Movatterモバイル変換


[0]ホーム

URL:


Saltar ao contido
Wikipediaa Wikipedia en galego
Procura

1803

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
1803
Calendario gregoriano1803
MDCCCIII
Ab urbe condita2556
Calendario armenio1252
Calendario chinés4499 – 4500
Calendario hebreo5563 – 5564
Calendario hindú
 ·  Vikram Samvat1858 – 1859
 ·  Shaka Samvat1725 – 1726
 ·  Kali Yuga4904 – 4905
Calendario persa1181 – 1182
Calendario musulmán1218 – 1219
Calendario rúnico2053
Década de 1800
179918001801180218031804180518061807

Acontecementos

[editar |editar a fonte]

Rusia

[editar |editar a fonte]
  • O tsar Alexandre I anexiona o territorio deXeorxia aproveitando a morte de Xurxo XII, que no1799 conseguira do tsar Paulo I o seu recoñecemento como rei. O tsar nomea gobernador a Tzitziánov, e este responde expulsando a familia real. O longo deste mesmo ano iniciase a colonización da península deAlasca (na América do Norte) que fora explorada por trampeiros tempos atrás.

Suíza

[editar |editar a fonte]
  • Napoleón Bonaparte promulga a Acta de Mediación para este país, unha nova Constitución que asegura os 19 cantóns unha ampla soberanía, o tempo que respecta o débil poder central. A acta foi aprobada un19 de febreiro e resultaba un paso máis para o establecemento dun auténtico Estado federal. A Constitución levaría consigo a restauración case completa dos 13 cantóns de antes de1798 (con excepción deXenebra e Mulhouse -este derradeiro, correspondente aFrancia-) e a creación de 6 novos cantóns. Sumase a todo isto unha solución federalista, que deixa a cada cantón o seu réxime, cunha Dieta federal para a política exterior, que sería anulada no1813.

Alemaña

[editar |editar a fonte]
  • O25 de febreiro ocorre na rexión deFrankfurt e derrubamento do Sacro Imperio Xermánico. Para indemniza-los príncipes alemáns despoxados da beira esquerda do ríoRhin polo tratado de Luneville, vólvense a distribuír os 300 Estados alemáns, orixinados no tratado de Westfalia (do ano1648) que ía favorecer os principados eclesiásticos, na contra das cidades libres e dos pequenos señoríos. En total, menos de 40 Estados, entre os que estaban,Prusia,Baviera,Wurtemberg,Baden,Hesse-Darmstadt,Nassau eSaxonia.
  • O23 de marzo a deputación do Reich confirma a aprobación da resolución tratada o25 de febreiro cunhas lixeiras reformas que, na práctica, fai desaparece definitivamente o Sacro Imperio. A aprobación faise na cidade deRatisbona e, aínda que foi elaborado en Francia, ten como medida inmediata a redución do número de estados alemáns; o número de cidades libres limitase a seis (noutrora eran 51) e secularizase os estamentos eclesiásticos do imperio. Coa reorganización do Reich como consecuencia directa das guerras nas que os príncipes alemáns foran derrotados polo franceses. O único príncipe eclesiástico que se mantén é o deMaguncia que se ve na obriga de traslada-la súa sede a Ratisbona. En termos xerais o acordo favorece os príncipes protestantes a vez que vai na contra dos católicos.

India

[editar |editar a fonte]
  • Durante a guerra maratha, provocada polo tratado de Bassein (asinado o31 de decembro1802), no que se estende o protectorado inglés sobre o Oeste do Decán. Os marathas, axudados polos franceses, son derrotados por Lake en Delhi no setembro, en Assaye23 de setembro por Wellington e no Lasvari en novembro. Pero novas vitorias británicas ocorridas nos anos1817/18, logran por fin a influencia francesa.

Irlanda

[editar |editar a fonte]
  • O23 de xullo un movemento de emancipación dos católicos e para a independencia da corona inglesa leva a cabo unha insurrección, capitaneada por Rober Emmet, contra a Acta de Unión elaborada por Castlereagh e proclamada polo Parlamento de Dublín en xuño de1800. Trátase dun documento promovido por Pitt no que se establecía unha unión parlamentaria entreGran Bretaña eIrlanda e que constituía unha resposta política os alzamentos independentistas e republicanos de1798, que contaran coa axuda de Francia, cuxo continxente desembarcado en Killala foi rapidamente capturado e a revolta estendeuse. Tralo fracaso da revolta o movemento pola independencia e a emancipación dos católicos volveu a cobrar auxe cara ao1815 baixo o liderado de Daniel O'Connell. Este contribuíu eficazmente dende o parlamento, na consecución da emancipación do católicos do1829, aínda que tódolos seus intentos de consegui-la revogación da Acta de Unión non foron frutíferos.

Arabia

[editar |editar a fonte]
  • Saúd o Grande, soberano wahhabí de Dariyya que se mantería no poder ata1814. Introduce a doutrina de Abd al Wahhab (que comenzara a aparecer o redor de1740) en Arabia, onde destruirá as tumbas dos fundadores do islam. Pero será expulsado do país por Muhammad Alí (segundo outros autores Mehmet Alí). O seu fillo Abd Allah, (que reinaría do1814 ó1819), será executado pola rebeldía. E os seus sobriños Turki e Faisal restaurarán o poder saudita en Riad. Pero a dinastía será suplantada no ano1902 pola familia vasala de Ibn Rashid.

Francia

[editar |editar a fonte]
  • O28 de marzo (7 xerminal do ano XI, no calendario republicano francés), a Banca de Francia obtén o "privilexio exclusivo da emisión de papel moeda (billetes)".
  • No maio prodúcese unha rebelión dos chuanes, que así eran denominados os labradores realistas das rexións doMaine,Bretaña eNormandía. Tamén o17 de maio, Napoleón Bonaparte rompe a Paz de Amiens (que fora aprobada o27 de marzo do ano anterior) e inicia novas guerras.

Haití

[editar |editar a fonte]
  • O xeneral Jean-Jacques Dessalines, que fora xefe dos escravos haitianos, logra liberar a illa deA Española (que noutrora se chamara a Española, e noutros tempos tamén se chamaría Saint-Domingue) da ocupación francesa, e que recupera o seu antigo nome indíxena deHaití. A guerra deixou a terra en cinzas; aínda que Haití será independente, non se recuperará nunca a perda das plantacións da poderosa industria do azucre cimentada sobre o traballo escravo, que xa florece enCuba. Mentres Haití nace libre, morre na prisión dun castelo de Francia o xeneral Toussaint Louverture; escravo que desempeñara o oficio de cocheiro nunha plantación, logo combatera os colonos franceses e chegou a converterse nun líder da insurrección negra que estalara no ano1791. No1794 pactou con Francia, despois de que fora decretada a manipulación de escravos, e no1795 fixo aplica-lo tratado de Basilea, polo que a illa enteira pasaba a dominio francés. Firmou así mesmo un tratado cos países de Inglaterra e os Estados Unidos, que Francia aceptou. Pero no ano1801 Bonaparte decidía restablece-lo antigo orde e enviaba 20 000 soldados o mando do seu cuñado (o xeneral Leclerc). Toussaint, derrotado no Barranco das Cobras, detido e trasladado a Francia. Pero a guerrillas negras escarallan os franceses, sen respecta-lo xeneral Leclerc que no ano 1803 acaban índose. A independencia deste país non será recoñecida oficialmente ata o ano1804. Haití constituirá deste modo un caso afastado dunha república negra emancipada nas colonias deAmérica e permanecerá illada dos movementos e tendencias do século XIX.

Gran Bretaña

[editar |editar a fonte]
  • O inglés Johnn Dalton (nado no ano1766, finado no ano1844) propón unha teoríaatómica da materia na que postula que tódoloselementos e compostos están formados porátomos emoléculas.
  • O26 de xullo entra en servizo, entre as localidades deWandsworth eCroydon, a primeira vía de ferrocarril público. A concesión, aprobada polo parlamento remontábase a1801. Os viaxantes teñen que poñer os seus propios cabalos e vehículos.

Italia

[editar |editar a fonte]
  • O8 de outubro, morre na cidade deFlorencia, o escritor Vittorio Alfieri. Vittorio nacera na vila de Asti no1749 e foi autor de numerosas traxedias, nas que, como moitos outros autores románticos daItalia da época, tratou de cuestións políticas modernas con traxe antigo. As súas traxedias falan de conflitos que padecen os seus apaixonados personaxes e, na que se expresan ideas republicanas liberais. O autor sentía un profundo malestar pola situación política e artística que reinaba no país, polo que defendía a liberdade do individuo e o pobo baseada nos valores éticos. As comedias son máis sinxelas en tódolos sentidos que as traxedias e nelas apunta aínda máis, se cabe, a tendencia política xa que resultan pobres en inventiva e a comicidade non ten niveis aceptables. Máis interese ten a súa autobiografía, escrita en tons inxenuos e que foi, basicamente, o único a que se adicou nos derradeiros anos, nos que caeu en estado de depresión de signo melancólico. Se ven se lle asignan algunhas traducións dos clásicos, sendo notable as de Salustino. As súas obras corresponden, polo tanto, a un crecente despertar da conciencia nacional. Os problemas de Italia son o dominio estranxeiro que dende fai moito tempo exercen os franceses e os austríacos, a desunión afecta a tódolos pequenos estados. Os poetas italianos loitan entón pola liberdade, a unidade e os seus obxectivos son máis ben políticos que literarios.

Estados Unidos

[editar |editar a fonte]
  • No30 de abril prodúcese a compra deLuisiana polos Estados Unidos. Vendida, por 80 millóns de francos, por Bonaparte, o primeiro cónsul, que a considera indefendible contra os ingleses. Con iso pasa a se o 18.º Estado, escravista, da Unión do ano1812.

Nacementos

[editar |editar a fonte]

Mortes

[editar |editar a fonte]

Outros

[editar |editar a fonte]

Breves

[editar |editar a fonte]

Historia ano a ano

Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría:  1803
Traído desde «https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=1803&oldid=6608780»
Categoría:

[8]ページ先頭

©2009-2025 Movatter.jp