Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

1806

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1806
Calendario gregoriano1806
MDCCCVI
Ab urbe condita2559
Calendario armenio1255
Calendario chinés4502 – 4503
Calendario hebreo5566 – 5567
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1861 – 1862
 ·  Shaka Samvat1728 – 1729
 ·  Kali Yuga4907 – 4908
Calendario persa1184 – 1185
Calendario musulmán1221 – 1222
Calendario rúnico2056
Década de 1800
180218031804180518061807180818091810

1806 (MDCCCVI) foi un ano común comezado enmércores segundo ocalendario gregoriano.

Acontecementos

[editar |editar a fonte]

Reino Unido

[editar |editar a fonte]
  • O almirante e meteorólogo irlandésFrancis Beaufort (nado no ano1774 e finado1857) crea e pon a punto unha escala graduada para medir a velocidade do vento. Aescala proposta por Beaufort está divida por 12graos (aínda que algún autor propón 13 - de se contar co grao "0"-) que abranguen a velocidade dovento dende "0 km/h para a calma" ata "118 km/h para ofuracán". A escala pronto comezou a utilizarse universalmente.
  • O23 de xaneiro o político británicoWilliam Pitt, o Novo, primeiro ministro dende1783 ata1801 e dende1804 ata a súa morte, falece enLondres con 46 anos de idade. Parlamentario desde1781 como "whig" independente, Pitt é nomeado primeiro ministro con 24 anos de idade, o feito veulle tras contribuír á caída da coalición ministerial Fox-North e polos seus argumentos enérxicos xunto aos habituais razoamentos como home de estado. Pitt toma o mando da política deGran Bretaña durante as guerras da revolución francesa. Pola confianza que lle dá o rei acompañado dunha sólida maioría no Parlamento, dan lugar a que o poder político decisorio pase baixo el ás mans do primeiro ministro. Prontamente toma o mando dun grupo de políticos reformistas, e ocúpase de restablece-lo equilibrio nas finanzas conseguindo mellora-la situación económica do seu país trala perda na guerra de Independencia norteamericana.
  • O16 de maio o consello de ministros británico, dirixido polo LordWilliam Wyndham Grenville (antigo ministro de Asuntos Exteriores de Pitt), decreta o bloqueo dos portos europeos, dendeBrest ataHamburgo. O chamado "ministerio de tódolos talentos", formado á morte de William Pitt (o novo); e que agruparía os partidarios de Pitt, de Addington e de Fox (tan só se mantería no poder un ano, pero lograría suprimir a trata deescravos en1807), non atopa outra forma para asegura-lo comercio e prevenilo contra un posible ataque francés que impoñerse por medio da súa poderosa mariña.

Venezuela

[editar |editar a fonte]
  • No primeiro semestre deste ano, o xeneralFrancisco de Miranda (que intentará en dúas ocasións, sen éxito, organiza-lo alzamento nas colonias venezolanas contra a dominación española) non ten posibilidade de facer fronte ao exército que avanza dendeCaracas na súa procura. Miranda volve embarcar cara a Trindade con voluntarios que viñeran dende osEstados Unidos, onde preparara a expedición liberadora coa axuda do presidente Jefferson (quen buscou como aliado polo consello o primeiro ministro británico Pitt). Pitt estaba interesado en forzar aos Estados Unidos, xa comprometidos co tema de Miranda, en entrar na guerra contraFrancia eEspaña; porén, Pitt desbotaba o proxecto de crear unhaAmérica baixo o auspicio da coroa británica coma unha monarquía parlamentaria. Pero a entrada en escena dun universitario e militar, nado en Caracas no1750, de nome Miranda, e que viaxara por España no1771 servindo o exército peninsular ata1780 no que foi enviado a loitar contraGran Bretaña na guerra de independencia estadounidense, mudou todo ao respecto. Pola súa contra, Miranda, que grazas aos seus contactos con Jefferson e Hamilton, dos que xurdiu o proxecto da independencia venezolana, volve a Europa, onde participa na revolución francesa obtendo o grao de mariscal. Encarcerado polos xacobinos, puido librarse daguillotina. Creou en Londres (onde coñeceu a Bolívar) a Gran Reunión Americana (unhaloxa masónica que propugnaba, unha vez obtida a independencia, a unión de toda a América hispana).
  • Francisco de Miranda intenta apoderarse deVenezuela, contaba para iso co apoio económico doReino Unido e o visto e prace deEstados Unidos. Logo de saír en febreiro deNova York con 200 unidades, tenta desembarcar en Ocumare (en abril, feito que resulta un fracaso). Pero vese na obriga de refuxiarse na Illa de Granada e, posteriormente (na Illa de Barbados) recibe a axuda do almirante Cochrane. Despois do intento de conquista de Coro, no que consegue ocupala dez días (en agosto), Miranda volve ao Reino Unido, onde se xuntará conSimón Bolívar nos preparativos independentistas.

Europa

[editar |editar a fonte]

Francia

[editar |editar a fonte]
  • EnFrancia o físico,Charles de Coulomb (nado en Angoulème un14 de xuño de1736 e finado enParís o23 de agosto de 1806), enxeñeiro militar que construíu o forte Bourbon naMartinica. Pero deixou o exército e se adicou ás investigacións científicas, ocupándose domagnetismo, o roce e daelectroestática. Nos seus estudos e experiencias descubriu a lei que lle fixo famoso (alei de Coulomb); que indica as atraccións mutuas, de atracción ou repulsión, de dous corpúsculoseléctricos, cuxos valores son inversamente proporcionais aoscadrados das distancias que os separan. Tamén desenvolveu a teoría da electrificación superficial dos condutores. No1789, tras facer estudos sobre a acción do campomagnético terrestre na que emprega unhaagulla imantada, introduciu a noción do momento magnético. Tamén creou a teoría da polarización e foi nomeado membro do Instituto.
  • Desde queNapoleón I Bonaparte fora coroado como emperador dos franceses (o2 de decembro de1804), eleva a toda súa familia á dignidade real poñendo sobre as súas cabezas as coroas dos estados dependentes deFrancia; pouco importaba que eses estados tivesen outro idioma, outra tradición política e outros costumes diferentes a Francia, e por iso rexeitaban con todas as súas forzas a idea dun rei, un goberno e unha administración estranxeira. Porén, estas consideracións non son válidas para Napoleón, quen tan só desexa poñer aEuropa baixo o seu dominio. Para iso necesita persoas que sexan leais á súa persoa, que cumpran as súas ordes e, que estean capacitadas para impoñe-lo dominio francés sobre as demais nacións. Desconfiado por natureza, non cre na lealdade á súa persoa da maioría dos xenerais que o auxilian, nin tampouco confía na súa capacidade política; ademais de ver neles unhas persoas de ambicións escrupulosas, polo que non desexa entregarlle un excesivo poder. Tal situación, vese na obriga de acudir aos seus irmáns que, con escasa experiencia política, polo menos lle son fieis e préstanlle bos servizos. Seu irmán máis vello,Xosé, negociou no seu nome tratados conAustria eGran Bretaña obtendo bos resultados. Seu irmánLuciano ocupaba a presidencia do Consello do Cincocentos o 18 debrumario (9 de novembro1799 no calendario revolucionarios francés), data en que Napoleón fixo un golpe de estado, e dende o seu posto de presidente Luciano impediu que se celebrara unha votación con fin de condena-la toma de poder.Lois, dedicado tamén á carreira militar, e que xa o acompañara na súa campaña aExipto como axudante, e máis tarde (no1805), estivo como gobernador xeral dePiemonte (cargo que desenvolveu con acerto). Para iso, tras realizar unha calculada expansión nos territorios circundantes a Francia, instala como soberanos dos mesmos os seus irmáns. O30 de marzo de 1806, José obtén a coroa deNápoles que abandona no1808 pola deEspaña. En Nápoles, Napoleón coloca entón a Xaquín Murat, home da súa irmáCarolina. Nin que dicir ten para as demais irmás (Paulina eElisa). No 1806 aRepública Bátava, estado dependente de Francia, convértese noreino de Holanda, de cuxa coroa faise cargo Luís. EnAlemaña,Xerome é proclamado rei deWestfalia (feito que ocorrería o18 de agosto1807), estado formado recentemente con parte dos territorios dePrusia,Hannover eHesse-Kassel. Deste modo, Napoleón colocou nos estados "tapón" entreFrancia ePrusia, e demais territorios veciños, as persoas que máis confianza lle ofrecían. Porén, as súas esperanzas víronse defraudadas, xa que seus irmáns non se contentan con ser simples peóns da súa política, senón que intentan gobernar con estilo propio, e levar adiante as ideas que posúen, antagónicas ás veces ás do emperador.
  • O13 de febreiroNapoleón Bonaparte enfróntase ao papaPío VII coma consecuencia das súas reservas ante o anuncio da aparición do "Catecismo Imperial", que será proclamado o4 de abril, e no que aparece Napoleón definido como ministro deDeus naTerra.
  • O22 de agosto morre na cidade deParís o pintor francés,Jean-Honoré Fragonard (que nacera un5 de abril de1732 en Grasse). Durante a súa aprendizaxe recibiu influencias dalgúns pintores famosos da súa época (Chardin,Boucher eNatoire). Neste período de aprendizaxe adicouse sobre todo a copia-las obras dos grandespintoresbarrocos italianos eflamengos. Entre1765 e1772 centrou os seus cadros en temas de paisaxes e nus, nos que revela unha moderna sensualidade mediante a utilización de tons tenues, alternando entre os rosáceos e os perláceos ("La cómica estirada", no museo deLouvre,París). Foi máximo expoñente do decadentismorococó, conseguindo algúns do cadros máis famosos do estilo, que resaltan polo seucromatismo chispeante, especialmente poético ("Alegorías", no museo Louvre,París; "A rapaza que le", no museo National Gallery,Washington).

Países Baixos

[editar |editar a fonte]
  • O5 de xuño O emperador Napoleón I transforma aRepública Bátava noreino de Holanda e nomea rei da mesma a seu irmánLois Bonaparte (nado no ano1778 e morto no1846) que, dende1805 vive como gobernador xeral noPiemonte. Luís, que é o terceiro irmán deNapoleón I sufrirá o bloqueo continental nese mesmo ano, polo que irremisiblemente entrará nunha oposición crecente cara seu irmán Napoleón. Trata de defende-los intereses do país polo que gaña o aprecio do seus súbditos; porén, tras varios intentos de convencer a seu irmán (máis preocupado pola estratexia militar e os seus intereses) de que está a perde-lo tempo contraGran Bretaña. Luís ve o seu país invadido polas tropas imperiais que o fan renunciar ao trono o30 de xuño1810 no favor de seu fillo Lois Bonaparte (futuro Napoleón III); polo que fuxirá abandonando as responsabilidades do reino.

África do Sur

[editar |editar a fonte]
  • Gran Bretaña ocupa definitivamente a colonia do Cabo, que no1803 devolverá temporalmente áRepública Bátava. Os colonizadores británicos aséntanse, poñendo na súa preferencia, a fronteira que delimita o imperioxhosa.

Serbia

[editar |editar a fonte]
  • Durante o levantamento dos serbios iniciado no1804 baixo o mando de Karagjogje (máis coñecido coma Xurxo o Negro) contra o dominio estranxeiro dos otománs, os insurxentes ocupanBelgrado. Este levantamento popular remata no1813 e Karagjogje emigra aAustria pero será asasinado no1817 cando volve secretamente aSerbia para organizar unha insurrección xeral nosBalcáns.

Prusia

[editar |editar a fonte]
  • O26 de setembro o reiFrederico Guillerme III de Prusia esixe aFrancia que desaloxe os territorios alemáns da beira dereita doRin. O9 de outubro, ao non atender Francia a esixencias do rei prusiano, Frederico Guillerme III publica un manifesto de guerra contra Francia, polo que se inicia a cuarta guerra de coalición.
  • O21 de novembro o emperador de Francia,Napoleón I, promulga un decreto que declara o bloqueo continental contraInglaterra. A partir de agora, queda prohibido o intercambio comercial conGran Bretaña e a entrada de mercadorías británicas en tódolos portos do continente. A estratexia napoleónica consiste en privar aLondres da súa principal arma, a súa potencia comercial, colléndolle os mercados europeos. O decreto do emperador divide Europa en dous bloques rivais:Inglaterra, que mantén o dominio oceánico contando, ademais, con relacións privilexiadas conPortugal (que é outra das grandes potencias marítimas),Sicilia eSardeña, asegura a súa presenza noMediterráneo. Pola súa contra, o bloque rival, estruturado en torno a Francia, controla na práctica todo o continente:Dinamarca,Austria eRusia manifestaron a súa intención de respecta-las disposicións do decreto deBerlín. Mentres tanto, a política imperial francesa non se limita a espera-los resultados do bloqueo. Para Napoleón, esa medida tiña que ser completada coa formación de novos estados vasalos. No1807 decrétase a anexión deEtruria, ocupada polosEstados Pontificios, conquista Portugal e disponse a conquistarEspaña. No verán de1807, o volume de exportacións británicas diminuíra un 20 %. Pouco despois, comezaría a quedar claro que o bloqueo tiña efectos paradoxais paraGran Bretaña e para o continente. O comercio inglés, limitado fortemente enEuropa, obtén o monopolio de gran parte dos produtos das colonias polo que encontra novos mercados laterais, grazas ao predominio que sobre os mares exerce a mariña real. Por outra parte, ao quedar eliminada a competencia británica, o comercio e a industria do continente coñecen unha etapa de pleno desenvolvemento;Francia,Alemaña eSuíza comezan a dispoñer dunha industria téxtil que multiplica por catro o volume de produción nos primeiros anos do bloqueo. Para o pobo das chairas do continente, as consecuencias do decreto napoleónico mídense por outro lado; a falla doalgodón e da cana deazucre (mercadorías coloniais monopolizadas polos ingleses), repercute de forma nada favorable nas capas de poboación, polo que o bloqueo tamén ten un efecto distorsionador sobre o conxunto da economía, e favorece a aparición do mercado negro xunto coas máis diversas corrupcións. EnAlemaña, a política do bloqueo permite o florecemento de grandes centros de comercio clandestino (Bremen,Hamburgo eFrankfurt. De feito, Napoleón veríase na obriga de instalar máis de 200 000 postos aduaneiros, con miles e miles de axentes esoldados, para asegura-lo cumprimento do decreto promulgado en Berlín. Dende o punto de vista estratéxico, a sorte do bloqueo contraInglaterra íase xogar enEspaña: a mariña británica controlaba oEstreito de Xibraltar, lonxe do alcance dos exércitos napoleónicos. A conquista de España sería logo nunha necesidade perentoria para Napoleón, despois de obrigar a abdicar aCarlos IV eFernando VII, impuxo no trono español aXosé Bonaparte. Pero a sublevación do pobo español (na noite do2 ó3 de maio de1808), foi toda unha oportunidade para o exército británico para intervir, o que impuxo un novo xiro ao conxunto da situación europea. A ambiciosa táctica do bloqueo continental contraGran Bretaña mostraba as súas primeiras debilidades e, o prestixio de Napoleón comezaba a entrar nunha zona de sombras.

América

[editar |editar a fonte]
  • NosEstados Unidos ocorre que un23 de setembro chegan os exploradores norteamericanosMeriwether Lewis eWilliam Clark á cidade deSaint Louis tras unha viaxe de exploración, no curso da cal logran chegar ata a costa doPacífico. A viaxe abarcou 12 372 km e comezara o14 de maio de1804. A iniciativa de explora-la rexión doMissouri (ata entón descoñecida) saíu deThomas Jefferson, e tiña como primeiro obxectivo opoñerse á última expansión británica dende oCanadá cara ó curso superior do río Missouri. No1802, Jefferson conseguiu a colaboración de Lewis (amigo del da nenez), e a finais do1803 a empresa foi aprobada polo Congreso. Lewis e Clark remontaron o Missouri nunha lancha de 18 m de lonxitude, acompañados por 28 persoas máis (17 militares, e o resto voluntarios entre os que había: gardas fronteirizos,carpinteiros,ferreiros ecazadores): os que lles habería que sumar un intérprete e o servente negro de Lewis. Ó longo da viaxe os exploradores realizaron medicións astronómicas, xeolóxicas e xeográficas; tendo a gran sorte de que unha indiashoshone,Sacagawea lles fixera de guía polos ríosSnake eColumbia ata o Pacífico.
  • O12 de agosto naArxentina, as tropas británicas son expulsadas deBos Aires (noRío da Prata) da que se apoderaran o27 de xuño cunha pequena expedición. O triunfo bonaerense, que tivo influencia decisiva no apoio aMontevideo, terá importantes consecuencias (estimula o orgullo local, provoca a militarización da cidade coa creación de milicias), que influirán no movemento independentista.
  • Nailla deHaití o17 de outubro o emperador Jean Jacques Dessalines (que reinaba baixo o nome de Xacobo I) morre asasinado por indución dos seus rivais (Henri Christophe e Anne Alexandre Pétion). Trala caída do emperador,Haití descomponse nunha república mulata aosur (gobernada polo presidente Pétion) e un reino baixo Henri Christophe nonorte.

Sacro Imperio

[editar |editar a fonte]
  • O6 de agosto, tras recibir un ultimato do emperador francés, Napoleón I, o emperadorFrancisco II renuncia á coroa doSacro Imperio Romano Xermánico e declara solemnemente a súa extinción; polo que tódolos estados membros quedan liberados das súas obrigacións coa autoridade imperial. Os precedentes da disolución veñen da decisión principal da deputación doReich (tomada o23 de febreiro do1803), na que se conformaba a reordenación do imperio. A secularización dos príncipes eclesiásticos supón a anulación da soberanía directa do imperio sobre os estados membros; o emperador perdera todo o seu poder e xa era unha figura simbólica. O12 de xullo de 1806, dezaseis estados alemáns fundan aConfederación do Rin, baixo o protectorado de Napoleón I polo que o 1 de agosto se fai a declaración perante a Dieta imperial deRatisbona a súa segregación; a disolución do Sacro Imperio Romano Xermánico é inevitable. A maioría das prerrogativas imperiais pasa ás mans da Confederación do Rin e, coas mesmas, as mans deNapoleón. Os estados deBaviera,Baden eWürttemberg, que lograron aumenta-las súas extensións, intentan alcanza-la plena soberanía, e cren que a única forma de logra-lo obxectivo é aliarse co emperador francés. O estado prusiano, que tamén conseguiu ampliar territorio, está ligado aFrancia cun tratado de neutralidade. Tan só uns poucos partidarios do imperio non están conformes coa progresiva desintegración deste e o paso derradeiro dado polo ata de agora, emperador Francisco II. A extinción do Sacro Imperio Románico Xermánico supón unha importante vitoria de Napoleón e, polo tanto, un afianzamento da autoridade francesa naEuropa.

Arabia

[editar |editar a fonte]

Xapón

[editar |editar a fonte]
  • O31 de outubro morre o mestre xilógrafo xaponés Kitagawa Utamaro (que nacera no1753, ó parecer, en Kawagoe). Ó comezo da súa carreira, Utamaro dedicouse sobre todo ás ilustracións para novelas populares e obraseróticas, nas que tivo un gran recoñecemento pola súa mestría das descricións rigorosas de elementos e paisaxes naturais. Nas súas obras da época1785/90, destacan "O libro dos insectos" e as "Ofrendas da marea baixa", que demostran a súa capacidade de observación e están na orixe da escola tradicionalista de pintura xaponesa coñecida co nome deste gravador: Kitagawa. Son tamén destacables na súa obra as faces femininas que exercen notable influencia; neste sentido son de especial valor os "bijinis" (retratos demulleres novas, con faces finas e graciosas) que materializan o ideal da beleza da época.

Alemaña

[editar |editar a fonte]
  • O12 de xullo celébrase na cidade francesa deParís, aConfederación do Rin. Constituída por 16 príncipes alemáns (o deBaviera e o deWüttemberg, entre outros), coma consecuencia das vitorias de Napoleón I. Con iso conságrase o fin doSacro Imperio Romano Xermánico, comprometéndose a prover a Napoleón dun exército de 63 000 homes. Estará composta por 36 Estados despois da caída dePrusia no ano1811. E será disolta no1813, polo que o feito marcará unha etapa no proceso da unidade alemá. Polo momento tan só sae favorecidaBaviera, xa que o duque Maximiliano I Xosé, aliado deFrancia durante as guerras da Revolución e do Imperio, ve como o seu ducado se amplía, ata se converter no Estado máis importante daAlemaña meridional polo que é erixido en calidade de rei. O seu cambio de alianza no1813 proporcionaralle a confirmación e incluso o aumento das súas adquisicións territoriais no tratado deViena do1815. Sucederalle o seu fillo Lois I nos albores do1825.
  • O14 de outubro o exército prusiano deixa de existir, como resultado da batalla de Auerstedt na que a maior parte do seus efectivos foron feitos prisioneiros. As tropas francesas ó mando do emperadorNapoleón I, que pouco antes vencera os prusianos na batalla de Jena, ten agora aberto o camiño que vai cara aBerlín. Un ano antes, Napoleón reorganizaraAlemaña neutralizando a preponderancia prusiana: a Confederación do Rin, formada por dezaseis estados alemáns e aliada aFrancia. O feito constitúe para Berlín unha realidade insultante, polo que xunto aGran Bretaña eRusia, os prusianos formaron a cuarta coalición antinapoleónica, cuxo fracaso quedou neste día en evidencia. A pesar da complexa vitoria que obtiveron as tropas francesas, estas deberán enfrontarse a unha posible ofensiva rusa, feito que lles obrigará a manterse naPrusia oriental. Dende os círculos diplomáticos afírmase que Napoleón só ten coma único inimigo deFrancia aGran Bretaña, pero que estaría disposto a establecer un pacto estratéxico co tsar Alexandre I; sen contar coas diferenzas que agora lles separan. O obxectivo do emperador consiste en botar a perder o poderío económico británico.

Nacementos

[editar |editar a fonte]

Mortes

[editar |editar a fonte]

Outros

[editar |editar a fonte]

Breves

[editar |editar a fonte]

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  1806
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1806&oldid=6944352»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp