas aLiga de Campións, que non se conseguía desde había 9 anos. Foi no estadio deOld Trafford deManchester, aos penaltis e ante aJuventus. Tres días despois o Milan gañaba a única Copa de Italia da era Berlusconi, a quinta da historia rossonera.

Na tempada 2003-2004, na que a entidade pasou a chamarseAssociazione Calcio Milan,[5] as vitrinas aumentaron coa incoporación da 17ª liga e 4ª Supercopa europea, gañada noestadio Lois II deMontecarlo 1-0 fronte aoPorto deJosé Mourinho, mentres que perderon aos penaltis tanto a Supercopa italiana de 2003 contra a Juventus como aCopa Intercontinental 2003 contraBoca Juniors. NaLiga de Campións da UEFA 2003-04 o Milan sufriu unha amarga eliminación en cuartos de final fronte aoDeportivo da Coruña, tras vencer 4-1 enSan Siro o equipo caeu derrotado enRiazor por un contundente 4-0.

Paolo Maldini levanta a Champions League da tempada 2002-2003
O Milan celebra a súa sétima Champions League no 2007

Son da tempada 2004-2005 a vitoria da Supercopa italiana, o segundo posto en liga e a derrota na final daLiga de Campións, contra oLiverpool, que na segunda parte remontou un 0-3 e gañou nos penaltis.[26] Ao remate da tempada 2005-2006 (na que quedou segundo na liga) o Milan viuse envolto no escándaloCalciopoli, sufriu unha penalización de 30 puntos que o deixou terceiro, e outra penalización de 8 puntos a descontar na seguinte tempada.[27]

Na 2006-2007 o Milan alcanza de novo a final daLiga de Campións, a undécima da súa historia, e esta vez vence aoLiverpool con dous goles deFilippo Inzaghi.[28] Era a sétima vitoria neste torneo.Kaká,Balón de Ouro 2007, foi o máximo goleador da competición con 10 goles. Na 2007-2008 o Milan adxudícase a súa quintaSupercopa de Europa e o seu primeiroMundial de Clubs da FIFA, últimos triunfos de Ancelotti, que ao remate da 2007-2008, marcada tamén pola retirada dePaolo Maldini, deixou o seu lugar ao exfutbolistaLeonardo, na súa primeira experiencia como adestrador.[29]

No verán de 2010 chegou ao banquiñoMassimiliano Allegri, que guiou ao equipo á vitoria no campionato italiano 2010-2011, no que coa axuda dos goles da nova adquisiciónZlatan Ibrahimović, consegue o 18º scudetto da súa historia.[30] No 2011 o Milan gaña tamén a súa sexta Supercopa italiana, vencendo enPequín aoInter por 2-1.[31] Durante a xestión de Allegri acadan na liga un segundo posto no 2012 e un terceiro no 2013. En xaneiro de 2014, Allegri é substituído porClarence Seedorf. Nos tres anos seguintes dirixiron o equipo o holandés,Filippo Inzaghi eSiniša Mihajlović, pero o club vive unha época de declive, un pouco suavizado por alcanzar a final da Copa de Italia 2015-2016, despois de 13 anos. Pero foi derrotado pola Juventus. Baixo a batuta deVincenzo Montella, en decembro de 2016 osrossoneri, desadxudicáronse enDoha, a penaltis contra a Juventus, a súa sétima Supercopa de Italia, conquistando o último trofeo oficila da era Berlusconi.[32] O 13 de abril de 2017 fíxose oficial a cesión do 99,93% da sociedade áRossoneri Sport Investment Lux, converténdose en presidente o empresario chinésLi Yonghong.[33]

Na tempada 2017-2018, despois dun comezo peor do esperado, Montella foi substituído porGennaro Gattuso.

Xogadores

[editar |editar a fonte]
Categoría principal:Xogadores do AC Milan.

Cadro actual

[editar |editar a fonte]
Datos do 8 de maio de 2018.
PostoPaísXogador
99PORItaliaGianluigi Donnarumma
30PORItaliaMarco Storari
90PORItaliaGianluigi Donnarumma
2DEFItaliaDavide Calabria
12DEFItaliaAndrea Conti
13DEFItaliaAlessio Romagnoli
15DEFParaguaiGustavo Gómez
17DEFCristián Zapata
19DEFItaliaLeonardo Bonucci
20DEFItaliaIgnazio Abate
22MEDMateo Musacchio
31DEFItaliaLuca Antonelli
46DEFItaliaMatteo Gabbia
47DEFItaliaRaoul Bellanova
4MEDJosé Mauri
PostoPaísXogador
5MEDItaliaGiacomo Bonaventura
10MEDHakan Çalhanoğlu
18MEDItaliaRiccardo Montolivo
21MEDLucas Biglia
27MEDItaliaRiccardo Forte
71MEDJuan Mauri
73MEDItaliaManuel Locatelli
79MEDCosta do MarfilFranck Kessié
7DIACroaciaNikola Kalinić
8DIAEspañaSuso
8DIAAndré Silva
11DIAItaliaFabio Borini
63DIAItaliaPatrick Cutrone
74DIAItaliaFrank Tsadjout
76DIAPortugalTiago Dias
75PORItaliaAlessandro Guarnone

Xogadores famosos

[editar |editar a fonte]
Paolo Maldini (1984–2009 )
Alessandro Nesta (2002–2012 )
Kaká (2003–2009)

Palmarés

[editar |editar a fonte]

Torneos nacionais

[editar |editar a fonte]
  • Serie A (18): 1901, 1906, 1907, 1950–51, 1954–55, 1956–57, 1958–59, 1961–62, 1967–68, 1978–79, 1987–88, 1991–92, 1992–93, 1993–94, 1995–96, 1998–99, 2003–04,2010–11.
  • Copa de Italia (5): 1966–67, 1971–72, 1972–73, 1976–77, 2002–03.
  • Supercopa de Italia (7): 1988–89, 1992–93, 1993–94, 1994–95, 2004–05, 2010–11, 2015–16.
  • Serie B (2): 1980–81, 1982–83.

Torneos internacionais

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Aínda que os anos efectivos sen título foron 36, xa que habería que descontar 1908, no que o equipo non participou, así como as dúas guerras mundiais, durante as que non houbo competición.
Referencias
  1. 1,01,1"Palmarés". 
  2. "Real Madrid, Al-Ahly, Boca y los equipos con más títulos internacionales | Goal.com"(encastelán). Consultado o2018-05-07. 
  3. "Mellores equipos do século XX según a IFFHS (en inglés)". Arquivado dendeo orixinal o 24 de maio de 2012. |urlarquivo= e|url-arquivo= redundantes (Axuda);|dataarquivo= e|data-arquivo= redundantes (Axuda)
  4. Di Cera, Giuseppe (2015).Il romanzo del grande Milan. Newton Compton.ISBN 978-88-541-8793-1. 
  5. 5,05,15,25,35,4Almanacco illustrato del Milan. Panini. 2005. 
  6. Di Cera, Giuseppe (2014).I campioni che hanno fatto grande il Milan. Newton Compton.ISBN 978-88-541-7069-8. 
  7. 7,07,1Di Cera, Giuseppe (2016).Il Milan dalla A alla Z. Newton Compton.ISBN 978-88-227-0188-6. 
  8. Di Cera, Giuseppe (2013).1001 storie e curiosità sul grande Milan che dovresti conoscere. Newton Compton.ISBN 978-88-541-5987-7. 
  9. 9,09,1Almanacco illustrato del calcio 2015. Panini Comics. 2015.ISBN 978-88-912-1454-6. 
  10. "Historia de San Siro (en italiano)". Arquivado dendeo orixinal o 01 de maio de 2018. 
  11. "Clasificación a metade de tempada (en alemán)". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  12. 12,012,112,212,312,4"Todas as finais do Milan (en italiano).". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  13. "Milanello, o centro deportivo do Milan (en italiano)". Consultado o 8 de maio de 2018. 
  14. "Recopa de Europa 1967-1968".transfermarkt. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  15. "Copa Intercontinental 1969-1970".transfermarkt.it. Consultado o 8 de maio 2018. 
  16. "O Milan e a "Fatal Verona": a historia de dous scudettos perdidos clamorosamente (italiano)".Sky. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  17. "O imbatible Perugia da 78-79, un record amargo (italiano)".Sky. Arquivado dendeo orixinal o 23 de abril de 2018. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  18. "O escándalo do Totonero (en español)".As.com. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  19. "Clasificación final da 81-82".fussballdaten.de. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  20. "Paolo Maldini".acmilan. Consultado o 8 de maio de 2018. 
  21. Tiziano, Crudeli (2005).Crudelmente Milan. 20 anni di passione rossonera. Libri di sport.ISBN 88-87676-48-8. 
  22. "La UEFA suspende al Milan por una temporada".El País(encastelán). 28/3/1991.ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  23. "Serie A - Die italienische erste Liga 1991/1992 - Der 34. Spieltag - Fussballdaten".Fussballdaten(eninglés). Consultado o2018-05-09. 
  24. "El Marsella, excluido de la Copa de Europa".El País(encastelán). 7/9/1993.ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  25. Tagliaferri, Guillermo."A 20 años de la máxima hazaña de Vélez"(encastelán). Consultado o2018-05-09. 
  26. "Gigantesco Liverpool".El País(encastelán). 26/5/2005.ISSN 1134-6582. Consultado o 9/5/2018. 
  27. "Bochorno italiano: El escándalo del “Calciopoli” y cómo afectó a grandes como Milan o Juventus".Deporte, y secreto(encastelán). 2016-11-17. Consultado o2018-05-09. 
  28. "El Milán gana por 2-1 al Liverpool en una final a la italiana. Noticias de Deportes".El Confidencial(encastelán). Consultado o2018-05-09. 
  29. Milan, AC."| News | AC Milan".AC Milan. Consultado o2018-05-09. 
  30. Milan, AC."| News | AC Milan".AC Milan. Consultado o2018-05-09. 
  31. "El Milan volvió a superar al Inter y conquista la Supercopa en Pekín - RTVE.es".RTVE.es(encastelán). 2011-08-06. Consultado o2018-05-09. 
  32. "Milan, è il 29° titolo di Berlusconi. E il primo di una generazione".La Gazzetta dello Sport - Tutto il rosa della vita(enitaliano). Consultado o2018-05-09. 
  33. "AC Milan: Berlusconi vende el Milan a Li Yonghong, un empresario chino".Intereconomia(encastelán). 2017-04-13. Consultado o2018-05-09. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=A.C._Milan&oldid=6927083»
Categorías:
Categorías agochadas:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp