Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

4AD

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
4AD
Tiposelo discográfico
Data de fundación1980
Fundador(es)Ivo Watts-Russell
SedeLondres
PaísReino Unido
Na rede
http://www.4ad.com/
Facebook: fouradTwitter: 4ad_officialInstagram: 4adYoutube: UC-T3JrzHtDeHAmspt1Zn40AEditar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

4AD é un selo discográfico independente británico que comezaron no ano1979 por Ivo Watts-Russell e Peter Kent, fundado porBeggars Banquet Records.[1] Na actualidade forma parte do Beggars Group, xunto conMatador Records,Rough Trade Records eXL Recordings.

Entre os artistas actuais de 4AD estánAriel Pink,The Big Pink,Blonde Redhead,Bon Iver,Camera Obscura,Deerhunter,Gang Gang Dance,The National,Scott Walker,St. Vincent,Twin Shadow etUnE-yArDs.

Historia

[editar |editar a fonte]

Ivo Watts-Russell e Peter Kent, empregados do selo e a tenda Beggars Banquet, fundaron Axis Records a finais de 1979 como propiedade de Beggars Banquet. Despois dos primeiros catro sinxelos de Axis, lanzados a comezos de 1980, o nome foi cambiado a 4AD cando se decataron de que a súa primeira elección estaba sendo usada por outra compañía musical. A solución a este problema chegou doflyer promocional que imprimiran para chamar a atención das novas edicións. O deseñador do mesmo engadira unha tipografía que xogaba co actual ano e coa idea de progreso:

1980 FORWARD1980 FWD1984 AD4AD

Buscando un novo nome, Ivo mirou oflyer e suxeríu "4AD." Peter Kent estivo de acordo, e, con esa r´´apida decisión, nacía 4AD.

A idea inicial para o selo era a de servir como "campo de probas" para Beggars Banquet; os artistas exitosos promocionaríanse cara Beggars Banquet despois dun ano en 4AD. A única banda que seguiu ese camiño seríaBauhaus, que asinou con Beggars Banquet a fianis de 1980, xusto antes de que Ivo e Peter adquirisen a etiqueta por completo.

Os dous convertéronse nos únicos propietarios durante aproximadamente un ano. Kent vendeu a súa parte a Watts-Russell a finais de 1981, e iniciuo unha nova subsidiaria de Beggars Banquet, Situation Two Records. Watts-Russell mantivo a propiedade de 4AD e foi o seu presidente ata finais dos anos 90.

Watts-Russell convidou ao deseñador gráfico Vaughan Oliver a crear o logotipo do selo, e como resultado 4AD conseguiu rapidamente unha identidade visual distintiva. Os seus artistas, comoCocteau Twins eDead Can Dance, desenvolveron un substancial seguimento de culto cara mediados dos anos 80, pero 4AD continuou evolucionando e, despois de asinar conThrowing Muses ePixies, a etiqueta concentrouse ba música rockunderground estadounidense. En 1983 4AD tivo un pequeno éxito nosEstados Unidos co sinxelo deModern English "I Melt With You". En 1987 4AD tivo un número 1 noReino Unido co tema "Pump up the Volume" deM|A|R|R|S.

Nos anos 90 4AD estableceu unha oficina nosÁnxeles e conseguiu o éxito con bandas comoThe Breeders,Red House Painters,Unrest eHis Name Is Alive. En 1999 Watts-Russell vendeu a súa parte da compañía ao Beggars Group, pero o selo continuou editando música e fíxose con novos artistas para o seu repertorio.

No ano 2008 o Beggars Group recoñeceu que 4AD era o seu selo máis prestixioso e exitoso, e re-estruturou o grupo para que varias das súas etiquetas, incluída a propia Beggars Banquet, se integrasen en 4AD. Bandas comoStereolab eThe National asinaron entón con 4AD como parte desa fusión.

Artistas

[editar |editar a fonte]

Actuais

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Aston, Martin. The Guardian, ed."4AD: the 'pure' label behind Pixies and Cocteau Twins". Consultado o 1 de outubro de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar |editar a fonte]
Control de autoridades
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=4AD&oldid=6794056»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp