Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

1805

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1805
Calendario gregoriano1805
MDCCCV
Ab urbe condita2558
Calendario armenio1254
Calendario chinés4501 – 4502
Calendario hebreo5565 – 5566
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1860 – 1861
 ·  Shaka Samvat1727 – 1728
 ·  Kali Yuga4906 – 4907
Calendario persa1183 – 1184
Calendario musulmán1220 – 1221
Calendario rúnico2055
Década de 1800
180118021803180418051806180718081809

Acontecementos

[editar |editar a fonte]

España

[editar |editar a fonte]
  • A industria e o comerciotéxtil catalán sofren un profunda crise causa pola guerra coReino Unido, o non poder abastece-la demanda regular americana. As manufacturas británicas acaban impoñéndose nas Indias, polo que os produtores españois non poden competir en prezos cos británicos, que logran menores custos de produción.
  • Na cidade deMadrid aprobouse oficialmente unha nova compilación do dereito castelán e dos asuntos acordados poloConsello de Castela, reunida porJuan de la Reguera Valdelomar. Nun principio pensouse nunha posta o día da Nova Recompilación, na liña do suplemento aprobado por Lardizánal (no ano1786). Pero Juan de la Reguera presentou a refundición total das leis á que se lle deu carácter oficial. Trala aprobación o ano anterior do Código Civil napoleónico, a Novísima Recompilación de Leis efectuada non deixa de parecer unha antigüidade e terá críticas polos seus inevitables defectos (leis non incluídas pero que se aplicaban na época, outras derrogadas sen acordo de formalización e leis repetidas). Por iso parece que se perdeu a oportunidade de facer algo máis que unha simple compilación de leis e non chegar a adopta-la forma moderna do código, máxime cando nesta época se puido facer unha promulgación para todaEspaña do dereito civil castelán sen demasiada contra. Por iso, sinálase que dun modo ou doutro a Novísima Recompilación de Leis de España non terá unha traxectoria sinxela. Á parte da técnica empregada, o aumento que está experimentando a lexislación facía necesaria unha posta ao día, pois algunhas disposicións son do Ordenamento de Alcalá e outras correspóndense ás citas dasPartidas deAfonso X o Sabio.
  • Aagricultura española alcanza neste ano unha grande expansión, pero que é insuficiente para cubri-las necesidades dos seus habitantes correctamente. Os aumentos foron logrados grazas aos cambios introducidos na agricultura (melloras técnicas e xeneralización do cultivo de novas especies de plantas como omillo e apataca), dan novas posibilidades de subsistencia; porén, o crecemento progresivo da poboación tende a compensar e ata anular estas novas posibilidades. Bo exemplo atópase enGuipúscoa, onde a agricultura alcanza o seu máximo crecemento a principios de 1805, pero, segundo as afirmacións de Vargas Ponce, "como fecunda nai dos homes, produce maior número dos que é posible alimentar".
  • O escritorLeandro Fernández de Moratín acaba de estrear a súa obra mestra, a comediaEl sí de las niñas.
  • O prezo dalgúns produtos de primeira necesidade (trigo,cebada,aceite etc.) sofren nas rexións do interior un encarecemento de ata un 320 % con relación ao ano1800. Nalgunhas zonas, comaEstremadura, unha fanega demillo que no1800 valía 39 reais, no 1805 vale 164. Xa non é só que estes produtos cheguen escasos ao mercado, como consecuencia do crecemento da poboación que fai quedar unha maior parte da produción no propio campo, senón que este aumento de prezos tamén incide na pésima rede de comunicacións que contaEspaña ata o momento. Mentres que nas zonas da periferia, nos anos en que a produción propia pasa por un mal momento de colleitas nada boas, tense que acudir ás importacións de gran, nas terras do interior, pola contra, a falla de infraestrutura adecuada, xunto coa presenza de acaparadores, non permite este comercio.
  • O escritor españolManuel José Quintana publica o seu dramaPelayo e a súa odaAl combate deTrafalgar, obras nas que, xunto á influencia da ilustración do dezaoito, vese aínda unha preferencia polos aspectos neoclásicos, aínda que a súa temática obedece xa máis a cousas humanitarias e políticas, na consonancia coa xeración romántica posterior.
  • O4 de xaneiroEspaña eFrancia ratifican o acordo de axuda militar e naval firmado por ambas as nacións, para a invasión doReino Unido. Ata a data, as presións de Napoleón para que España declare a guerra o Reino Unido foron resultando infrutuosas, a pesar das constantes provocacións británicas. O ataque a catro fragatas españolas xunto co apresamento de tres das mesmas fronte ás costas portuguesas (nas proximidades do Cabo de Santa María) e outras accións similares, obrigan o goberno español a pedir explicacións satisfactorias ao goberno británico. Como non se obtén resposta no decembro de1804, acábase declarando a guerra, previo manifesto no que se expón a decisión, seguido dunha proclama patriótica firmada porGodoy. Ratificada a alianza franco-española, Napoleón espera poder destruír o poderío naval británico grazas á axuda española, e conseguir deste modo o dominio dos mares.
  • O28 de maio morre enMadrid o compositor e violoncellista italianoLuigi Boccherini (nado o19 de febreiro de1743 enLucca).
  • O22 de xullo a frota franco-española dirixida polo francésVilleneuve e mailo españolGravina, é vencida pola británica noCabo Fisterra. Unha vez rematada a alianza franco-española, Napoleón ordena conducir a escuadra cara ásAntillas coa finalidade de obrigar os británicos a despraza-la súa propia escuadra a aquelas augas. Desta forma podería dirixirse logo, cun movemento envolvente, un ataque aoReino Unido. Pero o plan falla pola indecisión do almirante Villeneuve e pola mobilidade da frota británica, o que permite a esta pillar a franco-española na súa viaxe de volta (cando intentaba desbloquea-los portos deFerrol e de Brest onde estaba paralizada parte da frota francesa), para posteriormente proceder á invasión do Reino Unido, xunto coas tropas que xa estaban preparadas no campamento deBoulogne. Non obstante a escuadra británica ataca a costa galega. Tras un encontro breve, logran apoderarse de dúas naos españolas e obrigan o resto a refuxiarse no porto deVigo; vese así frustrada a pretendida invasión.
Cadro deJoseph Mallord William Turner sobre aBatalla de Trafalgar.
  • O21 de outubro a frota británica vence unha escuadra franco-española fronte o Cabo Trafalgar (entreCádiz eTarifa). O almirante británicoHoratio Nelson morre a bordo do buque insignia "Victory" coma consecuencia das feridas de combate. É un día negro para a mariña (nunha parte a inglesa, pola morte de Nelson; e por outra a española, pola morte dos almirantesGravina,Alcedo,Churruca eAlcalá Galiano, e a propia perda da frota). Todos os esforzos deGodoy para poder dotar aEspaña dunha poderosa mariña de guerra, víronse malogrados grazas á alianza cos franceses. ParaFrancia a derrota ten o significado de non poder invadi-loReino Unido, e a implantación definitiva do bloqueo continental, pero aínda que se pode loitar por terra. ABatalla de Trafalgar iníciase ao mediodía; por un lado, a frota franco-española (dirixida polo francésVilleneuve) que contaba cun total de 33 naos (18 franceses e 15 españolas). No outro os británicos con 27 naos, pero de mellor trazado e con dotacións máis preparadas. Desde o principio está todo mal formulado. Villeneuve decide saír deCádiz, onde está refuxiada a súa frota, facendo caso omiso dos consellos dos almirantes españois, conscientes da súa forza inferior. A pesar de todo a saída faise. As noticias de que vai cara a Cádiz o seu substituto á fronte da frota (xa queNapoleón estaba farto da súa inactividade) póñeno en marcha. A súa forma de presentarse a batalla tampouco é a ideal. Nelson ataca polo centro e a retagarda, e logra unha rápida desarboladura da frota inimiga, que fai unhas inadecuadas manobras de xiro. Nun primeiro choque, o "Royal Soverign", buque deCollingwood, e oSanta Ana, de Áraba, quedan case sen goberno. Collingwood é quen asume o mando da frota británica trala morte de Nelson. No momento transcendental da batalla, o francésDumanoir decide darse a fuxida, con catro naves, o que acaba desencadeando o desastre. O "Bucentaure", de Villeneuve e o "Santísima Trindade" do xeneral Cisneros, teñen que se renderen; polo que o desastre é completo. Só quedan a salvo 5 naos españolas e non precisamente intactas. A maioría das naos apresadas polos británicos acaban destruídas por unha tormenta, que se desata pouco despois da batalla. As baixas son cuantiosas, a frota franco-española perde uns 2800 homes (máis de 1000 deles eran españois), fronte aos pouco máis de 400 británicos. Todo iso sen contar os que morrerán nos hospitais e nos naufraxios seguintes o combate. A vitoria naval británica enTrafalgar (no curso da terceira guerra de coalición), froito do valor e a intuición táctica de Nelson, supón para oReino Unido o dominio dos océanos, namentres que a mariña española queda declinada completamente. Xa no1801, grazas á paz de Amiens ponse fin ao derradeiro conflito co Reino Unido, pero a paz é inestable; os británicos seguen realizando accións contra o comercio naval. Isto, sumado a unha serie de crises de subsistencias de extrema gravidade entre os anos1803/04, fai inevitable paraEspaña a aliñación de novo con Francia na guerra contra o Reino Unido. O que non lograron as presións de Napoleón sobre o goberno español, a esixencias e as ameazas, o logran agora unha serie de ataques británicos a fragatas e buques españois. O4 de xaneiro de 1805 fírmase unha alianza entre España e Francia. Francia necesita o poderío naval español para poder facer fronte aos británicos. O plan pretende atrae-la frota británica desde oMediterráneo ata asAntillas, para logo, nunha rápida acción, dirixirse ao Reino Unido e atacalo. Pero a indecisión de Villeneuve falla nos plans de Napoleón. A súa volta é case simultánea á da frota británica e tras ser atacado fronte aoCabo Fisterra e, tras unha breve escalada no porto deVigo, acaba refuxiándose enCádiz (coa frota británica bloqueándolle o paso). Agora,España, como sempre foi aliada nos derradeiros tempos aFrancia, sae perdendo. Sen frota, cunha situación económica frouxa que lle fai depender de Francia, é obvio que xa non hai a España imperial, e que dificilmente volverá habela. Por outra, ao verse privada de toda a súa frota, España terá dificultades de comunicación co seu imperio suramericano, onde se fraguarán os plans da independencia.

Venezuela

[editar |editar a fonte]
  • Francisco de Miranda obtén o apoio económico do primeiro ministro británicoWilliam Pitt, o Novo, para emprende-la independencia da súa terra natal (Venezuela). Pouco despois (no mes de novembro), Miranda visita osEstados Unidos e consegue do presidenteJefferson a concesión de vantaxe para a súa expedición, que se iniciará no febreiro de1806.

Alemaña

[editar |editar a fonte]
  • O7 de abril preséntase por primeira vez na cidade deViena ao público, noTheater an der Wien a Sinfonía nº 3 (cuxo nome orixinal en italiano era a "Eroica"), composta entre maio e outubro de1803 e executada por primeira vez para opríncipe Lobkowitz no verán de1804. Admirador deNapoleón Bonaparte, o compositor (Beethoven) escribiu o nome no título primitivo da obra, perante a decepción que lle supuxo a proclamación de Napoleón coma emperador, tachou furioso a dedicatoria e cambiouna polo título definitivo (Sinfonía Heroica). A obra resalta o valor ético da acción humana e, grazas ao seu primeiro movemento, é unha afirmación única da capacidade discursiva da música. Mostra así mesmo o cambio que se produce co romanticismo na condición do compositor e artista en xeral.
  • Tamén na cidade de Viena, no transcurso do9 de agosto,Austria decide adherise á coalición antifrancesa.
  • O10 de decembro polosacordos de Brünn, os electores deBaden,Baviera eWürttemberg son elevados á categoría de reis.
  • Un27 de decembro na cidade de Viena, Napoleón publica un decreto polo que declara queFernando IV, rei das dúas Sicilias deixou de reinar. Outro decreto que será publicado o30 de marzo de1806 outorga aXosé Bonaparte, o primoxénito do seus irmáns, o reino deNápoles e o deSicilia, onde reinará cunha realidade ficticia, xa que Fernando IV se refuxia nesta illa baixo a protección dun exército inglés.

Brasil

[editar |editar a fonte]
  • O escultor e arquitecto brasileiroAntonio Francisco Lisboa, coñecido co alcume de Aleijadinho (nado en Lisiadito, ao carón da cidade deOuro Preto o1730[1] e finado no ano1814), remata as esculturas destinadas á terraza da igrexa do Bom Jesús de Matosinhos, en Congonhas do Campo, na provincia deMinas Xerais. Nesta igrexa reelaborou xenialmente o modelo da escultura portuguesa contemporánea. As figuras dos doceprofetas teñen un especial valor, están dispostas escenograficamente ao longo da escalinata que vai cara á igrexa. Lisboa foi o máximo expoñente da arquitectura portugués-brasileira que retoma o decorativismo con tendencias ao barroco europeo. Unha enfermidade deformante causoulle a perda das dedas e unha parte das mans. Non obstante, o seu entusiasmo non lle fixo deixa-lo traballo e Francisco Lisboa ideou un sistema que lle permitiu atarse os instrumentos aos pulsos. Como tallista viviu a transición dobarroco orococó, e adoptou este como propio, mostrando unha habilidade moi característica nos aderezos irregulares o gusto francés. Nos muros da San Francisco de Ouro Preto vese un colorido que corre parello co lirismo bávaro. Na súa faceta de escultor creou unha auténtica escola e nas obras saídas do seu taller poden apreciarse as mans de varios artistas, xa que Lisboa se reservaba para a confección de certas obras e o remate final doutras.

China

[editar |editar a fonte]
  • A volta do pensamento ortodoxo aChina e o seu repregue sobre si mesmo levan a unha ruptura das relacións conOccidente e o peche das súas fronteiras as ideas occidentais. A anterior benevolencia cara aosmisioneirosxesuítas occidentais, que non só logran introduci-locristianismo, senón que son moi apreciados na corte imperial polos seus coñecementoscientíficos,técnicos eartísticos, queda substituída pola intolerancia, que remata na expulsión destes, e o resto dos occidentais.

India

[editar |editar a fonte]
  • A segundaguerra contra os mahrattas (iniciada no1803 e que non remataría ata ben entrado o 1805), sostida polaCompañía Británica das Indias Orientais baixo o mando supremo deArthur Wellesley (que máis tarde será o duque deWellington), supón para os británicos a conquista deDelhi na súa totalidade xa que os diferentes soberanos mahrattas, inimizados entre eles, son derrotados consecutivamente. Certas derrotas sufridas a finais da guerra dan lugar ao cesamento de Wellesley, e a cuestión dos mahrattas non é resolta no sentido desexado porGran Bretaña ao concerta-la paz (o que dará lugar a unha terceira guerra que comezará no1807). Wellesley, que tiña o cargo de gobernador xeral (desde1798 ata o 1805), logrou que aIndia británica se estendese porBengala, o val doGanxes, e a maior parte da costa oriental, polo oeste doDecán. Trala guerra a Compañía das Indias estivo ao bordo da quebra, pero foi salvada pola obra unificadora seguida dun beneficio británico.

Francia

[editar |editar a fonte]
  • O inventor e industrial francés das fiandeirasJoseph Marie Jacquard (que nacera enLión no1752), perfecciona o sistema de teares para producir teas policromadas. O invento de Jacquard (unha máquina automática cun dispositivo de cartóns perforados para determina-la execución do debuxo), recibe o apoio do goberno imperial de Napoleón, e nos poucos anos alcanza unha produción de máis de 10 000 unidades (12 000 no ano1812 e 20 000 no ano1833). Por outras os obreiros da fiandeiras non se amosan de acordo co método do novo sistema, xa que supón a eliminación dun gran número de postos de traballo. As actividades de protesta dos gremios das fiaduras (hoxetéxtil) desembocan, a miúdo, en accións de violencia; Jacquard fina con 82 anos (cando corría o ano1834, rico e famoso.
  • O26 de decembro recíbese na cidade deParís o tratado de paz asinado en Presburgo entreFrancia eAustria que puñan fin á terceira guerra de coalición, cun saldo moi favorable a Napoleón. A pesar do desastre sufrido pola armada franco-española ante a escuadra británica do almirante Nelson naBatalla de Trafalgar, os exércitos franceses conseguen esmagar as tropas deAustria eRusia enAusterlitz (o2 de decembro de 1805). A vitoria das tropas napoleónicas na chamada "batalla dos Tres Emperadores" determina que Austria se vexa na obriga de facer importantes concesións na paz de Presburgo. Estas consisten en cederVenecia,Istria eDalmacia ó reino deItalia. Ó mesmo tempo, os austríacos teñen que recoñece-lo emperador francés como rei de Italia e desprenderse deTirol,Vorarlberg,Lindau eBrisgovia en favor dos principados deBaviera,Baden eWürttemberg. Apaz de Presburgo converte a Austria nunha potencia de segundo nivel e pon fin á súa influencia no sur deAlemaña eEuropa meridional, mentres os exércitos de Napoleón pasan a se-lo principal factor do poder do continente, con sóGran Bretaña aínda inaccesible.
  • Un31 de decembro (10nivoso do ano XIV, segundo o calendario republicano deFrancia) abandónase ocalendario republicano francés, imposto o24 de decembro de1793 (ou22 de setembro de1792, segundo outros historiadores) e xa caído case no desuso entre os franceses. Iso valeu que se restablecese o uso do calendario gregoriano.

Exipto

[editar |editar a fonte]
  • Trala retirada de Napoleón e as súas tropas francesas no ano1801, e dos británicos no1803, Muhammad (tamén coñecido como Mohamed, ou Mehmet) Alí, con 36 anos consegue apoderarse do goberno deExipto. Facéndose recoñecer pola Sublime Porta deConstantinopla coma emperador otomán (baixo o alcume de "baxá"); o vicerrei estará no poder ata1848. De orixe albanesa, Alí faise co poder e, unha vez conseguido o recoñecemento do sultán otomán, enferma. A enfermidade obrigaralle a abdicar, polo que a súa descendencia estará no poder ata1952.

Italia

[editar |editar a fonte]
  • A rexión dePiemonte pasa a poder deFrancia, Napoleón para asegurarse da mesma, nomea o seu irmánLois Bonaparte, coma gobernador da mesma. Entre o17 e o18 de marzo o emperador francés,Napoleón I convérteo en soberano do novo reino deItalia que el mesmo acaba de instaurar. Napoleón nomea vicerrei a Eugène de Beauharnais (fillo do primeiro casamento coa emperatrizXosefina) que se fai cargo do goberno. Xa no1802 era coñecido co a "República italiana" e tiña a súa sede na cidade deMilán; pero ao se converter Napoleón como rei, a república desaparece. Eugène, pola súa contra estará no poder ata1814, data na que Italia volve de novo a formarse como república. O26 de maio deste mesmo ano, Napoleón recibe a coroa de ferro dos lombardos.

Moravia

[editar |editar a fonte]
  • Un2 de decembro os exércitos da terceira coalición antifrancesa son derrotados polas tropas de Napoleón naBatalla de Austerlitz (tamén coñecida co nome da "Batalla dos Tres Emperadores"). A vitoria permite ao emperador apoderarse doVéneto,Tirol,Trentino,Istria eDalmacia, o mesmo tempo fai camiño para unha reorganización dos estados alemáns. Trala vitoria deAusterlitz,Francia atópase na cabeza dun grande imperio, rodeada por estados cuxos monarcas son da familia ou aliados do emperador. A terceira coalición estaba formada porGran Bretaña,Rusia eAustria; o tsarAlexandre I e o emperador austríacoFrancisco II puideron ver cos seus propios ollos o desenvolvemento previo á batalla, que convertería a Francia na primeira potencia mundial. Xa o20 de outubro a cabalaría napoleónica capturara enUlm a metade das forzas austríacas mediante unha audaz manobra. Napoleón ocupouViena e lanzou o groso do seu exército cara aMoravia, onde acababan de xuntarse as tropas deAustria eRusia. Alí o franceses conseguiron dividir en dous os efectivos inimigos para esmagalos, causándolles unhas 27 000 baixas. Austria pide un armisticio as escasas tropas de Alexandre I retíranse cara aPolonia.

Europa

[editar |editar a fonte]

Nacementos

[editar |editar a fonte]

Mortes

[editar |editar a fonte]

Outros

[editar |editar a fonte]

Breves

[editar |editar a fonte]

Notas

[editar |editar a fonte]
  1. Segundo outros historiadores puidera ser no1738
  2. Segundo outros historiadores este feito ocorreu no1804
  3. Segundo outros historiadores este feito puido ocorrer no1803.

Véxase tamén

[editar |editar a fonte]

Outros artigos

[editar |editar a fonte]

Historia ano a ano

Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  1805
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1805&oldid=6747259»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp