Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

1810

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1810
Calendario gregoriano1810
MDCCCX
Ab urbe condita2563
Calendario armenio1259
Calendario chinés4506 – 4507
Calendario hebreo5570 – 5571
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1865 – 1866
 ·  Shaka Samvat1732 – 1733
 ·  Kali Yuga4911 – 4912
Calendario persa1188 – 1189
Calendario musulmán1225 – 1226
Calendario rúnico2060
Década de 1810
180618071808180918101811181218131814

Acontecementos

[editar |editar a fonte]
Proezas de Galicia (PDF).

Galiza

[editar |editar a fonte]
  • O10 de febreiro prodúcese enFerrol unha sublevación dos traballadores dos estaleiros e do mestrado logo de levar tempo sen cobrar. A multitude asaltou a residencia do comandante xeneral, José de Vargas, levouno ata o edificio onde estaba o cárcere e o concello onde foi apuñalado, e deixou o cadáver diante da porta do estaleiro. No xuízo celebrado o ano seguinte na Audiencia da Coruña, un home e dúas mulleres foron condenados a morrer na forca coma instigadores da revolta. Unha das mulleres,Antonia Alarcón, foi ademais decapitada e exposta a súa cabeza en lugar público para atemorizar á poboación.
  • O1 de marzoVigo recibiu o título de cidade tralo comportamento heroico durante aguerra da independencia, engadíndoselle ó seu lema "leal e valorosa".
  • O30 de maio ten lugar naCoruña un levantamento patriótico, un de cuxos principais instigadores foiSinforiano López que hoxe en día dá o seu nome a unha rúa da cidade.
  • O2 de novembro por mor dun temporal, afunden naría de Viveiro afragata Santa María Magdalena e o bergantín Palomo, que formaban parte da frota anglo-española destinada a defender as costas doCantábrico dos navíos franceses. Morreron un total de 550 mariñeiros (480 da fragata e 70 do bergantín) o que a converte nunha das maiores catástrofes marítimas ocorridas nas costas galegas.
  • Sae do prelo da coruñesa imprenta Vila o primeiro libro impreso en lingua galega de autor coñecido. Trátase deProezas de Galicia deXosé Fernández Neira.

España

[editar |editar a fonte]
  • EnCataluña a Xunta Suprema do principado, reunida na localidade deSolsona, reclama a devolución dos seus foros e privilexios tradicionais, xunto coa imposición do sistema federativo enEspaña. Nin en Cádiz, nin nas filas francesas atopan ningún eco as súas propostas. Cataluña acaba sendo incorporada aFrancia, dividida en catro departamentos e sometida á administración civil do imperio, cousa que non se realiza con ningún outro territorio español.
  • O24 de setembro na cidade deCádiz, coa asistencia de 105 deputados, inaugúranse as sesións das Cortes xerais extraordinarias, en realidade constituíntes, na Illa de León (Cádiz). Promovidas dende o inicio daguerra da independencia pola Xunta Central, a súa convocatoria atrasouse debido ao enfrontamento entre os que pretendían unhas Cortes constituíntes e os que avogaban polas tradicionais; discusión que permaneceu en todo o período de sesións. Os primeiros actos das Cortes constituídas foron afirma-la soberanía nacional, que nelas reside, co cal o goberno da nación emana delas, e designar aFernando VII como rei lexítimo deEspaña. AsCortes de Cádiz representan o primeiro e máis importante intento de acabar coantigo réxime e implanta-loliberalismo burgués en España a través daConstitución.

Francia

[editar |editar a fonte]
  • O matemático francésJoseph Fourier expón as primeiras series trigonométricas, que aplica á resolución de problemas físicos, especialmente sobre a propagación do movemento en cordas vibrantes e a propagación da calor. Estes traballos constitúen unha introdución ao concepto moderno defunción, áanálise funcional e ócálculo integral. Coa aparición da "Teoría analítica da calor" no1822, primeiro estudo matemático da propagación da calor nos sólidos, Fourier establece as ecuacións do movemento uniforme da calor. O emprego das súas series trigonométricas permite desenvolver enseries converxentes certo tipo de funcións descontinuas, unha análise fundamental para afísica matemática e de gran repercusión no estudo dos fenómenos eléctricos.
  • Napoleón ordena destruí-lo manuscrito "De l'Allemagne", deMadame Staël. A baronesa Germaine de Staël-Hoistein, que nacera o22 de abril de1766 enParís, chamada comunmenteMadame de Staël, pronto toma partido pola revolución de1789, participa en intrigas políticas e esperta a desconfianza do poder local ao publicar en1802 a súa novela "Delphine", onde deixa translucir as súas fortes conviccións liberais e afírmase no seu prestixio intelectual. Tralo seu fracasado intento de se-la inspiradora da política de Napoleón durante os anos do Consulado, en 1810 intenta publicar o seu ensaio titulado "De l'Allemagne", pero a policía imperial confíscao e destrúeo. Nel, a autora exhorta os intelectuais franceses a manifestar a súa confianza na liberdade e a asinar, segundo o modelo alemán, a superioridade do espírito sobre a materia. Considera queFrancia, cansada pola revolución, perdeu esta fe na liberdade creadora individual, a mesma que permitiu aAlemaña, aínda que dividida politicamente, atopar no sentido de unidade nacional as forzas necesarias para a súa recuperación.
  • O2 de abril celébranse na capital francesa, con gran pompa, as segundas nupcias do emperadorNapoleón I, con 40 anos de idade, coa arquiduquesaMaría Luísa, 22 anos máis xove, filla do emperador austríacoFrancisco I e deMaría Tareixa de Nápoles. Con este matrimonio, Napoleón lexitima o seu título de emperador e obtén unha serie de importantes vantaxes políticas. Froito deste matrimonio, nacerá o20 de marzo de1811 o único descendente de Napoleón,Napoléon François Charles Joseph Bonaparte, quen recibirá o título de rei deRoma nada máis nacer. Nomeado sucesor ó trono de Francia polo seu pai só chegou a reinar entre o22 de xuño e o7 de xullo de1815, morrendo moi novo detuberculose, o22 de xullo de1832, cando contaba 21 anos. Napoleón estivera casado anteriormente conMarie Josèphe Rose Tascher de La Pagerie, viúva do vizcondeAlexandre de Beauharnais, sen que tiveran fillos. A voda celebrárase apresuradamente o9 de marzo de1796, o día anterior á coroación do emperador. Estiveron casados durante 14 anos ata que o tribunal eclesiástico de París anulou o matrimonio en1809. Xosefina sempre tivo grande ascendente sobre Napoleón, mesmo despois da separación, ata a súa morte en1814 enMalmaison, onde se retirara logo da separación.

Inglaterra

[editar |editar a fonte]
  • O3 de marzo chega aGran Bretaña o escritor español José María Branco Crespo, máis coñecido comoBlanco White, logo de que partira deCádiz ante a invasión deAndalucía polas tropas francesas. Nado enSevilla o11 de xuño de1775, Blanco White viña dunha familia de orixe irlandesa. A instancias dos seus pais, ordenousesacerdote, e no1801 gañou por oposición unha coenxía enCádiz, que máis tarde abandonou para marchar á capela real de San Fernando (enSevilla). Durante a guerra da Independencia colaborou co xornal sevillano "El Semanario Patriótico", que dirixía Quintana, a cuxos faladoiros adoitaba asistir. Xa enInglaterra comezou a publicar nas revistas "O Español" e, máis tarde, "Variedades", onde defendeu a independencia das colonias iberoamericanas, editou textos medievais españois e publicou importantes ensaios. Home contraditorio (Menéndez Pelayo considerábao un verdadeiro heterodoxo), as súas crenzas relixiosas sufriron sucesivas revoltas, converténdose primeiro aoanglicanismo e logo ao unitarismo. Malia a súa longa e definitiva permanencia en Inglaterra (Blanco White morrería enLiverpool no1841), España foi unha referencia constante e obsesiva na súa obra. A pesar de que o seu texto máis famoso, osoneto "Night and Death" ("Mysterious Night! when our first parent knew"), está escrito eninglés, nunca deixou de escribir encastelán. De tendencianeoclásica nos seus inicios españois, a posterior influencia do romanticismo inglés converteuno no primeiro poetaromántico español. O radicalismo de moitas das súas ideas fixo que a súa obra fose practicamente descoñecida enEspaña, ata a edición da súa "Obra inglesa" (1972), ao coidado deJuan Goytisolo.

Escocia

[editar |editar a fonte]
  • EnRuthwell (Escocia), dátase neste ano a creación da primeiracaixa de aforros. O reverendoHenry Duncan foi o seu impulsor. As caixas de aforros nacen coa intención de recoller e gardar odiñeiro dos obreiros, a cambio duns pequenos xuros. Non teñen, a diferenza dosbancos, un fin lucrativo e os seus beneficios son empregados en obras sociais. O exemplo da institución de aforro escocesa será rapidamente imitado en todo oReino Unido e posteriormente espallarase enEuropa. O parlamento británico promulgará unha lei en1817, na que se apoia e fomenta a creación de caixas de aforros. A necesidade deste tipo de institucións fora teorizada, anos antes da fundación da caixa de Ruthwell, polo político e economista inglésJeremy Bentham. Os pequenos aforros dos obreiros ingleses estaban protexidos.

Alemaña

[editar |editar a fonte]

Suecia

[editar |editar a fonte]
  • O21 de agosto, o Parlamento sueco, reunido na cidade deÖrebro, acepta a proposta do reiCarlos XII, de 63 anos e sen fillos, e designa príncipe herdeiro un francés católico, antigo republicano e agora mariscal deNapoleón e cuñado seu. Trátase do mariscal Charles Jean-Baptiste Bernadotte, duque dePontecorvo, de 43 anos, quen chegaría a reinar co nome deCarlos XIV. A elección de Bernadotte mostra o peso que adquiriu Napoleón I enEuropa: para boa parte do pobo sueco, unha alianza co poderoso emperador dos franceses garante ao país a súa independencia e a posibilidade de recuperarFinlandia, que permanece en poder dos rusos. Bernadotte realizou unha brillante carreira militar; tiña apenas 30 anos cando foi ascendido axeneral de división, e considerábano un dos poucos posibles rivais de Napoleón. Tivo unha participación moi destacada na guerra contra a segunda coalición tendo ao seu mando o exército doRhin, antes de ser designado ministro da Guerra, en1799. En1805 mandou un dos corpos daGrande Armée, e a súa actuación durante as campañas de1806 e1807 considérase decisiva, aínda que algúns lle reprochan permanecer inactivo durante aBatalla de Jena. Talvez ese feito explique por que foi relevado do mando do noveno corpo doexército e por que rompeu con Napoleón. Para o emperador, o traslado de Bernadotte aEstocolmo fai desaparecer un motivo de friccións internas e, ao mesmo tempo, parece estender a súa influencia enEuropa. Bernadotte tivo que converterse aoluteranismo para acceder ao trono sueco.

Resto de Europa

[editar |editar a fonte]
  • O20 de febreiro foi executadoAndreas Hofer, nado en1767 enSt Leonhard in Passeier, xefe popular da rebelióntirolesa contraFrancia eBaviera. Cando o seu país foi entregado a Baviera, Hofer encabezou unha insurrección armada e, co apoio dos austríacos, derrotou os bávaros noMonte Isel, preto deInnsbruck, enmaio de1809. O antigo soldado austríaco, dono dun hostal noval do Passeier, converteuse así en dono da provincia. Pero os acordos de paz asinados enSchönbrunn cambiaron a situación: o Tirol quedou en mans das tropas francesas dirixidas polomariscal Lefebvre. Hofer recorreu entón á guerra de guerrillas e mantivo en xaque os invasores, grazas ao apoio popular de que gozaba. Mediante emboscadas e audaces golpes de man, os guerrilleiros lograron inflixir importantes perdas aos franceses, e mantiveron vivo o espírito de resistencia contra o invasor. As súas fazañas militares contra un inimigo moi superior en número e en armamento converteron a Hofer nun heroe case mítico, cuxo culto se mantería durante anos. Con todo, vítima da traizón dun dos seus veciños, o xefe tirolés caeu en poder dos franceses. Pouco despois foi conducido aMantua, onde foi fusilado nese mesmo día.
  • O30 de xuño,Lois Bonaparte abdica do seu título derei de Holanda. Este reino fora creado porNapoleón o5 de xuño de1806.
  • Enxullo, logo da abdicación de Lois Bonaparte e tras un breve reinado de 12 días do seu filloNapoleón Lois Bonaparte, Napoleón incorpora osPaíses Baixos ao Imperio francés estruturados en 8 departamentos. Nomea gobernador xeral aCharles-François Lebrun, un antigo cónsul, que terá que facer fronte ao descontento provocado polo bloqueo continental.
  • O31 de decembro otsarAlexandre I rompe o bloqueo continental e abre os portos rusos ao comercio dos países neutrais, á vez que prohibe a entrada dos produtos franceses enRusia. A actitude rusa responde, entre outros motivos, ao malestar que causou no tsar a creación doGran Ducado de Varsovia, o matrimonio deNapoleón coa arquiduquesa María Luisa de Austria, e as consecuencias que o bloqueo está carreando á economía rusa.

América

[editar |editar a fonte]
  • A case totalidade das colonias españolas enAmérica convulsiónanse baixo movementos de carácter independentista, coma os iniciados enCaracas (19 de abril),Buenos Aires (25 de maio),Bogotá (20 de xullo).Santiago de Chile (18 de setembro) ouQuito (19 de setembro) entre outros. DendeMéxico, o cregoMiguel Hidalgo encabeza ensetembro unha sublevación contra o vicerreiFrancisco Xavier Venegas, quen loitara contra o francés nabatalla de Bailén e que á volta de América foraCapitán Xeneral de Galicia. O movemento, que nun principio se presenta cun carácter realista en apoio deFernando VII, desemboca nun movemento independentista. En Bos Aires comeza a publicarse regularmente, dende o7 de xuño co apoio das autoridades, "La Gaceta de Buenos Aires", que tivera unha efémera aparición en1781. Por fin as rúas da cidade poden dispoñer dun xornal de carácter legal e ordinario.
  • NaIlla de León (Cádiz), onde se trasladara dendeSevilla a causa do inminente ataque francés, a Xunta Central Suprema decretou o25 de maio a súa autodisolución e nomeou un Consello de Rexencia (que xa estaba a traballar desde o29 de xaneiro). Co territorio peninsular practicamente en mans deNapoleón e, desaparecida aXunta de Sevilla, perante unha rexencia de discutible lexitimidade e eficacia, os sectores crioulistas independentistas achaban canle propicia para comezar a impoñe-la súa política. Pero tamén entre os leais partidarios da coroa cundiu a alarma pola conquista francesa, e a prevista formación de xuntas de goberno en situacións críticas presentóuselles como solución. Os independentistas entenderon, con todo isto, que era necesario manter a aparencia de lealdade ó rei, a máscara deFernando VII (como chegaría a chamarse). EnBuenos Aires, cabeza do vicerreinado doRío da Prata, convocouse un cabido aberto o22 de maio a instancias de notables crioulos. Pero a decisión de manter o vicerreiBaltasar Hidalgo de Cisneros como presidente da Xunta provocou unha reacción popular. O25 de maio diante do cabido, unha multitude esixe a destitución do vicerrei e a formación dunha nova xunta cuxos membros serían os dunha lista xa redactada. Ante isto, Cisneros renunciou e quedou establecida a primeira xunta patria que foi presidida porCornelio Saavedra.
  • O20 de xullo a poboación deSanta Fe de Bogotá sublévase contra as autoridades coloniais españolas, e convoca un cabido aberto antepoñendo as causas iniciadas polo incidente doFloreiro de Llorente. As primeiras medidas son a creación dunha Xunta Suprema do reino deNova Granada, a liberación do cóengoAndrés María Rosillo, preso polas súas ideas liberais, e a prisión do vicerreiAntonio José Amar y Borbón. A convocatoria do cabido aberto de Santa Fe de Bogotá constitúe o inicio do movemento emancipador de Nova Granada.
  • Miguel Hidalgo, crego da cidade deDolores Hidalgo, na intendencia mexicana deGuanajuato, decátase de que foi descuberta a conspiración tramada enQuerétaro contra as autoridades coloniais e decide proclama-la loita aberta. Así, na primeira misa do16 de setembro lanza o seu berro de guerra:"Viva América e morra o mal goberno!", "Viva a nosa Santísima Nai de Guadalupe!". Os realistas, máis tarde, oporíanse ó culto da Virxe india e cambiaríanlle o nome polo de Virxe dos Remedios. Logo de tomarCelaya o22 de setembro, Hidalgo é designado capitán xeneral e asume a dirección política do movemento. Secúndao no mando militarIgnacio Allende. Non tarda Hidalgo en gañarse á maioría dos indios da rexión, que chegarían a sumar uns 50 000 combatentes. A achega indíxena constitúe un trazo singular, non repetido nas loitas pola independencia doutras rexións da América hispana. Trala toma deGuanajuato (o28 de setembro), Hidalgo declarou abolida a escravitude e os tributos dos indios. Mentres, o vicerrei organiza as súas forzas co apoio da aristocracia hispana e crioula. PerdidaGuadalaxara, onde formaran goberno, os líderes patriotas foxen aZacatecas. Hidalgo, relevado pola súa impericia no mando militar, é capturado con outros xefes enAcatita de Baján o21 de marzo de1811. Tras dun xuízo militar fusiláronos enChihuahua o30 de xullo de 1811.
  • O2 de novembro, o presidenteestadounidenseJames Madison, que sucedeu nas eleccións do4 de marzo de1809 aThomas Jefferson, restablece a liberdade de comercio co imperio francés. É unha forma de opoñerse á actitude británica, que está apoiando a rebelión do xefe indioTecumseh e impón a inspección dos buques estadounidenses, por medio do dereito de visita.

África

[editar |editar a fonte]
  • Shaka, rei doszulús que estará no poder ata1828, funda enÁfrica austral un imperio sanguinario, coñecido comoZululandia. Transformará o seu pobo nunha nación militar que, trala súa morte, fundará varios reinos na rexión dosGrandes Lagos. A maioría deles estarán enfrontados no1879.

Nacementos

[editar |editar a fonte]

Data descoñecida

[editar |editar a fonte]

Mortes

[editar |editar a fonte]

Outros

[editar |editar a fonte]

Breves

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. "Johann Baptist Ritter von Spix"(en alemán). Arquivado dendeo orixinal o 29 de marzo de 2016. Consultado o 18 de xuño de 2016. 

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  1810Modificar a ligazón no Wikidata
AGalifontes posúe textos orixinais acerca de:  1810

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
XVI 
 
 XVII 
 
 XVIII 
 
 Século XIX 
 
 XX 
 
 XXI 
 
 XXII
Década de 1900
1900 · 1901 · 1902 · 1903 · 1904 · 1905 · 1906 · 1907 · 1908 · 1909
Década de 1890
1890 · 1891 · 1892 · 1893 · 1894 · 1895 · 1896 · 1897 · 1898 · 1899
Década de 1880
1880 · 1881 · 1882 · 1883 · 1884 · 1885 · 1886 · 1887 · 1888 · 1889
Década de 1870
1870 · 1871 · 1872 · 1873 · 1874 · 1875 · 1876 · 1877 · 1878 · 1879
Década de 1860
1860 · 1861 · 1862 · 1863 · 1864 · 1865 · 1866 · 1867 · 1868 · 1869
Década de 1850
1850 · 1851 · 1852 · 1853 · 1854 · 1855 · 1856 · 1857 · 1858 · 1859
Década de 1840
1840 · 1841 · 1842 · 1843 · 1844 · 1845 · 1846 · 1847 · 1848 · 1849
Década de 1830
1830 · 1831 · 1832 · 1833 · 1834 · 1835 · 1836 · 1837 · 1838 · 1839
Década de 1820
1820 · 1821 · 1822 · 1823 · 1824 · 1825 · 1826 · 1827 · 1828 · 1829
Década de 1810
1810 · 1811 · 1812 · 1813 · 1814 · 1815 · 1816 · 1817 · 1818 · 1819
Década de 1800
1800 · 1801 · 1802 · 1803 · 1804 · 1805 · 1806 · 1807 · 1808 · 1809
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1810&oldid=6964740»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp